Competencias do título |
Código
|
Competencias do título
|
A4 |
Coñecer e comprender as bases que aporta a educación física á formación das persoas. |
A6 |
Deseñar e ordenar estratexias e espazos de aprendizaxe que respondan á diversidade social (sexo, xénero, idade, discapacidade, culturas…) e ao respecto dos dereitos que conforman os valores que aporta a educación física e deportiva á formación integral dos cidadáns. |
A7 |
Promover e avaliar a formación de hábitos de actividade física e deporte ao longo do ciclo vital, considerando que a idade, o xénero ou a discapacidade son variables que necesitan da intervención consciente para favorecer a igualdade de oportunidades. |
A8 |
Deseñar, desenvolver, e avaliar os procesos de ensino – aprendizaxe, relativos á actividade física e o deporte, con atención e titorización segundo as características individuais e contextuais das persoas (xénero, idade, discapacidade, culturas, etc.). |
A9 |
Elaborar propostas curriculares para as distintas etapas no marco institucional dun centro educativo, desenvolvendo os elementos da programación didáctica da área de E. Física, con arranxo á lexislación vixente e ao proxecto educativo de centro. |
A10 |
Coñecer os distintos niveis da lexislación educativa e aplicar os fundamentos básicos que promove en canto á Planificación e Programación Didáctica da Educación Física nas etapas educativas. |
A11 |
Posuír o conxunto de habilidades ou competencias docentes que faciliten o proceso de ensino-aprendizaxe na aula de educación física. |
A13 |
Identificar as principais tarefas do profesor de educación física dentro e fóra da aula, resaltando as que fan referencia á súa labor titorial, orientadora e departamental. |
B3 |
Traballar nos diferentes contextos da actividade física e o deporte, de forma autónoma e con iniciativa, aplicando o pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Trabajar de forma colaboradora, desenvolvendo habilidades, de liderado, relación interpersoal e traballo en equipo. |
B7 |
Xestionar a información. |
B11 |
Desenvolver competencias para a adaptación a novas situacións e resolución de problemas, e para a aprendizaxe autónoma. |
B14 |
Comprender e aplicar a lexislación vixente relativa ao marco das actividades físicas e deportivas nos distintos ámbitos: educación, deporte, xestión, lecer e saúde. |
B15 |
Comprender e saber utilizar as importantes posibilidades que a educación física e o deporte teñen para xerar hábitos sociais e valores democráticos (coeducación de xéneros, respecto á diversidade social e cultural, cooperación, competición respectuosa, compromiso co contorno…). |
B17 |
Promover e avaliar actividades de ampliación curricular, referentes á creación de hábitos autónomos de actividade física e deporte. |
B18 |
Comprometerse e involucrarse socialmente coa súa profesión e en concreto, coa situación actual da actividade física e o deporte na educación formal; coa xestión do centro educativo; cos seus compañeiros (traballo cooperativo) e con aqueles aos que educa. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias do título |
Analizar criticamente todas as circunstancias e feitos que rodean á educación |
A7 A8
|
B3 B4 B7 B11 B15 B18
|
C1 C3 C4 C7
|
Comprender as bases da educación e os principios da educación física e o deporte para a formación integral das persoas asumindo a importancia da escola como promotora de estilos de vida activos e saudables.
|
A4 A6
|
B15 B18
|
C1 C3 C4 C7
|
Comprender e aplicar os principios conductuales no contexto educativo, recreativo, da actividade física e a saúde e do adestramento deportivo |
A7 A8 A13
|
B3 B11 B15
|
C1 C3 C4 C7
|
Abordar reflexivamente as reformas educativas e as súas implicacións no ámbito das actividades físico-deportivas. |
A6 A8 A10
|
B14
|
C1 C3 C4 C7
|
Coñecer e comprender os fundamentos curriculares da educación física formal |
A6 A8 A9 A10 A11
|
B3 B14 B15 B17
|
C1 C3 C4 C7
|
Desenvolver actitudes favorables cara á colaboración interdisciplinar, o traballo en equipo e ao respecto á diversidade |
A4
|
B3 B4 B18
|
C1 C3 C4 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. Da Pedagoxía a Pedagoxía da actividade física e do deporte |
-A educación, a Pedagoxía e as Ciencias da Educación
-A Pedagoxía da actividade física e do deporte: Educación Física e Pedagoxía Deportiva
- Teorías críticas da educación e a súa incidencia na escola actua e no contexto da EF e o deporte ( Ideoloxía, curículum oculto, perspectiva comunicativa) |
Tema 2. A educación física de Calidade
|
- Educación Física de Calidade e perspectiva ecolóxica da Educación Física.
- O centro educativo como exe do fomento dos estilos de vida activos e saudables
- Un/unha alumna ben educado físicamente
- Competencias docentes necesarias para unha Educación Física de Calidade
|
Tema 3. Condicionantes do proceso de ensino-aprendizaxe
|
- Estilos de comunicación e estilos de ensino.
- O/A profesor/a de Educación Física
* O pensamento: Coñecemento profesional e preocupacións docentes
* O comportamento: Destrezas docentes
- O alumno/a ben educado/a fisicamente
* O pensamento do/o alumno/a: Autoconcepto, percepcións, motivación, atención e atribución causal
* O comportamento do/o alumno/a: Aspectos cuantitativos (variables de contexto, programa e diferenzas individuais) e cualitativos (estilos de participación)
|
Tema 4.- Atención á diversidade e educación en valores na Educación Física e no deporte en idade escolar
|
- Principios de individualización e socialización
- Atención á diversidade individual e social na Educación Física
- Aprendizaxe cooperativo
- Educación en valores
- Valores abordables desde a EF e o deporte en idade escolar
|
Tema 5. A Educación física na escola na lexislación actual.
|
- Introdución aos elementos curriculares
- Lexislación educativa
- Proceso de concreción curricular: desde a lei á aula
- Interdisciplinaridad e transversalidade
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Análise de fontes documentais |
A4 A9 A10 A13 B7 C1 C3 |
0 |
7 |
7 |
Portafolios do alumno |
A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 B3 B4 B7 B11 B14 B15 B18 C1 C3 C4 |
18 |
30 |
48 |
Sesión maxistral |
A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 B4 B7 B11 B14 B15 B17 B18 C4 |
20 |
20 |
40 |
Proba de ensaio |
A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 B7 B14 B15 B17 C1 C3 |
5 |
26 |
31 |
Aprendizaxe colaborativa |
A7 A8 A9 B4 B7 C1 C3 C7 |
7 |
14 |
21 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como sínteses de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Portafolios do alumno |
É un cartafol ou archivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo/a profesor/a o que permite visualizar o progreso do/a alumno/a. O portafolio ou cartafol inclúe todo o que fai o/a alumno/a, como: apuntamentos ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, probas escritas, autoevaluaciones, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso, etc.
Consta de:
a. Material (traballado) de cada un dos temas. Trátase dos apuntamentos, esquemas, artigos, diapositivas, subliñados ou de elaboración propia, coas que cada estudante traballou o contido da materia. Pode estar en formato papel ou dixital, pero deberá optarse por un dos dous soportes.
b. Actividades realizadas nas clases interactivas (presenciais) e nas non presenciais. Recollerá todas as realizadas durante o desenvolvemento dos temas, elaboradas en horario lectivo e as propostas polo profesorado para o desenvolvemento do tema, en horario non lectivo.
Incluiranse neste apartado as actividades avaliables, unha ou dúas por tema (individuais e/ou por parellas), que se realizarán ou revisarán durante as clases interactivas. Estas serán entregadas en data e hora establecida para a corrección definitiva.
Débense refacer e incorporar no portafolio, tanto a orixinal como as súas correspondentes modificacións.
c. Rúbricas/lista de control do portafolio de cada un dos temas ou de actividades (auto e coevaluación).
(Este portafolios preferentemente realizarase en formato dixital)
|
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como Conferencia o método expositivo ou lección maxistral. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Proba de ensaio |
Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. |
Aprendizaxe colaborativa |
Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e o dos outros membros do grupo. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Portafolios do alumno |
Aprendizaxe colaborativa |
Proba de ensaio |
|
Descrición |
As actividades reflectidas son aquelas que demandan a asistencia do/a alumno/a ás titorías. Nesta materia contémplanse 3 tipos diferentes de titorías:
- En pequeno grupo: son aquelas previstas no horario da materia que poderán utilizarse para revisar actividades que teñan que ver co contido do portafolios.
- Titorías individualizadas utilizando o moodle ou teams ou as horas de tutoría do profesorado.
- Titorías persoais/grupales e o despacho do profesorado ou por teams.
O alumnado que cursou a materia en cursos anteriores e aquelas/es con matrícula a tempo parcial, deberá falar co profesorado para acordar os criterios de asistencia e avaliación para cada unha das oportunidades.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias |
Descrición
|
Cualificación
|
Aprendizaxe colaborativa |
A7 A8 A9 B4 B7 C1 C3 C7 |
As actividades evaluables, na sua maior parte son fruto dunha aprendizaxe colaborativo entre o alumnado. |
40 |
Proba de ensaio |
A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 B7 B14 B15 B17 C1 C3 |
- Realizaranse tres probas, para a avaliación continua. E de non superar algunha pódese ir a unha proba final.
1ª proba.- Temas 1, 2 e 3 (3 puntos)
2ª proba.- Temasw 4 e 5 (2 puntos)
Realziación individual dunha unidad didáctica (1 punto)
- Realizarase só unha proba final aqueles/as estudantes que non optan á avaliación continua.
|
60 |
|
Observacións avaliación |
*** O alumnado que cursase a materia en cursos anteriores, deberá dirixirse ao profesorado durante os primeiros 15 días do curso para valorar, en cada caso, o recoñecemento ou non da avaliación continua e por tanto a exención de asistencia e de realización das actividades contempladas nesta guía. ** O alumnado con matrícula a tempo parcial, deberá falar co profesorado para acordar os criterios de avaliación para cada unha das oportunidades. Se o estudante ten posibilidade de manter unha asistencia periódica dun mínimo do 50% poderá acollerse á avaliación continua entregando sempre en prazo as actividades evaluativas, realizando a UD e elaborando o portafolio. * Os/as que non se atopen nesa situación especial, poderán elixir entre un sistema de avaliación formativa de carácter continua (auto, co e heteroevaluación) ou de avaliación final (heteroevaluación). 1. AVALIACIÓN FORMATIVA (CONTINUA) Optar por este sistema de avaliación implica a asistencia polo menos ao 70% das clases presenciais; a elaboración do portafolio; a entrega de todas as actividades evaluativas e non evaluativas (en tempo e forma), a elaboración individual da unidade didáctica e as probas de ensaio programadas. En cada unha delas deberá obter, polo menos, o 50% da cualificación. a. Portafolio. Non ten valor numérico, pero a súa entrega será requisito imprescindible para optase a avaliación formativa (continua). A realización do portafolio terá un seguimento por parte do profesorado ao finalizar cada mes, solicitarase aleatoriamente presentar o portafolio a un grupo de alumnas/vos. Previo á realización da primeira proba de ensaio e da final, cada estudante presentará as rúbricas/listas de control de auto e coevaluación (de cada tema). A non entrega destes documentos significará a perdida da avaliación formativa (continua). b. Actividades evaluativas. Realizadas no horario de clase programado (poderá utilizarse a clase da tutoría grupal) ou en horarios non presenciais. Poderán ser corrixidas no horario da tutoría grupal ou en horario de clase. Realizaranse 2 actividades en cada tema cun valor total de 4 puntos. A non entrega de TODAS as actividades evaluativas ou non alcanzar a metade da puntuación no sumatorio das actividades na primeira oportunidade implicará a perdida da avaliación continua. Se algún estudante non pode asistir a clase no momento da elaboración ou a entrega, deberá enviala por correo ou entregala con anterioridade. c. Proposta inicial/organizada dunha unidade didáctica . Realizarase na aula de forma individual ao finalizar o tema 4 e terá un valor de 1 punto. A non realización implicará a perdida da avaliación continua, senón non se supera o 0,5 hai que repetila, en data e hora que establecerá o profesorado da materia. d. Probas de ensaio Realizaranse dúas probas A primeira corresponderase cos temas 1, 2 e 3 e terá un valor de 3 puntos A segunda co 4 e 5, cun valor de 2 puntos Cada proba esixirá unha cualificación do 50% para ser superada. As preguntas presentaranse en castelán, poderase realizar en calquera dos dous idiomas oficiais da Universidade da Coruña. O que desexe as preguntas en galego deberá solicitalo ao profesorado, polo menos cunha semana de antelación á data de realización. Aquelas/vos que non alcancen a nota mínima nestas dúas probas, deberán presentarse ao exame final (convocatoria oficial de exames). Para as oportunidades de xaneiro/xullo, se se supera a primeira proba, presentarase á segunda só cos temas 4 e 5 e se supera a segunda, á primeira cos temas 1, 2 e 3. As preguntas da proba son de desenvolvemento, de aplicación do contido e especialmente de relación. e. Atención personalizada Toda a materia está estruturada en base a unha necesidade de comprensión, polo que aínda que esta metodoloxía non ten peso directo na avaliación, é moi recomendable contactar co profesorado todas as veces que sexa necesario para compartir, aclarar, preguntar, %ou2026 Pode realizarse a través de tutorías grupales (en horario da propia materia recollido nos horarios oficiais) e en tutorías individuais presenciais ou por TEAMS (horario oficial de tutorías do profesorado) Consideracións de face ao mantemento de cualificacións e/ou partes da materia no caso de cumprir todos os criterios da avaliación formativa (continua): Ao que supere os apartados b, c e d, pero que suspenda a proba de ensaio final, gardaráselle esta parte da cualificación para futuras convocatorias. Isto será igualmente de aplicación para o alumnado de cursos anteriores. Ao que supere só una das probas de ensaio, manteráselle a cualificación da superada para a oportunidade de xullo, pero non para futuras convocatorias. Preséntase unha táboa resumen: a. Portafolio | 0 | Entregar rúbrica ao final de cada tema | b. Actividades evaluativas | 4 puntos | Na data establecida para cada unha ao longo de cuadrimestre | c. Unidad Didáctica | 1 punto | Ao remate do tema 5 | d. Proba ensaio temas 1, 2 e 3 Prueba ensayo temas 4 e 5 | 3 puntos | Ao remate do tema 3 | 2 puntos | Ao remate do tema 5 |
*** Valorarase a maiores da puntuación establecida no programa, a realización de cursos/seminarios relativos ao contido da materia ou a técnicas instrumentais de traballo (Bibliografía, bases de datos, técnicas de estudo, etc.). Poden realizarse, na Facultade, na UDC ou noutras entidades formativas, pero sempre dentro do curso académico 21-22 2. AVALIACIÓN FINAL Optará a ela, o alumnado que perda o dereito á avaliación continua e aquel que así o desexe. Non elaborarán o portafolio, nin se presentarán ás probas parciais, nin estarán obrigados a cumprir a asistencia. Han de realizar a proba final na data marcada no calendario oficial de exames e para superar a materia deberán obter ou superar o 70% (7 sobre 10 puntos), tendo en conta que o alumnado de avaliación continua mostrou un compromiso coa materia. A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, implicará directamente a cualificación de suspenso %ou201C0%ou201D na materia e na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Tema 1.- Material de lectura obligatoria: Blázquez, D. (2020). Descubre como es la educación física del siglo XXI. INDE, pp. 150-157. Flecha, R. y Puigbert, L. (2002). Las comunidades de aprendizaje: Una apuesta por la igualdad educativa. REXE: Revista de estudios y experiencias en educación, 1(1),pp.11-20 López Pastor, V. (coord.) (2002). Algunas reflexiones sobre educación física y pedagogía crítica. Retos, 2, pp.30-35 Vázquez, B. (2001): La Pedagogía de la Actividad Física y el Deporte. En B. Vázquez (coord.). Bases educativas de la actividad física y el deporte. Síntesis, pp. 25-46 Vázquez, B. (2001): El Currículum oculto y las nuevas orientaciones en el estudio del currículum en la EF. En B. Vázquez(coord.). Bases educativas de la actividad física y el deporte. Síntesis, pp. 277-287 Tema 2.- Material de lectura obligatoria: Blazquez, D. (2020). Descubre como es la educación física del siglo XXI. INDE, pp. 158-178.Carreiro da Costa, F. (2005) ¿Qué es una Enseñanza de Calidad en Educación Física? Gymnasium, 2 (2) https://revistagymnasium.info/articulo/que-es-una-ensenanza-de-calidad-en-educacion-fisica-2289-sa-l595f0f5b1905f/ UNESCO (2015). Educación Física de Calidad. http://unescoittralee.com/wp-content/uploads/2017/11/QPE-for-policy-makers-Spanish.pdf Tema 3.- Material de lectura obligatoria:García-González, L; Abós Catalán, A. y Sevil-Serrano, J. (2020). Acción docente en educación física y actividades físico-deportivas. Teoría basada en evidencias científicas. Prensas de la Universidad de Zaragoza Tema 4.- Material de lectura obligatoria: Arufe, V. (2011). La educación en valores en el aula de EF. ¿Mito o realidad? EmásF, Revista Digital de Educación Física. Año 2, Num. 9 (marzo-abril 2011) https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=3618413 Blázquez, D. (2020). Descubre como es la educación física del siglo XXI. INDE, pp. 101-112. Fernández-Río, J. (2017) El Ciclo del Aprendizaje Cooperativo: una guía para implementar de manera efectiva el aprendizaje cooperativo en educación física. Retos, 32, 264-269 https://recyt.fecyt.es/index.php/retos/article/view/51298 Pinheiro, V.; Camerino, O. y Sequeira; P. (2013) Recursos para potenciar el fair play en la iniciación deportiva. Retos, 24, pp. 97-99 Velázquez Callado (2015). Aprendizaje cooperativo en Educación Física: estado de la cuestión y propuesta de intervención. Retos, 28, pp.234-239 Tema 5.- Material de lectura obligatoria: Gobierno de España (2020) Ley Orgánica 3/2020, de 29 de diciembre, por la que se modifica la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación. BOE.es - BOE-A-2020-17264 Ley Orgánica 3/2020, de 29 de diciembre, por la que se modifica la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación. Xunta de Galicia. Legislación Secundaria https://www.edu.xunta.gal/portal/guiadalomce/secundaria Zapatero, J.; González, M.D. y Campos, A. (2017) Programar por competencias en EF. Tamdem didáctica de la EF, 57; pp 68-73 |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Psicoloxía da actividade física e do deporte/620G01011 | Socioloxía da actividade física e do deporte/620G01015 | Proceso de ensino/aprendizaxe da actividade física e do deporte/620G01022 | Planificación do proceso de ensino/aprendizaxe da actividade física e do deporte/620G01035 | Prácticum/620G01040 |
|
Observacións |
Pór en coñecemento do profesorado os posibles aspectos que impidan levar con normalidade o establecido nesta guía.
Manter con regularidade tutorías co profesorado (presenciais ou on-line) para o seguimento da materia.
Co fin de mellorar a materia e o sistema de garantía interna de calidade do noso centro, sería conveniente que o alumnado atendese á solicitude realizada pola UDC, con periodicidade cuadrimestral, respecto de participar no proceso de avaliación da materia e cuxa chamada realiza baixo o nome de "AVALIA" consistindo en responder os cuestionarios que avalían a docencia do profesorado.
|
|