Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A3 |
Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais. |
A17 |
Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas. |
A19 |
Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes. |
A20 |
Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo. |
A21 |
Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos. |
A22 |
Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes. |
A23 |
Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe. |
A24 |
Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo. |
A25 |
Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Valorar a importancia da innovación e a investigación coma estratexias para mellorar a calidade educativa na área da linguaxe. |
AP19 AP23 AP25
|
|
CM5 CM6 CM8
|
Desenvolver os aspectos clave da formación inicial do profesorado de linguas e literaturas galega e castelá. |
AP21 AP22
|
|
CM1 CM4 CM7
|
Analizar críticamente o currículo de ESO e Bacharelato para linguas e literaturas galega e castelá, as prácticas docentes, e os materiais didácticos habituais |
AP17 AP20 AP24
|
|
CM3
|
Formular propostas de investigación e innovación educativas |
AP3
|
|
CM7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
SECCIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGA (PROF. DR. XULIO PARDO DE NEYRA) Por suposto, non se inclúen aquí ningún tipo de versións deste programa noutras linguas porque é algo que non ten razón de ser |
1. A METODOLOXÍA NA DIDÁCTICA DA LINGUA E DA LITERATURA GALEGAS NA EDUCACIÓN SECUNDARIA
1. 1. Perspectivas e contexto
2. MÉTODOS PARA O ENSINO DA LINGUA GALEGA NA ESO E NO BACHARELATO
2. 1. Competencias, estratexias e conceptos afíns
3. MÉTODOS PARA O ENSINO DA LITERATURA GALEGA NA ESO E NO BACHARELATO
3. 1. Competencias, estratexias e conceptos afíns
4. ANÁLISE DE EXPERIENCIAS DE INNOVACIÓN METODOLÓXICA EN DIDÁCTICA DA LINGUA E DA LITERATURA GALEGAS
4. 1. Recursos e análise |
SECCIÓN DE LINGUA E LITERATURA CASTELÁ (PROF. PABLO CANO LÓPEZ) |
1. A EDUCACIÓN LINGÜÍSTICA
1.1. Ensinanza da lingua fronte a ensinanza da gramática: a controversia arredor do «gramaticalismo»
1.2. Estratexias para o fomento e perfeccionamento da expresión oral
1.3. Estratexias para o fomento e perfeccionamento da expresión escrita
2. A EDUCACIÓN LITERARIA
2.1. A historia (escolar) da literatura, unha aproximación en crise
2.2. O problema da selección das lecturas
2.2.1. A «gran» tradición: discusións sobre o lugar dos clásicos nas aulas
2.2.2. As «outras» tradicións: cando, como, por que introducilas?
2.3. Algunhas aproximacións non historiográficas ao fenómeno literario
2.3.1. Secuencias didácticas con eixes non cronolóxicos
2.3.2. O papel e a(s) pantalla(s)
2.3.3. Os obradoiros literarios
3. MÁIS ALÓ DO LIBRO DE TEXTO
3.1. O libro de texto, unha ferramenta discutida: os seus alcances e límites
3.2. Ollada a algúns recursos en liña para uso de discentes e/ou docentes |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A3 A21 A19 C4 C5 C6 C7 C8 |
12 |
20 |
32 |
Lecturas |
A17 A21 A24 A25 A19 |
0 |
10 |
10 |
Traballos tutelados |
A20 |
1 |
12 |
13 |
Proba de ensaio |
A19 C1 |
1 |
13 |
14 |
Obradoiro |
A21 A22 A23 A25 A19 C1 C3 |
14 |
14 |
28 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
A modo de introducións ou visións sintéticas dirixidas a todo o grupo, ofreceranse algunhas sesións en que o profesor se valerá do método expositivo. |
Lecturas |
Proporcionaráselle ao alumnado materiais de lectura que servirán de base tanto para traballar nos obradoiros como para fomentar a súa participación nas sesións maxistrais. |
Traballos tutelados |
Realización dun traballo tutelado, relacionado con calquera aspecto dos tratados no programa docente. Este será fundamental no momento de o alumnado superar con éxito a materia, na medida en que dá índice da súa madurez científica. |
Proba de ensaio |
Con esta proba preténdese determinar tanto os coñecementos adquiridos polo alumnado durante o curso como a súa competencia en expresión escrita, a súa capacidade de relación e a súa madurez crítica. |
Obradoiro |
Coa finalidade de aprofundar no estudo de distintas cuestións relacionadas co ámbito da materia, combinaranse diversas metodoloxías e probas (exercicios de resumo, solución de problemas, prácticas guiadas, discusións, etc.), nalgúns casos facendo previamente as lecturas que o profesor/a estableza.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Lecturas |
Obradoiro |
Sesión maxistral |
Traballos tutelados |
Proba de ensaio |
|
Descrición |
Calquera dúbida de carácter individual e/ou grupal será atendida tanto nas aulas como no horario de titoría, ora se ten a ver coas actividades no obradoiro ora co traballo titorizado, as lecturas ou a proba de ensaio. O alumnado con dispensa académica poderá compensar a súa ausencia cunha maior atención personalizada a través do horario de titoría e do correo electrónico. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Lecturas |
A17 A21 A24 A25 A19 |
Valoración da comprensión da(s) obra(s) lida(s) e das capacidades de análise, razoamento, relación e organización das súas posibilidades na didáctica da lingua |
10 |
Obradoiro |
A21 A22 A23 A25 A19 C1 C3 |
Valorarase a participación do/ a estudante nas diferentes actividades levadas a cabo na aula, tanto escritas como orais. É necesaria a asistencia ás aulas |
10 |
Sesión maxistral |
A3 A21 A19 C4 C5 C6 C7 C8 |
Atención, colaboración e participación nas aulas maxistrais |
10 |
Traballos tutelados |
A20 |
Realización dun traballo tutelado (que poderá ser individual ou grupal) |
60 |
Proba de ensaio |
A19 C1 |
A través dunha actividade teórica ou práctica, o alumnado deberá mostrar o seu grao de asimilación das nocións e dos recursos que se lle presentaron, así como do seu aproveitamento didáctico |
10 |
|
Observacións avaliación |
Para aprobar a materia será necesario superar todas as partes que a integran, polo que, en cada unha delas, haberá que obter como mínimo o 50% da puntuación máxima. Na segunda oportunidade, o alumnado só repetirá as partes que suspendese na primeira, e manterá a nota das que superase.
O sistema de avaliación (en ambas as oportunidades) será o mesmo tamén para aquel alumnado con dispensa académica.
Recoméndase que os envíos dos traballos se fagan por vía telemática. Se non fose posible a entrega telemática da versión definitiva, habería que imprimir o documento a dobre cara (e en papel reciclado) e absterse de utilizar plástico na encadernación. Canto aos borradores, o mellor é non imprimilos.
Débese facer un uso sostible dos recursos, con vistas á prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
SECCIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGA (PROF. XULIO PARDO DE NEYRA)
Aínda que o aparato bibliográfico se entregará puntualmente nas aulas e que, loxicamente, se atenderá principalmente aos traballos de investigación do profesor, como manuais principais de achegamento á miña cadeira, incidirase nesta bibliografía: Pardo de Neyra, X. (2017): Didáctica da lingua e da literatura galegas, Silleda: Edicións Fervenza _____ (2021): A cor áspera do veludo, Noia: Toxosoutos. _____ (2021): O abecedario no país das alvarizas, Coruña: Medulia Editorial _____ (2018): Terra e memoria: a Terra de Miranda no proxecto territorial galego. Estudo e contextualización dun paradigma literario, Lugo: Concellos d'A Pontenova, Trabada e Riotorto, Deputación de Lugo et alii _____ (2019): Á sombra de María Silgar. Carvalho Calero contra a historia única, Ferrol: Edicións Embora. _____ (2020): Os rostros do frío, Silleda: Edicións Fervenza. _____ (2020): A transformación feminina da realidade, Vigo: Universidade de Vigo. Tamén se utilizarán as miñas obras Os rostros do frío (Silleda, Fervenza, 2020), A cor áspera do veludo (Noia, Toxosoutos, 2021) , O abecedario no país das alvarizas (Coruña, Medulia, 2021), Manual cartométrico da resiliencia (Compostela, Urutau, 2021) e No frío gules da noite (Compostela, Urco, 2021)
*** *** ***
SECCIÓN DE LINGUA E LITERATURA CASTELÁ (PROF. PABLO CANO LÓPEZ)
Bordons, G. y Díaz-Plaja, A. (Coords.) (2005). Enseñar
literatura en Secundaria. Barcelona: Graó. Coto, B. D. (2006). La escritura creativa en las aulas (2.ª
ed.). Barcelona: Graó. Guijarro Ruiz, P.
e Caro Valverde, M.ª T. (Coords.) (2015). Didáctica de la lengua y
educación literaria. Madrid: Pirámide. Mata Anaya, J., Núñez Delgado, M.ª P. e Rienda Polo, J. (Coords.)
(2015). Didáctica de la lengua y la literatura. Madrid: Pirámide. Mata Anaya, J. (2008). 10 ideas clave: animación a la
lectura. Barcelona: Graó. Ruiz Bikandi, U. (Coord.) (2011a). Didáctica de la lengua castellana y la literatura.
Barcelona: Graó. Ruiz Bikandi, U. (Coord.) (2011b). Lengua castellana y literatura.
Investigación, innovación y buenas prácticas. Barcelona: Graó. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|