Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A25 |
Comprender os principios básicos e as leis fundamentais das ciencias experimentais (Física, Química, Bioloxía e Xeoloxía). |
A26 |
Coñecer o currículo escolar destas ciencias. |
A27 |
Formular e resolver problemas asociados coas ciencias á vida cotiá. |
A28 |
Valorar as ciencias como un feito cultural. |
A29 |
Recoñecer a mutua influencia entre ciencia, sociedade e desenvolvemento tecnolóxico, así como as condutas cidadás pertinentes, para procurar un futuro sustentable. |
A30 |
Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover a adquisición de competencias básicas nos estudantes. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B8 |
Capacidade para elaborar discursos coherentes e organizados loxicamente. |
B9 |
Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita. |
B14 |
Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual. |
B15 |
Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información. |
B16 |
Capacidade crítica e creativa na análise, planificación e realización de tarefas, como froito dun pensamento flexible e diverxente. |
B17 |
Capacidade de análise e de autoavaliación tanto do propio traballo como do traballo en grupo. |
B18 |
Compromiso ético para o exercicio das tarefas docentes. |
B19 |
Capacidade de adaptarse a novas situacións nunha sociedade cambiante e plural. |
B21 |
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
B22 |
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
B23 |
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B24 |
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B25 |
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comprender os principios básicos e as leis fundamentais das ciencias experimentais, concretamente da Física e a Química. |
A25
|
B8 B9 B21 B25
|
C1 C7
|
Coñecer o currículo escolar destas ciencias na educación primaria |
A26
|
B16 B17
|
|
Formular e resolver problemas asociados coa Física e a Química á vida cotiá. |
A27
|
B2 B14 B23
|
C6
|
Valorar as ciencias como un feito cultural. |
A28
|
B9 B15
|
C4
|
Recoñecer a mutua influencia entre ciencia, sociedade e desenvolvemento tecnolóxico, así como as condutas cidadás pertinentes, para procurar un futuro sustentable. |
A29
|
B2 B19 B24
|
C4 C8
|
Desenvolver contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover a adquisición de competencias básicas nos estudantes. |
A30
|
B17 B18 B22
|
C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
BLOQUE 1. As Ciencias da natureza na educación primaria |
1. As Ciencias no currículum oficial de educación primaria. A súa contribución á adquisición de competencias básicas dos escolares.
2. A natureza da Ciencia como referente para o seu ensino e aprendizaxe: A construción do coñecemento científico, as interrelacións C/T/S/A, o valor cultural da Ciencia.
3. Posibilidades e limitacións do alumnado da etapa 6-12 para aprender Ciencias. Implicacións para a selección de contidos e de actividades de ensino. As actividades prácticas e o desenvolvemento de habilidades de indagación e exploración do medio. |
BLOQUE 2. Ensino e aprendizaxe sobre os materiais |
1. Interese formativo do estudo dos materiais na educación primaria.
2. Análise científica: Revisión de conceptos e principios fundamentais para o ensino das propiedades e comportamentos materiais na educación primaria. Delimitación do contido escolar que contribúa á adquisición dun modelo axeitado de materia.
3. Problemática de aprendizaxe: os coñecementos previos dos nenos de primaria sobre o tema. Influencia na selección e secuenciación de contidos ao longo da etapa 6-12.
4. Recomendacións metodolóxicas e actividades de indagación sobre obxectos e materiais cotiás, as súas propiedades e cambios. O desenvolvemento de habilidades e comportamentos en relación ao seu uso.
5. O estudo do comportamento dos corpos ante a luz, a calor, etc. na educación primaria. Plantexamentos metodolóxicos e tipos de actividades. |
BLOQUE 3. Ensino e aprendizaxe sobre a enerxía e as máquinas |
1. A relevancia social da enerxía, as súas aplicacións tecnolóxicas e o seu impacto ambiental. Importancia do seu estudo na educación primaria.
2. Análise científica. Revisión de conceptos e principios fundamentais sobre a enerxía, os seus tipos e as súas transformacións, para o seu ensino na educación primaria. Delimitación do contido escolar que costribúa á adquisición dun modelo axeitado de enerxía.
3. Problemática de aprendizaxe: ideas e modelos cotiás sobre o tema. Influencia na selección e secuenciación de contidos ao longo da etapa 6-12.
4. Recomendacións metodolóxicas e tipos de actividades de ensino sobre tipos e transformacións enerxéticas asociadas ao ámbito cotiá. O desenvolvemento de habilidades e comportamentos en relación ao seu uso.
5. O estudo das máquinas e aparatos na educación primaria. Plantexamentos metodolóxicos, actividades e recursos para o desenvolvemento de contidos. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Traballos tutelados |
A29 A30 B2 B9 B15 B16 B17 B18 B19 C1 |
0 |
22 |
22 |
Prácticas de laboratorio |
A27 A28 B14 B22 B24 C4 C8 |
26 |
39 |
65 |
Sesión maxistral |
A25 A26 B23 B25 C6 C7 |
16 |
16 |
32 |
Proba mixta |
A25 A26 A27 A30 B8 B21 |
0 |
29.5 |
29.5 |
|
Atención personalizada |
|
1.5 |
0 |
1.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Traballos tutelados |
Actividades nas que o alumnado, organizado en pequeno grupo, é autónomo e realiza tarefas relativas á función de mestre (análise e/ou deseño de propostas de contidos e/ou actividades, emprego de recursos) xustificando as súas opcións. Estas tarefas serán dirixidas e orientadas polo docente. Realizaranse dúas deste tipo de actividades ao longo do desenvolvemento da asignatura |
Prácticas de laboratorio |
Sesiones interactivas presenciais asociadas á realización/análise/deseño de experiencias en pequeno grupo e baixo a dirección docente en torno a situacións e fenómenos relativos aos temas tratados: características dos materiais, obxectos… os seus cambios e os seus comportamentos, cambios enerxéticos...
Sesións interactivas de lapis e papel centradas no estudo de exemplos ou situacións diversas e de propostas ou materiais didácticos en pequeno grupo, presentadas e orientadas polo profesor. Intercambio de ideas e puntos de vista sobre a situación ou proposta obxecto de estudo, discusión/debate das mesmas e síntese/reflexión do coñecemento adquirido no grupo-clase. |
Sesión maxistral |
Exposición oral a través de presentacións asíncronas que serán gravabas (powerpoint con narración, gravación con TEAMS, etc.) e subidas a Moodle, co material de acompañamento necesario e propoñendo cuestións para que o alumnado favoreza o proceso de ensino-aprendizaxe. Empregarase especialmente para introducir novos coñecementos científicos/didácticos. |
Proba mixta |
Proba presencial ou virtual que integra preguntas obxectivas (de resposta múltiple ou de resposta breve) e preguntas de ensaio e desenvolvemento (análise de situacións, resolución de problemáticas, deseño de propostas...) relacionadas co ensino e aprendizaxe dos contidos científicos na escola de primaria, tratados durante o curso. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Programaranse reunións presenciais e/ou virtuais con grupos reducidos de alumnos/as ou, no seu caso, de maneira individual co alumnado que non acuda ao 80% das sesións interactivas e/ou teña recoñecida a dedicación a tempo parcial/dispensa académica que lles exime da asistencia a clase, co obxecto de realizar unha axeitada orientación dos traballos tutelados. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A27 A28 B14 B22 B24 C4 C8 |
Valorarase a participación nas observacións, análise, interpretacións, calidade e orixinalidade nos deseños realizados nas distintas sesións interactivas (seminarios e prácticas de laboratorio), tanto de forma grupal como individual. |
10 |
Traballos tutelados |
A29 A30 B2 B9 B15 B16 B17 B18 B19 C1 |
Os traballos tutelados son actividades que pola súa dimensión, poden servir para “obxetivar” as habilidades adquiridas polo alumnado noutro tipo de actividades que se foron realizando. Valorarase a inclusión dos aspectos descriptivos relevantes e especialmente a capacidade analítica e interpretativa do alumnado respecto ás situacións obxecto de estudo, así como a súa capacidade de comunicar e intercambiar ideas cos seus compañeiros. |
40 |
Proba mixta |
A25 A26 A27 A30 B8 B21 |
Realizarase a rematar o cuadrimestre e ten por obxecto avaliar os coñecementos de distinto tipo (conceputuais, procedimentais) desenvolvidos nas clases expositivas e interactivas e a súa capacidade para resolver cuestións, analizar situacións concretas, argumentar fundamentada e críticamente, etc. |
50 |
|
Observacións avaliación |
Primeira oportunidade (maio/xuño). Alumnado que acude ao 80% das sesións
interactivas: A cualificación final será consecuencia
dos resultados obtidos nos seguintes apartados:
- Sesións interactivas (actividades
prácticas de laboratorio e de lapis/papel). A súa asistencia é obrigatoria
e son non recuperables. A cualificación deste apartado está condicionada á
participación do alumno nas sesións programadas e/ou á calidade e
orixinalidade nas entregas requeridas polos docentes de cada sesión (tanto
de forma grupal como individual). Supón un 10% da cualificación
final.
- Traballos tutelados. Realizaranse, obrigatoriamente, dúas actividades académicamente
dirixidas (AAD), en pequenos grupos (3/4 alumnos). Os traballos serán entregados a través de Moodle, as
características e datas de entrega serán comunicadas as primeiras semanas
de clase. (Non serán avaliados aqueles traballos entregados fóra de prazo
nin entregas a través do correo electrónico).
Presentaranse na aula e se
entregará un traballo en relación a cada AAD para a súa avaliación; de non
facelo, a cualificación será de 0. A
cualificación deste apartado será a media das cualificacións obtidas en
cada traballo. Supón un 40 % da
cualificación final.
- Proba individual global de
avaliación dos resultados de aprendizaxe sobre os contidos das expositivas
e as interactivas. Realizarase na data establecida no calendario oficial
da Facultade. Supón un 50 % da cualificación final.
Para obter unha cualificación de aprobado,
é imprescindible ter unha media de polo menos 5 sobre 10 tanto en cada un dos
apartados (sesión interactivas, traballos tutelados e proba individual). A
cualificación total farase en base á media ponderada de cada un dos apartados. O
alumnado que non acade o aprobado nalgunha das partes, a súa cualificación da
materia corresponderá á parte suspensa. Tanto o alumnado que non acude
ao 80% das sesións interactivas, os estudantes con dispensa pola súa situación
de vulnerabilidade debido a COVID-19 como o que ten recoñecemento
de dedicación a tempo parcial/dispensa académica que lles exime da asistencia
a clase segundo o establecido na "Norma que regula o réxime de dedicación
ao estudo dos estudantes de Grao" na UDC (29/05/2012): Deberán
poñelo en coñecemento do profesorado na primiera semana de clase. A cualificación final será consecuencia dos resultados obtidos nos
seguintes apartados:
- Traballos tutelados. Realizaranse, obligatoriamente, dúas actividades
académicamente dirixidas (AAD), individualmente. Os traballos serán entregados
a través de Moodle, as características e datas de entrega serán
comunicadas as primeiras semanas de clase. (Non serán avaliados aqueles
traballos entregados fóra de prazo nin entregas a través do correo
electrónico). Presentaranse virtualmente e se
entregará un traballo en relación a cada AAD para a súa avaliación; de non
facelo, a cualificación será de 0. A
cualificación deste apartado será a media das cualificacións obtidas en
cada traballo. Supón un 20 % da
cualificación final. - Proba individual global de
avaliación dos resultados de aprendizaxe sobre os contidos das expositivas
e as interactivas. Realizarase na data establecida no calendario oficial
da Facultade. Supón un 80 % da cualificación final.
Segunda oportunidade (xullo). A avalicación farase do mesmo xeito que na
oportunidade de maio/xuño, téndose que recuperar únicamente os apartados que se
teñan suspensos (tarefas das sesión interactivas, traballos tutelados e/ou
proba escrita individual). Tanto no caso
dos asistentes ao 80% das sesións interactivas, o alumnado que non acuda ao
80% das sesións interactivas ou con dispensa académica, a cualificación final
será en base á media ponderada das cualificacións obtidas nas distintas metodoloxías, sendo imprescindible acadar como mínimo un 5 sobre
10 en cada parte. A cualificación de suspenso corresponderá á parte non
superada. NOTAS XERAIS A AMBAS OPORTUNIDADES: · A cualificación de sesións
interactivas e traballos tutelados só se gardarán durante un curso académico. · É primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a materia. · No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación será motivo de suspenso da materia, según o establecido no artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Pedrinaci, E. y otros (2012). 11 ideas clave. El desarrollo de la competencia científica.. Barcelona: Graó
Martí, J (2012). Aprender ciencias en la educación primaria. Barcelona: Graó
De Pro Bueno, A. y Rodríguez Moreno, J (2010). Aprender competencias en una propuesta para la enseñanza de los circuitos eléctricos en Educación Primaria. Enseñanza de las Ciencias, 28(3), 385-404
García, J. y García, F., (1989). Aprender investigando. Diáda. Sevilla
Garrido, J.M. y Galdón, M (2003). Ciencias de la naturaleza y su didáctica. Grupo Editorial Universitario
Cañas, A., Martín-Díaz, M.J., Nieda, J. (2007). Competencias en el conocimiento y la interacción con el mundo físico. La competencia científica. Alianza Editorial. Madrid
Driver,R. y otros (1999). Dando sentido a la Ciencia en secundaria. Investigaciones sobre las ideas de los niños. Visor.Madrid
Rivero, A., Martín del Pozo, R., Solís, E. y Porlán, R. (2017). Didáctica de las Ciencias Experimentales en Educación Primaria. Síntesis
Pujol, R.M. (2003). Didáctica de las Ciencias en la educación primaria. Síntesis. Madrid
Perales, F.J. y Cañal, P (2000). Didáctica de las Ciencias Experimentales. Marfil. Alcoy
Cañal, P., García Carmona, A. y Cruz-Guzmán, M. (2016). Didáctica de las Ciencias Experimentales en Educación Primaria. Paraninfo
Vílchez, J. M. (2014). Didáctica de las Ciencias para Educación Primaria. Tomo I: Ciencias del espacio y de la Tierra. Madrid: Pirámide
García-CArmona, A. y Criado, A. M. (2013). Enseñanza de la energía en la etapa de 6-12 años: un planteamiento desde el ámbito curricular de las máquinas.. Enseñanza de las Ciencias, 31(3), 87-102
Membiela, P (2001). Enseñanza de las Ciencias desde la perspectiva CTS. Narcea. Madrid
Harlen, W (1998). Enseñanza y aprendizaje de las Ciencias. Morata. Madrid
De Vecchi, G. y Giordan, A (2006). Guía práctica para la enseñanza científica. Sevilla: Día
Driver, R. y otros (1989). Ideas científicas en la infancia y la adolescencia. MEC/Morata </a></p><a>. Morata.Madrid
Martínez Losada, C. y García Barros, S (2008). Interpretando fenómenos ópticos cotidianos. Padres y Mestros, 326, 23-2
Cañal, P., Lledó, A., Pozuelos, F. J., y Travé, G. (1997). Investigar en la escuela: elementos para una enseñanza alternativa. Sevilla: Díada
Del Carmen, L. Y otros (1997). La enseñanza y el aprendizaje de las Ciencias de la Naturaleza. Horsori/ICE UAB. Barcelona
Prieto, M.T. y otros (). La materia y los materiales. Síntesis
Martín del Pozo (coord.) (2013). Las ideas científicas de los aluumnos y alumnas de primaria: tareas, dibujos y textos. Madrid: Universidad Complutense https://www.ucm.es/data/cont/docs/153-2013-12-16-libro%20completo%5B
Díez, F. (coord.) (2004). Perspectivas para las ciencias en la educación primaria. Madrid: Secretaría general técnica. MEC. Colección aulas de verano
Izquierdo, M. (2012). Química en infantil y primaria. Una nueva mirada. Barcelona: Graó
Arillo, Mª. A., Martín del Pozo, R. y Martín, P. (2015). Talleres para enseñar Química en Primaria. Madrid: Universidad Complutense http://www.ucm.es/data/cont/docs/153-2015-11-13-LIBRO%20Talleres%20p
De Pro, A. (2014). Uso, consumo y ahorro energético en la vida cotidiana. Barcfelona: Graó
Martínez-Losada, C. y Rivadulla-López, J. (2015). ¿Cómo progresar en la enseñanza de la energía? Una propuesta para discutir. . Alambique, 79, 17-24. |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
1.- Na entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores. 2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio
natural 3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da
sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais 4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase
incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase
bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e
alumnas…) 5.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna
para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade 6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e
medidas para corrixilas 7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou
socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida
universitaria |
|