Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Traballo fin de Mestrado Código 652609907
Titulación
7 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Linguas Extranxeiras
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas
Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Filoloxía Inglesa
Letras
Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Barros Grela, Eduardo
Bobadilla Pérez, María
Couto Cantero, Pilar
Dopico Garcia, Alberto
Lasa Álvarez, María Begoña
Correo electrónico
eduardo.barros@udc.es
m.bobadilla@udc.es
pilar.couto@udc.es
alberto.dopico@udc.es
b.lasa@udc.es
Web http://http://www.educacion.udc.es/mestrados/secundaria/
Descrición xeral O TFM consistirá na realización dunha actividade académica que desenvolver o conxunto de competencias abordadas neste mestrado. Debe ser realizado individualmente por cada alumno/a baixo a dirección dun/ha profesor/a (director/a) e, como norma xeral, estará concibido para que o tempo total de dedicación do/a alumno/a sexa de 150 horas (6 ECTS). Neste traballo deben integrarse e desenvolverse os contidos formativos recibidos, así como as capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante o período do máster, e en concreto: a capacidade para a búsqueda, xestión, organización e interpretación de datos relevantes- da súa área de estudo- co obxecto de emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica, tecnolóxica ou ética, e facilitar o desenvolvemento dun pensamento e xuizo crítico, lóxico e creativo.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se modifican. 2. Metodoloxías Non se modifican. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado O alumnado debe manter un contacto directo co seu titor/a a través das vías telemáticas. O profesorado responderá ás suas dubidas por estas mesmas vías. Tamén permanecerá atento aos cambios do documento marco. 4. Modificacións na avaliación Non se modifica. *Observacións de avaliación: O traballo tutelado adaptarase ás diferentes circunstancias, así o alumnado que non poida desenvolver unha investigación será avaliado por: un traballo documental teórico sobre un tema concreto, ou ben por un proxecto de investigación. Estes cambios só afectan aos estudantes que non poideron realizar a investigación empírica. A defensa do TFM realizarase a través do uso de ferramentas telemáticas e seguindo as directrices (Pautas presentación) marcadas para a situación de excepcionalidade.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 (CE-G1)Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións
A2 (CE-G2)Comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e as posibles disfuncións que afectan á aprendizaxe.
A3 (CE-G3)Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
A4 (CE-G4)Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes
A5 (CE-G5)Coñecer os procesos de interacción e comunicación no aula e no centro, abordar e resolver posibles problemas
A6 (CE-G6) Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país
A7 (CE-G7)Coñecer e aplicar recursos e estratexias de información, tutoría e orientación académica e profesional
A8 (CE-G8)Promover accións de educación emocional, en valores e formación cidadá
A9 (CE-G9)Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia
A10 (CE-G10)Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade
A11 (CE-G11)Coñecer a evolución histórica da familia, os seus diferentes tipos e a incidencia do contexto familiar na educación.
A12 (CE-G12)Adquirir habilidades sociais na relación e orientación familiar.
A13 (CE-G13)Comprender as implicacións educativas da situación lingüística galega e adquirir e aplicar criterios, estratexias e recursos pedagóxicos para participar na planificación e desenvolvemento do plano lingüístico do centro.
A14 (CE-G14) Respectar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecemento dos principios e fundamentos da atención á diversidade.
A15 (CE-E1)Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A16 (CE-E2)Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
A17 (CE-E3)Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas
A18 (CE-E4)Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares
A19 (CE-E5)Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A20 (CE-E6)Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
A21 (CE-E7)Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A22 (CE-E8)Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
A23 (CE-E9)Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
A24 (CE-E10)Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
A25 (CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A26 (CE-E12)Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
A27 (CE-E13)Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
A28 (CE-E14)Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
A29 CE-E15) Coñecer a evolución do mundo laboral, a interacción entre sociedade, traballo e calidade de vida, así como a necesidade de adquirir a formación axeitada para a adaptación apropiada e permanente das distintas profesións (FP).
A30 (CE-E16) Coñecer os procesos e recursos para a prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia (OE).
A31 (CE-E17) Coñecer os procesos de avaliación e de orientación académica e profesional (OE).
A32 CE-P1) Adquirir experiencia na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización.
A33 (CE-P2) Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente
A34 (CE-P3) Dominar as destrezas e as habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
A35 (CE-P4) Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión sobre a práctica.
A36 (CE-P5) Coñecer a tipoloxía empresarial correspondente aos sectores produtivos e comprender os sistemas organizativos máis comúns nas empresas (FP)
A37 (CE-P6) Exercitarse na avaliación psicopedagóxica, o asesoramento a outros profesionais da educación, aos estudantes e ás familias (OE)
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Preparación profesional avanzada, dirigida a la especialización académica y profesional de los estudiantes en el ámbito de la especialización docente cursada; es por eso que el TFM deberá estar orientado a la evaluación de las competencias profesionales, generales y específicas asociadas a la titulación. AP1
AP2
AP3
AP4
AP5
AP6
AP7
AP8
AP9
AP10
AP11
AP12
AP13
AP14
AP15
AP16
AP17
AP18
AP19
AP20
AP21
AP22
AP23
AP24
AP25
AP26
AP27
AP28
AP29
AP30
AP31
AP32
AP33
AP34
AP35
AP36
AP37
Capacidade para comunicar o coñecemento adquirido a unha audiencia AP1
AP2
AP3
AP4
AP5
AP6
AP7
AP8
AP9
AP10
AP11
AP12
AP13
AP14
AP15
AP16
AP17
AP18
AP19
AP20
AP21
AP22
AP23
AP24
AP25
AP26
AP27
AP28
AP29
AP30
AP31
AP32
AP33
AP34
AP35
AP36
AP37
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 C1 C2 C3 1 136 137
Presentación oral A18 A17 A16 A15 A14 A13 A12 A11 A10 A9 A8 A7 A6 A5 A4 A3 A2 A1 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A26 A27 A28 A29 A30 A31 A32 A33 A34 A35 A36 A37 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 1 9 10
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados a) Estudos empíricos relacionados con calquera das liñas temáticas propias do mestrado e enmarcados no ámbito das competencias deste. b) Revisión e investigación bibliográfica centrada nalgún dos diferentes campos da titulación de mestrado. c) Análise de protocolos de actuación, unidades didácticas, proxectos socioeducativos ou calquera outro documento institucional, vinculadas a algún dos diferentes campos do mestrado. d) Deseño de unidades didácticas, proxectos educativos e socioeducativos de diversa índole, relacionados co mestrado.
Presentación oral SOLICITUDE DE DEFENSA: Unha vez finalizado o proceso de elaboración do TFM, e unha vez obtido o informe favorable do director/a do mesmo, o alumnado terá que: a) facer a solicitude de defensa e subir unha copia do traballo na súa secretaría virtual e b) presentar, no prazo e lugar establecido polo centro, 3 exemplares en papel do seu TFM, así coma o impreso de solicitude de avaliación.
DEFENSA: Unha vez que se faga púbica a convocatoria do tribunal, o alumnado debe presentarse á hora indicada e agardar a ser chamado polo secretario/a do mesmo. Para a defensa deberá acudir cun documento identificativo (DNI ou Pasaporte), e o resto de documentos que se soliciten, se é o caso. Para a exposición, que será pública, disporá dun tempo de 20 minutos e o tribunal disporá de 20 minutos para realizar as preguntas que estimen oportunas e debatir co alumno/a. O alumnado poderá utilizar canto material sexa preciso para a exposición.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00 Soporte Guías Docentes

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Presentación oral
Descrición
O/a coordinador/a do Mestrado fará pública a relación de TFM recibidos e as datas para a súa defensa.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 C1 C2 C3 Cuestións formais (5%)
• Claridade de ideas, de exposición e de organización da información.
• Relación e coherencia entre as partes do TFM.
• Boa calidade lingüística do discurso.

Fundamentación teórica (30%)
• Suficiencia e profundidade do marco teórico, de xeito que se demostre ter coñecementos sobre o desenvolvemento e nivel alcanzado no tema tratado.
• Creatividade e orixinalidade na presentación da temática, na súa abordaxe ou no seu tratamento.
• Referencia ós contidos traballados no Mestrado.
• Documentación de apoio actualizada e referencias bibliográficas citadas conforme ás normas propias dos traballos científicos e profesionais.

Desenvolvemento do TFM (35%)
• Nivel de concreción do TFM
• Viabilidade da proposta atendendo a súa contextualización.
• Adecuación ó marco lexislativo e curricular.
• Existencia e adecuación de criterios de avaliación da proposta.

Valoración persoal e conclusións FM (15%)
• Relación das conclusións cos obxectivos do TFM.
• Grao de integración dos coñecementos conseguidos nas distintas materias cursadas no Mestrado.
• Grao de desenvolvemento das competencias profesionais.
85
Presentación oral A18 A17 A16 A15 A14 A13 A12 A11 A10 A9 A8 A7 A6 A5 A4 A3 A2 A1 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A26 A27 A28 A29 A30 A31 A32 A33 A34 A35 A36 A37 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Presentación e defensa
• Existencia e calidade nos medios e/ou materiais de apoio.
• Coherencia e claridade de ideas na exposición.
• Boa competencia lingüística oral.
• Capacidade de síntese
• Habilidade para responder na discusión
15
 
Observacións avaliación

O alumnado disporá dunha convocatoria con dúas oportunidades de avaliación ou defensa pública do TFM: unha ordinaria e outra extraordinaria.

Para a avaliación dos TFM constituiranse tribunais (nomeados polo/a coordinador/a do mestrado) por cada unha das especialidades. Cada un estará formado por tres membros titulares e un ou dous/dúas suplentes.

O/a director/a do TFM non poderá formar parte da tribunal avaliadora correspondente, sempre e cando os recursos humanos o fixeren posible.

Finalizadas todas as defensas de TFM da sesión correspondente, o tribunal publicará as cualificacións provisionais no taboleiro do mestrado.

En relación coa avaliación de cada traballo, o tribunal procederá a cualificar o traballo realizado coa nota media das cualificacións emitidas por cada un dos membros.

A cualificación poderá ser: a)Non presentado; b)Suspenso: de 1 a 4.9; c) Aprobado: de 5 a 6.9; d) Notable: de 7 a 8.9; e) Sobresaliente: de 9 a 10

A mención de «matrícula de honra» poderá ser outorgada en caso de que os membros do tribunal estean de acordo na súa concesión por unanimidade.

No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das probas de

avaliación será motivo de suspenso da materia, según o establecido no

artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das

cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na

realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal,

incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa

procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser

considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen

prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar

tras o correspondente procedemento".


Fontes de información
Bibliografía básica
As propostas pola dirección académica do Traballo de Fin de Mestrado.
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
A entrega dos traballos realizarase telemáticamente, a través de moodle e da aplicación de TM. Non deben de utilizarse plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Debe facerse un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural e ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Segundo recóllese nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero& nbsp; (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…)


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías