Competencias do título |
Código
|
Competencias do título
|
A1 |
Capacidade para elixir e aplicar as metodoloxías de investigación mais adecuadas á investigación proposta. |
A2 |
Capacidade para o deseño experimental e o completo desenvolvemento de proxectos de investigación no ámbito sanitario, desde a formulación da hipótese de investigación ata a comunicación dos resultados. |
A3 |
Adquirir un sentido ético da investigación sanitaria. |
A4 |
Obter un substrato teórico suficiente para comprender o entorno clínico de aplicación das técnicas de investigación. |
A5 |
Adquirir o coñecemento da realidade investigadora nun ámbito concreto das ciencias da saúde. |
B1 |
Capacidade para aplicar o método científico na planificación e o desenvolvemento da investigación sanitaria. |
B2 |
Fluidez e propiedade na comunicación científica oral e escrita. |
B3 |
Compromiso pola calidade do desenvolvemento da actividade investigadora. |
B4 |
Capacidade de análise e de síntese. |
B5 |
Habilidade para manexar distintas fontes de información. |
B6 |
Capacidade para traballar de forma colaborativa en equipos multi e interdisciplinar. |
B7 |
Capacidade de establecer unha relación de empatía cos suxeitos implicados no desenvolvemento da actividade investigadora. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias do título |
Formación nunha liña de investigación (capacitar ó alumnado para a realización dun traballo ou proxecto de investigación no ámbito da investigación biomédica básica e básico-aplicada). |
AI1 AI2 AI3 AI4 AI5
|
BM1 BM2 BM3 BM4 BM5 BM6 BM7
|
CM1 CM2 CM3 CM4 CM5 CM6 CM7 CM8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1.- Introdución ao Traballo Fin de Mestrado |
Indicacións sobre a elección de tema e titores e sobre o Regulamento do Traballo Fin de Mestrado (http://www.fcs.udc.gal/p/mestrado-universitario-en-asistencia-e.html). |
2.- Entrega da Proposta do Traballo Fin de Mestrado |
O alumno/a deberá cubrir a "Proposta de Traballo Fin de Mestrado" (Anexo I do Regulamento do Traballo Fin de Mestrado) que pode atopar no seguinte enderezo http://www.mastermais.udc.es/?wpfb_dl=51. Unha vez cuberto, entregaráse por rexistro na secretaría do centro. A data límite de entrega será o día de remate das actividades académicas do primeiro cuatrimestre. |
3.- Elaboración do Traballo Fin de Mestrado. |
Realización do Traballo Fin de Mestrado mediante a supervisión dun titor. |
4.- Exposición do Traballo Fin de Mestrado |
Defensa pública ante tribunal do traballo ou proxecto de investigación titorizado no ámbito da investigación biomédica básica e/ou básico-aplicada, que debe contar co informe previo favorable do titor. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
0 |
170 |
170 |
Presentación oral |
A1 A2 A3 A4 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
0.5 |
9.5 |
10 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A2 A3 A4 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
108 |
0 |
108 |
|
Atención personalizada |
|
12 |
0 |
12 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Traballos tutelados |
Orientación e supervisión na realización e na presentación para a súa defensa pública ante comisión dun traballo ou proxecto de investigación no ámbito da investigación biomédica básica ou básico-aplicada. |
Presentación oral |
A defensa do Traballo Fin de Mestrado será realizada por cada alumno en sesión pública, e consistirá na exposición oral do traballo ante un tribunal formado por profesorado do mestrado, no que se dará conta dos aspectos máis
relevantes da actividade realizada. O alumnado poderá axudarse dos medios
informáticos e audiovisuais que estime pertinentes. Tras a exposición, os membros do tribunal poderán formular as preguntas e solicitar as
aclaracións que consideren oportunas para poder xulgar a calidade do traballo, ás que
o alumno deberá dar resposta. Todo este proceso está regulado polo REGULAMENTO DO TRABALLO FIN DE MESTRADO da Facultade de Ciencias da Saúde (http://www.fcs.udc.gal/p/mestrado-universitario-en-asistencia-e.html) |
Prácticas de laboratorio |
Os Traballos Fin de Mestrado da especialidade en Fundamentos de Investigación Biomédica esixen que o alumnado teña o coñecemento práctico das técnicas de laboratorio necesarias para a súa execución, que serán aquelas acordes coa natureza de cada Traballo Fin de Mestrado (é dicir, as técnicas de investigación do grupo no que o alumno desenvolve o seu Traballo Fin de Mestrado).
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Traballos tutelados |
Presentación oral |
|
Descrición |
Orientación e supervisión na realización e na presentación para a súa defensa pública ante tribunal dun traballo ou proxecto de investigación relacionado coa liña de investigación do grupo no que realizou a estancia formativa. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
A calidade do "manuscrito" do Traballo Fin de Mestrado será avaliado por un tribunal formado por profesorado do mestado. As normas para a elaboración e entrega deste traballo, así como outros aspectos como a actuación do tribunal e o procedemento de reclamación do alumnado, están recollidos no REGULAMENTO DO TRABALLO FIN DE MESTRADO da Facultade de Ciencias da Saúde (http://www.udc.es/fcs/ga/index.htm).
|
50 |
Presentación oral |
A1 A2 A3 A4 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
A defensa pública do Traballo Fin de Mestrado será avaliada por un tribunal formado por profesorado do mestado, que determinará a capacidade do alumnado na súa exposición e defensa pública. As normas para a realización da defensa pública, a actuación do tribunal e o procedemento de reclamación do alumnado, están recollidos no REGULAMENTO DO TRABALLO FIN DE MESTRADO da Facultade de Ciencias da Saúde (http://www.udc.es/fcs/ga/index.htm).
|
50 |
|
Observacións avaliación |
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
As fontes de información serán as propias do ámbito científico no que se desenvolve o Traballo Fin de Mestrado de cada alumno. En particular, estas fontes de información serán principalmente artigos científicos relevantes e de actualidade e publicados en revistas con factor de impacto.
En canto ás normas de realización do Traballo Fin de Mestrado, o alumnado ten á súa disposición o REGULAMENTO DO TRABALLO FIN DE MESTRADO da Facultade de Ciencias da Saúde (http://www.udc.es/fcs/ga/index.htm). |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Programa
Green Campus FCS Para axudar a conseguir
un entorno inmediato sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do
"III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)", os
traballos documentais que se realicen nesta materia: a. Solicitaranse
maioritariamente en formato virtual e soporte informático. b.
De realizarse en papel: -
Non se empregarán plásticos. -
Realizaranse impresións a dobre cara. -
Empregarase papel reciclado. -
Evitarase a realización de borradores. PLAxio A
detección de fraude, copia ou plaxio na redacción do traballo da materia
implicará un suspenso na oportunidade de avaliación afectada (0,0) e a remisión
directa á oportunidade seguinte. Dita circunstancia
comunicarase á Comisión Académica e ao resto de profesores do título. En caso
de que se reitere a irregularidade nunha 2ª avaliación, a Comisión poderá
solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou definitiva do/a estudante do título
cursado. |
|