Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Medio histórico e xeográfico de Galicia e a súa didáctica Código 652G01029
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Pérez Guilarte, Yamilé
Correo electrónico
yamile.perez@udc.es
Profesorado
Pérez Guilarte, Yamilé
Correo electrónico
yamile.perez@udc.es
Web
Descrición xeral A materia está orientada ao traballo experimental, activo e vivencial, de cara a descubrir e comprender o contorno inmediato, o medio galego, como un recurso didáctico e como unha fonte versátil de aprendizaxe. Preténdese que o alumnado coñeza o pasado e territorio galego, deseñando unha dinámica didáctica a partir desta dupla realidade.

Ensáiase, de maneira experimental, a metodoloxía de traballo por proxectos. Así, a materia defínea a propia dinámica do curso e os centros de interese do alumnado, polo que se trata dun programa flexíbel e aberto, aínda que cunha relación de temas a tratar. O núcleo da materia está formado pola propia metodoloxía experimental, na que se fomenta a participación activa, a creatividade e a autonomía.

Realizaranse lecturas e debates na aula, así como obradoiros e actividades interdisciplinares; actividades complementadas, na medida do posíbel, de saídas ou roteiros culturais pola cidade.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Actividades iniciais
- Aprendizaxe colaborativa
- Eventos científicos e/ou divulgativos
- Saídas de campo
- Sesión maxistral
- Seminario

*Metodoloxías docentes que se modifican
A proba obxectiva elimínase e as súas 3h pásanse para o seminario (1,5h) e para as saídas de campo (1,5h).

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.

Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado a través dos foros.

Teams: 1 sesión semanal ou mais segundo o demande o alumnado para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”, sempre no horario da materia.

4. Modificacións na avaliación

Saídas de campo (40%) - Prácticas elaboradas en grupo a partir de itinerarios virtuais e observacións indirectas de paisaxes a través de fotos tomadas polo alumnado ou doutras fontes. Realización de tarefas relacionadas cos contidos da materia.

Seminario (40%) - Elaboración dun traballo de grupo e presentación oral a través de Microsoft Teams nas últimas sesións.

Análise de fontes documentais (20%) - Entregas individuais a través de Moodle de tarefas orientadas a partir de fontes documentais relacionadas cos contidos da materia.

*Observacións de avaliación: Ao alumnado que non superara a avaliación continua, orientaráselle para a mellora daquela tarefa ou tarefas nas que non se acadara a máxima puntuación.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Non se realizarán cambios

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer e comprender o medio cultural de Galicia como espazo dinámico cun importante potencial educador, e como recurso metodolóxico e didáctico de aplicación na Educación Infantil. A23
A26
A37
B1
B3
B11
B12
B15
B20
B24
C4
C7
Deseñar propostas e actividades didácticas, dende unha metodoloxía de traballo por proxectos, sobre o contorno cultural galego axeitados ó ensino infantil. Aprender a construír proxectos dende o coñecemento e as emocións. A33
A36
A39
A40
B1
B4
B5
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B17
B18
C1
C4
C6
C7
Fomentar actitudes de valoración, respeto e conservación do patrimonio natural, cultural e histórico de Galicia A37
A40
B5
B6
C4
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Unidade 1.
-Introdución.
- Que coñecementos temos do medio histórico e xeográfico galego?
- Como pensamos e deseñamos a materia?
- Que obxectivos nos marcamos?
- Cales son os centros de interese?
- De que coñecementos partimos?
- Contidos e metodoloxía: propostas.
- A interdisciplinariedade e o traballo por proxectos na didáctica do medio xeográfico e histórico de Galicia.
Unidade 2.
-Paisaxes naturais, históricas e culturais.
- Que é a paisaxe?
- Observacións e análise de paisaxes naturais, históricas e culturais.
- As fontes de información e documentación no entorno.
- Como ler e interpretar a paisaxe.
- O clima, o relevo, a auga, a flora e fauna, a poboación de Galicia, etc., para traballar na E. Infantil.
Unidade 3.
-As poboadoras e poboadores de Galicia. Desde a Prehistoria á Idade Contemporánea.
-A evolución cultural galega e a súa relación con outras culturas.
- Prehistoria e Historia na Educación Infantil?: a curiosidade, a motivación e os centros de interese.
- A Arte e outras manifestacións da comunicación e creatividade.
- Experiencias: traballando a historia na E. Infantil dende as emocións, a creatividade e a flexibilidade.
Unidade 4.
-Temas monográficos.
- Nesta unidade traballaranse cuestións e temas concretos que vaian xurdindo da propia dinámica da aula e de especial actualidade.
Ensaiarase o traballo por proxectos, cunha ou máis temáticas de contidos, recursos e aplicacións didácticas idóneos coa materia.
- Os obradoiros estarán directamente relacionados con estes temas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B1 C1 1 2 3
Aprendizaxe colaborativa B4 B5 B7 B8 B18 2 7 9
Saídas de campo A23 A40 B6 C4 6 16 22
Sesión maxistral A37 B3 B20 B24 C6 C8 5 10.5 15.5
Seminario A26 A33 A36 A39 B1 B4 B5 B7 B8 B9 B11 B12 B17 B18 C1 11 30 41
Análise de fontes documentais A26 A37 B3 B10 B11 B15 C4 C7 5 15 20
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Periodicamente e sistematicamente faranse debates e discusións de ideas previas sobre a motivación, interese e coñecementos con respecto á planificación e desenvolvemento da materia.
Aprendizaxe colaborativa Organización en pequenos grupos para traballar conxuntamente na resolución de tarefas sobre temas que xurdan da dinámica da propia materia e temas propostos pola profesora.
Saídas de campo Son saídas concibidas para o coñecemento do medio cultural no seu máis amplo ámbito, por medio da aprendizaxe directa.
Son a base para a realización de propostas didácticas por parte do alumnado.
Poderanse realizar saídas a exposicións, contornos naturais e encraves de interese cultural.
Sesión maxistral As explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estrutura de cada tema.
Terán unha orientación claramente didáctica e de aplicación das aprendizaxes nas aulas de Infantil.
Seminario Realizaranse traballos en grupo, cun papel decisivo por parte do alumnado no que respecta á participación, discusión, toma de decisións en común, busca de información e documentación, establecemento de metodoloxías, elección de temáticas en relación coa orientación da materia e desenvolvemento dos mesmos. O carácter didáctico será primordial. A profesora guiará esta actividade.
Análise de fontes documentais Realizaranse actividades para o coñecemento de fontes documentais de ampla diversidade que acheguen información acerca de contidos e, sobre todo, recursos didácticos en relación co medio histórico e xeográfico de Galicia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Descrición
Os seminarios terán un seguimento personalizado para garantir o cumprimento dos obxectivos e prazos así como para resolver dúbidas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Saídas de campo A23 A40 B6 C4 A asistencia será obrigatoria e puntuará a participación activa, así como nas tarefas previas e posteriores ás mesmas. 40
Seminario A26 A33 A36 A39 B1 B4 B5 B7 B8 B9 B11 B12 B17 B18 C1 Valorarase a participación e implicación, así como a fundamentación, creatividade e a calidade do traballo grupal a realizar, así como a participación de cada estudante no marco do mesmo. 40
Análise de fontes documentais A26 A37 B3 B10 B11 B15 C4 C7 Utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. 20
 
Observacións avaliación

Ao tratarse dunha materia de marcado carácter práctico e vivencial, non se aconsella ao alumnado con dispensa académica. Así e todo, o alumnado que se acolla á dispensa académica debe presentar a tarefa correspondente a análise de fontes documentais (20%), así como un traballo final (80%). Para acollerse a esta modalidade, é condición necesaria asistir a titorías (mínimo 2) para que o docente poida realizar un seguimento directo da elaboración do traballo de curso.

Nos traballos a realizar o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. Igualmente, será imprescindíbel a corrección lingüística á hora de dar por superados os devanditos traballos.


Fontes de información
Bibliografía básica Varios Autores ((1999)). Atlas histórico de Galicia. Vigo: Nigra Trea
Aldrey Vázquez, J.A., Lois González, R.C. ((2010)). Breve Xeografía de Galicia. Vigo: A Nosa Terra
Mariño, X.R. & González, X.M. ((2010)). Diccionario de etnografía e antropoloxía de Galiza.. Vigo: Nigratrea.
Cooper, H. ((2002)). Didáctica de la historia en la enseñanza infantil y primaria. Madrid: MEC-Morata
Pérez Alberti, A. ((2008)). Espacios naturales de Galicia. Lundwerg
Varios Autores ((1991-2008)). Galicia. Proxecto Hércules. A Coruña: Hércules Editorial.
Castro, X. ((2007)). Historia da vida cotiá en Galicia. Vigo: NigraTrea
Villares, R. ((2004)). Historia de Galicia. Vigo: Galaxia
Varios Autores ((2005)). Historia Xeral de Galicia. Vigo: A Nosa Terra
Egan, K. ((2010)). Learning in Depth. Chiicago: The University of Chicago Press
Méndez Fernández, L. ((2000)). Por que se chama así este sitio. Santiago: Lea
Dieguez Cequiel, U.-B. ((2015)). Reflexións arredor da Galiza para o debate. Historia, Xeografía.... Compostela: FESGA

Segundo avance o curso, iranse proporcionando outras referencias máis específicas, quer sobre Historia e Xeografía de Galiza, quer sobre Didáctica da Historia e da Xeografía, entre outras.

Bibliografía complementaria



Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Medio social e cultural e a súa didáctica/652G01025

Materias que continúan o temario

Observacións

Trátase dunha materia que se realizará, principalmente, cunha metodoloxía de participación activa, na que a propia dinámica do curso irá sinalando os centros de interese do alumnado e, en base a estes, iranse concretando temáticas e actividades a realizar. É por isto polo que a asistencia e participación, en todas e cada unha das actividades desenvolvidas no contexto da materia, será fundamental.

A entrega dos traballos realizarase telemáticamente, na plataforma correspondente, se non é posible, non deben empregarse plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.

Debe facerse un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural e ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos personais e profesionais.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías