Sistema de avaliación
A materia estrutúrase en dous bloques independentes, Bloque 1 (que corresponde ao Tema 1. Análise de Supervivencia) e Bloque 2 (correspondente ao Tema 2. Probas diagnósticas). Os bloques son independentes, de maneira que a nota dun deles non afecta á nota do outro.
Para aprobar a materia é preciso superar, de maneira independente, cada un dos dous bloques. Nese caso, a cualificación final será a suma ponderada das notas de cada un dos dous bloques. No caso de non ter superado algún dos bloques, a cualificación final será o mínimo entre a suma ponderada das notas de cada un dos dous bloques e a nota 4.5
Para obter a cualificación de NP (Non Presentado), o/a alumno/a non poderá ter participado en ningunha das actividades/metodoloxías de avaliación propostas.
No caso do alumnado de segunda convocatoria e sucesivas, non se conservarán as cualificacións dos bloques obtidas en cursos anteriores.
Bloque I (Tema 1. Análise de Supervivencia):
A puntuación máxima total deste primeiro bloque será de 6.5 puntos (sobre 10). Constará de dúas partes:
- Unha parte de avaliación continua (2.5 puntos sobre 10). A cualificación obterase dunha serie de cuestionarios e/ou exercicios entregados (solución de problemas, proba de resposta múltiple), de forma individual.
- Un traballo (4 puntos sobre 10) consistente na resolución dun caso práctico, que pode ser realizado de forma individual ou en grupos de dous ou tres membros.
Bloque II (Tema 2. Probas diagnósticas).
A puntuación máxima total deste segundo bloque será de 3.5 puntos. Constará de dúas partes:
- Unha parte de avaliación continua (1.75 puntos sobre 10). A cualificación obterase da resolución dunha serie de cuestionarios e/ou exercicios prácticos propostos (solución de problemas), relacionados cos contidos deste bloque, que deberán ser resoltos individualmente.
- Unha proba obxectiva de resposta múltiple (1.75 sobre 10), realizada de forma online, en relación cos contidos desenvolvidos nesta bloque da materia.
O sistema de avaliación descrito é aplicable tanto na 1ª como na 2ª oportunidade.
Convocatoria adiantada
Os
criterios son os establecidos nas "Normas de avaliación, revisión e
reclamación dás cualificacións dúas estudos de grao e mestrado
universitario", artigo 19.
Matrícula de honra
Poderán
optar á matrícula de honra os alumnos cuxa media supere o 9. As
profesoras da materia poderán considerar criterios adicionais nos
resultados obtidos polos estudantes en calquera das accións formativas
programadas na guía docente.
Fraude
No caso de realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación aplicarase a normativa
vixente nas Normas de avaliación, revisión e reclamación da UDC e no Estatuto do Estudantado da UDC
Todas as observacións previas son aplicables ao estudantado a tempo parcial e/ou con dispensa académica.