Datos Identificativos | 2021/22 | ||||||
Asignatura (*) | Novas tecnoloxías da información e a comunicación aplicadas á intervención logopédica | Código | 652G04032 | ||||
Titulación |
|
||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | ||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 4.5 | |||
Idioma |
|
||||||
Modalidade docente | Presencial | ||||||
Prerrequisitos | |||||||
Departamento | Pedagoxía e Didáctica |
||||||
Coordinación |
|
Correo electrónico |
|
||||
Profesorado |
|
Correo electrónico |
|
||||
Web | |||||||
Descrición xeral |
A materia de novas tecnoloxías fará fincapé sobre o coñecemento e aplicación das ferramentas das tecnoloxías da información e a comunicación para o deseño, desenvolvemento e avaliación de propostas educativas na intervención logopédica. Pretende que o alumando desenvolva capacidades na selección de recursos TIC e o manexo de software para crear propostas de intervención enfocadas tanto á prevención coma o tratamento das dificultades relacionadas coa fala e a audición. |
||||||
Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesión maxistral. - Discusión dirixida. - Prácticas a través de TIC´s. - Proba oral (posibilidade de desenvolvela virtualmente). *Metodoloxías docentes que se modifican - Discusión dirixida virtual a través dun foro ao efecto en Moodle. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado. – Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos. – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de foros temáticos para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas” e as "Prácticas a través de TIC´s". – Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. 1 sesión semanal (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (entre 6 e 8 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos traballos. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación * Posibilidade, se a situación o aconsella e existe acordo entre o alumnado (80% dacordo como mínimo), de suprimir a presentación oral e outorgar o 100% da nota ás prácticas TIC´s. En relación ás Prácticas TIC valorarase: - A adecuación metodolóxica das propostas de traballo. - A profundidade do contido. - O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas educativas. - O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar. - A utilización de fontes documentais complementarias e actuais. - A organización e presentación. *Observacións de avaliación: 1. SITUACIÓNS: A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración dos traballos (Prácticas TIC) en grupo (100%). B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/2012): Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración dos traballos (Prácticas TIC) individuais ou en pequeno grupo (100%). 2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (Prácticas TIC e Proba oral). Entregar e expoñer as prácticas na data que se indique. A convocatoria de xullo e extraordinaria estarán sometidas aos mesmos criterios que a convocatoria de xuño. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo de maneira accesible gratuitamente en Moodle ou na web. |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías |