Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences / results
|
A1 |
(CE-G1)Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións |
A3 |
(CE-G3)Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais. |
A4 |
4. (CE-G4)Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes |
A8 |
8. (CE-G8)Promover accións de educación emocional, en valores e formación cidadá |
A10 |
10. (CE-G10)Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade. |
A13 |
13. (CE-G13)Comprender as implicacións educativas da situación lingüística galega e adquirir e aplicar criterios, estratexias e recursos pedagóxicos para participar na planificación e desenvolvemento do plano lingüístico do centro. |
A14 |
CE-G14) Respectar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecemento dos principios e fundamentos da atención á diversidade. |
A15 |
CE-E1)Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización. |
A16 |
(CE-E2)Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos. |
A18 |
(CE-E4)Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares |
A19 |
(CE-E5)Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes. |
A20 |
(CE-E6)Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo. |
A21 |
(CE-E7)Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos. |
A23 |
(CE-E9)Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe. |
A24 |
(CE-E10)Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo. |
A25 |
(CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada. |
A26 |
(CE-E12)Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade. |
A29 |
CE-E15) Coñecer a evolución do mundo laboral, a interacción entre sociedade, traballo e calidade de vida, así como a necesidade de adquirir a formación axeitada para a adaptación apropiada e permanente das distintas profesións (FP). |
A30 |
CE-P1) Adquirir experiencia na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización.. |
A33 |
(CE-P4) Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión sobre a práctica. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences / results |
Elaborar a fundamentación teórica e legal, analizando e valorando as bases legais e os obxectivos do desenvolvemento sostible aplicables á materia ou módulo e á etapa educativa. |
AJ1 AJ10 AJ13 AJ14 AJ15 AJ16 AJ18 AJ19 AJ21 AJ24 AJ26 AJ29
|
|
CC1 CC3 CC4 CC6 CC7 CC8
|
Deseñar unha programación ou unidade didáctica contextualizada,viable, coherente co marco teórico e curricular |
AJ1 AJ3 AJ4 AJ8 AJ10 AJ13 AJ14 AJ15 AJ16 AJ18 AJ19 AJ20 AJ21 AJ23 AJ24 AJ25 AJ26 AJ29 AJ30 AJ33
|
|
CC1 CC3 CC4 CC6 CC7 CC8
|
Comunicar o coñecemento construído |
|
|
CC1 CC3 CC7
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
Fundamentación teórica e legal |
- Fonte sociolóxica
- Fonte psicolóxica
-Fonte pedagóxica
-Fonte epistemolóxica |
Deseño unidade didáctica ou programación
|
- Contextualización (curricular, centro e alumnado)
- Obxectivos
- Contidos
- Metodoloxía
- Actividades e recursos
- Atención á diversidade
- Avaliación
|
No caso de que o TFM non se centre no deseño do segundo ou terceiro nivel do currículum, as temáticas adaptaranse á modalidade escolleita e ás peculiaridades do Itinerario de FOL. |
- Fundamentación teórica
- Desenvolvemento
- Conclusións |
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies / Results |
Teaching hours (in-person & virtual) |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Supervised projects |
A33 A30 A29 A26 A25 A24 A23 A21 A20 A19 A18 A16 A15 A14 A13 A10 A8 A4 A3 A1 C1 C3 C4 C6 C7 C8 |
15 |
110 |
125 |
Oral presentation |
C1 C3 |
1 |
9 |
10 |
|
Personalized attention |
|
15 |
0 |
15 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Supervised projects |
O TFM pode acollerse a distintas modalidades que están descritas no seu documento marco. Entre outras, estarían: o deseño e desenvolvemento dunha investigación educativa, a revisión e investigación bibliográfica, un proxecto integrado ou actividades complementarias, innovación educativa con elaboración de materiais didácticos, temáticas transversais ( perspectiva de xénero, educación mediática, competencia dixital docente etc.), programacións dos módulos ou materias da especialidade e deseño de unidades didácticas.
|
Oral presentation |
Consiste na presentación e defensa do TFM ante un tribunal composto por profesorado do mestrado. Para a exposición, que é pública, o alumnado disporá de 20 minutos. O tribunal realizará as valoracións e preguntas que estime oportunas e debatirá co alumno/a.
|
Personalized attention |
Methodologies
|
Oral presentation |
Supervised projects |
|
Description |
A elaboración do TFM estará supervisada polo profesor ou profesora que asuma a súa direción. A supervisión e orientación tamén se estende á preparación da presentación e defensa do TFM.
As titorías realizaranse presencialmente, a través do correo electrónico, de TEAMS e de moodle. En moodle abrirase un foro específico de dúbidas para a elaboración e presentación do TFM. No caso de suspensión da docencia presencial, as titorías realizaranse a través dos medios telemáticos precitados. |
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies / Results |
Description
|
Qualification
|
Oral presentation |
C1 C3 |
Presentación e defensa
• Calidade nos medios e/ou materiais de apoio.
• Selección e síntese da información
• Utilización de vocabulario profesional.
• Utilización da lingua galega con calidade lingüística
•Capacidade de argumentar na defensa
|
15 |
Supervised projects |
A33 A30 A29 A26 A25 A24 A23 A21 A20 A19 A18 A16 A15 A14 A13 A10 A8 A4 A3 A1 C1 C3 C4 C6 C7 C8 |
Cuestións formais (5%)
• Claridade expositiva e organización da información
• Marxes, identificación das táboas, diferenciación tipográfica dos distintos apartados e subapartados.
• Pertinencia dos anexos
Fundamentación teórica e legal (30%)
• Suficiencia e profundidade do marco teórico
•Incorporación das aportacións/temáticas abordadas nas materias do mestrado.
•Bibliografía actualizada e refrenciada conforme ás normas APA 6ª edición.
•Análise e valoración crítica das prescricións normativas e curriculares que aplicables a proposta
• Orixinalidade na presentación da temática
Proposta (40%)
• Contextualización (centro, alumnado, currícular)
• Nivel de concreción e formulación de obxectivos e contidos
• Nivel de concreción (desenvolvemento das actividades e coherencia coa propasta metodolóxica ...)
• Nivel de concreción da proposta de avaliación (construción de instrumentos, participación do alumnado, criterios de cualificación, avaliación da proposta...)
• Viabilidade da proposta atendendo a súa contextualización.
• Relación e coherencia coa fundamentación teórica e normativa
Valoración persoal e conclusións (10%)
• Relación das conclusións cos obxectivos do TFM.
• REflexión sobre as competencias adquiridas e os ámbitos de mellora profesional.
•Grao de integración dos coñecementos coseguidos nas distintas materias do mestrado
Utilización da lingua galega con calidade lingüística
Utilización da lingua inclusiva
|
85 |
|
Assessment comments |
RÚBRICA PARA A AVALIACIÓN Os criterios de avaliación e cualificación detállanse nunha matriz de valoración que se pode consultar en moodle UTILIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
A utilización da lingua galega coa calidade requirida no documento escrito e na presentación pode incrementar a cualificación até un punto. REQUISITOS PARA PODER PARA PRESENTAR O TFM O TFM só se pode presentar tendo a totalidade das materias do mestrado aprobadas.
CONVOCATORIAS/OPORTUNIDADES , TRIBUNAIS E DEFENSA O alumnado disporá dunha convocatoria con dúas oportunidades. A primeira oportunidade é a principios de xullo e a segunda en setembro. No documento marco poden consultarse toda a información relativa ao procedemento e as datas. ESte documento está accesible na web da Facultade e en moodle. Para a avaliación dos TFM constituiranse tribunais formados por tres persoas titulares e unha ou dúas suplentes. Os membros dos tribunais son docentes do Mestrado, dous deles imparten as materias específicas do itinerario de FOL. A dirección do TFM non pode formar parte dos tribunais que xulguen os TFM do alumnado que titorizou.
Para a defensa do TFM o alumnado disporá dun máximo de 20 minutos. O tribunal formulará as preguntas,comentarios e suxestións que estime oportunas. Finalizadas todas as defensas dos TFM o tribunal publicará as cualificacións provisionais no taboleiro do mestrado ou en moodel e indicará a data, hora e lugar para a revisión.
FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA Ausencia de citación de fontes As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse no texto e no apartado de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 7ª edición. Plaxio O plaxio será motivo de suspenso. O artigo 14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC establece que " na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixianl, incluido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade" NORMAS PARA A AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓNS https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual
|
Sources of information |
Basic
|
(). . |
Unha boa parte da bibliografía proporciónase en distintas materias do Máster, sobre todo nas materias específicas do itinerario. O alumnado terá que recuperar estas fontes e facer procuras específicas. A dirección do TFM tamén pode proporcionar a bibliografía que considere de interese. En moodle recompílanse recursos de carácter xeral para a elaboración de traballos académicos: guías para mellorar a redacción en galego, guías para a utilización dunha linguaxe inclusiva, normas APA 7ª edición etc. |
Complementary
|
|
|
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
|
Subjects that continue the syllabus |
|
Other comments |
Relación coas materias do mestrado Para a realización do TFM son imprescindíbeis as achegas de todas as materias do Mestrado, maiormente as propias da especialidade (Aprendizaxe, Inserción e orientación laboral, Practicum e Mercado laboral e FP). Un bo aproveitamento das materias facilita a elaboración do TFM. Lectura do documento marco do TFM No documento marco do TFM pode obterse información máis detallada sobre modalidades ou temáticas, funcións e asignación da dirección, procedemento de avaliación e calendario para a presentación e defensa. Este documento está dispoñible na web da Facultade e en moodle. COMPROMISO COA SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL Co obxectivo de facer un uso sustentábel dos recursos e evitar impactos negativos sobre o medio natural o TFM entregarase en formato dixital. |
|