Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Revisións Sistemáticas e Metaanálise Código 6538623032
Titulación
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Matemáticas
Coordinación
Sobrido Prieto, María
Correo electrónico
maria.sobrido@udc.es
Profesorado
Lopez de Ullibarri Galparsoro, Ignacio
Sobrido Prieto, María
Correo electrónico
ignacio.lopezdeullibarri@udc.es
maria.sobrido@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es
Descrición xeral
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizan cambios nos contidos da materia,

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todalas metodoloxías docentes, ya que teñen todas carácter non presencial,

*Metodoloxías docentes que se modifican
Non se realizan cambios nas metodoloxías da materia,

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
• Correo electrónico: para facer consultas e resolver dúbidas.
• Videoconferencia (Teams): para facer consultas, resolver dudas, e facer titorías grupales.
• Moodle: Se empregará como repositorio do material documental e para la entrega de actividades.

4. Modificacións na avaliación
Non se realizan cambios na avaliación da materia.

*Observaciones de evaluación:
Las diferentes actividades de evaluación continuada se efectuaran de modo no presencial, mediante la plataforma Moodle y con soporte en directo mediante Teams

5. Modificaciones de la bibliografía o webgrafía
Los alumnos dispondrán de todos los materiales de trabajo da manera digitalizada en Moodle.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade para elixir e aplicar as metodoloxías de investigación mais adecuadas á investigación proposta.
A3 Adquirir un sentido ético da investigación sanitaria.
A4 Obter un substrato teórico suficiente para comprender o entorno clínico de aplicación das técnicas de investigación.
A5 Adquirir o coñecemento da realidade investigadora nun ámbito concreto das ciencias da saúde.
B1 Capacidade para aplicar o método científico na planificación e o desenvolvemento da investigación sanitaria.
B2 Fluidez e propiedade na comunicación científica oral e escrita.
B3 Compromiso pola calidade do desenvolvemento da actividade investigadora.
B4 Capacidade de análise e de síntese.
B5 Habilidade para manexar distintas fontes de información.
B6 Capacidade para traballar de forma colaborativa en equipos multi e interdisciplinar.
B7 Capacidade de establecer unha relación de empatía cos suxeitos implicados no desenvolvemento da actividade investigadora.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Práctica clínica basada na evidencia. AI1
AI3
AI4
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
CM1
CM2
CM3
CM7
Coñecer os principios básicos da metaanálise. AI4
AI5
BM2
BM4
BM5
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Práctica clínica baseada na evidencia. Introducción.
Implicacións na investigación.
Xerarquización da evidencia científica.
Tema 2. Os documentos de revisión Revisións narrativas.
Revisións sistemáticas.
Tema 3. Revisións sistemáticas: pautas para a súa elaboración Introdución.
Metodoloxía.
Resultados.
Discusión.
Conclusión.
Elementos adicionais.
Tema 4. Metaanálise Xeneralidades.
Tamaño do efecto.
Modelos estatísticos.
Cuantificación da heteroxeneidade.
Sesgo de publicación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A3 A4 A5 B2 C2 C3 C4 C5 C6 C7 0 25 25
Traballos tutelados A1 A3 A4 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 0 50 50
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Lectura de documentación académica e análise de fontes científicas
Traballos tutelados Traballos onde se reflicte o dominio teórico-metodolóxico da materia. Os traballos solicitaranse en formato virtual e soporte informático.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Traballos tutelados
Descrición
As metodoloxías empregadas xa inclúen a atención personalizada

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A3 A4 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 Traballos onde se reflicte o dominio teórico-metodolóxico da materia. Os traballos solicitaranse en formato virtual 100
 
Observacións avaliación

CONSIDERACIÓNS XERAIS

· No caso de que o estudante non teña sido avaliado nalgún dos bloques, a calificación final será "NON PRESENTADO".

· Non se poderá superar a materia se nalgún dos bloques a nota foi menor que 3 (sobre 10).

· Nos demais casos, a calificación final será o resultado da suma das notas ponderadas dos bloques.

· No caso dos estudantes repetidores, non se conservarán as calificacións dos bloques obtidas en cursos anteriores.

  • Convocatoria adiantada:· Os criterios rexiranse polo establecido nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario", Artigo 19.
  • Matrícula de honra:· Poderán optar a matrícula de honra os estudantes cunha media superior a 9. O profesorado da materia poderá considerar criterios adicionais en calquera das accións formativas programadas na guía docente.
  • NOTA: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de 0 na convocatoria correspondente.

BLOQUE A, Revisións sistemáticas (Temas 1-3), 50%.

- Elaboración de una revisión sistemática.

BLOQUE B, Metaanálise (Tema 4), 50%.

- Valoración crítica dunha metaanálise.

A avaliación de cada un dos bloques se baseará na realización e entrega de exercicios e/ou traballos.


Fontes de información
Bibliografía básica

Temas 1-3

  • Dehkordi AH, Mazaheri E, Ibrahim HA, Dalvand S, Ghanei Gheshlagh R. How to Write a Systematic Review: A Narrative Review. Int J Prev Med. 2021 Mar 29;12:27.
  • Sobrido M, Rumba Prieto JM. La revisión sistemática: pluralidad de enfoques y metodología. Enferm Clín. 2018;28 (6): 387-93,
  • EQUATOR Network, Enhancing the QUAlity and Transparency Of health Research. Oxford. Disponible en: https://www.equator-network.org/

Tema 4

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Estatística Aplicada a Ciencias da Saúde/653862206
Avaliación da Calidade da Investigación/6538623030

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Estatística Aplicada a Ciencias da Saúde/653862206
Comunicación Científica/6538623034

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías