Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Didáctica da educación ambiental e para a sustentabilidade Código 652G01041
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Vega Marcote, Pedro
Correo electrónico
pedro.vega.marcote@udc.es
Profesorado
Vega Marcote, Pedro
Correo electrónico
pedro.vega.marcote@udc.es
Web
Descrición xeral Ante a actual degradación do medio, o reto é que o alumnado, futuros docentes, actúe sosteniblemente. Necesítase adquirir un coñecemento e unha capacidade para actuar a favor do medio, que permita desenvolvernos sen crecer máis aló dos nosos límites, polo que unha eficaz relación entre sostenibilidad e educación é un dos desafíos máis urxentes e necesarios.
Por iso, esta asignatura Didáctica da Educación Ambiental e para a Sustentabilidade-introduce a xestión sostenible no currículo e permite salvar a distancia entre a teoría e a práctica, capacitando ao alumnado para tomar decisións orientadas cara á sostenibilidad, así como deseñar, desenvolver e evaluar propostas didácticas para tratar a problemática socioambiental nesta etapa educativa.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Trabalos tutelados individuais e grupais colaborativos (atención personalizada) (computa avaliación)
Atención personalizada

*Metodoloxías docentes que se modifican
Non se realizará a proba mixta, as avaliacións destes coñecementos se incorpora a metodoloxía de traballos tutelados individuais e grupais colaborativos.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: En horario de clase e titorías (si é necesario se poderá contactar noutros horarios, segundo a necesidade do alumando) para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
Moodle: En horario de clase e titorías (si é necesario se poderá contactar noutros horarios, segundo a necesidade do alumando). Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver tarefas tanto individuais como grupais, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.

4. Modificacións na avaliación
Traballos tutelados grupais colaborativos (60%) e individuais (40%): En relación cos traballos tutelados valorarase:
– A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
? A profundidade do contido.
? O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas que promovan a sustentabilidade.
? O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
? A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
? A presentación e a claridade da exposición si se considera necesario realizarla.

*Observacións de avaliación:
Para  o  alumnado  con  dedicación  completa,  alumnado  a  tempo  parcial,  requisitos  para  superar  a  materia, condicións da avaliación na 2ª oportunidade, etc.)
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
? As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
1. SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa:
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo e actividades desenvolvidas na materia(60%).
b) Traballo tutelado individual (40%).
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212):
a) Elaboración dos traballos tutelados individuais acerca do marco teórico e práctico da materia (100%).

2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados individuais e traballos grupais).
3. Entregar e exponer (si se considera necesario), os traballos tutelados na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer os fundamentos científicos, matemáticos e tecnolóxicos do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes. A33
B1
B2
B3
Coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento científico e a experimentación. A36
Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos didácticos adecuados. A38
Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos didácticos adecuados. A40
Capacidade para actuar de maneira sustentable na defensa do medio ambiente. B13
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. B6
C4
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. A39
A41
B5
B10
B11
B12
C6
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. B25
C1
C3
C8
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. A32
B16
B17
B18
Elaborar propostas didácticas que teñan en conta os principios do desenvolvemento sustentable A13
B13
C4
Valorar a importancia de concienciarse e adquirir os coñecementos necesarios para actuar sustentablemente e saudablemente A13
A15

Contidos
Temas Subtemas
- Educación ambiental e desenvolvemento sustentable . Perspectiva histórica da educación ambiental (EA). A súa repercusión nas aulas
. Principios, metodoloxía e finalidades de la educación ambiental
. Marco de referencia da EA: o medio como sistema, a complexidade ambiental, a globalización e o desenvolvemento sostible
. A educación ambiental para un desenvolvemento sostible
O medio. A súa dinámica, as súas interaccións e a súa problemática . Compoñentes do medio natural e social e as súas interrelacións
. O medio natural e a súa dinámica. Aspectos básicos do seu estudo: ciclos, sistemas...
. Problemáticas socioambientais: efecto invernadoiro, incendios forestais, residuos, contaminación das augas, contaminación acústica, relación demografía/pobreza, conflitos bélicos etc. Causas, consecuencias e solucións alternativas
. A pegada ecolóxica
. Ciencia, tecnoloxía e sustentabilidade
A educación ambiental e o currículo . A ambientalización do currículum. A sustentabilidade nos centros educativos
. Os obxectivos e contidos da educación ambiental e o desenvolvemento curricular
. A educación ambiental: proposta como eixe organizador de contidos
. A Axenda 21 escolar e local: instrumento para a sustentabilidade
Actividades e materiais de educación ambiental para un desenvolvemento sustentable. Propostas de intervención educativa e avaliación. Actividades de ensino-aprendizaxe para a resolución de problemas concretos do medio. Metodoloxía investigativa
. Estratexias e recursos na educación ambiental
. Actuacións específicas: saídas, actividades prácticas (análise augas, plásticos, contaminación acústica, ...), ecoauditorías...
. Formulacións didácticas e propostas de actuación sostibles.
. Avaliación de programas e proxectos de temática socioambiental. Os indicadores de sustentabilidade

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A13 A36 A38 B2 B5 B12 2 2 4
Actividades iniciais A33 B1 B11 C1 2 0 2
Sesión maxistral A15 A40 B10 C8 11 11 22
Traballos tutelados A39 B3 B16 B17 2 16 18
Lecturas A32 B1 B10 B11 B12 C4 0 8 8
Eventos científicos e/ou divulgativos A13 A41 B1 4.5 0 4.5
Saídas de campo A36 B6 B16 B18 3 0 3
Proba mixta A39 B2 B10 B13 C1 2 25 27
Solución de problemas B2 B17 B25 C3 C6 4 12 16
Presentación oral A41 B3 B11 B12 2 4 6
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Si se considera necesario se farán determinadas prácticas en función da dispoñibilidade do laboratorio e de materiais adecuados.
Actividades iniciais Preténdese obter información acerca dos coñecementos do alumnado, así como presentar os obxectivos que se van a tratar: Cuestionario KPSI
Sesión maxistral Esposición oral con apoyo de material audiovisual y plantexando cuestions para que participe o alumnado e facilitar a aprendizaxe
Traballos tutelados Metodoloxía que pretende a aprendizaxe autónomo dos estudantes a nivel individual e grupal de modo que o grupo actúe como "comunidade que construe o seu propio coñecemento": material estimular para facer unha ecoauditoría da Facultade
Lecturas Lecturas orligatorias e voluntarias de libros e textos de temática socioambiental
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia a seminarios, xornadas...que se realicen na Facultade ou noutras instituciones para completar a formación
Saídas de campo Según o desenvolvemento do curso se poderán levar a cabo as actividades programadas pola Oficina de Medio Ambiente da UDC e a posibilidade de facelas externas ao entorno universitario relacionadas coa problemática socioambiental: visitas a plantas de tratamiento de residuos, parques eólicos...
Proba mixta Probas con preguntas abertas de semidesarrollo
Solución de problemas Resolución de problemáticas socioambientales para que se elabore un plan de actuación a partir dos coñecementos traballados
Presentación oral Exposición oral dos traballos realizados individualmente ou por grupo, plantexando preguntas, aclaracions...sobre a tarefa levada a cabo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Solución de problemas
Descrición
Asistencia presencial e non presencial (Moodle) para completar a documentación, e aclarar dubidas para a solución de problemas que permitan elaborar adecuadamente o plan de actuación ambiental. Asi mesmo se completaran as pautas para a exposición dos traballos realizados.
O alumnado de matrícula parcial non poderá realizar este tipo de traballos por ser necesario a asistencia obligatoria as clases, pero terá atención personalizada, no horario de titorías, para aclarar dúbidas acerca do marco teórico e práctico da materia que se terá en conta para a súa avaliación.
As titorías e consultas, previa solicitude, poderán ser presenciais ou por Teams tanto individualmente como en grupo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A39 B3 B16 B17 A metodoloxía de estas actividades consistirá nun traballo por grupos, que se desenvolverá do seguinte xeito:
-Procura e consulta de fontes de información (bibliográfica, internet, secretaría, reprografía etc.)
-Elaborar, expor e debater un informe que inclúa as conclusións que se derivan da análise da situación ambiental analizada.
20
Eventos científicos e/ou divulgativos A13 A41 B1 Resumen e reflexión da temática traballada nos eventos que se leven a cabo na materia.
10
Proba mixta A39 B2 B10 B13 C1 Preguntas sobre o marco teórico e práctico da asignatura, mínimo 2 puntos. 40
Solución de problemas B2 B17 B25 C3 C6 Plan de actuación ambiental:
-Procura e consulta de fontes de información (bibliográfica, internet, secretaría, reprografía etc.)
-Completar e organizar os datos nunha ficha que se entregará para tal fin;
-Elaborar, expor e debater un informe que inclúa as conclusións que se derivan da análise da situación ambiental analizada e establecer propostas de actuación sustentables.
20
Presentación oral A41 B3 B11 B12 Claridade na exposición, linguaxe correcto, dominio da materia, medios utilizados... 10
 
Observacións avaliación

A primeira oportunidade basearase na descrición e cualificación exposta, é decir para aprobar ter un mínimo mínimo 2 puntos para a proba e 3 puntos para a suma dos traballos, a solución de problemas a presentación e as actividades.

Para a segunda oportunidade se non se alcanzan as cualificacións indicadas, se repitirán na súa totalidade. Si se aproba so unha das partes (proba ou traballos, a solución de problemas, presentación e actividades) se repitirá a parte suspensa, conservándose a cualificación daoutra.

O alumnado que non asista a maís do 80% das clases presenciais, tanto para a primeira como a segunda oportunidade, deberá realizar una proba mixta, sobre 10 puntos (5 aprobado), do marco teórico e práctico da materia baseada na documentación aportada o longo do curso.
O alumnado con dispensa académica de exención de asistencia (que deberán comunicalo a primeira semana de clase), tanto para a primeira como para a segunda oportunidade, deberá realizar una proba mixta, sobre 10 puntos (5 aprobado), do marco teórico e práctico da materia baseada na documentación aportada o longo do curso.

A realización fraudulenta das
probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación
de suspenso '0' na materia na convocatoria
correspondente, invalidando
así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de
cara a convocatoria extraordinaria.

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.E de non ser posible, no útilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. 2. Débese facer un uso sustentable dos recursos e evitar impactos negativos sobre o medio natural. 3. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 4. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…). 5. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 6. No caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero proporanse accións e medidas para corrixilas. 7. Facilitarase a plena integración do alumnado que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías