Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) O Proxecto de Dirección no Marco dos Proxectos Educativos de Centro Código 652536011
Titulación
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Castro Rodríguez, Mª Montserrat
Correo electrónico
maria.castror@udc.es
Profesorado
Castro Rodríguez, Mª Montserrat
Rego Agraso, Laura
Correo electrónico
maria.castror@udc.es
laura.rego@udc.es
Web
Descrición xeral A elaboración dun proxecto de dirección é unha función específica que teñen todas as direccións de institucións. Por tanto, coñecer qué e cómo elaborar un proxecto de dirección para un centro educativo, é un dos obxectivos desta materia. Existe unha lexislación vixente que orienta o deseño dun proxecto educativo, que convive con modelos teórico-prácticos de dirección diferentes. A materia servirá de oportunidade para coñecer de primeira man experiencias directivas a través do diálogo coas persoas protagonistas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías:
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
- Sesión maxistral por teams
- Portafolios(computa na avaliación).
-Simulación

*Metodoloxías docentes que se modifican: Non se realizan cambios.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
- Correo electrónico: Diario. Para solicitar encontros virtuais individuais e grupais.
- Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos portafolios na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 sesión semanal (ou máis segundo a demanda do alumnado) en pequeno grupo (ata 4/6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “portafolios e simulación”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia.

4. Modificacións na avaliación:
Mantéñense as metodoloxías de avaliación e os pesos de cada unha na calificación global.
- Portafolios (50%). Os criterios de avaliación responderán aos criterios marcados en cada unha das prácticas que se entreguen.
- Simulación: 50%
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente a excepción de que as referencias ao cómputo de asistencia se realizará respecto ás sesións que houbo presencialmente ata o momento de suspenderse a actividada presencial.
SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%. Elaboración e presentación dos portafolios en pequeno grupo
B) Os/as estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de asistencia segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212) deberán entregar os portafolios e simulación de maneira individual.

REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
- Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
- Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (portafolios e simulación).
- Entregar os portafolios e simulación na data que se indique.
- A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo na plataforma Moodle.

Competencias do título
Código Competencias do título
A14 E14: Xustificar a organización dos centros escolares por proxectos.
B2 CB7: Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 CB8: Que o estudiantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 CB9: Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B14 G9: Dirixir estratexicamente: planificar, implementar e avaliar plans e proxectos dos centros educativos.
C1 T1: Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas línguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 T4: Desenvolverse para o exercizo dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humáns e a perspectiva de xénero.
C5 T5: Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 T7: Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
C8 T8: Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C9 T9: Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer plazos e cumplilos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ao terminar con éxito esta materia, o estudantado será capaz de: · Propoñer proxectos educativos. AM14
BM2
BM3
BM4
BM14
CM1
CM4
CM9
· Argumentar a importancia da xestión do centro por proxectos. AM14
BM3
BM4
CM1
CM8
· Identificar e seleccionar os principios que sustentan a cultura axiolóxica, organizativa e metodolóxica dun centro educativo. AM14
BM2
CM9
· Planificar e levar a cabo propostas pedagóxicas innovadoras basadas na equidade, na democracia e na inclusión. BM14
CM1
CM5
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. O proxecto educativo como eixe da innovación educativa para a transformación social.
.
· Análise diagnóstico do centro docente.
· Áreas de mellora.
· Obxectivos do proxecto.
2. Organización do centro por proxectos.
Plans de actuación e a súa temporalización.
· Recursos e organización do centro para acadar os obxectivos.
3. Ferramentas para a avaliación, reflexión e mellora dos documentos institucionais dos centros escolares · Seguimento e avaliación do proxecto: indicadores de logro

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A14 B3 B14 7 18 25
Portafolios do alumno B2 B4 C1 C4 C5 C8 C9 2 16 18
Eventos científicos e/ou divulgativos A14 B2 B3 6 0 6
Simulación A14 B2 B3 B4 B14 C4 1 0 1
Aprendizaxe colaborativa A14 B3 C4 C7 2 20 22
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc.
Eventos científicos e/ou divulgativos Profesionais das equipas directivas de distintos centros da comunidade autónoma participarán nas clases.
Simulación Realización dun proxecto de dirección para un centro educativos seguindo a lexislación vixente. O índice do proxecto será o proporcionado pola propia lexislación.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Simulación
Aprendizaxe colaborativa
Sesión maxistral
Portafolios do alumno
Descrición
O profesorado realizará un seguimento do traballo do alumnado asistente a través das prácticas que vaia realizando.
É importante que o alumnado realice as súas prácticas desde o primeiro día e acuda ás titorías de maneira asidua co fin de resolver as dúbidas que estime oportunas.
As titorías desenvolveranse realizaranse por teams ou na clase se fose preciso.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A14 B2 B3 B4 B14 C4 Traballo en equipo. Cada equipo elaborará un proxecto de dirección seguindo as pautas recollidas na lexislación vixente. 50
Portafolios do alumno B2 B4 C1 C4 C5 C8 C9 Traballo individual. É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc. 50
 
Observacións avaliación

Criterios para superar a materia:

1. Os portafolios e Simulación/proxecto de dirección subiranse á Campus Virtual

2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de
avaliación (portafolios e simulación/proxecto de dirección). 

3. Entregar os portafolios  e simulación/proxecto de dirección na data que se indique. 

 SITUACIÓNS:

O alumnado con recoñecemento de dedicación
a tempo parcial e dispensa académica de asistencia segundo establece a
"NORMA QUE REGULA Ou RÉXIME DE DEDICACIÓN AOESTUDO DÚAS ESTUDANTES DE
GRAONA UDC (Arts. 2.3; 3. b e 4.5) (29/5/212) deberán entregar o portafolio e proxecto  maneira
individual.

A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.


Fontes de información
Bibliografía básica Montero Alcaide, A. (2007). Proyecto de dirección y ejercicio directivo. Las Rozas: Wolters Kluwer España
San Fabián Maroto, José Luis (2013). Autoevaluación de centros educativos: cómo mejorar desde dentro. Madrid: Síntesis
García Cabrera, María del Mar (2016). Vivir la escuela como un proyecto colectivo: manual de organización de centros educativos. Madrid: Pirámide

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías