Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Psicoloxía Clínica Código 653540018
Titulación
Máster Universitario en Xerontoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Lorenzo López, Laura
Correo electrónico
laura.lorenzo.lopez@udc.es
Profesorado
Lorenzo López, Laura
Correo electrónico
laura.lorenzo.lopez@udc.es
Web http://estudos.udc.es/es/subject/4540V01/4540018/2021
Descrición xeral Coñecer os principais cambios cognitivos e condutuais que se producen durante o proceso de envellecemento, tanto normal como patolóxico. Familiarizarse cos instrumentos mais empregados para a avaliación das alteracións e condutas psicopatolóxicas na poboación de idade avanzada. Iniciarse na intervención psicolóxica coas persoas maiores.
Plan de continxencia A modalidade docente da materia Psicoloxía Clínica no curso académico 2021/22 será a “presencialidade con distanciamento social” como medida de prevención. As titorías e seguimento dos traballos tutelados faranse preferentemente de xeito telemático. De non ser posible manter tal distanciamento social polo número de alumnos/as, ou ante novas situacións de emerxencia sanitaria, optarase por unha modalidade semipresencial (ou totalmente non presencial en caso necesario) seguindo o seguinte plan de continxencia. 1. Modificacións nos contidos. Non se realizarán cambios nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesións maxistrais - Obradoiros - Traballos tutelados - Proba de resposta múltiple - Atención personalizada *Metodoloxías docentes que se modifican - As sesións maxistrais e os obradoiros de clase manteranse de forma virtual a través de Teams e Moodle, combinado con material dixitalizado. O seguimento dos traballos tutelados e titorías farase de forma non presencial a través das mesmas plataformas. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Manteranse abertas canles de comunicación directa co alumnado con regularidade a través das plataformas institucionais (Moodle, Teams), ademais de Skype e correo electrónico. 4. Modificacións na avaliación *Observacións de avaliación: Se as condicións sanitarias o permiten, a proba de resposta múltiple e a presentación oral do traballo tutelado será presencial con medidas de distanciamento social. En caso de ter que optar pola non presencialidade por unha nova emerxencia, a proba final realizarase de forma online mediante Microsoft Forms, e o traballo tutelado presentarase de forma telemática a través de Teams. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía. Sen cambios.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A1 Ser capaces de recoñecer as principais patoloxías e síndromes xeriátricas mediante a aplicación de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao ámbito da xerontoloxía
A2 Ser capaces de aplicar o método de valoración xeriátrica e xerontolóxica integral a fin de poder establecer as bases para implementar o plan de atención individualizado
A3 Ser capaces de incorporar aos plans de intervención individualizada a metodoloxía de intervención Xeronto-xeriátrica
A5 Adquirir coñecementos que lle permitan establecer o recurso Xeronto-xeriátrico adecuado de acordo ás características da persoa maior
A6 Desenvolver a autonomía suficiente para participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas dentro do campo da Xerontoloxía, en contextos interdisciplinares tanto públicos como privados e, no seu caso, cun alto compoñente de transferencia do coñecemento.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa xerontoloxía e a xeriatría
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións– e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero
C7 Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Adquirir habilidades que permitan transferir o coñecemento teórico adquirido ás diferentes situacións reais dos ámbitos específicos da intervención psicolóxica. AP1
AP2
AP3
AP5
AI1
BM2
BM3
BM4
CM2
CM4
CM7
Aprender a manexar os distintos métodos de avaliación diagnóstica e tratamento psicolóxico no ámbito aplicado da psicoloxía do envellecemento. AP2
AP3
AP5
AI1
BM2
BM3
CM4
Ser capaz de valorar, interpretar e sintetizar adecuadamente a información procedente de técnicas de avaliación e diagnóstico psicolóxico. AP2
AP3
AP5
AI1
BM2
BM3
BM4
CM2
CM4
Manexar e desarrollar metodoloxías de intervención específica para a poboación de persoas maiores. AP2
AP3
BM2
BM3
CM2
CM4

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE 1. Psicoloxía clínica e envellecemento Tema 1. Introdución á psicoloxía clínica do envellecemento e metodoloxía.
BLOQUE 2. Cognición e envellecemento Tema 2. Cognición e envellecemento.
BLOQUE 3. A psicopatoloxía no envellecemento Tema 3. Trastornos afectivos: ansiedade e depresión.
Tema 4. Trastornos psicóticos e delirio.
BLOQUE 4. Personalidade, adaptación e cambio no envellecemento Tema 5. Personalidade e envellecemento.
Tema 6. A sexualidade no envellecemento.
Tema 7. Xubilación, morte e dó.
Tema 8. Promoción da saúde e envellecemento activo.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A5 A6 B2 B3 B4 12 15 27
Obradoiro A1 A2 A3 A5 A6 B2 B3 B4 C2 C4 C7 2 2 4
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A6 C2 C4 C7 2 25 27
Proba de resposta múltiple A1 A2 A3 A5 A6 B2 B3 B4 C4 C2 3 12 15
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación oral da materia por parte dos profesores (docencia expositiva), guiada por medios audiovisuais. As sesións maxistrais pretenden transmitir coñecementos xerais sobre a materia e resolver dúbidas. Terán lugar os martes de 17:00 a 18:00 horas.
Obradoiro Os alumnos desenvolverán tarefas eminentemente prácticas (tanto na aula como na casa) sobre temas específicos, con apoio e supervisión dos profesores: Estudo de casos clínicos, debate e discusión de contidos específicos da materia, revisión e análise de artigos científicos seleccionados polos profesores e relacionados coa materia, videos, comentarios sobre noticias actuais ...
Traballos tutelados O alumno realizará un traballo tutelado (experimental ou teórico) relacionado co programa. Independentemente do tipo de traballo seleccionado (experimental ou teórico), incluirá a revisión de artigos científicos (en castelán e inglés) sobre o tema elixido, e unha avaliación crítica dos mesmos. Ademais, o traballo debe ser exposto oralmente na clase co apoio de medios audiovisuais.
Proba de resposta múltiple Os temas presentados na clase durante as clases teóricas deberán ser superados a través dunha proba que constará de 40 preguntas con 4 opcións de resposta.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Traballos tutelados
Descrición
A titorización de traballos tutelados e exercicios requeridos nos obradoiros poderase realizar nos horarios de titorías de forma presencial ou telemática por Teams, ou mediante correo electrónico: laura.lorenzo.lopez@udc.es. Ademais da atención personalizada que se realice a demanda do alumnado, haberá dous encontros obrigatorios para realizar o seguimento do traballo tutelado. A forma (presencial ou telemática) e o momento en que se desenvolverán tales encontros obrigatorios indicarase ao longo do curso.

Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica deberán indicalo ao inicio do curso para adoptar as medidas de atención personalizadas que sexan adecuadas en cada caso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A3 A5 A6 B2 B3 B4 C2 C4 C7 Avaliarase a participación activa e con aproveitamento, a capacidade de resolución de casos e a capacidade de traballo en equipo. Esta cualificación contribuirá ao 20% da cualificación total da materia. 20
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A6 C2 C4 C7 Avaliarase a capacidade de síntese e a valoración crítica do tema estudado, ademais do contido e formato do traballo, e a súa exposición oral. A cualificación do traballo tutelado contribuirá ao 40% da cualificación total da materia. 40
Proba de resposta múltiple A1 A2 A3 A5 A6 B2 B3 B4 C4 C2 Proba de tipo test composta por 40 preguntas con 4 opcións de resposta sendo só unha resposta correcta. Cada pregunta que se responda mal restará 0,25 puntos, non restando as respostas en branco. Fórmula: (A-(E*0,25))*10/40. Esta cualificación contribuirá ao 40% da nota total da materia. 40
 
Observacións avaliación

A detección de fraude, copia ou plaxio na redacción do traballo da materia implicará un suspenso na oportunidade de avaliación afectada e a remisión directa á oportunidade seguinte. Dita actitude comunicarase á Comisión Académica e ao resto de profesores do título. En caso de que se reitere a irregularidade nunha 2ª avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou permanente do/a alumno/a do título cursado.


Fontes de información
Bibliografía básica
Belsky, J.K. (2001). Psicología del Envejecimiento. Paraninfo. Madrid.
Fernandez-Ballesteros, R. (2007). GeroPsychology. European Perspectives for an Aging World. Hogrefe. Washington.
Fernandez-Ballesteros, R. (2009). Psicología de la vejez. Una psicogerontología aplicada. Pirámide. Madrid.
Fernández Liria, A., Rodríguez Vega, B. (2006). Habilidades de entrevista para psicoterapeutas. Desclée. Bilbao.
Izal, M., Montorio, I. (1999). Gerontología Conductual. Bases para la intervención y ámbitos de aplicación. Editorial Síntesis. Madrid.
Montorio, I., Izal, M. (2000). Intervención psicológica en la vejez. Aplicaciones en el ámbito clínico y de la salud. Sintesis. Madrid.
Muñoz Tortosa., J. (2002). Psicología del envejecimiento. Pirámide. Madrid.
Triadó, C., Villar, F. (2006). Psicología de la vejez. Alianza Editorial. Madrid.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Valoración en Xerontoloxía/653540002
Intervención Non Farmacolóxica en Demencias/653540019

Materias que continúan o temario

Observacións
Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir co obxectivo estratéxico 2 do "IV Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2020-2022)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático;
b.- De realizarse en papel:
- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a realización de borradores.

RECOMENDACIÓNS XERAIS:
1. Asistir ás sesións presenciais/telemáticas.
2. Realizar o traballo de forma continua ao longo de todo o curso.
3. Asistir a titorías sempre que se teñan dúbidas.
4. Preparar de forma adecuada a presentación oral do traballo.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías