Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XERO: - A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. - Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. - Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado. - Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula ou no contexto clínico, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. - Prestará especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. - Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria. - Nesta materia, o profesorado, ten contraído o compromiso de aplicación da normativa da UDC ante situacións de plaxio.
Programa
Green Campus FCS
Para axudar a conseguir
un entorno inmediato sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do
"III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)", os
traballos documentais que se realicen nesta materia:
a. Solicitaranse
maioritariamente en formato virtual e soporte informático.
b.
De realizarse en papel:
-
Non se empregarán plásticos.
-
Realizaranse impresións a dobre cara.
-
Empregarase papel reciclado.
-
Evitarase a realización de borradores.
PLAxio
A
detección de fraude, copia ou plaxio na redacción do traballo da materia
implicará un suspenso na oportunidade de avaliación afectada (0,0) e a remisión
directa á oportunidade seguinte.
Dita circunstancia
comunicarase á Comisión Académica e ao resto de profesores do título. En caso
de que se reitere a irregularidade nunha 2ª avaliación, a Comisión poderá
solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou definitiva do/a estudante do título
cursado. |