Identifying Data 2021/22
Subject (*) Didactics of the physics and chemistry Code 652601123
Study programme
1 Mestrado Universitario de Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Experimentais
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree Yearly
First Obligatory 4.5
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Pedagoxía e Didáctica
Coordinador
Golías Pérez, Yolanda
E-mail
y.golias@udc.es
Lecturers
Golías Pérez, Yolanda
E-mail
y.golias@udc.es
Web
General description Materia dirixida basicamente ao desempeño do labor docente -ensino da Física e da Química - na educación secundaria e o bacharelato. Está especialmente centrada na toma de decisións sobre que e como ensinar, ten un carácter teórico práctico e desenvólvese ao longo de 4,5 créditos.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías:
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Aprendizaxe colaborativa, traballos tutelados , proba mixta , presentación oral, atención personalizada
*Metodoloxías docentes que se modifican: sesión maxistral adáptanse a modalidade virtual e os eventos divulgativos, saídas de campo, etc. non poderán facerse.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
-Correo electrónico o quickmail: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
-Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando.
-Teams: De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en gran grupo ou grupos reducidos, na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade, para o avance dos contidos teóricos da materia, o seguimento e apoio na realización das tarefas e traballos tutelados. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do
alumando para desenvolver o traballo da materia
4. Modificacións na avaliación:
En caso de confinamento a asistencia non será considerada e o alumnado será avaliado a través das tarefas, traballos tutelados as exposicións e a proba escrita individual virtual.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A20 (CE-E6)Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
A22 (CE-E8)Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
A25 (CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A27 (CE-E13)Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Transformar o currículo de Física e Química en programas de actividades e de traballo. AJ20
CC1
CC3
Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en envalor as achegas dos estudantes de secundaria, tomando como referente os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe da Física e da Química. AJ22
CC6
CC8
Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe da Física e da Química e plantexar alternativas e solucións AJ27
CC7
CC8
Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras co relación ós contidos curriculares da especialización cursada AJ25
CC4
CC7

Contents
Topic Sub-topic
1. A Física e Química no contexto da Educación Secundaria.
1.1 Os obxectivos de ensino da Física e Química. A súa contribución á adquisición de competencias básicas.
2. Selección e secuenciación de cntidos 2.1 Que ensinar de Física e Química. O currículo oficial como referente.
2.2 A necesaria concreción curricular: Delimitación do contido escolar. Exemplificacións.
3. Problemas de aprendizaxe dos contidos de Física e Química.
3.1 Factores que condicionan a aprendizaxe científica.


4. Recomendacións didácticas e recursos específicos para a ensinansa-aprenizaxe da Física e Química 4.1 Como promover a aprendizaxe a través de actividades. Exemplificacións
4.1.1. Actividades prácticas
4.1.2. Cuestións, exercicios e problemas
4.1.3 Outras actividades e recursos
5. Diseños de propoestas de ensinanza en Física y Química
5.1 Tomando decisións sobre que e como ensinar:
5.1.1 Análise e elaboración de propostas de ensino sobre: os estados da materia, substancias e mesturas, estrutura e propiedades das substancias, cambios químico...
5.1.2. Análise e elaboración de propostas de ensino sobre: Interaccións mecánicas, ... Tipos e transformacións enerxéticas, mecanismos de transferencia)...

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A20 A25 C4 12 12 24
Collaborative learning A22 A25 A27 C3 C6 16 32 48
Supervised projects A20 A22 A25 A27 C1 C7 0 17 17
Oral presentation A20 C1 C3 3 3 6
Document analysis A25 A27 0 9 9
Mixed objective/subjective test A20 A27 C1 C8 1 3 4
 
Personalized attention 4.5 0 4.5
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais. Empregarase especialmente para introducir novos coñecementos científicos/didácticos. Ademais, procurarase interaccionar co alumnado a partir da formulación de interrogantes e para discutir e xustificar a idoneidade do novo coñecemento fronte a posibles interpretacións menos axeitadas
Collaborative learning Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe orientados de forma presencial, tanto en pequeno coma en gran grupo, presentadas e orientadas pola profesora, intercambio de ideas entre o alumnado e discusión/debate destas.
Inclúese neste tipo de metodoloxía: os eventos científicos e/ou divulgativos (asistencia a seminarios, xornadas, etc.), lecturas de libros, artigos e outros textos, saídas de campo ou actividades fóra da facultade, etc.
A docente proporá solución de problemas a partir dos contidos traballados nas sesións ou ben de casos de actualidade científica.
Ao longo do curso o profesorado poderá pedir aos alumnos as exposicións orais dos traballos realizados individualmente ou en grupo, propoñer preguntas, solicitando aclaracións, etc. ou sobre a tarefas levadas a cabo nas sesións.
Supervised projects Metodoloxía que pretende promover a aprendizaxe autónoma do alumnado a nivel individual e grupal. Elaboración fundamentada de propostas concretas de intervención na aula en pequeno grupo, baixo a supervisión da profesora e avaliación da súa idoneidade.
Oral presentation Presentación e debate por parte do alumnado de propostas de ensino aprendizaxe de elaboración propia, relativos a temas concretos de Física/Química.
Document analysis Utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos
Mixed objective/subjective test Proba individual a realizar na data acordada oficialmente, que pode integrar preguntas de resposta breve (identificación de contidos relevantes, descrición de dificultades de aprendizaxe sobre un tópico concreto...) e/ou preguntas de ensaio e desenvolvemento (análise de situacións, resolución de problemáticas, valoración de propostas concretas...) relacionadas co ensino e aprendizaxe dos contidos de Física/Química na educación secundaria.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Description
Realizaránse titorías específicas co alumnado, individualmente ou en pequeno grupo, co fin orientar adecuadamente a realización das actividades e traballos tutelados propostos e clarificar posibles dúbidas xurdidas durante o seu desenvolvemento.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Collaborative learning A22 A25 A27 C3 C6 Valorarase a capacidade reflexiva e analítica respecto das tarefas desenvolvidas na aula, que o alumnado deberá reflectir individualmente por escrito. 10
Supervised projects A20 A22 A25 A27 C1 C7 Valorarase a capacidade de deseñar propostas concretas de intervención, teóricamente xustificadas dende a Didáctica das Ciencias, e de reflexionar sobre a súa idoneidade unha vez presentadas na clase. 50
Mixed objective/subjective test A20 A27 C1 C8 Se valorará la aplicación de conocimientos y destrezas adquiridos durante lo curso y especialmente la capacidad analítica e interpretativa del alumnado en relación a problemas, situaciones, materiales...relacionadas con la enseñanza y aprendizaje de Física/Química en la educación secundaria. 40
 
Assessment comments

Na primeira oportunidade

-
Avaliaranse as tarefas e traballos realizados durante o curso e a proba
escrita. A cualificación será a media ponderada das notas obtidas en cada
parte, debendo obter en cada unha delas un aprobado (5 sobre 10).

- É requisito imprescindible unha asistencia
mínima do 80% ás sesións presenciais. No caso de non alcanzarse dito porcentaxe
as tarefas e traballos non serán avaliados e a cualificación será de non
presentado.

Na segunda oportunidade

- O
alumnado que asistiu a lo menos ó 80% das sesións deberá repetir as partes non
superadas (tarefas/traballos e/ou proba escrita). 

-
Os/as estudantes que non alcanzaran o porcentaxe de asistencia esixida ás sesións
presenciais deberán presentar, individualmente, todas as tarefas/traballos
propostos ó longo do curso.

-En
calquera caso, a cualificación será a media ponderada das notas obtidas en cada
parte, debendo obter en cada unha delas un aprobado (5 sobre 10).

Tanto os estudantes con dispensa pola súa situación de
vulnerabilidade debido a COVID-19 como o que ten recoñecemento
de dedicación a tempo parcial/dispensa académica que lles exime
da asistencia a clase segundo o establecido na "Norma que regula o
réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao" na UDC
(29/05/2012):

- Deberán
poñelo en coñecemento da profesora a primeira semana de clase

Na
primeira oportunidade
, ademais da proba escrita, terán que
realizar, individualmente, todas as tarefas/traballos propostos ó longo do
curso e entregalos nas datas que estableza a profesora.

A
cualificación final será a media ponderada das notas das tarefas e traballos
realizados durante o curso e da nota da proba escrita, debendo obter en cada
unha das partes un aprobado (5 sobre 10).

Na
segunda oportunidade
, deberán repetir ás partes non superadas (tarefas/traballos
e/ou proba escrita).

NOTAS XERAIS A AMBAS OPORTUNIDADES


  • É primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía,
    acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames
    realizados como condición imprescindible para superar a materia.

  • No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación
    será motivo de suspenso da materia, según o establecido no artigo 14. 4. Normas
    de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
    mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a
    utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da
    internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso
    do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na
    actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que
    puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".

Sources of information
Basic Jiménez Aleixandre, M.P. (2010). 10 ideas clave. Competencias en argumentación y uso de pruebas. Graó. Barcelona
Pedrinaci (coord.) (2013). 11 ideas clave. El desarrollo de la competencia científica. Graó. Barcelona
Nieda, J. y otros (2004). Actividades para evaluar Ciencias en secundaria. Visor: Madrid
Pozo, J.l. y Gómez Crespo, M.A. (1998). Aprender y enseñar Ciencia. Morata. Madrid
Domènech, J. (2019). Aprendizaje Basado En Proyectos, Trabajos prácticos y Controversias. . Editorial Octaedro, S.L
Driver, R. y otros (1999). Dando sentido a la Ciencia en secundaría. Investigaciones sobre las ideas de los niños. Visor. Madrid
Sanmartí, N. (2002). Didáctica de las Ciencias en la educación secundaría obligatoria. Síntesis Educación. Madrid
Perales, J. y Cañal, P. (2000). Didáctica de las Ciencias Experimentales . Marfil. Alcoy
Jiménez Aleixandre, M.P (1996). Dubidar para aprender. Xerais. Vigo
Varela, P<em>. et al. (2000). Electricidad y magnetismo. Síntesis Educación. Madrid
Membiela, P. (2001). Enseñanza de las Ciencias desde la perspectiva CTS. Narcea. Madrid
Jiménez Aleixandre, M.P. (coord (2003). Enseñar Ciencias. Graó. Barcelona
Caamaño, A. (2020). Enseñar química: de las sustancias a la reacción química . Graó. Barcelona
Caamaño A (2011). Física y Química. Vol I, II y III. Graó. Barcelona
Blanco, A. y Lumpión, T. (2016). La competencia científica en las aulas. Nueve propuestas didácticas.
Carmen, L. del (1997). La enseñanza y el aprendizaje de tas Ciencias de la Naturaleza en la educación secunda. ICE UB/Horsori. Barcelona
Prieto, M.T. y otros (2000). La materia y los materiales. Síntesis. Madrid
Gil.D. (1991). La nseñanza de las Ciencias en la educación secundaría. Horsori. Barcelona
Solbes, J. y Jiménez , R. (2019). Propuestas de educación científica basadas en la indagación y modelización en contexto. Tirant lo Blanch, Tirant Humanidades
Perales , J. (2000). Resolución de problemas. Santillana. Madrid

Complementary
Revistas:
- Alambique
- Enseñanza de las Ciencias
- Revista Electrónica de Enseñanza de las Ciencias
- Revista Eureka sobre Enseñanza y Divulgación de las Ciencias
Normativa curricular: http://www.edu.xunta.gal/portal/guiadalomce
Recursos web:&nbsp;
- Materiales de Didáctica de las Ciencias. Física y Química. Curso básico de didáctica de las ciencias. Enseñanza secundaria. Profesorado de ciencias en formación y en activo (didacticafisicaquimica.es)
-Guía para el diseño, implementación y evaluación de talleres experimentales. (http://www.crecim.cat/portal/images/fecyt/Guia_talleres_Fecyt_revisada.pdf)&nbsp;

Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

1.- A entrega dos traballos documentais será telemáticamente, a través do campus virtual e, se non é posible:&nbsp;

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

-Evitarasese o uso de plásticos

2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais

4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…)

5.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.