Identifying Data 2021/22
Subject (*) Design. planning and evaluation of didactic offers of Technology in the secondary education Code 652602222
Study programme
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree Yearly
First Obligatory 4
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Pedagoxía e Didáctica
Coordinador
Pardo Carabias, Cristina
E-mail
cristina.pardo.carabias@udc.es
Lecturers
Pardo Carabias, Cristina
E-mail
cristina.pardo.carabias@udc.es
Web http://moodle.udc.es
General description Esta materia ten un carácter integral no sentido de integrar as aprendizaxes desenvolvidas nos módulos de Tecnoloxía para o profesorado de educación secundaria obrigatoria, Tecnoloxía para o profesorado de bacharelato e didáctica da Tecnoloxía na educación secundaria.
Durante o seu desenvolvemento trataremos de achegarnos ás estratexias de Deseño de unidades de traballo e a autoavaliación das mesmas, para buscar a mellora continua do proceso de ensino-aprendizaxe. Ao tempo que nos aproximamos á dinámica dos métodos de traballo, afondando nos curriculums das distintas materias que integran a especialidade, traballando con recursos didácticos e técnicos propios das áreas tecnolóxicas e buscando métodos de organización racional destes dentro da aula-taller.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos
non hai cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
non hai cambios
*Metodoloxías docentes que se modifican
non hai cambios
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
non hai cambios
4. Modificacións na avaliación
non hai cambios
*Observacións de avaliación:
A Proba escrita realizarase a través de MOODLE mediante un cuestionario na data e hora fixada para tal proba.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Study programme competencies
Code Study programme competences
A20 (CE-E6)Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
A22 (CE-E8)Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
A23 (CE-E9)Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
A25 (CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A27 (CE-E13)Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Proponer e elaborar propostas de intervención na aula para os distintos niveis e materias, transformando os curriculums vixentes en programacións de actividades de traballo. AJ20
AJ22
AJ25
AJ27
CC3
CC7
Coñecer e valorar a importancia de todos os elementos curriculares que deben formar parte da programación do departamento de Tecnoloxía. CC7
Valorar a importancia dos contidos procedimentais dentro da área de Tecnoloxía e reflectilo na proposta de unidades de traballo. CC3
CC7
Aplicar metodoloxías diversas no deseño de unidades didácticas, afastándose do modelo tradicional de rofesor transmisor de coñecemento, e buscando que o alumno sexa o construtor do seu propio aprendizaxe. AJ20
AJ23
AJ27
CC3
CC7
Integrar significativamente o uso das novas tecnoloxías no deseño das unidades didácticas, empregando novas metodoloxías que convirtan ao alumno en construtor do seu propio coñecemento, de xeito que se poda falar de TAC e non só de TIC. AJ20
AJ23
CC3
CC7
Coñecer estratexias e procedementos de avaliación, entendendo esta coma un proceso integrado no proceso de E-A, buscando a avaliación do proceso e non do resultado e integralas nas súas propostas de traballo na aula. AJ20
CC7

Contents
Topic Sub-topic
O curriculum oficial ESO
Bacharelato
Análise de propostas didácticas xa elaboradas a selección de contidos
a formulación e secuencia de obxectivos
a metodoloxía de ensino aprendizaxe
o deseño de actividades
as estratexias de avaliación
Propostas didácticas para o ensino da Tecnoloxía. Deseño
Planificación
Avaliación

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Introductory activities A19 2 0 2
Online forum A23 A25 C3 C7 1 1.5 2.5
Objective test A18 A20 A21 A22 A24 A25 A27 2 8 10
Supervised projects A15 A18 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A27 C3 C7 15 60 75
Workbook A15 A18 A19 A24 C7 1 4 5
Case study C7 1 4 5
 
Personalized attention 0.5 0 0.5
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Actividade para levar a cabo na aula en dúas fases diferenciadas:
En primeiro lugar mediante unha discusión guiada polo docente, para coñecer os coñecementos previos, interese e motivación do alumnado cara á asignatura.
Posteriormente daranse a coñecer os obxectivos e forma de traballo na mesma.
Online forum Espazo de comunicación entre alumnado e docente, para aclarar dúbidas e propoñer temas a debate para o estudo de casos e compartir artigos sobre os temas de estudo.
Objective test Para o contraste entre o realizado na aula e os coñecementos adquiridos.
Consistirá no deseño de pequenas propostas de ensino-aprendizaxe.
Supervised projects Traballo grupal que consistirá no deseño e exposición dunha Unidade Didáctica (UD), cuios requisitos serán especificados nas sesións de clase. Non se valorará ningunha UD entregada que non fose titorizada previamente pola docente. Dita titorización realizarase sobre apartados completos e non sobre esquemas da UD.
Workbook Busca de información e lectura de material bibliográfico para a realización dos traballos tutelados.
Case study Programacións de aula xa elaboradas e postas en práctica en contextos reais. Servirá de información para a realización dos traballos tutelados.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Workbook
Case study
Description
MODALIDADE PRESENCIAL
Seguimento e fomento da participación activa do alumnado na dinámica de aula.

Resolución de dúbidas do, a través de titorías presenciais previamente solicitadas, ou virtualmente, a través do correo eléctronico e foros na aula virtual.

Seguimento da aprendizaxe evolutiva do alumnado en función das súas características persoais.

ALUMNADO CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA

Debido ás características do curso non se plantea esta posibilidade.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Online forum A23 A25 C3 C7 Participación nos foros virtuais establecidos ao longo do curso.
Valorarase, por un lado, a participación individual para:
1. a presentación de dúbidas ou comentarios persoais sobre o deseño da UD ou o curriculum
2. aportación de artigos relacionados coa temática
e por outra banda a colaboración no grupo de cara a axudar aos compañeiros. Tendo cada parte, persoal e cooperativa un 50% de peso na cualificación final.
A participación deberá ser equilibrada ao longo do tempo que dure o módulo, non valorándose entradas puntuais como a participación en unha ou dúas datas únicamente.
20
Objective test A18 A20 A21 A22 A24 A25 A27 Proba escrita individual na que se avaliará o coñecemento dos distintos elementos curriculares e a súa concreción en propostas de ensino aprendizaxe. 30
Supervised projects A15 A18 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A27 C3 C7 O traballo grupal tutelado consistirá no deseño e exposición dunha Unidade Didáctica (UD) nunha das materias de Tecnoloxía da ESO ou do Bacharelato (non se admitirá ningunha outra materia). Os requisitos mínimos para obter unha cualificación positiva son:

- Non empregar unha metodoloxía baseada no modelo de profesor transmisor de coñecementos.
- Contemplar significativamente os apartados especificados pola docente, constando cada un da súa correspondente introdución.
- Integrar significativamente as TIC.
- Estar temporalizada para un mínimo de 8 sesións.
- Estar tutorizado pola docente, de xeito que se realice, alomenos, unha revisión por esta antes da súa entrega definitiva. Non se valorará ningún traballo entregado que non fose titorizado previamente pola docente. Dita titorización realizarase sobre apartados completos e non sobre esquemas da UD.
- Empregar o currículo vixente.
- Cumprir coa extensión e formato especificados para o traballo, incluíndo a portada e o índice.
- Ser entregado no prazo establecido, tanto en formato WORD como en PDF, a través do Campus Virtual.
- As referencias bibliográficas empregadas deben estar referenciadas apropiadamente en formato APA, última edición. Tense que evitar o plaxio. As citas e as referencias a calquera texto debe declararse, xa que o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".
50
 
Assessment comments

A asistencia ás sesión presenciais é obrigatoria. 

Na primeira oportunidade, a cualificación final será a media ponderada das notas dos tres traballos (foro, prueba escrita e traballo tutelado), debendo obter en cada unha das partes unha cualificación de aprobado (5). 

Se o alumno non acada o 80% de asistencia, non se avaliará o traballo realizado ao longo do curso e a cualificación será a de non presentado. 

O alumnado que na primeria oportunidade non obtivese unha cualificación positiva (5) ou de non presentado, deberá realizar os traballos correspondentes (foro, traballo tutelado) e acadar nos mesmos unha cualificación positiva (5); ademais deberá realizar unha proba escrita sobre os contidos traballados nas sesións (ditos contidos estarán a disposición do alumnado no Campus Virtual). A cualificación final da segunda oportunidade será a media ponderada da nota da proba escrita e as dos traballos correspondentes (foro, traballo tutelado), sendo requisito imprescindible obter o aprobado (5) en todas as partes para facer dita media. 

O alumnado con dispensa académica realizará o traballo tutelado de xeito individual. Deberá obter en cada unha das partes da avaliación (foro, proba escrita e traballo individual tutelado) unha cualificación de aprobado (5) para superar a materia. Ademais, deberá realizar e superar unha serie de actividades deseñadas pola docente (alomenos cunha cualificación de aprobado—5), que deberá entregar no prazo que se lle comunique. 


Sources of information
Basic Baigorri, J., Bachs, X. Cisneros, M.R. e González, L. (1997). Enseñar y aprender Tecnología en la educación secundaria. Barcelona: ICE Horsori
López, R. (1998). La evaluación en el área de Tecnología. Educación Secundaria Obligatoria. Salamanca. Amaru
Salinas, D. (2002). ¡Mañana examen! La evaluación. entre la teoría y la realidad. Barcelona: Graó

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Technology for professorship of secondary obligatory education/652602211
Technology for professorship of bachelor/652602212
Didactics of the Technology in the secondary education/652602221
Teaching Methology, Syllabuses and School Organisation/652602001

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Proxectos de innovación e investigación educativa en tecnoloxía/652602E31

Subjects that continue the syllabus
Practicum/652602206
Final Dissertation/652602207

Other comments
Recoméndase os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser posible, no útilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sosenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.