Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Didáctica da lingua galega Código 652G01015
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Muriano Rodríguez, María Montserrat
Correo electrónico
montserrat.muriano@udc.es
Profesorado
Muriano Rodríguez, María Montserrat
Correo electrónico
montserrat.muriano@udc.es
Web http://http://ensinardeleitando.blogspot.com/
Descrición xeral O obxectivo da materia é proporcionar un marco teórico e metodolóxico para o traballo da lingua galega na aula. Trátase, en primeiro lugar, de facer consciente o alumnado do carácter transversal do ensino lingüístico e da responsabilidade das mestras e mestres como modelos de lingua. Incidirase, neste sentido, na importancia de adquirir unha competencia lingüística e comunicativa en lingua galega óptima por parte do profesorado de Educación Infantil, así como a súa formación e reciclaxe constante; así mesmo, presentaranse os recursos para acadar dita competencia profesional.
Estudaranse, de modo xeral, os condicionamentos do ensino en contextos de contacto lingüístico e, máis especificamente, as características do caso galego. Esta análise servirá para fundamentar as estratexias que se poñan en práctica na aula de Educación Infantil para o ensino-aprendizaxe da lingua. A materia introducirá cuestións curriculares que atinxen a todo o bloque de Linguaxe Verbal e tentará familiarizar as alumnas e alumnos coa programación didáctica neste ámbito. Afondarase en particular no traballo para o desenvolvemento das habilidades lingüísticas orais, a través de prácticas como o conto contado, os xogos de lingua ou a asemblea.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

Non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías

*Metodoloxías docentes que se manteñen

-Actividades iniciais
-Sesión maxistral
-Lecturas
-Presentación oral
-Obradoiro (computa na avaliación)
-Portafolios do alumnado (computa na avaliación e require atención personalizada)
-Atención personalizada
Todas as metodoloxías deseñadas para esta materia poden seguir tendo un seguemento axeitado se a modalidade docente é "non presencial"; se ben se introducen variacións na metodoloxía aprendizaxe servizo, que se sinalan a continuación.

*Metodoloxías docentes que se modifican

-Aprendizaxe servizo manterase o modelo inicial desta metodoloxía; non obstante, substituirase a aplicación nunha aula de Educación Infantil por unha presentación do deseño da proposta, realizada polo grupo, a través da aplicación Teams. Así mesmo, manterase a reflexión por escrito sobre como se desenvolveu dita aprendizaxe servizo, adecuando dita reflexión ás novas circunstancias de non presencialidade.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

–Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais resolución de dúbidas e facer o seguimento da materia.
–Campus virtual: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Crearanse “foros temáticos"
asociados aos distintos módulos da materia, para formular as consultas necesarias. E comunicarase calquera incidencia no desenvolvemento da materia a través do foro xeral desta.
–Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos, traballos tutelado ou a proposta de aprendizaxe servizo na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
De 1 a 2 sesións semanais (ou máis segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (até
9 persoas), para o seguimento e apoio na realización da proposta de "aprendizaxe servizo", así como os distintos "obradoiros" programados, que se desenvolverán a través de Teams ou mediante a creación de distintas tarefas no campus virtual que deberán ser resoltas polo alumnado en tempo e forma para ser avaliadas pola docente.
Por outra banda, o chat do equipo da materia creado en Teams servirá tamén para a resolución de dúbidas e a comunicación fluida da docente co alumnado e do alumnado entre el, respectando sempre as opinións das outras persoas e fomentando o diálogo e o bo entendemento entre todos.
Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia.

4. Modificacións na avaliación

A avaliación manterase tal e como figura no apartado correspondente; non obstante, incorpóranse as seguintes observacións.

*Observacións de avaliación:

Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesións que houbo presenciais até o momento no que se suspendeu a actividade presencial.

1. SITUACIÓNS:

A) Alumnado con dedicación completa:

a) Obradoiro con asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80% (10%)
b) Elaboración e presentación da proposta de aprendizaxe servizo (50%).
c) Portafolios do alumnado (40%).

B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212):

a) A proba de ensaio extensa será substituída por un traballo tutelado que suporá o 75% da avaliación. Manterase a proba oral que suporá o 25% restante e que se realizará a través de Teams.

2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:

1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación.
3. Entregar e expoñer os traballos tutelados ou a proposta de aprendizaxe servizo na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios, dado que o alumnado dispón de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada no campus virtual e se lles facilitará tamén acceso aos recursos de información que pon á nosa disposición a biblioteca universitaria, como os libros electrónicos (UNEbook, eLibro etc.): https://www.udc.es/es/biblioteca/recursos_informacion/libros_electronicos/

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Tomar conciencia do papel do profesorado como modelo lingüístico A48
B6
B24
Acadar un dominio axeitado da expresión oral e escrita en lingua galega A43
A44
A46
B14
B19
C1
Coñecer os principais recursos bibliográficos e dixitais para o ensino-aprendizaxe da lingua galega A42
A45
A50
A51
B11
B25
C3
C6
C7
C8
Coñecer o marco xurídico polo que se rexe a utilización das linguas no sistema educativo galego A31
Coñecer os fundamentos do currículo de lingua da etapa de Educación Infantil en Galiza A31
Aprender a desenvolver a programación didáctica na área lingüística A4
A42
A43
A44
A45
A46
A47
A48
A49
A50
A51
Coñecer as metodoloxías para o ensino da lingua en contextos multilingües A48
A52
B20
B21
C2
Ser capaz de analizar as particularidades da situación sociolingüística galega A13
A23
B24
C4
Saber deseñar estratexias para a aprendizaxe da lingua galega do alumnado galego-falante e non galego-falante A42
A43
A44
A46
A47
A48
A49
A63
Saber transmitir actitudes e valores positivos en relación coa lingua e cultura galega A40
A48
B24
C4
Saber programar actividades para o desenvolvemento das habilidades lingüísticas orais A43
A44
A46
A49
A60
B8
B18
B23
C1
Deseñar unha proposta didáctica, para a súa posible aplicación nunha aula de Educación Infantil, que inclúa un conto contado, unha asemblea, unha canción e un xogo de lingua. A29
A43
A44
A45
A48
A49
A50
A51
A62
A63
B1
B2
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B11
B12
B16
B19
B25
C1
C3
C4
Ser capaces de reflexionar sobre a propia práctica A19
A23
A29
A44
A45
A49
A50
A51
A59
A60
A62
A63
B3
B10
B12
B14
B15
B17
B19
B22
C1
C4
C7

Contidos
Temas Subtemas
1. Fundamentos do ensino lingüístico 1.1. Que é ensinar lingua?
1.2. A competencia lingüística e comunicativa do profesorado
2. O ensino-aprendizaxe da lingua en contextos de contacto lingüístico: o caso galego 2.1. Conceptos básicos de Sociolingüística e Planificación Lingüística
2.2. Achegamento á situación sociolingüística galega
2.3. As linguas no sistema educativo galego: marco xurídico
2.4. Pautas para a planificación lingüística nos centros educativos galegos
3. A lingua na escola infantil 3.1. A linguaxe verbal no currículo da Educación Infantil: a Área de Linguaxes: Comunicación e Representación
3.2. Estratexias para o desenvolvemento da comunicación oral
3.2.1. A literatura de tradición oral na aula
3.2.1.1. O conto contado
3.2.1.2. Os xogos de lingua
3.2.2. A asemblea

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A43 A44 A48 A60 A63 B1 B3 B10 B14 B15 B19 B25 C1 C3 C7 2 0 2
Lecturas A4 A13 A31 A42 A45 A46 A47 A51 B1 B3 B9 B10 B11 C6 0 20 20
Obradoiro A29 A40 A44 A49 A50 B2 B5 B7 B12 B16 B17 B18 B19 B22 C1 C4 5 20 25
Presentación oral A43 A45 B12 B25 C1 C3 2 4 6
Aprendizaxe servizo A19 A23 A48 A59 A60 A62 A63 B4 B5 B6 B8 B15 B19 B22 B23 B24 10 25 35
Sesión maxistral A4 A13 A19 A23 A31 A40 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A51 A52 A62 B14 B15 B17 B20 B21 C2 C7 C8 13 12 25
Portafolios do alumno A31 A42 A43 A44 A45 A48 A63 B1 B3 B4 B9 B10 B11 B12 B19 B25 C1 C3 C7 10 25 35
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado.
Lecturas Documentos para a ampliación dos contidos traballados na aula.
Obradoiro Resolución de tarefas prácticas a través de diversas metodoloxías (exposicións, simulacións, debates, prácticas guiadas, etc.), co apoio e supervisión do profesorado.
Presentación oral Exposición verbal en que se abordan contidos da materia de forma dinámica.
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, en que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais do seu contorno co fin de melloralo.
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia por parte do profesorado.
Portafolios do alumno Cartafol ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo/pola estudante nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do/da alumno/a. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o/a alumno/a, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do/da alumno/a realizado polo/a profesor/a etc.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe servizo
Portafolios do alumno
Obradoiro
Presentación oral
Descrición
A organización en grupos pequenos das sesións interactivas permitirá á profesora trabar coñecemento co alumnado e realizar o seguimento dos seus progresos.

As titorías constituirán, así mesmo, un espazo para a consulta e a resolución de diferentes dificultades que poidan xurdirlle a cada grupo ou estudante. O atendemento ao alumnado realizarase preferentemente de modo virtual a través da plataforma Teams no horario marcado ao comezo do curso (para atendemento presencial deberase pedir cita á docente a través dos medios habituais, Teams ou correo electrónico).

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Aprendizaxe servizo A19 A23 A48 A59 A60 A62 A63 B4 B5 B6 B8 B15 B19 B22 B23 B24 A actividade realizarase en grupo e componse de:
- O deseño dunha proposta didáctica arredor da literatura de tradición oral e a súa aplicación nunha aula de Educación Infantil. A práctica gravarase en vídeo para a súa posterior presentación na aula e posterior debate co resto dos grupos. (30% da cualificación)
- Un traballo de reflexión sobre o proceso de deseño e aplicación da proposta didáctica. Valorarase a capacidade de observación e de autocrítica, así como a integración dos coñecementos adquiridos no conxunto da materia. Terase especialmente en conta a claridade expositiva e a corrección expresiva. (20% da cualificación).
50
Portafolios do alumno A31 A42 A43 A44 A45 A48 A63 B1 B3 B4 B9 B10 B11 B12 B19 B25 C1 C3 C7 O portafolios realizarase de xeito programado co desenvolvemento da materia e incluirá aquelas actividades que a docente indique ao alumnado e que este deberá realizar en tempo e forma para poder ser avaliadas empregando a avaliación continua. A finalidade última é a de facer un seguimento da aprendizaxe do/da alumno/a a medida que se vai desenvolvendo a materia para que este/esta sexa consciente dos seus avances no proceso de ensino-aprendizaxe. 40
Obradoiro A29 A40 A44 A49 A50 B2 B5 B7 B12 B16 B17 B18 B19 B22 C1 C4 Resolución de tarefas prácticas a través de diversas metodoloxías (exposicións, simulacións, debates, prácticas guiadas, etc.), co apoio e supervisión do profesorado. 10
 
Observacións avaliación

Requisitos

O alumnado debe ser capaz de se expresar correctamente en lingua galega,
tanto oralmente como por escrito. O dominio destas destrezas é
preceptivo para aprobar a materia.

Modalidades de avaliación

Estabelécense dúas modalidades de avaliación:

1. Para as persoas que formen grupo (constituído por un mínimo de catro persoas) e asistan regularmente ás clases:

  • unha tarefa colaborativa: a actividade de aprendizaxe servizo, dividida á súa vez no deseño e aplicación da proposta didáctica (30% da cualificación) e no traballo de reflexión (20% da cualificación);
  • unha tarefa individual: un portafolios individual onde o/a alumno/a irá recollendo as actividades propostas pola docente na aula e fóra desta para o seu seguimento e revisión, así como a súa posterior cualificación (40% da cualificación).
  • asistencia e participación nos obradoiros programados, o que implica asistencia a un 80% das sesión interactivas para acadar a puntuación mínima ( máx. 10% da cualificación).

Para superar a materia é preciso ter aprobadas todas as probas. As persoas que concorran á oportunidade de xullo só repetirán as partes suspensas.

O traballo colaborativo é fundamental nesta modalidade de avaliación, polo que se debe asistir a un mínimo do 80% das sesións interactivas; así pois, a docente fará un seguimento de asistencia.

2. Para as persoas que non formen grupo ou non asistan regularmente ás clases:

  • unha proba de ensaio extensa (75% da cualificación).
  • unha proba oral (25%) para a que será convocada/o a/o estudante en tempo e forma axeitados (sexa esta proba presencial ou por Teams).

Entrega dos traballos

Os traballos ou tarefas propostas entregaranse en formato dixital a través do campus virtual ou dos medios telemáticos sinalados pola docente.


Fontes de información
Bibliografía básica

Abala Quintela, José Enrique (2007). Os contos. Propostas para traballar con contos populares galegos. Ir Indo.

Abelleira Bardanca, Ángeles e Abelleira Bardanca, Isabel (2017). Botándolle conto á vida. En Abelleira Bardanca, A. e Abelleira Bardanca, I. Os fíos de infantil. Editorial Galaxia, pp. 117-121.

Abelleira Bardanca, Ángeles e Abelleira Bardanca, Isabel (2017). Soltando a lingua. En Abelleira Bardanca, A. e Abelleira Bardanca, I. Os fíos de infantil. Editorial Galaxia, pp. 106-111.

Almodóvar, Antonio (1989). Cuentos de animales. En Almodóvar, A. Los cuentos populares o a la tentativa de un cuento infinito. Murcia. Universidad de Murcia, pp. 127-133.

Arias Correa, Azucena e Arias Correa, Dolores (2008). As adiviñas. Propostas para traballar coas adiviñas galegas. Ir Indo

Barragán, Catalina et al. (2005). Hablar en clase. Cómo trabajar la lengua oral en el centro escolar. Laboratorio Educativo e Graó.

Barrio Val, Maruxa e Harguindey Banet, Enrique (1983). Lerias e enredos para os máis pequenos. Galaxia.

Bigas Salvador, Montserrat e Correig Blanchar, Montserrat (eds.) (2000). Didáctica de la lengua en la educación infantil. Síntesis.

Boullosa, Palmira G. (1997). Cando o rei por aquí pasou. Libro do folclore infantil galego. Xerais.

Bryant, Sarah Cone (2003). El arte de contar cuentos. Biblaria.

Callón, Carlos (2012). Como falar e escribir en galego con fluidez. Xerais.

Calvet, Louis Jean (1998). A (socio)lingüística.Laiovento.

Carballal Miñán, Patricia (2019). Se non queres chorar, berra. En Montse Muriano Rodríguez (Ed.). Habitando historias. 10 experiencias arredor do libro e da lectura (pp. 29-54). Editorial Galaxia.

Carballeira, Paula (2019). Perder o tempo. En Montse Muriano Rodríguez (Ed.). Habitando historias. 10 experiencias arredor do libro e da lectura (pp. 55-66). Editorial Galaxia.

Carballeira, Paula (2021). E continuaremos a contar. A narrativa oral como ato de visibilidade e sobrevivência. Através Editora.

Cassany, Daniel, Luna, Marta e Sanz, Glòria (2003). Enseñar lengua. Graó.

Crystal, David (2003). A morte das linguas. Galaxia.

Ceballos Viro, Ignacio (2016). Iniciación literaria en Educación Infantil. UNIR.

Díaz García, Mª Teresa, Mas Álvarez, Inmaculada e Zas Varela, Luz (coords.) (2008). Integración lingüística e inmigración. Universidade de Santiago de Compostela.

Feixó Cid, Xosé (2006). Gramática da lingua galega: síntese práctica. Xerais.

Fernández Paz, Agustín Lorenzo Suárez, Anxo e Ramallo, Fernando (2007). A planificación lingüística nos centros educativos. Xunta de Galicia.

Formoso Gosende, Valentina (2013). Do estigma á estima: propostas para un novo discurso lingüístico. Xerais.

Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2007). Gramática da lingua galega. A Nosa Terra.

Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2013). Estilística da lingua galega. Xerais.

Gugenberger, Eva, Monteagudo, Henrique. e Rei-Doval Gabriel (eds.) (2013). Contacto de linguas, hibrididade, cambio: contextos, procesos e consecuencias. Consello da Cultura Galega.

Harguindey Banet, Enrique (2009). Desaprenda a falar galego en 15 días cos erros dun tradutor automático e reaprenda noutros 15. Laiovento.

Harguindey Banet, Henrique e Barrio Val, Mercedes (1994). Antoloxía do conto popular galego. Galaxia.

López Viñas, Xosé, Lourenço Módia, Cilha e Moreda Leirado, Marisa (2011). Gramática práctica da lingua galega: comunicación e expresión. Baía Edicións.

Martín, Paco (1985). ¿Que cousa é cousa? O libro das adiviñas. Galaxia.

Martínez Lema, Paulo e Sanmartín Rei, Goretti (eds.) (2011). Unha outra guía para a intervención lingüística. Universidade da Coruña.https://www.udc.es/export/sites/udc/snl/_galeria_down/documentospdf/Guia_intervencion_linguistica.pdf_2063069294.pdf

Marzábal Expósito, Felisa, López Barreiro, Mª Belén (2008). Profesionaliza a túa lingua: ciencias da educación. Universidade da Coruña.https://udc.gal/export/sites/udc/snl/_galeria_down/terminoloxia/CCEE.pdf_2063069294.pdf

Medrano, Carlos L. (1994). 50 xogos de lingua. Xerais.

Medrano, Carlos L. (1998). Outros 50 xogos de lingua. Xerais.

Noia Campos, Camiño (2002). Contos galegos de tradición oral. Nigratea.

Núñez Singala, Manuel C. (2009). En galego, por que non?: contra os prexuízos e as simplificacións sobre a lingua. Galaxia.

Núñez Singala, Manuel C. (2017). Sacar a lingua é de mala educación. Oportunidades do multilingüismo na infancia e na idade adulta. Galaxia.

Observatorio da Cultura Galega (2011a). As Lingua(s) a debate: inquérito sobre opinións, actitudes e expectativas da sociedade galega.Consello da Cultura Galega.

Observatorio da Cultura Galega (2011b). O idioma galego na sociedade: a evolución sociolingüística 1992-2008. Consello da Cultura Galega.

Pablo Sánchez, Mª Jesús e Pérez Montero, Carmen (1995). El taller de lenguaje oral en la Escuela Infantil. Baúl de recursos. Siglo Veintiuno de España Editores.

Palou, Juli e Bosch, Carmina (coords.) (2005). La lengua oral en la escuela. 10 experiencias didácticas.Graó.

Porto Crespo, Marina (2011). Metodoloxía didáctica da improvisación oral en verso. SNL, Concello de Vigo.;https://snl.vigo.org/storage/arquivos/2013061412310841e78694a4c28335376e3fcc5149dbf8.pdf

Ramallo, Fernando, Rei-Doval, Gabriel e Rodríguez Yáñez, Xoán Paulo (eds.) (2000). Manual de Ciencias da Linguaxe. Xerais.

Revista Galega de Educación, 41 (monográfico: Literatura oral e educación), xuño 2008.

Revista Galega de Educación, 65 (monográfico: A lingua na Educación Infantil), xuño, 2016.

Rodari, Gianni (2015). Gramática da fantasía. Introducción á arte de contar historias. Pontevedra: Kalandraka.

Sánchez-Cano, Manuel (coord.) (2009). La conversación en pequeños grupos en el aula. Barcelona: Graó.

Sanmartín Rei, Goretti (coord.) (2010). Lingua e futuro. Laiovento.

Sanmartín Rei, Goretti (coord.) (2012a). Criterios para o uso da lingua. Universidade da Coruña.http://www.udc.es/snl/documentospdf/Libro_Criterios_lingua.pdf.

Sanmartín Rei, Goretti (coord.) (2012b). Sobre a calidade da nosa lingua. Universidade da Coruña.http://www.udc.es/snl/documentospdf/Libro_Calidade_Lingua.pdf.

Sende, Sechu (2007). Made in Galiza. Editorial Galaxia.

Silva-Valdivia, Bieito (coord.) (1994). Didáctica da lingua en situacións de contacto lingüístico.Universidade de Santiago de Compostela.

Silva Valdivia, Bieito, Rodríguez Rodríguez, Xesús, Vaquero Quintela, Isabel (coords.) (2010). Educación e linguas en Galicia. Universidade de Santiago de Compostela.

Silva Valdivia, Bieito, Rodríguez Rodríguez, Xesús, Vaquero Quintela, Isabel (coords.) (2011). A planificación para a normalización lingüística nos centros de ensino non universitarios: actas das II Xornadas “Educación e linguas en Galicia”. Universidade de Santiago de Compostela.

Tejerina Lobo, Isabel (2010). La narración oral: un arte al alcance de todos. En M. Campos F., Fígares, G. Núñez Ruiz e E. Martos Núñez (coords.), ¿Por qué narrar? Cuentos contados y cuentos por contar. Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha, pp. 51-66.

Xunta de Galicia (2011). Arrolos e xogos de iniciación para transmitir palabras e afectos.Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Bibliografía complementaria

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). Polafías. Sección de Literatura de Tradición Oral.https://www.aelg.gal/Polafias/

AGXPT. Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional.http://www.agxpt.gal/

Cuba Rodríguez, Xoán R., Miranda Ruíz, Xosé, Reigosa Carreiras, Antonio (1999). Diccionario dos seres míticos galegos.Xerais.

Dicionario castelán-galego. Rinoceronte Editora.https://rinoceronte.gal/dicionario/

Galicia Encantada. Enciclopedia de fantasía popular de Galicia.https://galiciaencantada.com/

Guía das normas APA, 7ª edición. Elaborado pola Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. https://www.educacion.udc.es/biblioteca/userfiles/APA_7_guia_biblioteca_2020_v1.pdf

Mosquera Carregal, Xesús M. e Pino Ramos, Sara (2008). Síntese gramatical. Universidade da Coruña.http://www.udc.es/snl/documentospdf/Sintese_gramatical.pdf.

Muriano Rodríguez, Montse. Ensinar deleitando. Blogue de Montse Muriano Rodríguez sobre Didáctica da Lingua e da Literatura.http://ensinardeleitando.blogspot.com/

Muriano Rodríguez, Montse. Conta da docente na rede social Instagram para uso académico: @montsemurianor

Muriano Rodríguez, Montse. Conta da docente na rede social Twitter para uso académico: @montsemurianor

Muriano Rodríguez, Montse. Facemos lingua con axuda, Symbaloo.https://www.symbaloo.com/mix/facemoslinguaconaxuda

Orella pendella. Ditos, recitados e cancións infantís.https://orellapendella.gal/

Real Academia Galega (2012). Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Editorial Galaxia.https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-10938.pdf

Real Academia Galega (2012). Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña.https://academia.gal/dicionario


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías