Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A20 |
(CE-E6)Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo. |
A22 |
(CE-E8)Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes. |
A23 |
(CE-E9)Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe. |
A25 |
(CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada. |
A27 |
(CE-E13)Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Proponer e elaborar propostas de intervención na aula para os distintos niveis e materias, transformando os curriculums vixentes en programacións de actividades de traballo. |
AP20 AP22 AP25 AP27
|
|
CM3 CM7
|
Coñecer e valorar a importancia de todos os elementos curriculares que deben formar parte da programación do departamento de Tecnoloxía. |
|
|
CM7
|
Valorar a importancia dos contidos procedimentais dentro da área de Tecnoloxía e reflectilo na proposta de unidades de traballo. |
|
|
CM3 CM7
|
Aplicar metodoloxías diversas no deseño de unidades didácticas, afastándose do modelo tradicional de rofesor transmisor de coñecemento, e buscando que o alumno sexa o construtor do seu propio aprendizaxe. |
AP20 AP23 AP27
|
|
CM3 CM7
|
Integrar significativamente o uso das novas tecnoloxías no deseño das unidades didácticas, empregando novas metodoloxías que convirtan ao alumno en construtor do seu propio coñecemento, de xeito que se poda falar de TAC e non só de TIC. |
AP20 AP23
|
|
CM3 CM7
|
Coñecer estratexias e procedementos de avaliación, entendendo esta coma un proceso integrado no proceso de E-A, buscando a avaliación do proceso e non do resultado e integralas nas súas propostas de traballo na aula. |
AP20
|
|
CM7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
O curriculum oficial |
ESO
Bacharelato |
Análise de propostas didácticas xa elaboradas |
a selección de contidos
a formulación e secuencia de obxectivos
a metodoloxía de ensino aprendizaxe
o deseño de actividades
as estratexias de avaliación |
Propostas didácticas para o ensino da Tecnoloxía. |
Deseño
Planificación
Avaliación |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A19 |
2 |
0 |
2 |
Foro virtual |
A23 A25 C3 C7 |
1 |
1.5 |
2.5 |
Proba obxectiva |
A18 A20 A21 A22 A24 A25 A27 |
2 |
8 |
10 |
Traballos tutelados |
A15 A18 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A27 C3 C7 |
15 |
60 |
75 |
Lecturas |
A15 A18 A19 A24 C7 |
1 |
4 |
5 |
Estudo de casos |
C7 |
1 |
4 |
5 |
|
Atención personalizada |
|
0.5 |
0 |
0.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Actividade para levar a cabo na aula en dúas fases diferenciadas:
En primeiro lugar mediante unha discusión guiada polo docente, para coñecer os coñecementos previos, interese e motivación do alumnado cara á asignatura.
Posteriormente daranse a coñecer os obxectivos e forma de traballo na mesma. |
Foro virtual |
Espazo de comunicación entre alumnado e docente, para aclarar dúbidas e propoñer temas a debate para o estudo de casos e compartir artigos sobre os temas de estudo. |
Proba obxectiva |
Para o contraste entre o realizado na aula e os coñecementos adquiridos.
Consistirá no deseño de pequenas propostas de ensino-aprendizaxe. |
Traballos tutelados |
Traballo grupal que consistirá no deseño e exposición dunha Unidade Didáctica (UD), cuios requisitos serán especificados nas sesións de clase. Non se valorará ningunha UD entregada que non fose titorizada previamente pola docente. Dita titorización realizarase sobre apartados completos e non sobre esquemas da UD. |
Lecturas |
Busca de información e lectura de material bibliográfico para a realización dos traballos tutelados. |
Estudo de casos |
Programacións de aula xa elaboradas e postas en práctica en contextos reais. Servirá de información para a realización dos traballos tutelados. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Lecturas |
Estudo de casos |
|
Descrición |
MODALIDADE PRESENCIAL
Seguimento e fomento da participación activa do alumnado na dinámica de aula.
Resolución de dúbidas do, a través de titorías presenciais previamente solicitadas, ou virtualmente, a través do correo eléctronico e foros na aula virtual.
Seguimento da aprendizaxe evolutiva do alumnado en función das súas características persoais.
ALUMNADO CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA
Debido ás características do curso non se plantea esta posibilidade. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Foro virtual |
A23 A25 C3 C7 |
Participación nos foros virtuais establecidos ao longo do curso.
Valorarase, por un lado, a participación individual para:
1. a presentación de dúbidas ou comentarios persoais sobre o deseño da UD ou o curriculum
2. aportación de artigos relacionados coa temática
e por outra banda a colaboración no grupo de cara a axudar aos compañeiros. Tendo cada parte, persoal e cooperativa un 50% de peso na cualificación final.
A participación deberá ser equilibrada ao longo do tempo que dure o módulo, non valorándose entradas puntuais como a participación en unha ou dúas datas únicamente. |
20 |
Proba obxectiva |
A18 A20 A21 A22 A24 A25 A27 |
Proba escrita individual na que se avaliará o coñecemento dos distintos elementos curriculares e a súa concreción en propostas de ensino aprendizaxe. |
30 |
Traballos tutelados |
A15 A18 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A27 C3 C7 |
O traballo grupal tutelado consistirá no deseño e exposición dunha Unidade Didáctica (UD) nunha das materias de Tecnoloxía da ESO ou do Bacharelato (non se admitirá ningunha outra materia). Os requisitos mínimos para obter unha cualificación positiva son:
- Non empregar unha metodoloxía baseada no modelo de profesor transmisor de coñecementos.
- Contemplar significativamente os apartados especificados pola docente, constando cada un da súa correspondente introdución.
- Integrar significativamente as TIC.
- Estar temporalizada para un mínimo de 8 sesións.
- Estar tutorizado pola docente, de xeito que se realice, alomenos, unha revisión por esta antes da súa entrega definitiva. Non se valorará ningún traballo entregado que non fose titorizado previamente pola docente. Dita titorización realizarase sobre apartados completos e non sobre esquemas da UD.
- Empregar o currículo vixente.
- Cumprir coa extensión e formato especificados para o traballo, incluíndo a portada e o índice.
- Ser entregado no prazo establecido, tanto en formato WORD como en PDF, a través do Campus Virtual.
- As referencias bibliográficas empregadas deben estar referenciadas apropiadamente en formato APA, última edición. Tense que evitar o plaxio. As citas e as referencias a calquera texto debe declararse, xa que o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento". |
50 |
|
Observacións avaliación |
A asistencia ás sesión presenciais é obrigatoria. Na primeira oportunidade, a cualificación final será a media ponderada das notas dos tres traballos (foro, prueba escrita e traballo tutelado), debendo obter en cada unha das partes unha cualificación de aprobado (5). Se o alumno non acada o 80% de asistencia, non se avaliará o traballo realizado ao longo do curso e a cualificación será a de non presentado. O alumnado que na primeria oportunidade non obtivese unha cualificación positiva (5) ou de non presentado, deberá realizar os traballos correspondentes (foro, traballo tutelado) e acadar nos mesmos unha cualificación positiva (5); ademais deberá realizar unha proba escrita sobre os contidos traballados nas sesións (ditos contidos estarán a disposición do alumnado no Campus Virtual). A cualificación final da segunda oportunidade será a media ponderada da nota da proba escrita e as dos traballos correspondentes (foro, traballo tutelado), sendo requisito imprescindible obter o aprobado (5) en todas as partes para facer dita media. O alumnado con dispensa académica realizará o traballo tutelado de xeito individual. Deberá obter en cada unha das partes da avaliación (foro, proba escrita e traballo individual tutelado) unha cualificación de aprobado (5) para superar a materia. Ademais, deberá realizar e superar unha serie de actividades deseñadas pola docente (alomenos cunha cualificación de aprobado—5), que deberá entregar no prazo que se lle comunique.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Baigorri, J., Bachs, X. Cisneros, M.R. e González, L. (1997). Enseñar y aprender Tecnología en la educación secundaria. Barcelona: ICE Horsori
López, R. (1998). La evaluación en el área de Tecnología. Educación Secundaria Obligatoria. Salamanca. Amaru
Salinas, D. (2002). ¡Mañana examen! La evaluación. entre la teoría y la realidad. Barcelona: Graó |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Tecnoloxía para profesorado de educación secundaria obrigatoria/652602211 | Tecnoloxía para profesorado de bacharelato/652602212 | Didáctica da tecnoloxía na educación secundaria/652602221 | Didáctica. currículo e organización escolar/652602001 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Proxectos de innovación e investigación educativa en tecnoloxía/652602E31 |
|
Materias que continúan o temario |
Practicum/652602206 | Traballo fin de Mestrado/652602207 |
|
Observacións |
Recoméndase os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser posible, no útilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.
Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sosenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais |
|