Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Réxime Fiscal da Empresa I Código 650G01011
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Rego Veiga, Gustavo
Correo electrónico
gustavo.rego@udc.es
Profesorado
Rego Veiga, Gustavo
Correo electrónico
gustavo.rego@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo principal da materia é dotar o estudantado dos coñecementos básicos do sistema tributario español que lle permita afrontar a problemática fiscal da actividade empresarial, de face ao seu futuro desenvolvemento profesional. Ao ser a primeira materia de réxime fiscal que se cursa, iníciase cos conceptos básicos fundamentais dos impostos, a estrutura do sistema fiscal español e neste contexto sitúase a incidencia sobre a actividade empresarial. A continuación desenvólvense o Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se modifican contidos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas as previstas
Actividades iniciais
Sesión maxistral
Prácticas a través de TIC (computa na avaliación)
Probas de resposta múltiple (Computa na avaliación)
Proba obxectiva (computa na avaliación)
Solución de problemas (computa na avaliación)

*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: De luns a venres. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento das actividades propostas.

– Moodle: De luns a venres. . Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias.

– Teams: 2 sesions semanais en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e prácticos da materia, no horario que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.


4. Modificacións na avaliación
Non hai cambios na avaliación prevista na guía

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios, poden acceder ao material necesario para a superación da materia

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Manexar axeitadamente os elementos esenciais que configuran os impostos A16
Identificación dos diferentes tipos de ingresos públicos A16
C1
Comprender os efectos económicos dos impostos sobre as decisións das empresas A9
A10
A11
A16
A17
A21
C8
Coñecer a estrutura do sistema fiscal español distinguindo claramente os recursos tributarios que corresponden aos distintos niveis de facenda A7
A16
Ser capaz de enmarcar a imposición empresarial no sistema fiscal español A7
Adquirir unha visión xeral das obrigas tributarias das empresas A7
Identificar os impostos correspondentes aos distintos tipos de empresas A3
A7
A12
A13
A16
A18
A19
Ser capaz de interpretar axeitadamente a normativa fiscal e aplicala de forma correcta á resolución de casos prácticos A1
A2
A7
B1
B2
B3
B4
B5
B10
B11
B12
C1
C7
Coñecer o IRPF en vigor A7
A16
Conseguir soltura na aplicación práctica do IRPF á actividade empresarial A7
A20
B6
B13
C3
Identificar as fontes que permiten a actualización permanente da normativa tributaria A7
B7
B8
B9
C3
C7
Utilizar os recursos informáticos dispoñibles na administración para o cumprimento das obrigas tributarias de empresarios e profesionais. A5
A14
A15
A20
A23
C3
Capacidade de expresión oral e escrita C1
C2
Capacidade de análise do entorno económico e social. B14
C4
C5
C6

Contidos
Temas Subtemas
1. Conceptos básicos

1.1. Ingresos públicos: definición e principais categorías
1.2. Tributos: definición, categorías e elementos esenciais.
1.3. Impostos: clasificación, principios e efectos económicos.
2. Sistema fiscal español. 2.1. Evolución do sistema fiscal español e comparación cos países da OCDE.
2.2. Aspectos básicos da fiscalidade internacional.
2.3. Descentralización fiscal en España: Estado, Comunidades Autónomas e Facendas Locais.
3. Fiscalidade empresarial en España.
3.1. Esquema xeral.
3.2. Implicacións fiscais da forma xurídica e do tamaño da empresa.
3.3. Principais obrigas formais de empresarios e profesionais.
4. Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. 4.1. Esquema xeral.
4.2. Liquidación do imposto.
4.3. Pagos a conta e xestión do imposto.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A9 A16 A17 A18 A19 A21 B14 C4 C5 C7 C8 2 0 2
Sesión maxistral A3 A7 B8 B9 B10 15 30 45
Prácticas a través de TIC A5 A20 B7 C3 C6 7 14 21
Proba obxectiva A3 A7 B1 B3 B4 B5 C1 4 0 4
Proba de resposta múltiple A3 A7 B3 C1 2 0 2
Solución de problemas A1 A2 A7 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A20 A23 B2 B6 B11 B12 B13 C2 C7 17 51 68
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Sesión dedicada a ofrecer unha visión global da materia que se vai a impartir, enmarcándoa no ámbito da Facenda Püblica.
Sesión maxistral Exposición oral da profesora dos aspectos fundamentais dos temas do programa.
Prácticas a través de TIC Traballos prácticos que se realizarán utilizando os recursos da páxina web da AEAT.
Proba obxectiva Exame que constará dunha práctica sobre o contido da materia
Proba de resposta múltiple Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida.
Solución de problemas Resolución polos alumnos de exercicios e supostos prácticos de liquidación de impostos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas a través de TIC
Descrición
Resolución polos alumnos de exercicios e supostos prácticos de liquidación de impostos.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A5 A20 B7 C3 C6 Prácticas na aula de clase e/ou de informática utilizando os programas de axuda da AEAT. O alumno terá que resolver distintos exercicios que serán avaliables, incluirase unha declaración do IRPF co programa de axuda da AEAT. Estes exercicios deberán ser entregados. 10
Proba obxectiva A3 A7 B1 B3 B4 B5 C1 É un exame escrito que consitirá na liquidación do IRPF. 40
Proba de resposta múltiple A3 A7 B3 C1 Consiste en formular unha cuestión e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida. 25
Solución de problemas A1 A2 A7 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A20 A23 B2 B6 B11 B12 B13 C2 C7 Resolución de exercicios e supostos prácticos de liquidación que deberá entregar 25
 
Observacións avaliación

A)        NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

1.         Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á aula do exame
con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou
almacenamento de información.

 2.         Identificación do estudantado: O estudantado ha de acreditar a súa
personalidade de acordo coa normativa vixente.

 

B)        TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

1.         Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só
participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao
20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

 2.         Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia
: Excepto para as datas aprobadas na
Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas
acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa
súa dedicación.

 

C)        OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

1.         Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación
anteriormente indicados nesta sección.

2.         Segunda oportunidade: Os criterios de avaliación son os mesmos para
todalas oportunidades de avaliación. Os estudantes poderán mellorar a
cualificación da proba de resposta múltiple incluída no apartado de avaliación
continua. As cualificacións correspondentes a prácticas a través de TIC e
solución de problemas serán as mesmas que na primeira oportunidade. 

3.         Convocatoria adiantada: na convocatoria adiantada é posible
recuperar os puntos da avaliación continua mediante preguntas adicionais á
proba obxectiva final.

 

D)        OUTRAS OBSERVACIÓNS DE
AVALIACIÓN:

1.         Para superar a materia,
ademais de ter unha cualificación igual ou superior a 5 sobre 10, é necesario
alcanzar un 1.4 sobre 3.5 na proba obxectiva (4 sobre 10)

2.         O estudantado poderá
mellorar a súa cualificación na avaliación continua, en 1 punto como máximo,
mediante a súa participación en actividades académicas desenvolvidas polo
centro e recomendadas polo profesor.

3.         O estudantado que cursou a
materia no curso 2020-21 pode manter a cualificación correspondente a prácticas
mediante TIC e solución de problemas correspondentes.  A puntuación das mesmas estará ponderada en
función dos novos pesos destes  ítems na
cualificación.






Fontes de información
Bibliografía básica Carbajo Vasco, D. (2019). GPS Fiscal. Valencia, Tirant lo Blanch
Alonso Alonso, R. (2019). Impuesto sobre la renta de las personas físicas: comentarios y casos prácticos. CEF
AEAT (2020). Manuales Prácticos: IRPF. Madrid, AEAT
Málvarez Pascual, L (2016). Régimen Fiscal de la Empresa. Madrid, Tecnos
Albi Ibañez, E (2019). Sistema Fiscal Español, Tomos I y II. Barcelona, Ariel
(). www.aeat.es.

Na bibliografía cítase a última edición existente á data de peche desta guía docente, non obstante, ao comezo do curso adoitan aparecer novas edicións que serán as que deben utilizarse, debido ás constantes novidades que se producen en materias estudadas nesta materia.

A páxina web da Axencia Estatal de Administración Tributaria é unha fonte básica para manterse actualizado na normativa fiscal.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

b. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostibilidade e  nos comportamentos persoais e profesionais.

3. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías