Modo de avaliación para o alumnado que asiste regularmente
A avaliación realizarase de acordo cos seguintes criterios einstrumentos:
Criterios de avaliación:
- Verificación do cumprimento dos obxectivos marcados.
- Asimilación dos contidos teóricos e prácticos.
- Valoración dos traballos realizados durante o curso tanto colaboradores coma individuais.
Instrumentos de avaliación:
- I.1 Uso da Lingua Inglesa: 1 punto
- I.2 Didáctica da LE: 3 puntos
- I.3 Comprensión e expresión escrita: 1 punto
- I.4 Tarefas grupais ou individuais: 1,5 puntos
- I.5 Traballo grupal ou individual: 2 puntos
- I.6 Presentación Oral: 1 punto
- I.7 Portafolios (Opcional) 0.5 puntos
A avaliación dos items I.1, I.2 e I.3 realizarase na data programada no calendario académico oficial e é de carácter individual.
A avaliación dos items I.4, I.5 e I.6 realizarase na data programada en Campus Virtual ao comezo do curso e pódese facer individualmente ou en grupo (non máis de catro estudantes).
A avaliación do item I.7 é opcional.
Os items 1, 2, 3, 4, 5 e 6 son de obrigado cumprimento e para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación de 5 ou superior sobre 10 en cada un deles.
A obtención dun suspenso implica a repetición de todas as probas na súa totalidade na seguinte convocatoria.
A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios e instrumentos que a de xuño.
Modo de avaliación para o alumnado que non asiste regularmente
1. Alumnado con dispensa académica:
* Aquel que en aplicación da: "Norma que regula oréxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na Universidade daCoruña" (aprobada en Consello de Goberno de 29 de maio de 2012), se lle recoñecera a condición de estudante a tempo parcial e solicitara ao Decano/a a correspondente dispensa académica quedando eximido/a da obligatoriedade de asistencia.
2. Alumnado de continuación de estudos (repetidores).
3. Alumnado que non cumpra o 80% de asistencia a clase.
Este alumnado deberá notificar a súa situación á profesora ao comenzo das clases, e terá que realizar tarefas adicionais.
Criterios de avaliación:
- Verificación do cumprimento dos obxectivos marcados.
- Asimilación dos contidos teóricos e prácticos.
- Valoración dos traballos realizados durante o curso.
Instrumentos de avaliación:
A. Proba individual
- I.1 Uso da Lingua Inglesa: 1 punto
- I.2 Didáctica da LE: 3 puntos
- I.3 Comprensión e expresión escrita: 1 punto
B. Traballo, tarefas e presentación oral
- I.4 Tarefas individuais: 1,5 puntos
- I.5. Traballo individual. 2 puntos.
- I.6 Presentación oral. 1 punto.
- I.7 Portafolio (Opcional): 0,5
A avaliación do apartado A (I.1, I.2 e I.3) realizarase na data programada no calendario académico oficial e é de carácter individual. A avaliación do apartado B (I.4, I.5, I.6) realizarase na data acordada coa profesora e tamén é de carácter individual.
A avaliación do item I.7 é opcional.
Os items 1, 2, 3, 4, 5 e 6 son de obrigado cumprimento e para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación de 5 ou superior sobre 10 en cada un deles.
A obtención dun suspenso implica a repetición de todas as probas na súa totalidade na seguinte convocatoria.
A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios e instrumentos que a de xuño.
Importante: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.