Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Investigación Cuantitativa Código 652536006
Titulación
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Arias Rodriguez, Maria Alicia
Correo electrónico
alicia.arias.rodriguez@udc.es
Profesorado
Arias Rodriguez, Maria Alicia
Correo electrónico
alicia.arias.rodriguez@udc.es
Web http://https://www.udc.es/es/centros_departamentos_servizos/departamentos/departamento/?codigo=D162
Descrición xeral A realidade é complexa, diversa e difícil de analizar, describir e interpretar, por iso é necesario, que ao longo da súa formación académica, adquira unha serie de competencias que lle permitan desenvolver a súa posterior actividade profesional. Por tal circunstancia, a aprendizaxe e aplicación de diversas metodoloxías de investigación, que se planifican nesta materia, permitirá nun futuro para seleccionar a máis adecuada para solucionar os problemas que se encontrará no seu próximo ámbito laboral. Sen esquecer que dentro do seu ámbito laboral terá que investigar para poder achegar posibles solucións que melloren o contexto no que se desenvolva a súa actividade laboral. A diversidade de concepcións epistemolóxicas aplicables ás distintas situacións sociais será fonte de información para o/a investigador/a, permitíndolle determinar cal é a máis adecuada para solucionar o problema ao que se enfronta. Non se pretende establecer unha relación ou unha orde de importancia entre os variados modos de investigación, senón que é o problema de investigación o que determinará a elección dunha metodoloxía ou outra, facendo dela a máis válida para este tipo de problema. Toda isto non ten sentido senon nos preguntamos e respondemos á pregunta: que queremos conseguir. Son moitos os instrumentos que podemos utilizar para obter datos e, por elo, é necesario ter coñecemento do amplo abano de posibilidades. Un bo/oa profesional será aquel/a que saiba optar, en cada circunstancia, polas metodoloxías que mellor se adapten á situación. Por iso, é necesario afondar no coñecemento e no dominio das distintas ferramentas que temos á nosa disposición. Así nesta materia se irá analizando as principais metodoloxías que poden ser aplicadas ao ámbito educativo, indicando as súas características fundamentais, as vantaxes e inconvenientes que presentan e as circunstancias ou momentos máis adecuados para poñelas en práctica.
Plan de continxencia Plan de continxencia (adaptado de addenda Covid19):

1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios

2. Metodoloxías docentes que se manteñen: –Sesión maxistral – Prácticas a través de TIC – Estudo de casos – Solución de problemas – Análises de fontes documentais – Obradoiro – Aprendizaxe colaborativa – Proba Mixta – Atención personalizada Metodoloxías docentes que se modifican: non se realizarán cambios

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
–Correo electrónico: De uso para facer consultas puntuais que non requiran dunha titorización síncrona para ser resoltas.
– Campus Virtual: De uso para dar acceso ao material ao alumnado, facilitarlle información de relevancia e para a solicitude de titorías síncronas para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
Ademais das titorías síncronas e asíncronas, o alumnado dispón dun foro de consultas no que tanto as docentes como el mesmo, poderán crear novos fíos asociados aos módulos ou a actividades específicas, para facer consultas cuxa resposta sexa útil ao conxunto do estudantado.
– Teams:
A) sesión semanal en gran grupo interactivo (como nas clases interactivas) para o avance dos contidos e das fichas e probas de coñecemento na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de clases aprobado en Xunta de Facultade.
B) De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas) para ou seguimento e apoio na realización das fichas guiadas.
Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades de aprendizaxe do alumando para desenvolver a materia.

