Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Ser capaces de recoñecer as principais patoloxías e síndromes xeriátricas mediante a aplicación de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao ámbito da xerontoloxía |
A2 |
Ser capaces de aplicar o método de valoración xeriátrica e xerontolóxica integral a fin de poder establecer as bases para implementar o plan de atención individualizado |
A3 |
Ser capaces de incorporar aos plans de intervención individualizada a metodoloxía de intervención Xeronto-xeriátrica |
A4 |
Ser capaces de asumir a responsabilidade do seu propio desenvolvemento profesional e da súa especialización tanto no ámbito sociosanitario como sanitario de atención ás persoas maiores a fin de incorporarse aos equipos interdisciplinares de valoración e intervención Xeronto-xeriátrica |
A5 |
Adquirir coñecementos que lle permitan establecer o recurso Xeronto-xeriátrico adecuado de acordo ás características da persoa maior |
A6 |
Desenvolver a autonomía suficiente para participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas dentro do campo da Xerontoloxía, en contextos interdisciplinares tanto públicos como privados e, no seu caso, cun alto compoñente de transferencia do coñecemento. |
A7 |
Adquirir coñecementos avanzados e demostrando, nun contexto de investigación científica e tecnolóxica ou altamente especializado, unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo no campo da Xerontoloxía |
A8 |
Saber aplicar e integrar os coñecementos adquiridos, a comprensión destes, a súa fundamentación científica e as súas capacidades de resolución de problemas en contornas sociais e sociosanitarias e definidos de forma imprecisa, incluíndo contextos de carácter multidisciplinar tanto investigadores como profesionais do campo da xerontoloxía |
B1 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa xerontoloxía e a xeriatría |
B3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos |
B4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións– e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades |
B5 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo |
C6 |
Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables |
C7 |
Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Estudar aspectos sobre a deterioración cognitiva e as demencias dexenerativas, como base para as terapias non farmacolóxicas de intervención propostas. |
AP1
|
BM1 BM4
|
|
Coñecer e ser capaz de aplicar diferentes terapias non farmacolóxicas que poden aplicarse en persoas con demencia. |
AP3 AM1
|
BM3
|
|
Profundar na abordaxe non farmacolóxica dos trastornos de conduta, desde unha perspectiva da prevención. |
AP2
|
BM2 BM5
|
|
Ser capaz de desenvolver e planificar programas de intervención nos procesos cognitivos, conductuales e emocionais dirixidos a persoas con demencia. |
AI1 AI2
|
|
CM7
|
Conseguir as habilidades necesarias para asesorar aos coidadores informais e outros profesionais sobre a intervención en demencias. |
AP4 AP5
|
|
CM6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA 1. Deterioración cognitiva e demencia |
1.1. Envellecemento normal e funcións mentais.
1.2. Cambios cognitivos no envellecemento.
1.3. Perda de memoria asociada á idade.
1.4. Deterioración cognitiva leve.
1.5. Demencia. |
TEMA 2. Clasificación e características neuropsicolóxicas e clínicas das demencias |
2.1. Demencias Clasificación.
2.2. Diagnóstico.
2.3 Diagnóstico Diferencial.
|
TEMA 3. Síntomas conductuales e psicolóxicos da demencia ( SCPD) |
3.1. Bases biolóxicas e fisiopatológicas.
3.2. Síntomas psicolóxicos e conductuales.
3.3. Principais instrumentos de avaliación.
3.4. Fármacos de uso frecuente. |
TEMA 4. Intervención nos síntomas conductuales e psicolóxicos |
4.1. Intervención nos Síntomas psicolóxicos e conductuales.
4.2. Terapia conductual |
TEMA 5. Terapias non farmacolóxicas nas demencias |
5.1. Bases neuropsicológicas de la estimulación y actividad cognitiva.
5.2. Métodos y objetivos de intervención cognitiva.
5.3. Orientación a la realidad.
5.4. Reminiscencia.
5.5. Programas de estimulación y actividad.
5.6. Terapia cognitiva específica.
5.7. Técnicas de comunicación y Terapia de validación.
5.8. La Psicomotricidad como método de estimulación cognitiva.
5.9. Musicoterapia en Geriatría y Demencias: Aspectos metodológicos.
5.10. Terapias de Estimulación Multisensorial tipo "Snoezelen"
|
TEMA 6. Atención aos coidadores informais |
6.1. Coidadores informais de pacientes con demencia.
6.2 Sobrecarga no coidador informal. |
TEMA 7. Intervencións terapéuticas dirixidas a coidadores informais |
7.1. Apoio formal. Programas psicoeducativos.
7.2. Grupos de axuda mutua.
7.3 Intervención psicoterapéutica |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Traballos tutelados |
A1 A2 A5 A4 A6 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B5 C7 |
1 |
20 |
21 |
Proba de resposta múltiple |
A1 A2 A5 A4 A6 A7 B1 B2 B3 B4 |
1 |
8 |
9 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A5 A4 A6 A7 B1 B2 B3 B4 C6 |
16 |
16 |
32 |
Recensión bilbiográfica |
A1 A2 A5 A4 A6 A7 B1 B2 B3 B4 B5 |
1 |
10 |
11 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Traballos tutelados |
De revisión bibliográfica |
Proba de resposta múltiple |
Exame tipo test composto por corenta preguntas con catro respostas cada unha das cales unicamente unha será correcta. As preguntas mal contestadas restarán 0,33 puntos sobre as correctas, non restando as non contestadas. Para superar o exame o alumno deberá obter unha puntuación final do 65% do total unha vez restados os puntos das falladas. Ej; 30 ben, 4 mal e 6 non contestadas. A puntuación final será 30-4 0,33=28,68=6,5 |
Sesión maxistral |
Valorarase a asistencia e participación en clase |
Recensión bilbiográfica |
Análise crítica artigos científicos |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Daranse pautas aos alumnos para a realización dos traballos |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Recensión bilbiográfica |
A1 A2 A5 A4 A6 A7 B1 B2 B3 B4 B5 |
Análise crítica artigos científicos |
20 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A5 A4 A6 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B5 C7 |
De revisión bibliográfica |
20 |
Proba de resposta múltiple |
A1 A2 A5 A4 A6 A7 B1 B2 B3 B4 |
Exame tipo test composto por corenta preguntas con catro respostas cada unha das cales unicamente unha será correcta. As preguntas mal contestadas restarán 0,33 puntos sobre as correctas, non restando as non contestadas. Para superar o exame o alumno deberá obter unha puntuación final do 65% do total unha vez restados os puntos das falladas. Ej; 30 ben, 4 mal e 6 non contestadas. A puntuación final será 30-4 0,33=28,68=6,5 |
55 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A5 A4 A6 A7 B1 B2 B3 B4 C6 |
Valorarase a asistencia e participación en clase |
5 |
|
Observacións avaliación |
TRABALLOS TITORADOS: Se se detecta fraude, copia ou plaxio na redacción do traballo do curso, implicará un fracaso na oportunidade de avaliación afectada (0,0) e remisión directa á seguinte oportunidade. Esta actitude comunicarase á Comisión Académica e ao resto dos profesores da titulación. No caso de que a irregularidade se repita nunha segunda avaliación, a Comisión poderá solicitar ao reitor que expulse temporal ou perpetuamente ao estudante do máster.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Millán Calenti JC (2011). Cuidar y acompañar al enfermo con demencia. Madrid. Ed. Médica Panamericana
Millán Calenti JC (2011). Gerontología y Geriatría. Valoración e Intervención . Ed. Médica Panamericana
Millán Calenti JC (2006). Principios de Gerontología y Geriatría Madrid.. Ed. Mc-Graw Hill Interamericana |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Valoración en Xerontoloxía/653540002 | Intervención en Xerontoloxía/653540003 | Xerontoloxía Clínica I/653540005 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Recomendacións para o estudo da materia: · Asistencia regular ás clases. · Realización das prácticas de laboratorio. · Estudo diario dos materiais impartidos e da bibliografía básica. · Consulta da bibliografía complementaria recomendada. · Participación e discusión activa nas actividades que se organicen. · Realización das probas obxectivas que se vaian realizando. Para contribuír á consecución dunha contorna sostible inmediata e cumprir o obxectivo estratéxico 2 do "IV Plan de Actuación do Programa Campus Verde FCS (2020-2022)", o traballo documental realizado neste ámbito: a) A maioría solicitarase en formato virtual e soporte informático. b) Se está realizado en papel: - Non se utilizarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Utilizarase papel reciclado. - Evitaranse borradores. |
|