Competencias do título |
Código
|
Competencias do título
|
A14 |
Deseñar, planificar, avaliar técnico-cientificamente e desenvolver programas de exercicios orientados á prevención, a reeducación, a recuperación e readaptación funcional nos diferentes ámbitos de intervención: educativo, deportivo e de calidade de vida, considerando, cando fose necesario as diferenzas por idade, xénero, ou discapacidade. |
A22 |
Comprender os fundamentos neurofisiolóxicos e neuropsicolóxicos subxacentes ao control do movemento e, de ser o caso, ás diferenzas por xénero. Ser capaz de realizar a aplicación avanzada do control motor na actividade física e o deporte. |
A27 |
Aplicar os principios cinesiolóxicos, fisiolóxicos, biomecánicos, comportamentais e sociais nos contextos educativo, recreativo, da actividade física e saúde e do adestramento deportivo, recoñecendo as diferenzas biolóxicas entre homes e mulleres e a influencia da cultura de xénero nos hábitos de vida dos participantes. |
A35 |
Coñecer e saber aplicar o método científico nos diferentes ámbitos da actividade física e o deporte, así como saber deseñar e executar as técnicas de investigación precisas, e a elección e aplicación dos estatísticos adecuados. |
B1 |
Coñecer e posuír a metodoloxía e estratexia necesaria para a aprendizaxe nas ciencias da actividade física e do deporte. |
B2 |
Resolver problemas de forma eficaz e eficiente no ámbito das ciencias da actividade física e do deporte. |
B3 |
Traballar nos diferentes contextos da actividade física e o deporte, de forma autónoma e con iniciativa, aplicando o pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Trabajar de forma colaboradora, desenvolvendo habilidades, de liderado, relación interpersoal e traballo en equipo. |
B5 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán. |
B7 |
Xestionar a información. |
B9 |
Comprender a literatura científica do ámbito da actividade física e o deporte en lingua inglesa e en outras linguas de presenza significativa no ámbito científico. |
B10 |
Saber aplicar as tecnoloxías da información e comunicación (TIC) ao ámbito das Ciencias da Actividade Física e do Deporte. |
B11 |
Desenvolver competencias para a adaptación a novas situacións e resolución de problemas, e para a aprendizaxe autónoma. |
B12 |
Coñecer os principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional e actuar de acordo con eles. |
B13 |
Coñecer e aplicar metodoloxías de investigación que faciliten a análise, a reflexión e cambio da súa práctica profesional, posibilitando a súa formación permanente. |
B16 |
Dominar habilidades de comunicación verbal e non verbal necesarias no contexto da actividade física e o deporte. |
B20 |
Coñecer, reflexionar e adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e o traballo en equipo a partir das prácticas externas en algún dos principais ámbitos de integración laboral, en relación ás competencias adquiridas no grao que se verán reflectidas no traballo fin de grao. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias do título |
Coñecer e comprender os fundamentos neurofisiolóxicos e neuropsicolóxicos subxacentes ao control do movemento humano e o seu desenvolvemento. |
A22 A27
|
B2 B5 B10 B13
|
C1 C2 C6
|
Ser capaz de realizar a aplicación avanzada do control e aprendizaxe motora nos ámbitos de actuación da actividade física e do deporte, e , no seu caso, considerando as diferenzas por xénero |
A14 A27 A35
|
B1 B2 B3 B4 B5 B7 B9 B10 B11 B12 B13 B16 B20
|
C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Bloque temático 1. Introdución á aprendizaxe e control motor |
Tema 1.1 Conceptualización e historia da aprendizaxe e do control motor
Tema 1.2 Condutas motrices e a súa medición
Tema 1.3 Modelo de procesamento da información e toma de decisións
Tema 1.4 Condicionantes do procesamento da información |
Bloque temático 2. Bases neurofisiolóxicas do control motor |
Tema 2.1 Recollida de información sensorial para o control do movemento
Tema 2.2 Control espiñal do movemento
Tema 2.3 Control cortical do movemento
Tema 2.4 Control subcortical do movemento: Ganglios Basales
Tema 2.5 Control subcortical do movemento: Cerebelo
|
Bloque temático 3. Control do movemento humano |
Tema 3.1 Sistemas de control para a execución do movemento
Tema 3.2 Produción do movemento e programa motores
Tema 3.3 Principios do control motor e a precisión do movemento
Tema 3.4 Diferenzas individuais e habilidades motrices |
Bloque temático 4. Principios da aprendizaxe motora |
Tema 4.1 A aprendizaxe motora
Tema 4.2 Implementación da aprendizaxe motora
Tema 4.3 Estruturación da aprendizaxe
Tema 4.4 Feedback durante a aprendizaxe |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
B7 C6 |
1 |
0 |
1 |
Prácticas de laboratorio |
A22 A35 B4 B12 B20 C3 C6 C8 |
15 |
12 |
27 |
Sesión maxistral |
A22 A35 B7 C4 C5 C7 |
24 |
60 |
84 |
Prácticas a través de TIC |
A22 B7 B9 B13 C3 |
4 |
16 |
20 |
Proba mixta |
A14 A27 B1 B2 B9 B10 B11 B13 B16 C1 C2 |
2 |
0 |
2 |
Proba clínica |
B2 B3 B5 B7 B13 C8 |
0 |
8 |
8 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
B3 B5 B7 C7 C8 |
0 |
7 |
7 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
O primeiro día de clase realizarase unha completa explicación dos aspectos tratados na guía docente co fin de que o alumnado coñeza as competencias que se pretende que adquira.
De igual forma previo á realización de calquera dos traballos e actividades propostos achegarase a información necesaria e procederase á organización do alumnado para o seu óptimo desenvolvemento. |
Prácticas de laboratorio |
Realizaranse prácticas de laboratorio sobre os contidos teóricos impartidos na materia; nelas participarase como avaliador e como suxeito experimental. |
Sesión maxistral |
Impartiranse os contidos fundamentais mediante sesión maxistral aínda que demandando unha participación activa do alumnado presentándolle problemas e cuestións a resolver.
Durante o presente curso as sesións desenvolveranse en modo virtual e de forma sincrónica. |
Prácticas a través de TIC |
Empregaranse cuestionarios en el Campus Virtual, Microsoft Form, Kahoot ou similar, coa intención de estimular ao alumnado para estar ao corrente dos contidos expostos en sesións previas ou, mesmo, na propia sesión. Tamén servirá para determinar a participación do alumnado. Os estudantes con menor puntuación poderán ser encargados de elaborar cuestionarios a expor nunha próxima sesión. |
Proba mixta |
Proba que pode integrar preguntas ben do tipo ensaio e/ou preguntas obxectivas. En canto ás preguntas de ensaio corresponde a preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Proba clínica |
Participación como suxeito experimental ou como axudante en estudos desenvoltos no "Grupo de aprendizaxe e control do movemento humano en actividade física e deporte ( ACoM)". |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Participación en eventos científicos e/ou divulgativos relacionados cos contidos da materia. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Sesión maxistral |
|
Descrición |
- Resolverase de maneira individual as consultas ou dúbidas expostas polo alumnado mediante titorías previamente acordadas.
- O correo electrónico e MS Teams, son as ferramentas básicas de consulta, para solucionar dúbidas puntuais e para concertar reunións, presenciais ou virtuais.
- Os horarios de titoría da materia, programada polo centro, permitirá completar, en grupos reducidos, as tarefas non desenvoltas nas sesións de laboratorio do horario oficial.
- Alumnado con matrícula a tempo parcial terá a mesma consideración que o alumnado con matrícula a tempo completo |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias |
Descrición
|
Cualificación
|
Eventos científicos e/ou divulgativos |
B3 B5 B7 C7 C8 |
Establécese o criterio de equivalencia de 0.1 puntos da cualificación final por cada hora de actividade nesta metodoloxía ata un máximo de 0.75 puntos.
No caso de que non se participe nesta metodoloxía a porcentaxe correspondente incorporarase á porcentaxe da proba mixta; do mesmo xeito que se a puntuación final obtida neste apartado é inferior á cualificación da proba mixta. |
7.5 |
Proba mixta |
A14 A27 B1 B2 B9 B10 B11 B13 B16 C1 C2 |
Proba realizada ao finalizar a materia, na data prevista de exame. |
40 |
Prácticas a través de TIC |
A22 B7 B9 B13 C3 |
Durante o curso presentarase a través de TICs (Moodle, Kahoot, Symbaloo) unha serie de controis relacionados tanto coas prácticas como cos contidos teóricos, co fin de motivar a asistencia, o estudo continuo e a resolución de dúbidas.
Será obrigatorio a inclusión, na plataforma/aplicación dixital establecida, dos datos obtidos nas prácticas; iso permitirá realizar a análise dos mesmos, xerar novas formulacións e responder a preguntas relacionadas. |
45 |
Proba clínica |
B2 B3 B5 B7 B13 C8 |
Establécese o criterio de equivalencia de 0.1 puntos da cualificación final por cada hora de actividade nesta metodoloxía ata un máximo de 0.75 puntos.
No caso de que non se participe nesta metodoloxía a porcentaxe correspondente incorporarase á porcentaxe da proba mixta; do mesmo xeito que se a puntuación final obtida neste apartado é inferior á cualificación da proba mixta. |
7.5 |
|
Observacións avaliación |
1. Asistencia: - Esíxese asistencia para a avaliación dado que se empregan as metodoloxías de prácticas de laboratorio e prácticas a través de TIC.
2. A porcentaxe mínima de asistencia para a avaliación será do 70% (grupo mediano e de prácticas): - No caso de falta de asistencia, por causas xustificadas, poderase solicitar a realización da práctica en horario de titoría do profesorado que a impartira.
3. Avaliación para as distintas oportunidade: - 1ª oportunidade:
- Respecto a a realización da proba mixta:
- O resultado da proba mixta terá que ser igual ou superior a 5.00 para realizar a media ponderada cos restantes elementos da avaliación.
- Na folla do exame, a puntuación de cada pregunta farase explícita no caso de que as preguntas teñan un valor diferente.
- Respecto a a metodoloxía “Prácticas a través de TIC”: o resultado da súa cualificación terá que ser igual ou superior a 5.00 para realizar a media ponderada dos restantes elementos da avaliación.
- A media ponderada resultado dos distintos elementos de avaliación terá que ser igual ou superior a 5.00 para superar a materia.
- Pódese optar por realizar só a metodoloxía "proba clínica" ou só a metodoloxía "eventos científicos e/ou divulgativos"; nese caso pódese chegar a obter ata 1.5 puntos en calquera dos dous apartados.
- No caso de que unha metodoloxía de avaliación non se poida levar a cabo, a súa porcentaxe na avaliación incorporarase ao da proba mixta.
- Respecto ás convocatorias de exame: cada convocatoria consta de dúas oportunidades (xuño e xullo); cando nunha mesma convocatoria se teña unha cualificación de "non presentado" nunha oportunidade e "suspenso" na outra, no seu expediente constará "suspenso" en dita convocatoria.
- 2ª oportunidade:
- Mantéñense os mesmos requirimentos que na 1ª oportunidade.
- No caso de non se realizar as prácticas obrigatorias, estas deberán levarse a cabo no seguinte curso académico.
4. Criterios de mantemento de partes superadas na 2ª oportunidade: - Manteranse as cualificacións obtidas en calquera dos apartados da avaliación logrados na primeira oportunidade de cada convocatoria, se o alumnado así o desexa.
5. Criterios de mantemento de partes superadas en futuras convocatorias: - Manteranse as cualificacións obtidas en calquera dos apartados de avaliación logrados nas convocatorias anteriores, exceptuando o caso dun posible cambio do docente que imparta a materia.
- Os criterios para as convocatorias extraordinarias non se modificarán.
6. Alumnado con matrícula parcial: - 1ª oportunidade:
- a avaliación realizarase do mesmo xeito que para o resto do alumnado con matrícula completa.
- 2ª oportunidade:
- a avaliación realizarase do mesmo xeito que para o resto do alumnado con matrícula completa.
7. Dispoñibilidade dos idiomas en relación ás probas escritas de avaliación (non só á proba final):- Tanto a proba mixta como as probas prácticas a través de TICs levaranse a cabo no idioma no que se imparte a materia (castelán):
- Quen desexe realizar a proba mixta noutro idioma oficial da UDC deberá solicitalo, alo menos, unha semana antes da data da súa realización.
8. Alternativas de avaliación para casos especiais xustificados:- Cada caso existente será tratado de forma particular, atendendo ás súas circunstancias, sen menoscabo dos resultados de aprendizaxe.
9. Para a realización de probas on-line, empregarase a plataforma da UDC ou sistemas recoñecidos por esta. 10. Implicacións do plaxio na realización das probas ou actividades de avaliación: - A realización fraudulenta de proba ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso “0” na materia e na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Kandel, E.R., Schwartz, J.H. y Jessell, T.M. (2001). Principios de neurociencia (4ª ed.). Madrid: McGraw-Hill
Schmidt, R. A. y Lee, T. D. (2011). Motor control and learning: a behavioral emphasis (5ª ed). Champaign, IL: Human Kinetics
Schmidt, R. A. y Wrisberg, C. A. (2008). Motor learning and performance: A situation-based learning approach (4ª ed). Champaign, IL: Human Kinetics
Fernández del Olmo, M. Á. (2012). Neurofisiología aplicada a la actividad física. Madrid: Síntesis
Latash, Mark L. (1998). Neurophysiological basis of movement. Champaign, IL: Human Kinetics |
|
Bibliografía complementaria
|
Felten, D., Shetty, A. y Netter F. (2010). Atlas de Neurociencia. Barcelona: Masson
Rothwell, J. C. (1994). Control of human voluntary movement (2ª ed). London: Chapman & Hall
Oña Sicilia, Antonio (1999). Control y aprendizaje motor. Madrid: Síntesis
Martens, R. (2002). El entrenador de éxito. Barcelona: Paidotribo
Shumway-Cook, Anne y Woollacott, Marjorie H. (2007). Motor control: translating research into clinical practice. Philadelphia : Lippincott Williams & Wilkins
Magill, R. y Anderson, D. (2017). Motor Learning and Control: Concepts and Applications. New York: McGraw-Hill Education
Cardinali, Daniel P. (2007). Neurociencia aplicada: sus fundamentos. Madrid: Médica Panamericana
Ponz Piedrafita, Francisco y Barber Cárcamo, A. María (1989). Neurofisiología. Madrid: Síntesis
Goldstein, E. Bruce (2006). Sensación y percepción. Madrid : Thomson-Paraninfo |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Anatomía e cinesioloxía do movemento humano/620G01002 | Psicoloxía da actividade física e do deporte/620G01011 | Fisioloxía do exercicio I/620G01013 |
|
Materias que continúan o temario |
Metodoloxía de investigación en actividade física e deporte/620G01021 | Tecnoloxía en actividade física e deporte/620G01034 |
|
Observacións |
Coa finalidade de mellorar o sistema de garantía
interna de calidade do noso centro, sería convinte que o alumnado atendese á
solicitude realizada pola UDC, con periodicidade cuadrimestral, respecto a
participar no proceso de avaliación das materias cursadas e cuxa chamada
realiza baixo o nome de “AVALÍA” consistindo en responder as enquisas que
avalían a docencia do profesorado en cada materia. |
|