Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences / results
|
A1 |
CE1 - Aprender a aprender, por exemplo, cómo, cándo, ónde novos desenvolvementos persoais son necesarios. |
A2 |
CE2 - Auditar unha organización e deseñar planes de consulta (por exemplo lexislación impositiva, inversións, estudo de casos, proxecto de traballo). |
A3 |
CE3 - Comprender detalles do funcionamento empresarial, tamaño de empresas, rexións xeográficas, sectores empresariais, vinculación con coñecemento e teorías básicas. |
A4 |
CE4 - Comprender a estrutura de linguas estranxeiras e desenvolver un vocabulario, Comprender, ler, falar e escribir nunha lingua estranxeira. |
A5 |
CE5 - Comprender a tecnoloxía nova e existente e o seu impacto para os novos/futuros mercados. |
A7 |
CE7 - Comprender os principios da lei e vinculalos co coñecemento de negocios e xestión. |
A8 |
CE8 - Comprender os principios da psicoloxía, identificar as implicacións para a organización empresarial. |
A9 |
CE9 - Comprender os principio éticos, identificar as implicacións para as organizacións empresariais, deseño de escenarios. |
A10 |
CE10 - Comprender e utilizar sistemas contables e financeiros. |
A11 |
CE11 - Definir criterios de acordo de cómo unha empresa é definida e vincular os resultados coa análise do entorno para identificar perspectivas. |
A12 |
CE12 - Definir obxectivos, estratexias e políticas comerciais. |
A13 |
CE13 - Xestión dunha compañía a partir da planificación e control, utilizando conceptos, métodos e ferramentas. |
A14 |
CE14 - Xestionar as operacións da empresa. |
A15 |
CE15 - Xestionar os recursos financeiros. |
A16 |
CE16 - Identificar aspectos relacionados e comprender o seu impacto na organización empresarial. |
A17 |
CE17 - Identificar o impacto dos elementos micro e macroeconómicos na organización empresarial. |
A18 |
CE18 - Identificar as características dunha organización. |
A19 |
CE19 - Identificar novos desenvolvementos de organizacións empresariais para afrontar con éxito o entorno cambiante. |
A20 |
CE20 - Identificar e operar o software adecuado. Deseñar e implementar sistemas de información. |
A21 |
CE21 - Identificar e utilizar as ferramentas adecuadas de matemáticas e estatística. |
A23 |
CE23 - Uso de instrumentos para a análise de entornos empresariais. |
A24 |
CE24 - Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais. |
B1 |
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
B2 |
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B3 |
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B4 |
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. |
B5 |
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B6 |
CG1 - Que os estudantes formados sexan profesionais versátiles, capacitados tanto de iniciar o seu propio negocio como de desempeñar labores de deseño, planificación, organización, xestión, asesoramento e avaliación nas áreas e departamentos contables, financeiros e fiscais de organizacións empresariais, con especial referencia ás pequenas e medianas empresas. |
B7 |
CG2 - Que os estudantes posúan unha elevada capacitación metodolóxica de xestión e tratamento da información que lles proporcione vantaxes competitivas, non só no seu labor profesional, senón nunha sociedade global en permanente transformación. Para iso, o Grao debe estar dotado dun axeitado nivel de interdisciplinariedade, transversalidad e integración nas súas materias. |
B8 |
CG3 - Que os estudantes presten especial atención aos cambios que, tanto en conceptos, coma en metodoloxía ou en aplicacións, implican no mundo empresarial as novas tecnoloxías da información e as comunicacións. Así mesmo deben poder obter e actualizar os coñecementos específicos que teñan como base a aparición de novas leis e regulamentos que afecten ao mundo fiscal, financeiro ou contable. |
B9 |
CG4 - Que os estudantes integren a aprendizaxe na súa vida e no seu labor profesional, a través da metodoloxía de ensino que lles achega o Grao, o cal lles proporciona unha formación básica xeral que servirá como puntal para a formación continua ao longo da vida. |
B10 |
CG5 - Que os estudantes teñan unha perspectiva integral e destreza no manexo dos conceptos, técnicas e ferramentas empregados en cada unha das diferentes áreas funcionáis, con especial referencia ás contables, financeiras e fiscais da empresa; así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización. Todo iso tendo en conta os principios de sustentabilidade e responsabilidade social das mesmas. |
B11 |
CG6 - Que os estudantes saiban identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, realizar asesoramento fiscal e contable, control orzamentario, xestión de tesouraría, auditorías de contas e temas concursais (suspensións de pagamentos e quebras), tomar decisións en condicións de incerteza e avaliar resultados. |
B12 |
CG7 - Que os estudantes sexan capaces de liderar proxectos nas áreas de valoración da empresa, de dirección estratéxica e financeira; deben poder entender a información contable das empresas co fin de obter conclusións e realizar predicións tanto sobre rendementos coma sobre riscos futuros. |
B13 |
CG8 - Que os estudantes identifiquen os requisitos legais da información financeira aos que a empresa debe enfrontarse. |
B14 |
CG9 - Que os estudantes manifesten respecto aos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, o respecto e a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade. |
C1 |
CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
CT2 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
CT6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
CT7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
CT8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences / results |
Aprende-la problemática financeira da empresa
|
A1 A2 A3 A5 A7 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A20 A21 A23 A24
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Comprende-la fundamentación da análise de proxectos de investimento. |
A1 A2 A3 A4 A5 A7 A9 A10 A11 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A20 A21 A23 A24
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13
|
C3 C4 C8
|
Saber avaliar un investimento non financeiro. |
A1 A2 A3 A5 A8 A10 A11 A13 A14 A15 A18 A20 A21 A23 A24
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14
|
C3 C4 C8
|
Saber desenvolver modelos e aplicar ferramentas informáticas. |
A1 A2 A3 A5 A7 A10 A13 A14 A15 A18 A19 A20 A21 A23 A24
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14
|
C3 C4 C6 C8
|
Saber formular e defender un proxecto financeiro. |
A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
Introducción. |
- Concepto de investimento na economía da empresa
- O obxectivo financeiro desde a perspectiva da selección de investimentos e a súa integración coa problemática das decisións financeiras.
- Fundamentos do modelo de selección. |
Avaliación de proxectos individuais, en certeza. |
- O valor actual neto.
Escenario a ter presente.
Concepto de investimento, clases de investimento.
Métodos non DCF e DCF.
O orzamento de caixa dun proxecto de investimento.
Modelos baseados no valor capital; o valor actual neto e os seus derivados.
O problema dunha única taxa en todo o horizonte temporal, e da reinversión dos FNC?s.
- A taxa interna de rendemento.
Significado e determinación do seu valor mediante distintos métodos.
O problema das raíces múltiples e o seu significado financeiro.
- Análise de sensibilidade da solución obtida.
- Problemáticas especiais de valoración: factores cualitativos e intangibles.
Custos ocultos, intangibles, imponderables.
Como afectan a inflación e os impostos no VAN. |
Avaliación de proxectos individuais, en risco. |
- Modelos sinxelos de axuste.
- Análise probabilístico: contorna aleatoria.
Valor medio esperado.
Indicador de elección.
Hillier.
- Teoría de xogos; Duelos contra a natureza.
- Decisión baixo incerteza de previsión.
Dominación.
Maximin, minimax.
Wald / Von Neumnann.
Laplace.
Hurwickz.
Savage.
Máxima probabilidade de dominación.
- Decisións baixo risco.
- Decisións baixo desinformación. |
Decisións de investimento con racionamento de capital. |
- Introdución
- Modelo iniciático: solución por saturación (L&S).
- Xeneralizando a restrición financeira (W).
- Superando o paradoxo: novo paradigma (B&Q).
- Superando a falta de control (C). |
Enfoques de decisión multicriterio.
|
- Modelos multicriterio cuantitativos.
- Análise de envolvimiento de datos (DEA)
Sensibilidade da solución obtida.
- AHP
Cambios nas prioridades.
Vantaxes.
Críticas.
|
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies / Results |
Teaching hours (in-person & virtual) |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Guest lecture / keynote speech |
A1 A2 A3 A4 A5 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
17 |
51 |
68 |
Problem solving |
A1 A2 A4 A5 A7 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A20 A21 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
22 |
22 |
44 |
Seminar |
A10 A11 A13 A14 A15 A18 A20 A21 A24 C1 C3 C4 C6 C7 C8 |
2 |
6 |
8 |
Mixed objective/subjective test |
A10 A11 A13 A14 A15 A16 A18 A19 A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
5 |
13 |
18 |
ICT practicals |
A1 A2 A3 A4 A5 A7 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
2 |
6 |
8 |
|
Personalized attention |
|
4 |
0 |
4 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Guest lecture / keynote speech |
Presentación dos aspectos básicos dos capítulos. |
Problem solving |
Traballo práctico baseado en exercicios, casos e/ou problemas, individuais ou en grupo |
Seminar |
Formaranse dous subgrupos por cada un dos grupos. Fixarase, fóra do horario de clases, unha titoría cunha duración de 4 horas repartidas ao longo do período lectivo para atender dúbidas sobre a solución de problemas ou sobre a preparación da materia, etc. Avisarase na clase con antelación sobre o lugar e a data en que se van celebrar. |
Mixed objective/subjective test |
Controis de avaliación periódicos, de contido teórico e práctico. |
ICT practicals |
Tarefas, análise de casos e/ou resolución de problemas diante do ordenador. |
Personalized attention |
Methodologies
|
Guest lecture / keynote speech |
Problem solving |
|
Description |
As titorías desenvolveranse en formato telemático e previa petición de cita por correo electrónico. Son aplicables os límites que sinala a normativa de dedicación docente do profesorado da UDC y o dereito á desconexión dixital previsto na LO 3/2018.
En tanto o permitan a capacidade do equipo docente e os medios dispoñibles, tratarase de prestar atención individualizada ós alumnos con dificultades xustificadas por corentena ou enfermidade, sen perxuízo dos dereitos e obrigas previstos na normativa académica canto ás datas e a forma en que se deben desenvolve-las probas de avaliación.
Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial y dispensa académica de exención de asistencia poden propoñer, durante a primeira semana lectiva do cuadrimestre, un horario de atención compatible coa súa dedicación, se existiren razóns obxectivas que lles impidan asistir no horario ordinario. |
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies / Results |
Description
|
Qualification
|
Mixed objective/subjective test |
A10 A11 A13 A14 A15 A16 A18 A19 A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Durante o cuadrimestre, e como parte da actividade académica do grupo, realizarase un conxunto de actividades de carácter mixto e contido teórico-práctico, algunhas delas de carácter puntuable.
A primeira oportunidade consistirá nunha avaliación continua (EC), de 0 a 10 puntos, a partires das tarefas que se definan como puntuables, sen exame final. Descartarase a actividade puntuable con peor calificación cualificación e o resto promediarase aplicando as ponderacións que se indiquen, o no seu defecto, calculando unha media simple.
A cualificación da segunda oportunidade calcularase sobre un máximo de 8 puntos promediando un exame final comprensivo de tódolos obxectivos e competencias da materia (4 puntos), e a EC (4 puntos), que incluirá unha recuperación para tódalas probas puntuables cualificadas con suspenso no seu momento, e so UNHA das non realizadas; nesta segunda oportunidade tomarase o mellor resultado (cuadrimestre ou recuperación) de cada unha desas probas de EC, sen descartar nengunha.
En ámbalas dúas oportunidades, as probas non realizadas computaranse a efecto de cálculo cun cero, coas únicas excepcións previstas na normativa académica da UDC e nesta guía.
Os alumnos con dispensa de asistencia seguirán o programa xeral de avaliación en ámbalas oportunidades.
A oportunidade adiantada avaliarase a partir dun exame teórico-práctico sobre 10 puntos, comprensivo de tódolos contidos e competencias propios da materia segundo a guía do curso inmediatamente anterior. |
100 |
|
Assessment comments |
Datas e formato das actividades avaliables: sen perxuízo das
datas que a Facultade poida sinalar no calendario oficial de exames, as que
configuran a avaliación continua realizaranse no momento, formato e condicións
que decida o equipo docente, considerando as necesidades da metodoloxía
aplicada en cada momento, e o traballo que está realizando o grupo. Poden ser
presenciais ou deslocalizadas, en formato papel ou electrónico, individuais ou
grupais, e en todo caso forman parte da dinámica académica ordinaria, de
maneira que non está garantido que a súa realización sexa advertida con
antelación. Criterios específicos para as actividades realizadas por
medios electrónicos: deben ser accedidas, realizadas e entregadas nos prazos e
condicións que se indiquen en cada caso. Enténdense realizadas se os rexistros
das plataformas amosan que se accedeu a elas, con independencia de que se
graven ou non respostas, e se ou non a entrega. De se omiti-la confirmación, a
actividade entenderase entregada en branco y cualificarase cun cero. O incumprimento
das normas da proba suporá a expulsión dela, cunha cualificación de cero na
mesma e, no seu caso, a incoación de expediente por fraude conforme á normativa
académica. Isto aplícase, en particular, ó acceso extemporáneo ás probas
telemáticas. Dispoñibilidade de recursos técnicos: o equipo docente pode
decidir que as probas, tanto presenciais como deslocalizadas, se realicen en
soporte electrónico. Os alumnos son responsables de dispoñer dos medios
necesarios para accederen a recursos electrónicos y no seu caso realizaren unha
avaliación neste formato. Se carecer deles, poden consultar á UDC a
posibilidade de que lles sexan facilitados. Cualificación de non presentado: corresponde ó alumno, cando
so participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ó
20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación lograda. Idiomas: a opción por un idioma concreto para a realización
das probas de avaliación deberá realizarse por escrito y dentro da primeira
semana lectiva del cuadrimestre en que se imparte la materia, e será atendida
na medida en que as posibilidades técnicas e organizativas o permitan. Uso de recursos TIC: os dispositivos e aplicacións que
permitan comunicación, almacenamento e/ou uso compartido de datos deben permanecer
inactivos e fóra da vista, a menos que o seu uso estea xustificado pola actividade
académica e exista autorización previa por parte dos profesores. Enténdese
activo calquera servizo dispoñible en segundo plano e/ou habilitado para
recibir notificacións, mensaxes ou acceso a recursos compartidos dende ou cara
a terceiros; por tanto, os alumnos son responsables de pechalos ou
inhabilitalos cando o seu emprego non estea xustificado nos termos anteriores. O
incumprimento destas normas implicará a expulsión da proba, unha cualificación
de cero, e no seu caso a incoación de expediente por fraude académico. Identificación: os alumnos deben acreditar fehacientemente a
súa identidade dacordo coa normativa vixente, empregando os medios adecuados en
cada circunstancia
|
Sources of information |
Basic
|
Piñeiro, C., de Llano, P. (2009). Dirección financiera un enfoque centrado en valor y riesgo. Delta Publicaciones, Madrid
de Llano, P., Piñeiro, C. (2010). Elementos fundamentales de dirección financiera. Andavira, Santiago
Piñeiro, C., de Llano, P. (2012). Finanzas Empresariales. Teoría y Modelos con hoja de cálculo.. Andavira, Santiago
Doldán, F.R. (2003). Métodos cuantitativos de selección de inversiones. Tórculo, Santiago
Piñeiro, C., de Llano, P. (2009). Principios y modelos de dirección financiera. Andavira, Santiago de Compostela |
|
Complementary
|
de Llano, P., Piñeiro, C. (2003). Casos prácticos de gestión financiera. Tóculo Ediciones, Santiago de Compostela
Piñeiro, C., de Llano, P., Álvarez (2006). Dirección financiera modelos de decisión con Excel. Delta, Madrid
Ross, Westerfield, Jordan (2010). Fundamentos de finanzas corporativas. McGraw Hill, Madrid
Doldán Tíe, F.R. (2001). Fundamentos de las decisiones financieras empresariales. Tórculo, Santiago
Fernández, A., Iglesias, S. (2000). Métodos cuantitativos de selección de inversiones. Casos prácticos.. Tóculo, Santiago
de Llano, P., Piñeiro, C. (2007). Modelos de gestión financiera. McGraw Hill, Madrid |
|
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
Business Economics: Finance/650G01008 | Financial Statements Analysis /650G01031 | Business Software/650G01035 |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
|
Subjects that continue the syllabus |
|
Other comments |
Cumprimento da normativa sanitaria A
participación nas actividades presenciais require inescusablemente o
cumprimento estrito das indicacións das autoridades sanitarias, en
particular o uso de mascariña protectora e o distanciamento en todo
momento. Atenderase ás adaptacións que poidan recibirse da Facultade
canto os horarios de entrada e saída escalonados, e todas aquelas
circunstancias que poidan afectar á organización da materia. Sobre a metodoloxía A
materia está deseñada en estrito cumprimento da distribución de tempos
de traballo establecida no plano de estudos, que á súa vez está
inspirado no crédito europeo transferible (ECTS) e nas liñas xerais da
declaración de Boloña. Neste contexto, as responsabilidades académicas
van máis aló de, simplemente, asistir ás aulas. O traballo non remata ó
saír da aula (ou finalizar a sesión telemática), e non todo o traballo
se fai aquí. O plano de estudos está deseñado para que exista una
combinación de traballo presencial de 50 horas, e de 100 horas
adicionais de traballo non presencial; estas últimas correspóndense co
tempo que un alumno medio debe empregar para as súas tarefas persoais
(lecturas, preparación de apuntes, e naturalmente tempo de estudo) e
para prepara-las actividades que se van programando ó longo do
cuadrimestre (busca de información, análise de documentos, traballos,
prácticas baseadas nas TIC, etc.). As sesións presenciais (físicas ou
telemáticas) dedicaranse prioritariamente a discuti-los aspectos
teóricos básicos da materia, coordina-lo traballo do grupo, resolver
dúbidas de carácter xeral, debater e realizar actividades prácticas e
interactivas. A partir deste traballo común, prográmase o traballo
individual que cada alumno debe desenvolver para a(s) seguinte(s)
sesión(s), coa orientación e apoio dos seus profesores cando así o
precise. |
|