Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
CE1 - Aprender a aprender, por exemplo, cómo, cándo, ónde novos desenvolvementos persoais son necesarios. |
A2 |
CE2 - Auditar unha organización e deseñar planes de consulta (por exemplo lexislación impositiva, inversións, estudo de casos, proxecto de traballo). |
A3 |
CE3 - Comprender detalles do funcionamento empresarial, tamaño de empresas, rexións xeográficas, sectores empresariais, vinculación con coñecemento e teorías básicas. |
A5 |
CE5 - Comprender a tecnoloxía nova e existente e o seu impacto para os novos/futuros mercados. |
A10 |
CE10 - Comprender e utilizar sistemas contables e financeiros. |
A13 |
CE13 - Xestión dunha compañía a partir da planificación e control, utilizando conceptos, métodos e ferramentas. |
A14 |
CE14 - Xestionar as operacións da empresa. |
A15 |
CE15 - Xestionar os recursos financeiros. |
A18 |
CE18 - Identificar as características dunha organización. |
A20 |
CE20 - Identificar e operar o software adecuado. Deseñar e implementar sistemas de información. |
A21 |
CE21 - Identificar e utilizar as ferramentas adecuadas de matemáticas e estatística. |
B1 |
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
B2 |
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B3 |
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B4 |
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. |
B5 |
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B6 |
CG1 - Que os estudantes formados sexan profesionais versátiles, capacitados tanto de iniciar o seu propio negocio como de desempeñar labores de deseño, planificación, organización, xestión, asesoramento e avaliación nas áreas e departamentos contables, financeiros e fiscais de organizacións empresariais, con especial referencia ás pequenas e medianas empresas. |
B7 |
CG2 - Que os estudantes posúan unha elevada capacitación metodolóxica de xestión e tratamento da información que lles proporcione vantaxes competitivas, non só no seu labor profesional, senón nunha sociedade global en permanente transformación. Para iso, o Grao debe estar dotado dun axeitado nivel de interdisciplinariedade, transversalidad e integración nas súas materias. |
B8 |
CG3 - Que os estudantes presten especial atención aos cambios que, tanto en conceptos, coma en metodoloxía ou en aplicacións, implican no mundo empresarial as novas tecnoloxías da información e as comunicacións. Así mesmo deben poder obter e actualizar os coñecementos específicos que teñan como base a aparición de novas leis e regulamentos que afecten ao mundo fiscal, financeiro ou contable. |
B9 |
CG4 - Que os estudantes integren a aprendizaxe na súa vida e no seu labor profesional, a través da metodoloxía de ensino que lles achega o Grao, o cal lles proporciona unha formación básica xeral que servirá como puntal para a formación continua ao longo da vida. |
B10 |
CG5 - Que os estudantes teñan unha perspectiva integral e destreza no manexo dos conceptos, técnicas e ferramentas empregados en cada unha das diferentes áreas funcionáis, con especial referencia ás contables, financeiras e fiscais da empresa; así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización. Todo iso tendo en conta os principios de sustentabilidade e responsabilidade social das mesmas. |
B11 |
CG6 - Que os estudantes saiban identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, realizar asesoramento fiscal e contable, control orzamentario, xestión de tesouraría, auditorías de contas e temas concursais (suspensións de pagamentos e quebras), tomar decisións en condicións de incerteza e avaliar resultados. |
B12 |
CG7 - Que os estudantes sexan capaces de liderar proxectos nas áreas de valoración da empresa, de dirección estratéxica e financeira; deben poder entender a información contable das empresas co fin de obter conclusións e realizar predicións tanto sobre rendementos coma sobre riscos futuros. |
B13 |
CG8 - Que os estudantes identifiquen os requisitos legais da información financeira aos que a empresa debe enfrontarse. |
B14 |
CG9 - Que os estudantes manifesten respecto aos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, o respecto e a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade. |
C1 |
CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
CT2 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
CT6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
CT7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
CT8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comprende-la problemática financeira da empresa
|
A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14
|
C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Comprende-la lóxica financeira
|
A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13
|
C1 C4 C8
|
Coñece-los fundamentos teóricos das finanzas |
A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Obter e interpreta-la información económico-financeira |
A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Manexa-los modelos financeiros básicos |
A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Coñece-la terminoloxía financeira |
A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
A función financeira da empresa |
Conceptos básicos sobre a empresa e o empresario
Contido da función financeira
O obxectivo financeiro: valor vs. beneficio, dividendos, etc.
A contorna financeira da empresa |
O patrimonio e as rendas da empresa |
O patrimonio da empresa: o activo e o pasivo. O equilibrio financeiro.
As rendas da empresa: a rendibilidade e o custo do financiamento
Fundamentos de análise financeira
Capital circulante e fondo de rotación |
A estrutura financeira da empresa |
A estrutura financeira e o custo de capital
Fontes de financiamento: características básicas e custo |
Decisións de investimento |
Concepto e clases de investimentos
Métodos para a análise de investimentos |
Xestión financeira e curto prazo |
Xestión de tesourería
Xestión de stocks
O risco de creto |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
18 |
36 |
54 |
Solución de problemas |
A1 A2 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A21 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
18 |
54 |
72 |
Proba mixta |
A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
10 |
0 |
10 |
Prácticas a través de TIC |
A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
5 |
5 |
10 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Presentación dos aspectos básicos dos capítulos |
Solución de problemas |
Actividades prácticas baseadas en exercicios, casos e/ou problemas, individuais ou en grupo |
Proba mixta |
Tarefas de avaliación continua, de contido teórico e práctico |
Prácticas a través de TIC |
Tarefas, análise de casos e/ou resolución de problemas empregando recursos TIC |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Solución de problemas |
|
Descrición |
As titorías desenvolveranse en formato telemático e previa petición de cita por correo electrónico. Son aplicables os límites que sinala a normativa de dedicación docente do profesorado da UDC e o dereito á desconexión dixital previsto na LO 3/2018.
En tanto o permitan a capacidade do equipo docente e os medios dispoñibles, tratarase de prestar atención individualizada ós alumnos con dificultades xustificadas por corentena ou enfermidade, sen perxuízo dos dereitos e obrigas previstos na normativa académica canto ás datas e a forma en que se deben desenvolve-las probas de avaliación.
Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia poden propoñer, durante a primeira semana lectiva do cuadrimestre, un horario de atención compatible coa súa dedicación, se existiren razóns obxectivas que lles impidan asistir no horario ordinario. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Durante o cuadrimestre, e como parte da actividade académica do grupo, realizarase un conxunto de actividades de carácter mixto e contido teórico-práctico, algunhas delas de carácter puntuable.
A primeira oportunidade consistirá nunha avaliación continua (EC), de 0 a 10 puntos, a partires das tarefas que se definan como puntuables, sen exame final. Descartarase a actividade puntuable con peor cualificación cualificación e o resto promediarase aplicando as ponderacións que se indiquen, o no seu defecto, calculando unha media simple.
A cualificación da segunda oportunidade calcularase sobre un máximo de 8 puntos promediando un exame final comprensivo de tódolos obxectivos e competencias da materia (4 puntos), e a EC (4 puntos), que incluirá unha recuperación para tódalas probas puntuables cualificadas con suspenso no seu momento, e so UNHA das non realizadas; nesta segunda oportunidade tomarase o mellor resultado (cuadrimestre ou recuperación) de cada unha desas probas de EC, sen descartar ningunha.
En ámbalas dúas oportunidades, as probas non realizadas computaranse a efecto de cálculo cun cero, coas únicas excepcións previstas na normativa académica da UDC e nesta guía.
Os alumnos con dispensa de asistencia seguirán o programa xeral de avaliación en ámbalas oportunidades.
A oportunidade adiantada avaliarase a partir dun exame teórico-práctico sobre 10 puntos, comprensivo de tódolos contidos e competencias propios da materia segundo a guía do curso inmediatamente anterior.
|
100 |
|
Observacións avaliación |
Datas e formato das actividades avaliables: sen perxuízo das
datas que a Facultade poida sinalar no calendario oficial de exames, as que
configuran a avaliación continua realizaranse no momento, formato e condicións
que decida o equipo docente, considerando as necesidades da metodoloxía
aplicada en cada momento, e o traballo que está realizando o grupo. Poden ser
presenciais ou deslocalizadas, en formato papel ou electrónico, individuais ou
grupais, e en todo caso forman parte da dinámica académica ordinaria, de
maneira que non está garantido que a súa realización sexa advertida con
antelación. Criterios específicos para as actividades realizadas por
medios electrónicos: deben ser accedidas, realizadas e entregadas nos prazos e
condicións que se indiquen en cada caso. Enténdense realizadas se os rexistros
das plataformas amosan que se accedeu a elas, con independencia de que se
graven ou non respostas, e se ou non a entrega. De se omiti-la confirmación, a
actividade entenderase entregada en branco e cualificarase cun cero. O incumprimento
das normas da proba suporá a expulsión dela, cunha cualificación de cero na
mesma e, no seu caso, a incoación de expediente por fraude conforme á normativa
académica. Isto aplícase, en particular, ó acceso extemporáneo ás probas
telemáticas. Dispoñibilidade de recursos técnicos: o equipo docente pode
decidir que as probas, tanto presenciais como deslocalizadas, se realicen en
soporte electrónico. Os alumnos son responsables de dispoñer dos medios
necesarios para accederen a recursos electrónicos e no seu caso realizaren unha
avaliación neste formato. Se carecer deles, poden consultar á UDC a
posibilidade de que lles sexan facilitados. Cualificación de non presentado: corresponde ó alumno, cando
so participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ó
20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación lograda. Idiomas: a opción por un idioma concreto para a realización
das probas de avaliación deberá realizarse por escrito e dentro da primeira
semana lectiva del cuadrimestre en que se imparte la materia, e será atendida
na medida en que as posibilidades técnicas e organizativas o permitan. Uso de recursos TIC: os dispositivos e aplicacións que
permitan comunicación, almacenamento e/ou uso compartido de datos deben permanecer
inactivos e fóra da vista, a menos que o seu uso estea xustificado pola actividade
académica e exista autorización previa por parte dos profesores. Enténdese
activo calquera servizo dispoñible en segundo plano e/ou habilitado para
recibir notificacións, mensaxes ou acceso a recursos compartidos dende ou cara
a terceiros; por tanto, os alumnos son responsables de pechalos ou
inhabilitalos cando o seu emprego non estea xustificado nos termos anteriores. O
incumprimento destas normas implicará a expulsión da proba, unha cualificación
de cero, e no seu caso a incoación de expediente por fraude académica. Identificación: os alumnos deben acreditar fehacientemente a
súa identidade dacordo coa normativa vixente, empregando os medios adecuados en
cada circunstancia
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Dirección Financeira I/650G01019 | Dirección Financeira II/650G01025 |
|
Observacións |
Cumprimento da normativa sanitaria A participación nas actividades presenciais require inescusablemente o cumprimento estrito das indicacións das autoridades sanitarias, en particular o uso de mascariña protectora e o distanciamento en todo momento. Atenderase ás adaptacións que poidan recibirse da Facultade canto os horarios de entrada e saída escalonados, e todas aquelas circunstancias que poidan afectar á organización da materia. Sobre a metodoloxía A materia está deseñada en estrito cumprimento da distribución de tempos de traballo establecida no plano de estudos, que á súa vez está inspirado no crédito europeo transferible (ECTS) e nas liñas xerais da declaración de Boloña. Neste contexto, as responsabilidades académicas van máis aló de, simplemente, asistir ás aulas. O traballo non remata ó saír da aula (ou finalizar a sesión telemática), e non todo o traballo se fai aquí. O plano de estudos está deseñado para que exista una combinación de traballo presencial de 50 horas, e de 100 horas adicionais de traballo non presencial; estas últimas correspóndense co tempo que un alumno medio debe empregar para as súas tarefas persoais (lecturas, preparación de apuntes, e naturalmente tempo de estudo) e para prepara-las actividades que se van programando ó longo do cuadrimestre (busca de información, análise de documentos, traballos, prácticas baseadas nas TIC, etc.). As sesións presenciais (físicas ou telemáticas) dedicaranse prioritariamente a discuti-los aspectos teóricos básicos da materia, coordina-lo traballo do grupo, resolver dúbidas de carácter xeral, debater e realizar actividades prácticas e interactivas. A partir deste traballo común, prográmase o traballo individual que cada alumno debe desenvolver para a(s) seguinte(s) sesión(s), coa orientación e apoio dos seus profesores cando así o precise. |
|