4. Modificacións na avaliación: non se realizarán cambios

Observacións:
a)A presencialidade dos/as estudantes só controlarase nas clases da materia a través da realización das probas de coñecemento que se farán ao final de cada sesión, sendo imprescindible que o alumnado a realice e entregue estando presente na aula.
Os/as estudantes serán considerados presenciais sempre que asistan ás clase; soamente poden faltar tres veces (sen xustificante). Os/as estudantes poden presentar xustificantes, por faltar a clase, sempre que sexan médicos, de traballo, de hospitalización, etc. pero deben ser homologados (non poden ser, por exemplo, a solicitude dunha cita médica, etc.). O recurso principal que se empregará para o control da asistencia do alumno será o Campus Virtual, así como algún outro medio virtual para o rexistro das asistencias (p. ex. Forms).
b)Os/as estudantes non presenciais poden seguir a materia por Campus Virtual, se ben non poderán participar nas clases. Considerarase alumnado non presencial aquel que, dada unha nova situación de confinamento, ate ese momento tivera elixido esa opción (na primeira semana de clase) ou ben tivéra superado xa as tres faltas de asistencia en total (ou dous nalgunha das partes da materia); nesta última opción as/os estudantes pasarían automaticamente a esta modalidade. Manterase a avaliación deste alumnado tal e como se recolle na Guía Docente, no apartado específico de "observacións".
c)A avaliación será totalmente a través de Campus Virtual, coas diferenzas presentadas na guía docente entre estudantes presenciais ou non presenciais.
d)As clases expositivas continuarán baixo a modalidade non presencial. Preséntase cunha semana de antelación ao estudantado en Campus Virtual un Power Point coa voz gravada da explicación ou ben a través dun vídeo de stream (a ligazón aparecerá en Campus Virtual).
e)A avaliación da materia será, en todas as posibles modalidades, virtual (debido a circunstancias sanitarias) e manterase a mesma ponderación das cualificacións, con independencia da modalidade docente. Será da seguinte forma: a proba mixta realizarase por Campus Virtual (na data e hora aprobada pola Xunta de Facultade para o exame da convocatoria de xaneiro ou xullo); as probas de coñecemento serán dentro de cada clase. As probas non se habilitará ata que comecen as clases; as fichas que se fagan serán colgados en Campus Virtual na data establecida. Cabe lembrar que a/o estudante presencial debe presentarse a proba mixta e as probas de coñecemento (a cualificación destas probas está condicionado sempre á entrega dos documentos das prácticas en Campus Virtual). Os/as estudantes non presenciais terán que realizar a proba mixta unicamente (ver o apartado de avaliación da guía docente).
g)As titorías da materia serán individuais (excepto no caso de tutorías sobre os dossiers de traballo) e virtuais. O alumnado deberá solicitar hora ás docente vía Campus Virtual, no enlace facilitado para tal fin. MOI IMPORTANTE, AS TUTORIAS SEMPRE SERÁN DENTRO DO HORARIO PRESENTADO POLAS DOCENTES QUE IMPARTE A MATERIA.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Campus Virtual.

Competencias do título
Código Competencias do título
A15 E15: Utilizar e analizar ferramentas e instrumentos dixitais para facilitar a comunicación e a xestión nos centros.
A16 E16: Analizar criticamente o papel das tecnoloxías dixitais na innovación educativa.
A25 E25: Coñecer distintos tipos de metodoloxías que se empregan na investigación educativa, considerando a súa pertinencia para a resolución de problemas concretos.
A26 E26: Recoñecer a investigación aplicada ás ciencias da educación como ferramenta continua de innovación e mellora educativa e social.
A36 E36: Establecer un compromiso ético deontológico a través dunha vinculación consecuente cos valores éticos da institución e institucionais e xestionar o centro de acordo cos principios éticos coherentes cun sistema democrático.
A37 E37: Coñecer as políticas, os modelos e as prácticas igualitarias de calidad e innovación educativa, para poder implementalas e promovelas nas institucións educativas.
A38 E38: Analizar e interpretar desde técnicas multinivel os caracteres máis relevantes dos sistemas educativos, desde un contexto transnacional global que permita comparacións complexas no ámbito da dirección e supervisión educativa.
A40 E40: Deseñar un proxecto de dirección/investigación nas liñas temáticas establecidas nas diferentes materias do mestrado.
B1 CB6: Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, en moitas ocasións nun contexto de investigación.
B2 CB7: Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 CB8: Que o estudiantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 CB9: Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 CB10: Que o estudantado posúa as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B6 G1: Analizar, organizar, xestionar e interpretar a información e a toma de decisións.
B7 G2: Facilitar a mediación, xestión e resolución de conflitos, fomentando a non violencia, a prevención da conflictividade e a convivencia.
B13 G8: Comunicar obxectivos e estratexias educativas.
B16 G11: Integrar coñecementos e perspectivas para exercer a función directiva de maneira informada, xusta, crítica, comprometida, democrática, distribuída e solidaria.
B17 G12: Adquirir unha formación metodolóxica para realizar investigacións educativas.
B18 G13: Establecer os descritores xerais que caracterizan unha investigación: seleccionar, elaborar, tratar e interpretar os datos, e presentar os resultados de acordo cos propósitos da investigación.
B19 G14: Ensaiar e avaliar formulacións de ensino disciplinares ou interdisciplinares en contextos educativos reais, e promover propostas de mellora en relación cos resultados obtidos.
C1 T1: Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas línguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 T3: Empregar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercizo da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 T4: Desenvolverse para o exercizo dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humáns e a perspectiva de xénero.
C7 T7: Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
C8 T8: Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer á terminoloxía; as diversas fases do plantexamento da investigación e as diversas metodoloxías tanto do ámbito cuantitativo da intervención educativa AM25
AM26
AM40
BM2
BM3
BM4
BM17
BM18
BM19
Analizar a información recollida nos procesos da intervención educativa, empregando as técnicas de análise adecuadas AM15
AM38
BM1
BM5
BM16
BM17
BM18
BM19
CM3
CM7
CM8
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse dende diversas perspectivas e unha de elas a perspectiva de xénero AM16
AM36
AM37
BM6
BM7
BM13
CM1
CM4

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1-FUNDAMENTOS EPISTEMOLÓXICOS E
METODOLÓXICOS DO SABER E AS PRÁCTICAS
EDUCATIVAS.
1.1-Natureza da investigación educativa.
1.2-Metodoloxía na investigación educativa.
Tema 2-PROCESO
DE INVESTIGACIÓN EDUCATIVA.
PROCEDEMENTOS E ESTRATEXIAS DE RECOLLIDA DE
INFORMACIÓN CUANTITATIVA.
ANÁLISE E INTERPRETACIÓN DE DATOS
CUANTITATIVOS.
2.1-Problemas: necesidades e interrogantes a investigar.
2.2- Fontes de documentación: revisión da literatura conceptual e de investigación.
2.3-Variables, hipóteses e mostra dunha investigación
2.4-Técnicas de recollida de datos: test, escalas, cuestionarios e entrevista.
2.5- Informe de la investigación
Tema 3- DISEÑOS METODOLÓXICOS DE
INVESTIGACIÓN CUANTITATIVA.
3.1-Investigación experimental.
3.2- Investigación ex post facto.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A36 A37 B2 B5 C3 C4 1 3 4
Solución de problemas A15 A16 A26 B3 B4 B17 B18 B19 C7 C8 2 22 24
Sesión maxistral A26 A25 A36 A37 A38 A40 B1 B7 B16 B17 B18 6 13 19
Proba mixta B2 B3 B4 B5 B6 B13 B16 B17 B18 B19 C1 C3 C4 C7 2 10 12
Actividades iniciais A25 A38 B1 B6 B13 C1 2 6 8
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Metodoloxía que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (artigos, textos educativos, bases de datos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para o análise dos mesmos (todo por medio do Campus Virtual)
Esta metodoloxía pódese empregar: como introdución a un tema, como instrumento de aplicación, para explicar procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como sínteses de contidos de carácter teórico ou práctico (se a aula non é presencial esta metodoloxía seguirase no Campus Virtual e por teams)
Solución de problemas Trátase de resolver diferentes problemas que se expoñan en relación cos contidos da materia, tanto desde o punto de vista máis teórico como práctico. Levarase a cabo na aula presencialmente ou virtualmente (grupos teams) e baixo a supervisión da profesora. Desta forma leva a cabo unha avaliación continua para comprobar se se entende o explicado en clase e sábese aplicar a diferentes situacións.
Sesión maxistral Expoñeranse os diferentes temas da materia explicando os contidos incluídos nos mesmos de modo que permita interactuar co estudantado e aclarar as dúbidas que teñan. Presentarase a bibliografía que permitirá profundar nos temas expostos. Para elo se utilizará moodle con power point (se as clases pasan a ser virtuais os power point será coa gravación das explicacións)
Proba mixta Proba utilizada para a avaliación das aprendizaxes tanto das clases tanto presenciais como virtuais (nestas últimas a través da aplicación do Campus Virtual). As preguntas poden ser directas ou afirmacións incompletas, mesmo preguntas con varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións. Pero só unha e a máis correcta. NESTA PROBA AS RESPOSTAS INCORRECTAS RESTARÁN ÁS CORRECTAS.
Actividades iniciais Realizarase unha avaliación inicial sobre os coñecementos que ten o alumnado acerca dos contidos relacionados coa materia para introducir o que se vai a impartir e facer na mesma (esta metodoloxía realizaráse sempre por Campus Virtual sexan as aulas presenciais ou virtuais)

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Solución de problemas
Sesión maxistral
Proba mixta
Actividades iniciais
Descrición
Na atención personalizada, a docente resolverá as dúbidas que teña o alumnado sobre os diferentes temas a traballar na materia. Pero ademais calquera dúbida que poida xurdir da metodoloxías da materia. Durante estas sesións, realizarase un seguimento do traballo do estudantado, supervisando e orientando mais directamente o proceso a seguir en cada unha das actividades realizadas.

Esta atención personalizada realizarase no despacho do profesorado ( P1A19) no horario de titorías (por mor da crise sanitaria será por Teams). Este horario está colgado no taboleiro que está no despacho das profesoras, na páxina web do departamento e na Facultade de Ciencias da Educación.

A atención personalizada realizarase cara a cara entre o estudantado e as docentes (por mor a crise sanitaria será por teams). O estudantado debe comunicarse primeiramente coa profesora vía Campus Virtual, a través da plataforma habilitada a tal efecto e onde debe especificar o seu nome completo para facilitar poder ser chamada.Lembrade que as profesoras son as que marcarán o horario de dita titoría. Se o estudantado non solicita por ese medio a titoría, as profesoras non o atendenrán baixo ningunha curcunstancia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A36 A37 B2 B5 C3 C4 Esta metodoloxía será empregada unicamente para avaliar os progresos do alumnado na comprensión dos contidos teóricos da materia (ven se son presenciais como virtuais).
Valorarase o manexo de diferentes fontes para a realización das tarefas dentro da metodoloxía solución de problemas IMPRESCINDIBLE QUE CADA ESTUDANTE TRAIGA NAS CLASES O SEU ORDENADOR (mestres dure a crise sanitaria) E TODO O MATERIAL QUE PRECISE PARA REALIZAR ESAS PRÁCTICAS
As/os estudantes non presenciais non terán esta avaliación
20
Solución de problemas A15 A16 A26 B3 B4 B17 B18 B19 C7 C8 Esta tarefa está destinada a un único contido de toda a materia. Coa mesma inténtase que o alumnado combine outras metodoloxías como por exemplo, prácticas guiadas (fichas guiadas), grupos de discusión, etc. Pero tendo presente que con ela o/a alumno/a desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión do profesorado.. A profesora presentará ao alumnado os apuntes deste tema (a través do Campus Virtual);primeiramente a profesora presentará os contidos da materia nas sesións e presentará prácticas guiadas para que o alumno/a as realice PARA TODO ESTO O/A ALUMNADO/A DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS (que aparecen no Campus Virtual)
O/a alumnado deberá realizar todas as prácticas propostas e incorporalas nun documento único (as practicas serán propostas na aula presencialmente se por mor da crise sanitaria esto cambia serán presentadas por Teams ao grupo de estudantes presenciais, a modo de dossier, que entregará ao docente no prazo establecido, baixo o nome de “Investigación Cuantitativa”.

Os estudantes non presenciais non serán convocados por teams para realizar estas actividades. Icluso as actividades que deben incorporar no su dossier serán diferentes ao estudantado presencial (este material aparecerá no Campus Virtual coa indicación actividades para estudantado non presencial). Importante debe comunicarse antes da segunda clase (unha vez iniciada a docencia do mestrado) se son estudantes non presenciais
40
Proba mixta B2 B3 B4 B5 B6 B13 B16 B17 B18 B19 C1 C3 C4 C7 O exame da convocatorias de xuño ou xullo é o que fai referencia a avaliación desta metodoloxía. Constará dun número de ítem de resposta aberta, ou de resposta breve ou de verdadeiro e falso pero xustificando (o tipo de preguntas o determinará o profesorado). Unha pregunta cunha resposta incorrecta resta unha pregunta cunha resposta correcta. Esta parte apróbase cando se alcanza unha puntuación de 20 sobre 40 puntos que é a puntuación máxima que se alcanza aquí (non se garda nota de ningunha parte, en ningunha convocatoria, se se suspende).
NOTA ACLARATORIA:
A DATA DOS EXAMES DAS CONVOCARTORIAS ESTÁN MARCADOS POR XUNTA DE FACULTADE POLO TANTO NON SE MOVEN.
Este examen se a situación da crise sanitaria o permite será presencial senón será a través do Campus Virtual
Todo as/os estudantes (presencais ou non presenciais) deben presentarse a este proba)
40
 
Observacións avaliación

Na avaliación da materia (exposta
no apartado da guía docente, denominado "Paso 7: Avaliación") terase
en conta antes de nada o seguinte:

 

a) ESTUDIANTES QUE
ASISTAN SEMPRE A CLASE (ou alumnado con dispensa académica) (estudantes
presenciais)
 considéranse que asisten un
80%, isto equivale a non ter máis de 3 faltas sen xustificar. Xustifícase as
faltas médicas (con xustificante correctamente cuberto por un médico colexiado)
e as faltas por un traballo (con xustificante correctamente cuberto no traballo
onde se xustifique que en horas de clase se está a traballar) ou calquera outra
falta sempre co documentación homologado. As actividades que se realizan en
cada clase deberán ser realizados na aula; en ningún caso (a excepción do
alumnado con dispensa académica) poderase realizar fóra da aula. A asistencia
ás clases será contabilizada a partir das respostas a ditas actividades. Non se
poderá ter máis de dúas faltas de asistencia en cada unha das partes da materia
(técnicas de recollida e técnicas de análise). As cualificacións das probas de
coñecemento que realízanse nas clases i non serán reais ata que se entregue o
dossier (Investigación Cuantitativa)

A avaliación destes alumnos ten
en conta o seguinte: 1-A proba mixta;2-Análise de fontes
documentais e  
3-Solución de problemas. As avaliacións
dende o 2 ao 4, ambas inclusive so serán efectivas a entrega do dossier (Investigación
Cuantiativa)

Nota aclaratoria:

Estes estudantes seguirán sendo
presenciais (nas mesmas circunstancias ou perderán dita categoría) se, por mor
da crise sanitaria, as clases son virtuais. Xa que as clases serán virtuais pero
a través de teams. Para elo, o profesorado configurará en teams o grupo e terán
clases no mesmo horario que foi aprobado na xunta de facultade. A avaliación,
nestas circunstancias (crise sanitaria), será sempre por moodle.

 

b)ESTUDANTES QUE NON
ASISTAN SEMPRE A CLASE (estudantes non presenciais)
 considéranse que non asisten cando faltan máis dun 80%, é dicir, ten
máis de tres faltas sen xustificar, ou ben ten máis de dúas faltas nunha das
partes da materia (técnicas de recollida e/ou análise da información). Se
xustifica as faltas médicas (con xustificante correctamente cuberto por un
médico colexiado) e as faltas por un traballo (con xustificante correctamente
cuberto no traballo onde se xustifique que en horas de clase se está a
traballar), aínda que en ningún caso estes xustificantes suporán a posibilidade
de realizar as actividades das clases fóra de prazo. Tamén pode ser aquel estudantado
que así opte dende o inicio da materia (o primeiro día de clase o profesorado
presentará esta opción que o estudantado pode elixir) Estes estudantes se
presentarán ás probas das convocatorias de xuño ou xullo. Se recomenda que o
estudantado realice o dossier da materia de forma autónoma, posto que estes
serán avaliados na proba final da materia (60%), xunto cos contidos teóricos
propios da proba mixta (40%). 


Fontes de información
Bibliografía básica

Arnal, J., Del Rincón, D. y Latorre, A. (1992). Investigación educativa. Fundamentos y metodología. Barcelona: Labor.

Bisquerra, R. (2004). Metodología de la investigación educativa. Madrid: La Muralla.

 

Colás, P. y Buendía, A. (1992). Investigación educativa. Sevilla: Alfar. 

 

De La Orden, A. (1985).Investigación educativa. Diccionario de Ciencias de la Educación. Madrid: Anaya.

 

De la Herrán (Coord.) (2005). Investigar en educación. Fundamentos, aplicaciones y nuevas perspectivas. Madrid: Dilex. 

 

Dendaluce, I. (Coord.) (1988). Aspectos metodológicos de la investigación educativa. (II Congreso Mundial Vasco). Madrid: Narcea. 

 

Etxeberría, J. y Tejedor Tejedor, F. J. (2005). Análisis descriptivo de datos en educación. Madrid: La Muralla. 

 

García, V. (1994). Problemas y métodos de investigación en educación personalizada. Madrid: Rialp. 

 

García, M. (2000). Socioestadística. Introducción a la Estadística en Sociología. Madrid: Alianza. 

 

García, M (coord.) (2015). El análisis de la realidad social: métodos y técnicas de investigación. Madrid: Alianza

 

Hernández, R., Fernández, C. y Baptista, P. (2003). Metodología de la investigación. (3ª. Edic.). México: McGraw-Hill. 

 

Latorre, A. (2003).La investigación-acción. Conocer y cambiar la práctica educativa. Barcelona: Graó. 

 

León, O. y Montero, I. (1993).Diseño de investigaciones. Introducción a la lógica de la investigación en Psicología y Educación. Madrid: McGraw-Hill.

 

 Losada, J. L. y López, R. (2003).Métodos de investigación en Ciencias Humanas y Sociales. Madrid: Thomson. 

 

Orfelio, L (2015). Métodos de Investigación en Psicología y educación: las tradiciones cualitativas y cuantitativa. Madrid: McGrawHill

 

Pérez, G. (Coord.). (2001). Modelos de investigación cualitativa en Educación Social y Animación Sociocultural. Aplicaciones Prácticas. Madrid: Narcea. 

 

Rodríguez, G., Gil, J. y García, E. (1996). Metodología de la investigación cualitativa. Málaga: Aljibe.

 

Verd, J.M. (2016). Introducción a la investigación cualitativa: fases, métodos y técnioas: Madrid: Síntesis

Bibliografía complementaria

Almazán, A et al. (2011). Análisis estadístico para la investigación social. Madrid: Garceta

Bisquerra, R (1987).Introducción a la estadística aplicada a la investigación educativa. Barcelona: Promociones y Publicaciones Universitarias. 

Bisquerra, R. (2004). Metodología de la investigación educativa. Madrid: La Muralla.

De Lara, E. y Ballesteros, B (2001). Métodos de investigación en educación social. Madrid: Universidad Nacional de Educación a Distancia. 

 

De la Herrán (Coord.) (2005). Investigar en educación. Fundamentos, aplicaciones y nuevas perspectivas. Madrid: Dilex. 

 

Fox. D.J. (1987). El proceso de investigación en educación. Pamplona: Eunsa.  

 

Grim, P. (2010). La certeza absoluta y otras fricciones. Los secretos de la estadística. Barcelona: RBA Libros 

 

Monje, C (2011). Metodología d ela investigación cualitativa y cuantitativa. Guía didáctica. Recuperado de: https://www.uv.mx/rmipe/files/2017/02/Guia-didactica-metodologia-de-la-investigacion.pdf (consultado: 03/07/2018)

 

 

Sierra, R. (1987). Técnicas de Investigación social. Teorías y ejercicios. Madrid: Paraninfo

 

Enlaces WEB:

 

Métodos y técnicas de investigación https://www.gestiopolis.com/metodos-y-tecnicas-de-investigacion/ (consultado: 03/07/2018)

 

Métodos de Investigación social: https://metodoss.com/investigacion-social/ (consultado: 03/07/2018)

 

Metodología d ela investigación: https://sites.google.com/site/51300008metodologia/caracteristicas-cualitativa-cuantitativa (consultado: 03/07/2018)

 

Aula virtual: https://educacionadistancia.juntadeandalucia.es/profesorado/autoformacion/mod/book/view.php?id=3847&chapterid=3127 (consultado: 03/07/2018)

 

Uso de los métodos cuantitativos y cualitativos en la investigación https://prezi.com/awtmyv2x2_9a/el-uso-de-los-metodos-cuantitativos-y-cualitativos-en-una-investigacion/ (consultado: 03/07/2018)


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Investigación-Acción e Innovación/652536005
Investigación Cualitativa en Educación/652536004
Tratamento da Información Cualitativa e Cuantitativa na Investigación dentro da Xestión, Avaliación /652536007

Materias que continúan o temario
Liderado e Dirección de Centros Escolares/652536003
Tratamento da Información Cualitativa e Cuantitativa na Investigación dentro da Xestión, Avaliación /652536007

Observacións

Observacións

Se pueden consultar las siguientes fuentes:

 

http://www.udc.es/dep/fam 

 

http://www.educacion.udc.es 

 

http://www-ice.up.es/upc/ice/ice.nsf. 

 

http://dialnet.inicaja.es 

 

http://www.mec.es 

 

http://bibloteca.udc.es 

 

http://www.um.es/~depmide/RIE

 

http://www.uv.es/a http://www.bne.es http://aera.net

 

Comité Ambiental da Facultade (GREEN CMPUS) recoméndase:

-Recoméndase os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser posible, no útilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.

-Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

-Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sosenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.

 

tamén recomendase utilizar LENGUAXE INCLUSIVO



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías