Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes. |
A3 |
Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa. |
A5 |
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa. |
A7 |
Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa. |
A8 |
Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos |
A9 |
Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario. |
A12 |
Mediar en situacións de risco e conflito. |
A14 |
Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional. |
A19 |
Asesorar e supervisar programas, planos, proxectos e centros socioeducativos. |
A20 |
Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos. |
A21 |
Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos. |
B2 |
Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa. |
B3 |
Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade. |
B4 |
Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social. |
B5 |
Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión. |
B6 |
Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Familiarizarse cos diferentes contextos profesionais propios da educación social |
A1 A5
|
B3 B5 B6
|
C1 C4 C7 C8
|
Identificar e analizar os factores sociais, contextuais e institucionais que afectan aos procesos de acción socioeducativa. |
A3 A5 A8 A14 A20 A21
|
B2 B3 B5 B6
|
C1 C4 C7 C8
|
Desenvolver unha disposición favorable ao traballo colaborativo e en equipo en contextos profesionais. |
A20
|
B3 B5 B6
|
C1 C4 C7 C8
|
Deseñar, e der ser posible, desenvolver e avaliar proxectos, programas e accións socioeducativa que promovan a participación e o desenvolvemento comunitario |
A3 A5 A7 A8 A9 A12 A14 A19 A21
|
B2 B3 B4 B5 B6
|
C1 C4 C7 C8
|
Identificar as esixencias de formación que require o exercicio profesional |
A1 A3 A5 A14
|
B6
|
C4 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Contexto para o que se deseña a proposta socioeducativa.
2. Responsables e grupo destinario da acción socioeducativa.
3. Proposta da acción socioeducativa: obxectivos, actuacións, recursos, avaliacións, resultados,...
4. A Educación Social no ámbito das prácticas. |
Estes contidos estarán relacionados e adaptaranse aos seguintes ámbitos:
1. Dinamización cultural-ambiental.
2. Diversidade funcional.
3. Exclusión-inclusión-servizos sociais.
4. Maiores.
5. Menores.
6. Multiculturalidade-Cooperación-Desenvolvemento.
7. Políticas de igualdade-Muller.
8 Saúde-Drogodependencias. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Análise de fontes documentais |
A1 A3 A5 |
0 |
35 |
35 |
Portafolios do alumno |
A14 B1 B2 B5 B6 C1 C8 |
0 |
340 |
340 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A14 B3 B5 B6 C1 C4 C7 C8 |
5 |
5 |
10 |
Seminario |
A14 B1 B3 B5 B6 C1 C4 C7 C8 |
10 |
0 |
10 |
Saídas de campo |
A7 A8 A9 A11 A12 A14 A15 A19 A20 A21 B1 B3 B4 B5 B6 C1 |
350 |
0 |
350 |
|
Atención personalizada |
|
5 |
0 |
5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Análise de fontes documentais |
Empregaranse documentos bibliográficos relevantes sobre os diferentes contidos a que o Practicum II dá prioridade, como base para a análise e a reflexión sobre a diversidade de experiencias con que se entre en contacto nas institución socioeducativas. É imprescindible entender a relación teoría-práctica e atender aos múltiplos factores que inciden no desenvolvemento da intervención socioeducativa, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das distintas formas de interpretar a realidade socioeducativa. O/a Titor/a da Facultade establecerá as lecturas obrigatorias que considere necesarias para o mellor desenvolvemento do Practicum. |
Portafolios do alumno |
Memoria na que o alumnado rexistra e reflexiona sobre as aprendizaxes desenvolvidas durante o periodo de prácticas. Está organizada nos seguintes cinco apartados: Introdución; Deseño da proposta socioeducativa; Diario de Practicum; Referencias; Anexos.
O Diario de Practicum recollerá un mínimo de oito entradas organizadas temáticamente. Cada entrada debe contemplar unha descrición detallada e ordenada da situación obxecto de reflexión, unha análise reflexiva da situación descrita fundamentada nos coñecemento teoríco-prácticos, conclusións e propostas de mellora.
En todo momento garatirase a confidiencialidade das persoas implicadas. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
O alumnado asistirán as xornadas formativa do Practicum incluindo a descrición e valoración das mesmas como unha entrada do Diario. A realización deste evento dependerá da existencia do orzamento necesario.
|
Seminario |
1.Sesión informativa inicial (2 horas). Información xeral para comentar e precisar a Guía docente, así como as pautas de carácter xeral, e orientar o alumnado acerca da súa decisión á hora de elixir institución colaboradora. Tamén se explicarán as funcións das diferentes persoas que van a titorizar o Practicum.
2.Selección de institución (2 horas).
3.Tres seminarios de titoría durante o Practicum co profesorado titor da Facultade (6 horas).
- Antes de incorporarse á institución de prácticas o profesorado de Practicum, na data que se establecer, orientará o alumnado que titoriza cando menos sobre as seguintes cuestións: documentos que debe incluír no portafolios, lecturas imprescindibles e datas de entrega dos traballos solicitados, cronograma dos seminarios e calquera outra suxestión que estimar oportuna.
- Durante a realización do Practicum terá lugar a posta en común do traballo realizado ata o momento co fin de revisar a planificación proposta, formular e resolver as posibles necesidades e/ou conflitos percibidos. Trátase de seleccionar e analizar conxuntamente situacións ou procesos representativos do decorrer da práctica profesional. Tamén se comentarán os textos ou documentos seleccionados para este fin.
-Ao finalizar a estadía na institución, de avaliación e reflexión final do practicum. |
Saídas de campo |
Constitúen as prácticas pedagóxicas: 350 horas de permanencia na institución socioeducativa durante as cales se realizarán tarefas de observación, análise de casos, colaboración en accións socioeducativas cos profesionais da propia institución, etc. Así mesmo, realízase o deseño dun proxecto de intervención socioeducativa (programación, actividade, plan de mellora, plan de avaliación, etc.) que se desenvolverá e avaliará segundo o determine o titor/a da institución. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Saídas de campo |
Portafolios do alumno |
Seminario |
|
Descrición |
A atención personalizada concíbese como momentos de traballo presencial co profesorado, polo que implican unha participación obrigatoria para o alumnado.
A forma e o momento en que se desenvolverá indicaranse para cada actividade ao longo do Practicum II e o plan de traballo.
Alén dos seminarios de seguimento do Practicum, o profesorado titor da Facultade estará dispoñible no horario de titorías.
O/a Titor/a da UDC realizará un primeiro contacto obrigatorio, previo á incorporación do alumnado ao centro.
O/a Titor/a da UDC manterá unha fluidez comunicativa co titor/a da institución, de maneira que garante o desenvolvemento adecuado do practicum.
Un dos contactos coa institución terá obrigatoriamente forma de visita. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Saídas de campo |
A7 A8 A9 A11 A12 A14 A15 A19 A20 A21 B1 B3 B4 B5 B6 C1 |
O titor/a da institución colaborará na avaliación, valorando a implicación e a actuación do alumnado. |
40 |
Portafolios do alumno |
A14 B1 B2 B5 B6 C1 C8 |
Os criterios avaliativos serán:
- Capacidade de relación teoría-práctica, capacidade para relacionar ideas e accións.
- Dominio conceptual e capacidade analítica
- Capacidade de argumentar e fundamentar.
- Expresión escrita propia e claridade expositiva
- Capacidade de descrición de escenarios, situacións e accións.
- Capacidade de autoavaliación e autocrítica.
- Calidade técnica (formulación clara e operativa dos obxectivos, detalle na descrición da metodoloxía e as accións, coherencia entre a análise da realidade, os obxectivos e as actividades planificas...) e caracter inclusivo do proxecto socioeducativo.
- Orixinalidade e carácter innovador do proxecto de acción socioeducativa. |
40 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A14 B3 B5 B6 C1 C4 C7 C8 |
Avaliarase cos criterios:
- Asistencia a todas as sesións
- Calidade das achegas á hora de expor contidos nas diferentes sesións así como a pertinencia e madureza das reflexións persoais ao respecto recollidas no Diario. |
10 |
Seminario |
A14 B1 B3 B5 B6 C1 C4 C7 C8 |
Avaliándose cos criterios
-Asistencia a todas as sesións
-Calidade das achegas á hora de expor dúbidas, expor ideas enriquecedoras e compartir experiencias de interese, etc. |
10 |
|
Observacións avaliación |
Requisitos para superar a materia: 1. Para aprobar, será necesario superar os seguintes elementos da avaliación: prácticas socioeducativas e portafolios. 2. O portafolios deberá ser subido a Moodle nas datas indicadas.
Elementos de avaliación que se poden recuperar na 2ª oportunidade de avaliación (xullo): 1. As prácticas non poden recuperarse, polo que a cualificación obtida en xuño mantense para xullo. Isto supón que un suspenso en xuño implica a non superación da materia. 2. Os seminarios e xornadas non se poden recuperar, polo que a nota en xuño mantense para xullo. 3. O portafolios pode recuperarse, polo que o alumnado que non o supere en xuño terá ocasión de melloralo en xullo, conservando sempre as cualificacións dos demais elementos avaliados.
Cualificacións: 1. A cualificación final será a suma das puntuacións obtidas en cada elemento avaliado, co seu peso respectivo. O profesorado titor/a da Facultade será o encargado de solicitar a
cualificación do centro de prácticas e de realizar as medias
correspondentes que serán enviadas ao Decanato. 2. No caso de non superar algunha das partes de obrigatoria superación da materia, anota final será a nota de parte non superada. 3. Non realizar as prácticas socioeducativas estando matriculado na materia supón un NP. 4. Non presentar o portafolios tendo as prácticas socioeducativas superadas supón un suspenso. 5. No caso de que os eventos científicos e/ou divulgativos non se realizaran por razóns organizativas do centro o 10% da cualificación asinada a este apartado se sumará ao portafolio. A asistencia e a calidade das achegas a eventos científicos avalíanse conxuntamente, non podendo estar desvinculados un do outro. Para unha avaliación positiva o alumno/a terá que asistir e facer as achegas.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Cómpre consultar a listaxe das diferentes materias do grao segundo o ámbito elixido e de acordo as indicacións do titor/a |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
1. A entrega dos
traballos documentais que se realicen nesta materia: 1.1. Realizarase a través
da aplicación, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. 1.2. De
realizarse en papel, seguindo as indicacións do profesorado titor de facultade:
- Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. -
Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores. 2. Débese
facer un uso sustentable dos recursos e evitar impactos negativos sobre o medio
natural. 3. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e
profesionais. 4. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para
a docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta
materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de
ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…). 5.
Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e
influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e
igualdade. 6. No caso de detectar situacións de discriminación por razón de
xénero proporanse accións e medidas para corrixilas. 7. Facilitarase a plena
integración do alumnado que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou
socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e
proveitoso á vida universitaria. |
|