Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A12 |
Intervir nos ámbitos de promoción, prevención, protección e recuperación da saúde. |
A13 |
Saber traballar en equipos profesionais como unidade básica na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal das organizacións asistenciais. |
A14 |
Incorporar os principios éticos e legais da profesión á práctica profesional así como integrar os aspectos sociais e comunitarios na toma de decisións. |
A17 |
Comprender a importancia de actualizar os coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que integran as competencias profesionais do fisioterapeuta. |
A18 |
Adquirir habilidades de xestión clínica que inclúan o uso eficiente dos recursos sanitarios e desenvolver actividades de planificación, xestión e control nas unidades asistenciais onde se preste atención en fisioterapia e a súa relación con outros servizos sanitarios. |
A19 |
Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral como escrita, cos usuarios do sistema sanitario así como con outros profesionais. |
B1 |
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
B2 |
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
B3 |
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B4 |
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B5 |
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero. |
C6 |
Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables. |
C9 |
Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comprender os conceptos fundamentais da saúde e os seus determinantes, demografía e epidemioloxía e integrar a perspectiva da Saúde Comunitaria e a Saúde Pública nas posibilidades de acción da fisioterapia. |
A12 A14 A17
|
B1 B2 B3
|
C1 C4
|
Coñecer a clasificación dos estudios epidemiolóxicos e identificar as características proprias de cada tipo de estudio. |
A12 A14 A17
|
B5
|
C1 C4
|
Identificar a organización social da atención á saúde, particularmente o Sistema Nacional de Saúde, asumindo a función do fisioterapeuta nos seus distintos ámbitos (especialmente desde a Atención Primaria de Saúde), así como desde a iniciativa comunitaria. |
A12 A14 A17
|
|
C1 C4
|
Adquirir ferramentas comunicacionales, de traballo en equipo, de promoción/educación para a saúde e de planificación e xestión de recursos. |
A13 A18 A19
|
B4
|
C1 C4 C9
|
Aplicar a perspectiva biopsicosocial e o coñecemento epidemiolóxico, de habilidades comunicacionais, de traballo en equipo e de promoción e educación para a saúde á práctica no eido da fisioterapia |
A12 A13 A14 A17 A18 A19
|
B2 B3 B4 B5
|
C1 C4 C6 C9
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. Introducción. |
Concepto de saúde.
A saúde e os seus determinantes.
Fisioterapia comunitaria e Saúde pública. |
Tema 2. Marco conceptual |
Perspectiva biopsicosicial e as suas implicacións.
Concepto de saúde comunitaria e niveis de acción.
Concepto de Saúde pública e accións. Protección da saúde. Medio ambente e saúde humana.
Niveis de prevención
|
Tema 3. Epidemioloxía e Demografía sanitaria. Epidemioloxía das enfermedades transmisibles e das patoloxías crónicas. |
Concepto de demografía. Demografía estátita e dinámica. Axuste de tasas.
Concepto de epidemioloxía. Medidas de frecuencia da enfermedade: incidencia e prevalencia.
Epidemioloxía xeral das enfermedades transmisibles: bases xerais para a súa prevención.
Epidemioloxía general das enfermedades crónicas: dobre carga de enfermedade. Indicadores das enfermedades crónicas. Anos de vida axustados por discapacidade.
Vacinas: Concepto. Clasificación. Composición |
Tema 4. Tipos e deseños de estudos epidemiolóxicos
|
Criterios para a clasificación de estudos epidemiolóxicos.
Estudos de cohortes: risco relativo. Vantaxes e limitacións.
Estudos casos-control: odds ratio. Vantaxes e limitacións.
Estudos para a avaliación de probas diagnósticas: sensibilidade, especificidade e valores predictivos
|
Tema 5. Organización social da atención á saúde. |
Modelos de atención sanitaria.
Sistema Nacional de saúde. Atención primaria de saúde e ámbitos de actuación.
Intervención e participación comunitaria. Acción comunitaria. |
Tema 6. Metodoloxía de traballo e intervención en fisioterapia comunitaria. |
Comunicación e traballo en equipo. Concepto de traballo en equipo versus traballo en grupo. Funcionamiento, organización e comunicación.
Promoción da saúde. Educación para a saúde.
Planificación e programación na saúde. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A12 A13 A14 A18 A19 B1 B3 B4 |
34 |
34 |
68 |
Obradoiro |
A12 A13 A14 A18 A19 C1 C4 |
24 |
30 |
54 |
Aprendizaxe colaborativa |
A12 A13 A14 A17 A18 A19 B2 B5 C1 C4 C6 C9 |
0 |
24 |
24 |
Proba mixta |
A12 A13 A14 A18 A19 C1 C6 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introducción dalgunhas perguntas dirixidas aos estudiantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Obradoiro |
Análise e/ou síntese de documentos, poñendo en práctica os coñecementos traballados nas clases expositivas; así como desenvolvemento das habilidades e estratexias suministradas. |
Aprendizaxe colaborativa |
Desenvolvemento por equipos dun tipo de estudio epidemiolóxico cos seus obxetivos, metodóloxía e análise de datos na parte de saúde pública e desenvolvemento/análise e exposición dun programa de fisioterapia comunitaria, prevención ou promoción da saúde (como no proxecto de laboratorio cidadán Rompendo Regras) ou, no seu caso dalgunha actividade relacionada. |
Proba mixta |
Exame dos contidos e competencias traballados tanto nas sesións maxistrais (clases expositivas) ce obradoiros (clases prácticas) como na aprendizaxe colaborativa.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Aprendizaxe colaborativa |
|
Descrición |
Se realizará un seguimento do traballo do alumnado.
Preferentemente, a forma de atención personalizada ao alumnado será non presencial, a demanda del alumnado en formato escrito vía correo electrónico para a aclaración de dúbidas; o vía moodle a través dos foros ou de consulta directa, fundamentalmente para aclaración de dúbidas ou resolución de tarefas escritas.
Para reunións virtuais, se usará TEAMS previa solicitud. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A12 A13 A14 A18 A19 C1 C6 |
Módulo de fisioterapia comunitaria
Exame que poderá constar de preguntas tipo test, preguntas abertas e análise dun texto, co fin de avaliar as competencias deste módulo. Deberá sacarse como mínimo un 40% e contabilizará ata o 30 % da nota final, sempre e cando se teña superado o módulo de saúde pública.
Módulo de saúde pública
Para avaliar os coñecementos adquiridos na parte da asignatura impartida polo profesor Saleta, os alumnos deberán superar un exame escrito que constará de preguntas tipo test, preguntas cortas e resolución de exercicios que precisarán cálculo. Esta proba equivalerá ata o 40% da nota final, sempre e cando se teña superado o módulo de fisioterapia comunitaria.
Será imprescindible superar cada un dos módulos da asignatura para poder aprobar facendo media co outro módulo. |
70 |
Aprendizaxe colaborativa |
A12 A13 A14 A17 A18 A19 B2 B5 C1 C4 C6 C9 |
Módulo de fisioterapia comunitaria
Diseño/análise e exposición dun programa de fisioterapia comunitaria, promoción da saúde ou prevención (ou actividade relacionada), en equipos dunhas 6 persoas. Contabilizará ata un 20% da nota final.
Módulo de saúde pública
Evaluación dun traballo de investigación que será realizado en grupos de aproximadamente 10 alumnos. Contabilizará ata un 10 % de la nota final. |
30 |
|
Observacións avaliación |
Sólo se fará a media si ambos módulos son superados. Para aprobar a
parte da asignatura impartida polo profesor Saleta é imprescindible acudir ás
clases prácticas e participar co resto dos compañeros do grupo na realización
dun traballo de investigación. Se poderá faltar como máximo unha vez ás clases
prácticas e NON CUMPLIR ESTES REQUISITOS (participar no traballo de
investigación ou faltar máis dunhna vez ás clases prácticas) SUPORÁ
NON PODER SUPERAR A PARTE DA ASIGNATURA IMPARTIDA POR ESTE PROFESOR. Para
as seguintes convocatorias será requisito indispensable presentar un traballo
de investigación realizado de maneira individual, se non ten participado no
traballo de grupo durante o curso. Non cumplir este requisito tambén suporá non
poder superar a parte impartida polo profesor Saleta. Isto se aplica tamén ao alumnado con recoñecimento de adicación a tempo parcial. A realización fraudulenta dalgunha das probas ou actividades de avaliación implicará, directamente, a calificación de suspenso na materia na convocatoria correspondente, e suporá a anulación da puntuación obtida en todalas actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria. Para a avaliación da materia, se terá en conta que a proba mixta non terá unha porcentaxe inferior ao 70% e a avaliación colaborativa non superará o 30% ainda que por circunstancias concretas externas, poderan haber pequenas modificacións dentro destes límites que constan na memoria do título.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Amando Martín Zurro, Gloria Jodar Solà (2018). Atención familiar y salud comunitaria : conceptos y materiales para docentes y estudiantes. Barcelona: Elsevier
Lemus JD, Aragües y Oroz Valentín, Lucioni María del CarmenC (2008). Epidemiología y salud comunitaria. Rosario: Corpus
Martínez Rodríguez, Alicia (2008). Fisioterapia en atención primaria . Madrid: Síntesis
Hernández-Aguado Ildefonso et al. (2011). Manual de epidemiología y salud pública para grados en ciencias de la salud. Madrid: Editorial Médica Panamericana
Piédrola Gil, Gonzalo (2016). Medicina Preventiva y salud pública. Barcelona: Elsevier Masson
Argimón Pallás Josep María (2019). Métodos de investigación clínica y epidemiológica . Barcelona : Elsevier
Malagón-Londoño G, Moncayo Medina A (2011). Salud pública. Perspectivas. Bogotá:Editorial Médica Panamericana |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
MARCO TEÓRICO DA FISIOTERAPIA E A REHABILITACIÓN FÍSICA/651G01006 | PSICOLOXÍA/651G01012 | ESTANCIAS CLÍNICAS I/651G01035 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
DOCUMENTACIÓN E ESTADÍSTICA SANITARIA/651G01028 | LEXISLACIÓN E ADMINISTRACIÓN SANITARIA/651G01029 |
|
Materias que continúan o temario |
TRABALLO FIN DE GRAO/651G01034 |
|
Observacións |
Organizar o traballo para ir xestionando o estudo e posta en marcha das actividades non presenciais ao longo de todo o cuatrimestre, a fin de facilitar a aprendizaxe e o éxito na avaliación. Para axudar a conseguir unha
contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos do Plan
Green Campus da Facultade de Fisioterapia, os traballos documentais que se
realicen nesta materia poderanse solicitar tanto en formato papel como virtual ou
soporte informático. De realizarse en papel, seguiranse na medida do
posible as seguintes recomendacións xerais: - Non se utilizarán
plásticos. - Realizaranse impresións a dobre
cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de
borradores. |
|