Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Bases epistemolóxicas para o ensino das linguas e literaturas galega e castelá Código 652608821
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Sobrino Freire, Iria
Correo electrónico
iria.sobrino@udc.es
Profesorado
Carballal Miñan, Patricia
Sobrino Freire, Iria
Correo electrónico
patricia.carballal@udc.es
iria.sobrino@udc.es
Web
Descrición xeral A materia constituirá unha aproximación ás principais achegas da Lingüística e a Teoría da Literatura ao ensino das linguas galega e castelá e a súa literatura. Ofrecerase un panorama da evolución da educación lingüística e literaria na ESO e o Bacharelato até a situación actual e analizaranse diferentes recursos de carácter innovador nestes ámbitos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
–Non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías
Mantéñense todas as metodoloxías, substituíndo a presencialidade pola comunicación a través dos medios telemáticos habilitados pola UDC: Campus Virtual, Teams e correo electrónico.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:

– Correo electrónico: en horario lectivo. Pode empregarse para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Teams: cando se requira por parte dos/as alumnos/as, sempre no horario de titorías das profesoras ou no marco horario da materia.

4. Modificacións na avaliación:

Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:

O cómputo de asistencia realizarase con respecto ás sesións presenciais ou ás virtuais síncronas.
1. SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa:
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (70%).
b) Proba de ensaio (30%)
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Traballo tutelado (70%).
b) Proba de ensaio (30%)
C) Alumnado non presencial:
a) Proba de ensaio (máis extensa) (100)%

2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
a. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
b. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación.
c. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
- Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer as achegas ao ensino das principais teorías lingüísticas e literarias contemporáneas AP17
AP19
Coñecer a evolución histórica da educación lingüística e literaria e a súa situación actual AP16
AP17
AP18
Coñecer e valorar criticamente os recursos e materiais didácticos nos ámbitos lingüístico e literario AP21
CM1
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. Que é a epistemoloxía? Ideas previas en relación co ensino da lingua e a literatura 1.1. Epistemoloxía e transposición didáctica: os saberes ensinados en lingua e literatura.
2. As linguas galega e castelá e as súas literaturas na ESO e no Bacharelato. 2.1. Perspectiva histórica e situación actual.
2.2. Recursos e materiais didácticos.
3. Teorías lingüísticas e literarias: principais achegas ao ensino. 3.1. O ensino da lingua.
3.2. O ensino da literatura.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A16 A17 A21 A18 A19 C5 C6 C7 C8 14 0 14
Obradoiro A16 A17 A21 A18 A19 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 12 33 45
Traballos tutelados A16 A17 A21 A18 A19 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 2 33 35
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición dos contidos por parte do profesorado da materia.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes en que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc.) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Traballos tutelados Realización dun traballo tutelado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Resolución de dúbidas e discusión dos métodos e materiais de traballo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro A16 A17 A21 A18 A19 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O alumnado deberá asistir e participar activamente nos distintos obradoiros que os docentes proporán no marco da materia. 25
Traballos tutelados A16 A17 A21 A18 A19 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realización dun traballo tutelado en grupo. 75
 
Observacións avaliación

Modalidades de avaliación

Estabelécense tres modalidades de avaliación:

1. Para as persoas que asistan regularmente ás aulas:

  • Un traballo tutelado en grupo (70% da cualificación);
  • Unha tarefa de reflexión individual (30% da cualificación).

O traballo colaborativo é fundamental nesta modalidade de avaliación, polo que se realizará un seguimento da asistencia do alumnado ás aulas.

2. Para o alumnado con dispensa académica:

  • Un traballo tutelado (70% da cualificación). Segundo os casos, valorarase a posibilidade de realizalo en grupo ou individualmente.
  • Unha tarefa de reflexión individual (30% da cualificación).

3. Para as persoas sen dispensa académica que non asistan regularmente ás clases:

  • Unha proba de ensaio (100% da cualificación), que poderá ser diferente á que se propoña para a modalidade en que esta é só unha parte.

Para aprobar a materia será necesario superar todas as partes, en calquera das dúas oportunidades, polo que será necesario obter no mínimo o 50% da puntuación en cada unha delas. Na segunda oportunidade o alumnado só repetirá as partes suspensas e manterá a nota daquelas que fosen superadas.

Os traballos entregaranse telematicamente a través dunha Tarefa creada para tal fin no Campus Virtual da materia.

Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.


Fontes de información
Bibliografía básica

Bordons, G. e Díaz-Plaja. (2006). Enseñar literatura en secundaria. La formación de lectores críticos, motivados y cultos. Graó.

Calvino, I. (1992). ¿Por qué leer a los clásicos?. Tusquets.

Cassany, D. (2006). Tras las líneas. Sobre la lectura contemporánea. Anagrama.

Flecha, R. (1998). Compartiendo palabras el aprendizaje de las personas adultas a través del diálogo. Paidós.

Jover, G. (2007). Un mundo por leer. Octaedro.

Llovet, J. et al. (2012). Teoría literaria y literatura comparada. Ariel.

Lomas, C. (coord.) (2014). La educación lingüística, entre el deseo y la realidad : competencias comunicativas y enseñanza del lenguaje. Octaedro.

Lomas, C. (coord.) (2015). Fundamentos para una enseñanza comunicativa del lenguaje. Graó.

Moreno Cabrera, J.C. (2013). Cuestiones clave de la Lingüística. Síntesis.

Ruiz Bikandi, U. (coord.) (2011). Lengua Castellana y Literatura. Investigación, innovación y buenas prácticas. Graó.

Bibliografía complementaria (). .


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar o respecto e a igualdade. Porase especial atención en detectar posibles situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías