Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A6 |
Dominar o marco lexislativo que regula o funcionamento das diversas institucións e adoptar un marco teórico de referencia que ampare os criterios de selección dos diferentes instrumentos e estratexias de diagnóstico, intervención e avaliación. |
A11 |
Redactar, presentar, defender informes e outros documentos básicos que contribúan a unha óptima comunicación en contextos multidisciplinares |
A13 |
Ser capaz de deseñar, desenvolver e avaliar procesos de investigación educativa, utilizando os métodos máis apropiados á natureza do problema, á finalidade da investigación e os criterios científicos máis adecuados, con especial énfase nos procesos de investigación na aula |
B1 |
Capacidade de creatividade e innovación |
B3 |
Capacidade de resolución de problemas |
B5 |
Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e escrita |
B8 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional |
B9 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación. |
B10 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
B12 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Dominio das ferramentas básicas da investigación científica. |
AP6 AP11 AP13
|
BM1 BM3 BM5 BM8 BM9 BM10 BM12
|
|
Capacidade para xestionar as bases de documentación técnico-científica para seleccionar documentos de interese, revisalos e sintetizar os traballos doutros autores. |
AP6 AP11
|
BM5 BM9
|
|
Capacidad de identificar las necesidades de investigación en relación con problemas reales y para proponer objetivos innovadores de investigación en forma de proyectos de investigación. |
AP6 AP11 AP13
|
BM1 BM3 BM5 BM8 BM9 BM10
|
|
Capacidade para sintetizar e expoñer correctamente en forma escrita e oral os resultados da propia investigación. |
AP11
|
BM5 BM12
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Fundamentos epistemológicos e metodolóxicos do saber e as prácticas educativas. |
- Paradigmas en educación: cuantitativo e cualitativo. |
Deseños metodolóxicos da investigación |
- En función da finalidade: básica e aplicada.
- En función do paradigma: cuantitativa e cualitativa.
- En función do nivel de investigación: exploratorio, descritivo, experimental.
- En función da dimensión espacial e temporal: históricos. comparativos, lonxitudinais e transversais.
- Metodoloxías cualitativas e mixtas. |
Procedementos e estratexias de recollida de información. |
- Enquisa, entrevista, escalas, observación. |
Análise e interpretación dos datos e da información. |
-Estatística descritiva.
- Codificación e categorización da información |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
B5 |
1.5 |
0 |
1.5 |
Análise de fontes documentais |
A6 |
1 |
9 |
10 |
Sesión maxistral |
A6 A11 B8 B9 |
7 |
7 |
14 |
Solución de problemas |
A11 A13 B1 B3 B5 B9 B10 B12 |
6.5 |
24.5 |
31 |
Obradoiro |
B3 |
5 |
9.5 |
14.5 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Realizarase unha avaliación inicial sobre os coñecementos que ten o alumnado acerca dos contidos relacionados coa materia para introducir o que se vai a impartir e facer na mesma. |
Análise de fontes documentais |
Metodoloxía que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (artigos, textos educativos, bases de datos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades específicamente deseñadas para o análisis dos mesmos. Seleccionaranse diferentes artigos para coñecer a súa estutura e analizar cada unha das súas seccións en función da metodoloxía utilizada. Ademáis, servirá para completar a parte correspondente da metodoloxía de solución de problemas. |
Sesión maxistral |
Expoñeranse os diferentes temas da materia explicando os contidos incluídos nos mesmos de modo que permita interactuar co estudantado e aclarar as dúbidas que teñan. Presentarase a bibliografía que permitirá profundar nos temas expostos. |
Solución de problemas |
Para promover a participación activa do estudantado, plantexarase a elaboración dun dossier que partirá da definición dun problema, completando as distintas fases do proceso de investigación científica, considerando os contidos traballados na materia. |
Obradoiro |
Para facer o proceso de ensino-aprendizaxe máis práctico en termos de análise cuantitativa de datos e información cualitativa, realizaranse obradoiros cos recursos informáticos necesarios. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Análise de fontes documentais |
Solución de problemas |
Obradoiro |
|
Descrición |
Todas as dúbidas que se xeren durante e despois do desenvolvemento das metodoloxías propostas resolveranse mediante a atención personalizada do alumnado, ben de xeito persoal, por correo electrónico ou Teams. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Solución de problemas |
A11 A13 B1 B3 B5 B9 B10 B12 |
A partir da formulación dun problema de investigación, terase que continuar con todas as fases do proceso de investigación científica tendo en conta o explicado ao longo do cuadrimestre. Isto entregarase en forma de dossier. |
100 |
|
Observacións avaliación |
O alumnado que non asiste ao 80% das clases terá que facer o mesmo que o alumnado presencial.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Bisquerra Alzina, R. (2005). Metodología de la investigación educativa. Madrid: La Muralla.
Buendía, L.; Colás, M.P. y Hernández, F. (1998). Métodos de investigación en psicopedagogía. Mdrid: McGraw-Hill.
Flick, U. (2004). introducción a la investigación cualitativa. Madrid: Morata.
Martínez González, R.A. (2007). La investigación en la práctica educativa: guía metodológica de investigación para el diagnóstico y evaluación en los Centros. Madrid: Ministerio de educación, Centro de Investigación y Documentación Educativa.
Padilla Carmona, M.T. (2002). Técnicas e instrumentos para el diagnóstico y la evaluación educativa. Madrid: CCS.
Rodriguez, G., Gil, J. y García, E. (1996). Metodología de la investigación cualitativa. Málaga: Aljibe.
Walker, R. (2002). Métodos de investigación para el profesorado. Técnicas de evaluación (3ª. edic.). Madrid: Morata. |
Bibliografía complementaria
|
|
Blaxter, L.; Hughes, C. y Tight, M. (2000). Cómo se hace una investigación. Barcelona: Gedisa. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
A entrega de traballos da materia realizarase de forma telemática. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Enténdese que o alumnado universitario ten asumidas as capacidades lingüísticas en relación á expresión oral e escrita. Por tanto, é primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a materia. No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento". |
|