A avaliación da materia constará de dúas partes:
- Unha parte de avaliación continua (50%, 5 puntos sobre 10) consistente na elaboración, de forma individual, do borrador dun protocolo de investigación clínico-epidemiolóxica ou traslacional, de temática libre, coas especificacións indicadas polas profesoras da materia.
- Unha proba obxectiva (50%, 5 puntos sobre 10), en relación cos contidos desenvolvidos na materia.
Non presentado
Para obter a cualificación de NP (Non Presentado), o/a alumno/a non poderá participar en ningunha das actividades/metodoloxías de avaliación propostas.
Segunda convocatoria e sucesivas
No caso do alumnado de segunda convocatoria e sucesivas, non se conservarán as cualificacións obtidas en cursos anteriores.
Convocatoria adiantada
Os criterios son os establecidos nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario", artigo 19.
Matrícula de honra
Poderán optar a Matrícula de Honra os alumnos cuxa media supere o 9. As profesoras da materia poderán considerar criterios adicionais nos resultados obtidos polos estudantes en calquera das accións formativas programadas na guía docente.
Fraude
No caso de realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación aplicarase a normativa vixente nas Normas de avaliación, revisión e reclamación da UDC e no Estatuto do Estudantado da UDC
Todas as observacións previas son aplicables ao estudantado a tempo parcial e/ou con dispensa académica.