Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Deseño. planificación e avaliación de propostas didácticas de tecnoloxía na educación secundaria Código 652602222
Titulación
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Pardo Carabias, Cristina
Correo electrónico
cristina.pardo.carabias@udc.es
Profesorado
Pardo Carabias, Cristina
Correo electrónico
cristina.pardo.carabias@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Esta materia ten un carácter integral no sentido de integrar as aprendizaxes desenvolvidas nos módulos de Tecnoloxía para o profesorado de educación secundaria obrigatoria, Tecnoloxía para o profesorado de bacharelato e didáctica da Tecnoloxía na educación secundaria.
Durante o seu desenvolvemento trataremos de achegarnos ás estratexias de Deseño de unidades de traballo e a autoavaliación das mesmas, para buscar a mellora continua do proceso de ensino-aprendizaxe. Ao tempo que nos aproximamos á dinámica dos métodos de traballo, afondando nos curriculums das distintas materias que integran a especialidade, traballando con recursos didácticos e técnicos propios das áreas tecnolóxicas e buscando métodos de organización racional destes dentro da aula-taller.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
non hai cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
non hai cambios
*Metodoloxías docentes que se modifican
non hai cambios
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
non hai cambios
4. Modificacións na avaliación
non hai cambios
*Observacións de avaliación:
A Proba escrita realizarase a través de MOODLE mediante un cuestionario na data e hora fixada para tal proba.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A20 (CE-E6)Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
A22 (CE-E8)Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
A23 (CE-E9)Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
A25 (CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A27 (CE-E13)Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Proponer e elaborar propostas de intervención na aula para os distintos niveis e materias, transformando os curriculums vixentes en programacións de actividades de traballo. AP20
AP22
AP25
AP27
CM3
CM7
Coñecer e valorar a importancia de todos os elementos curriculares que deben formar parte da programación do departamento de Tecnoloxía. CM7
Valorar a importancia dos contidos procedimentais dentro da área de Tecnoloxía e reflectilo na proposta de unidades de traballo. CM3
CM7
Aplicar metodoloxías diversas no deseño de unidades didácticas, afastándose do modelo tradicional de rofesor transmisor de coñecemento, e buscando que o alumno sexa o construtor do seu propio aprendizaxe. AP20
AP23
AP27
CM3
CM7
Integrar significativamente o uso das novas tecnoloxías no deseño das unidades didácticas, empregando novas metodoloxías que convirtan ao alumno en construtor do seu propio coñecemento, de xeito que se poda falar de TAC e non só de TIC. AP20
AP23
CM3
CM7
Coñecer estratexias e procedementos de avaliación, entendendo esta coma un proceso integrado no proceso de E-A, buscando a avaliación do proceso e non do resultado e integralas nas súas propostas de traballo na aula. AP20
CM7

Contidos
Temas Subtemas
O curriculum oficial ESO
Bacharelato
Análise de propostas didácticas xa elaboradas a selección de contidos
a formulación e secuencia de obxectivos
a metodoloxía de ensino aprendizaxe
o deseño de actividades
as estratexias de avaliación
Propostas didácticas para o ensino da Tecnoloxía. Deseño
Planificación
Avaliación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A19 2 0 2
Foro virtual A23 A25 C3 C7 1 1.5 2.5
Proba obxectiva A18 A20 A21 A22 A24 A25 A27 2 8 10
Traballos tutelados A15 A18 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A27 C3 C7 15 60 75
Lecturas A15 A18 A19 A24 C7 1 4 5
Estudo de casos C7 1 4 5
 
Atención personalizada 0.5 0 0.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade para levar a cabo na aula en dúas fases diferenciadas:
En primeiro lugar mediante unha discusión guiada polo docente, para coñecer os coñecementos previos, interese e motivación do alumnado cara á asignatura.
Posteriormente daranse a coñecer os obxectivos e forma de traballo na mesma.
Foro virtual Espazo de comunicación entre alumnado e docente, para aclarar dúbidas e propoñer temas a debate para o estudo de casos e compartir artigos sobre os temas de estudo.
Proba obxectiva Para o contraste entre o realizado na aula e os coñecementos adquiridos.
Consistirá no deseño de pequenas propostas de ensino-aprendizaxe.
Traballos tutelados Traballo grupal que consistirá no deseño e exposición dunha Unidade Didáctica (UD), cuios requisitos serán especificados nas sesións de clase. Non se valorará ningunha UD entregada que non fose titorizada previamente pola docente. Dita titorización realizarase sobre apartados completos e non sobre esquemas da UD.
Lecturas Busca de información e lectura de material bibliográfico para a realización dos traballos tutelados.
Estudo de casos Programacións de aula xa elaboradas e postas en práctica en contextos reais. Servirá de información para a realización dos traballos tutelados.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Lecturas
Estudo de casos
Descrición
MODALIDADE PRESENCIAL
Seguimento e fomento da participación activa do alumnado na dinámica de aula.

Resolución de dúbidas do, a través de titorías presenciais previamente solicitadas, ou virtualmente, a través do correo eléctronico e foros na aula virtual.

Seguimento da aprendizaxe evolutiva do alumnado en función das súas características persoais.

ALUMNADO CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA

Debido ás características do curso non se plantea esta posibilidade.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Foro virtual A23 A25 C3 C7 Participación nos foros virtuais establecidos ao longo do curso.
Valorarase, por un lado, a participación individual para:
1. a presentación de dúbidas ou comentarios persoais sobre o deseño da UD ou o curriculum
2. aportación de artigos relacionados coa temática
e por outra banda a colaboración no grupo de cara a axudar aos compañeiros. Tendo cada parte, persoal e cooperativa un 50% de peso na cualificación final.
A participación deberá ser equilibrada ao longo do tempo que dure o módulo, non valorándose entradas puntuais como a participación en unha ou dúas datas únicamente.
20
Proba obxectiva A18 A20 A21 A22 A24 A25 A27 Proba escrita individual na que se avaliará o coñecemento dos distintos elementos curriculares e a súa concreción en propostas de ensino aprendizaxe. 30
Traballos tutelados A15 A18 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A27 C3 C7 O traballo grupal tutelado consistirá no deseño e exposición dunha Unidade Didáctica (UD) nunha das materias de Tecnoloxía da ESO ou do Bacharelato (non se admitirá ningunha outra materia). Os requisitos mínimos para obter unha cualificación positiva son:

- Non empregar unha metodoloxía baseada no modelo de profesor transmisor de coñecementos.
- Contemplar significativamente os apartados especificados pola docente, constando cada un da súa correspondente introdución.
- Integrar significativamente as TIC.
- Estar temporalizada para un mínimo de 8 sesións.
- Estar tutorizado pola docente, de xeito que se realice, alomenos, unha revisión por esta antes da súa entrega definitiva. Non se valorará ningún traballo entregado que non fose titorizado previamente pola docente. Dita titorización realizarase sobre apartados completos e non sobre esquemas da UD.
- Empregar o currículo vixente.
- Cumprir coa extensión e formato especificados para o traballo, incluíndo a portada e o índice.
- Ser entregado no prazo establecido, tanto en formato WORD como en PDF, a través do Campus Virtual.
- As referencias bibliográficas empregadas deben estar referenciadas apropiadamente en formato APA, última edición. Tense que evitar o plaxio. As citas e as referencias a calquera texto debe declararse, xa que o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".
50
 
Observacións avaliación

A asistencia ás sesión presenciais é obrigatoria. 

Na primeira oportunidade, a cualificación final será a media ponderada das notas dos tres traballos (foro, prueba escrita e traballo tutelado), debendo obter en cada unha das partes unha cualificación de aprobado (5). 

Se o alumno non acada o 80% de asistencia, non se avaliará o traballo realizado ao longo do curso e a cualificación será a de non presentado. 

O alumnado que na primeria oportunidade non obtivese unha cualificación positiva (5) ou de non presentado, deberá realizar os traballos correspondentes (foro, traballo tutelado) e acadar nos mesmos unha cualificación positiva (5); ademais deberá realizar unha proba escrita sobre os contidos traballados nas sesións (ditos contidos estarán a disposición do alumnado no Campus Virtual). A cualificación final da segunda oportunidade será a media ponderada da nota da proba escrita e as dos traballos correspondentes (foro, traballo tutelado), sendo requisito imprescindible obter o aprobado (5) en todas as partes para facer dita media. 

O alumnado con dispensa académica realizará o traballo tutelado de xeito individual. Deberá obter en cada unha das partes da avaliación (foro, proba escrita e traballo individual tutelado) unha cualificación de aprobado (5) para superar a materia. Ademais, deberá realizar e superar unha serie de actividades deseñadas pola docente (alomenos cunha cualificación de aprobado—5), que deberá entregar no prazo que se lle comunique. 


Fontes de información
Bibliografía básica Baigorri, J., Bachs, X. Cisneros, M.R. e González, L. (1997). Enseñar y aprender Tecnología en la educación secundaria. Barcelona: ICE Horsori
López, R. (1998). La evaluación en el área de Tecnología. Educación Secundaria Obligatoria. Salamanca. Amaru
Salinas, D. (2002). ¡Mañana examen! La evaluación. entre la teoría y la realidad. Barcelona: Graó

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Tecnoloxía para profesorado de educación secundaria obrigatoria/652602211
Tecnoloxía para profesorado de bacharelato/652602212
Didáctica da tecnoloxía na educación secundaria/652602221
Didáctica. currículo e organización escolar/652602001

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Proxectos de innovación e investigación educativa en tecnoloxía/652602E31

Materias que continúan o temario
Practicum/652602206
Traballo fin de Mestrado/652602207

Observacións
Recoméndase os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser posible, no útilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sosenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías