A avaliación da asignatura constará de dúas partes diferenciadas:
- O 60% da calificación corresponderá á avaliación continua, e asociarase á elaboración dunha proposta de investigación, relacionada co perfil profesional do/a alumno/a, que se concretará na elaboración do borrador dun proxecto de investigación.
- O 40% da calificación corresponderá á nota acadada nunha proba obxectiva, realizada na data que oficialmente estableza a coordinación do máster, que constará de preguntas tipo test relacionadas cos contidos que se desenvolvan ó longo do curso.
REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
- Ter entregado tanto o borrador do proxecto de investigación como terse presentado á proba obxectiva
- Obter unha puntuación do 50% da calificación máxima correspondente á elaboración dunha proposta de investigación e do 40% da calificación máxima na proba obxectiva.
- Entregar a proposta de investigación nos prazos que se indiquen
NON PRESENTADO: Obterá a calificación de NP (Non Presentado), o/a alumno/a que non participe en algunha das actividades/metodoloxías de avaliación propostas.
MATRICULA DE HONRA: Poderán optar á calificación de Matrícula de Honra aqueles/as alumnos/as coas calificacións máis elevadas que obteñan unha nota final por encima de 9
ALUMNOS DE 2ª OPORTUNIDADE:
O sistema de avaliación será o mesmo que o descrito para alumnos de 1ª oportunidade.
Para axudar a conseguir un entorno inmediato sostible e cumplir o obxectivo estratéxico 9 do "I Plan de Sostenibilidad Medio-Ambiental Green Campus FCS", os traballos documentais que se realicen nesta materia solicitaranse en formato virtual e soporte informático.