Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Finanzas Internacionais Código 650G01039
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Iglesias Gomez, Guillermo
Correo electrónico
guillermo.iglesias@udc.es
Profesorado
Iglesias Gomez, Guillermo
Correo electrónico
guillermo.iglesias@udc.es
Web
Descrición xeral Os contidos desta materia céntranse fundamentalmente na análise dos mercados financeiros e nos instrumentos financeiros dispoñibles para a xestión financeira empresa. En particular, os mercados financeiros internacionais pon a disposición da empresa internacionalizada diversos instrumentos que lle permiten captar recursos financeiros, colocar os seus excedentes de tesouraría e cubrir riscos propios da actividade internacional. Por tanto, é conveniente que os xestores de empresa coñezan estes mercados, así como os instrumentos e produtos que poidan resultarlle útiles nas tarefas de xestión. En particular, estudarase, por unha banda, o funcionamento dos mercados de divisas, débeda e accións e, por outro, a xestión e cobertura dos riscos de cambio, interese e crédito.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non hai modificacións
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas. Coas correspondentes adaptacións para o desenvolvemento virtual, ou semipresencial, mediante ferramentas telemáticas como Moodle, Teams ou correo electrónico.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Non hai
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Moodle, Teams e correo electrónico. Atendese baixo demanda do estudantado dacordo coa dispoñibilidade do profesor de luns a venres.
4. Modificacións na avaliación
Non hai modificacións
*Observacións de avaliación:
Realizarase a adaptación correspondente para a súa operatividade mediante ferramentas telemáticas como Moodle, Teams ou correo electrónico.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións


Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Entender as bases do funcionamento dos mercados de bonos, accións e divisas A15
A17
A24
B1
B5
B6
B8
B9
C1
C2
Identificar las características de los activos que se negocian en los mercados financieros: bonos, acciones y divisas A15
A17
A24
B3
B6
B9
B11
C1
C2
C6
Entender e identificar os principais factores que inflúen no prezo dos distintos activos financeiros: tipos de interese, tipos de cambio e cotizacións bolsistas A15
A17
A24
B7
B12
C1
C2
C3
Identificar, analizar e xestionar os distintos tipos de risco financeiro aos que están expostos empresas e investidores A15
A17
A24
B2
B7
B8
B9
B10
B13
C1
C2
C5
C7
Analizar e interpretar as informacións e datos relacionados coa realidade os mercados financeiros A15
A17
A24
B3
B4
B8
B13
C1
C2
Manexar fontes documentais en ingles B7
C2
Amosar interese polas cuestións relacionads con campo de estudo das Finanzas Internacionais B10
B12
B13
C4
Participar activamente na discusión dos temas abordados no programa da materia B7
B10
B14
C4
Apreciar a importancia das consideracións éticas no desenrolo da actividade profesional no sector financeiro. B14
C4
C8

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. O MERCADO DE DIVISAS E OS TIPOS DE CAMBIO 1.1. Introdución

1.2. Estrutura xeral e operativa dos mercados de divisas

1.3. Teorías explicativas do tipo de cambio

1.4. Casos prácticos
TEMA 2. O MERCADO DE DEBEDA E OS TIPOS DE INTERESE 2.1. Introdución

2.2. Caracterización e funcionamento do mercado de débeda

2.3. Factores determinantes dos tipos de interese

2.4. Casos prácticos
TEMA 3. O MERCADO DE ACCIONS 3.1. Introdución

3.2. Caracterización e funcionamento do mercado de accións

3.3. Factores determinantes da evolucion dos mercados bolsistas

3.4. Casos prácticos
TEMA 4. XESTIÓN E COBERTURA DE RISCOS FINANCEIROS 4.1. Introdución

4.2. Xestión e cobertura do risco de cambio

4.3. Xestión e cobertura do risco de interese

4.4. Xestión e cobertura do risco de crédito

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A15 A17 A24 B1 B2 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B13 C7 C8 17 34 51
Solución de problemas A24 B2 B3 B4 B6 B7 B10 B13 C1 C2 C3 15 30 45
Estudo de casos A15 A24 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B10 B11 B12 B13 C5 C6 8 12 20
Lecturas A17 A24 B1 B3 B5 B6 B7 B9 B10 B11 C2 C4 0 6 6
Discusión dirixida B2 B4 B14 2 0 2
Proba mixta A15 A24 B1 B2 B7 B10 B13 C1 2 20 22
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte do profesor, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe
Solución de problemas Resolución de casos prácticos concretos que esixe a aplicación dos coñecementos traballados na aula
Estudo de casos Descrición dunha situación específica que expón un problema que ha de ser comprendido, valorado e resolto polo alumno a través dun proceso de discusión dirixido polo profesor
Lecturas Conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editado como fonte de profundización nos contidos traballados na aula. Presentaranse en papel ou en soporte dixital. Informarase previamente ao estudante dos contidos que terá que traballar
Discusión dirixida Participación activa na discusión dos temas de actualidade propostos polo profesor e relacionados cos contidos do programa da materia
Proba mixta Proba escrita utilizada par a avaliación da aprendizaxe que se realiza co obxectivo de avaliar coñecementos, capacidades e destrezas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Estudo de casos
Solución de problemas
Descrición
As horas establecidas como atención personalizada correspóndense coas tutorias programadas. Atención e resolución de dúbidas relativas aos contidos explicados na sesión maxistral ou que xorden nos procesos de resolución de casos prácticos e na discusión de casos.
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A15 A24 B1 B2 B7 B10 B13 C1 Consistirá nunha única proba escrita que permita avaliar o nivel de coñecemento sobre os contidos do programa desenvolvidos na aula e tamén da súa aplicación.

Esta proba poderá incluír preguntas tipo test.
20
Estudo de casos A15 A24 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B10 B11 B12 B13 C5 C6 Formulación dunha actividade específica que requira traballo de ánalise e estudo aplicado, baseándose no desenvolvido ao longo do curso. Realizarase unha proba avaliable ao longo do curso. 20
Solución de problemas A24 B2 B3 B4 B6 B7 B10 B13 C1 C2 C3 Resolución de problemas prácticos que esixe a aplicación dos coñecementos que previamente se traballaron na aula. Realizaranse dúas probas avaliables ao longo do curso. 60
 
Observacións avaliación

Nas actividades de carácter teórico que esixan un desenvolvemento por escrito, valoraranse especialmente, ademais dos coñecementos, a linguaxe empregada, a capacidade de análise e o grao de síntese. Na parte práctica valorarase especialmente a capacidade de aplicar os conceptos e principios abordados na parte teórica para resolver casos e problemas prácticos.

Coa realización das probas avaliables que se desenvolverán durante o curso, podese alcanzar o 100 % da cualificación final (10 puntos).

Para superar a materia requírese unha cualificación final mínima de cinco puntos (computada a suma da avaliación das diferentes metodoloxías). 

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático 

Cualificación de non presentado: Obterán a cualificación de non presentado aqueles estudantes que non participasen na avaliación continua de actividades realizada ao longo do curso en porcentaxe superior ao 20 %.

A avaliación da convocatoria de segunda oportunidade realizarase cos mesmos criterios, e o mesmo aplicárase no caso de convocatorias adiantadas, adaptándose ao calendario oficial establecido pola facultade. En todo caso, poderáse acadar o 100% da cualificación.



Para estudantes con dedicación a tempo parcial e dispensa de asistencia, agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete a probas obxectivas, para as restantes actividades avaliables acordarase, de ser necesario, ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.

Está prohibido o acceso á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e / ou o almacenamento de información. O/a alumno/a deberá demostrar a súa personalidade, cando se lle requira, de acordo coa normativa vixente.


Fontes de información
Bibliografía básica DURAN, J.J. y GALLARDO, F. (2013). Finanzas Internacionales para la empresa. Madrid. Pirámide
ANDREU, J.M. (2000). Sobre los fundamentos del dinero y la banca. Madrid:Dykinson

Ao longo do curso repartirase material adicional de lectura para algúns temas, referencias que servirán como complemento e ampliación do explicado en clase.

Ao longo do curso animarase aos estudantes á lectura da prensa económica e, en especial, ao seguimento das noticias e contecementos relacionados cos temas do programa.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías