Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A8 |
Saber aplicar e integrar os coñecementos adquiridos, a comprensión destes, a súa fundamentación científica e as súas capacidades de resolución de problemas en contornas sociais e sociosanitarias e definidos de forma imprecisa, incluíndo contextos de carácter multidisciplinar tanto investigadores como profesionais do campo da xerontoloxía |
B1 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación |
B3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos |
B4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións– e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
- Coñecemento e capacidade para deseñar proxectos de investigación |
AM1
|
BM1 BM3 BM4
|
CM1 CM2 CM3
|
- Coñecemento das diferentes institucións avaliadoras e fontes de financiamento a fin de conseguir recursos para a investigación |
AM1
|
BM1 BM3 BM4
|
CM1 CM2 CM3
|
- Capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos á práctica |
AM1
|
BM1 BM3 BM4
|
CM1 CM2 CM3
|
- Desenvolver habilidades de aprendizaxe para emprender estudos e investigacións na área da xerontoloxía, con capacidade para deseñar e estruturar un proxecto de investigación |
AM1
|
BM1 BM3 BM4
|
CM1 CM2 CM3
|
- Capacidade para defender oralmente o orzamento e contido dun proxecto de investigación. |
AM1
|
BM1 BM3 BM4
|
CM1 CM2 CM3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. I+D+i. Marco conceptual |
1.1. Proxectos
1.2. Financiamento e institucións avaliadoras
1.3. Definición de termos básicos |
Tema 2. Identificación do problema e/ou necesidade nun proxecto de I+D+i. |
2.1 Título do proxecto
2.2 Formulación do problema
2.3 Xustificación da investigación
2.4 Obxectivos da investigación |
Tema 3. Marco de referencia e estado da arte |
3.1 Estado da arte. Antecedentes do problema
3.2 Elaboración de hipóteses
3.3 Identificación de variables |
Tema 4. Metodoloxía. Aspectos metodolóxicos |
4.1. Aspectos metodolóxicos |
Tema 5. Redacción de tarefas. Cronograma |
5.1. Redacción de tarefas
5.2. Cronograma |
Tema 6. Recursos materiais e humanos |
6.1. Recursos materiais
6.2. Recursos humanos |
Tema 7. Elaboración do orzamento |
7.1. Orzamentos |
Tema 8. Transferencia do coñecemento. Divulgación. Ética |
1.1. O proceso de transferencia de coñecemento
1.2. OTRI
1.3. Spin off |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Presentación oral |
A8 B1 B3 B4 C1 C2 C3 |
3 |
12 |
15 |
Traballos tutelados |
A8 B3 B4 C1 C2 C3 |
0 |
42 |
42 |
Sesión maxistral |
A8 B1 B3 B4 C1 C2 C3 |
16 |
0 |
16 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Presentación oral |
Intervención inherente aos procesos de ensinanza-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordeado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a prendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade polo súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensinanza baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-tutor. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso casi exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
Sesión maxistral |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Axuda na solución de problemas formulados polas distintas actividades, aclaración da comprensión da temática da materia... |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Presentación oral |
A8 B1 B3 B4 C1 C2 C3 |
Valorarase a organización e información, pronunciación e entonación, vocabulario, dominio do tema e claridade de ideas durante a presentación da temática proposta. Defenderase un proxecto de investigación en grupo. |
45 |
Sesión maxistral |
A8 B1 B3 B4 C1 C2 C3 |
O alumno deberá asistir ás clases maxistrais. |
5 |
Traballos tutelados |
A8 B3 B4 C1 C2 C3 |
O alumno deberá facer un proxecto de investigación que será avaliado polo profesor. |
50 |
|
Observacións avaliación |
TRABALLOS TITORADOS: Se se detecta fraude, copia ou plaxio na redacción do traballo do curso, implicará un suspenso na oportunidade de avaliación afectada (0,0) e remisión directa á seguinte oportunidade. Esta actitude comunicarase á Comisión Académica e ao resto dos profesores da titulación. No caso de que a irregularidade se repita nunha segunda avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor que expulse temporal ou perpetuamente ao/á estudante do máster.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Booth, W.C., Coloma, G.G.; Williams, J.M. (2001). Cómo convertirse en un hábil investigador. Barcelona: Ed. Gedisa
García Roldán, J.L. (1995). Cómo elaborar un proyecto de investigación. Alicante: Universidad de Alicante
Burgos Rodríguez, R. (1998). Metodología de investigación y escritura científica en clínica. Granada: Escuela Andaluza de Salud Pública |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Metodoloxía da Investigación en Xerontoloxía/653540006 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Manexo de Bases de datos. Coñecemento do idioma Inglés para poder ler textos
científicos para a realización do estado da arte. Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir
co obxectivo estratéxico 2 do "IV Plan de Acción do Programa Green Campus
FCS (2020-2022)", os traballos documentais que se realicen nesta materia: a) Maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte
informático b) De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado.
-
Evitarase a realización de borradores |
|