Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Tecnoloxías Aplicadas á Investigación e Intervención en Saúde Código 653862313s
Titulación
Máster Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (semipresencial)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Pereira Loureiro, Javier
Correo electrónico
javier.pereira@udc.es
Profesorado
Groba Gonzalez, Betania
Pereira Loureiro, Javier
Pousada Garcia, Thais
Correo electrónico
b.groba@udc.es
javier.pereira@udc.es
thais.pousada.garcia@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal
Descrición xeral Nesta materia, os/as estudantes coñecerán dunha forma teórica e práctica diferentes ferramentas que ofrecen as tecnoloxías da información e as comunicacións para a súa aplicación nos procesos de investigación e de intervención con diferentes poboacións.
A realización e superación da materia, permitirá
- Traballar con diferentes recursos de realidade virtual e realidade aumentada.
- Coñecer e desenvolver propostas de intervención con aplicacións de programación fácil.
- Desenvolver un proxecto de investigación que integre diferentes recursos tecnolóxicos para optimizar a intervención no ámbito da saúde.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos:
Non se realizan.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Se manteñen todas as metodoloxías.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
Non se modifica ningunha metodoloxía. As metodoloxías se desenvolverán de xeito virtual.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
A través do Campus Virtual, Teams e correo electrónico en horario de titorías.

4. Modificacións na avaliación:
Non hai ningunha modificación.
*Observacións de avaliación:-.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Non hai ningunha modificación.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Adquirir la capacidad para elegir y aplicar las metodologías de investigación más adecuadas a la investigación planteada
A2 Desarrollar la capacidad para el diseño experimental y el completo desarrollo de proyectos de investigación en el ámbito sanitario, desde la formulación de la hipótesis de investigación hasta la comunicación de los resultados
A5 Adquirir el conocimiento de la realidad investigadora en un ámbito concreto de las ciencias de la salud
B2 Tener fluidez y propiedad en la comunicación científica oral y escrita
B3 Adquirir el compromiso por la calidad del desarrollo de la actividad investigadora
B4 Desarrollar la capacidad de análisis y de síntesis
B5 Obtener la habilidad para manejar distintas fuentes de información
B6 Ser capaz de trabajar de forma colaborativa en equipos multi e interdisciplinar
B8 CB6 Poseer y comprender conocimientos que aporten una base u oportunidad de ser originales en el desarrollo y/o aplicación de ideas, a menudo en un contexto de investigación
B9 CB7 Que los estudiantes sepan aplicar los conocimientos adquiridos y su capacidad de resolución de problemas en entornos nuevos o poco conocidos dentro de contextos más amplios (o multidisciplinares) relacionados con su área de estudio
B12 CB10 Que los estudiantes posean las habillidades de aprendizaje que les permitan continuar estudiando de un modo que habrá de ser en gran medida autodirigido o autónomo
C1 Expresarme correctamente, tanto de forma oral como escrita, en las lenguas oficiales de la comunidad autónoma
C2 Dominar la expresión y la comprensión de forma oral y escrita de un idioma extranjero
C3 Utilizar las herramientas básicas de las tecnologías de la información y las comunicaciones (TIC) necesarias para el ejercicio de su profesión y para el aprendizaje a lo largo de su vida
C5 Entender la importancia de la cultura emprendedora y conocer los medios al alcance de las personas emprendedoras
C7 Desarrollar la capacidad de trabajar en equipos interdisciplinares o transdisciplinares, para ofrecer propuestas que contribuyan a un desarrollo sostenible ambiental, económico, político y social
C8 Valorar la importancia que tiene la investigación , la innovación y el desarrollo tecnológico en el avance socioeconómico y cultural de la sociedad

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquirir coñecementos avanzados para o emprego e aplicación das TIC das persoas con diversidade funcional. AI1
AI5
BI4
BI5
BI6
BI8
BI9
BI12
CI1
CI3
CI5
CI7
Coñecer e desenvolver propostas de intervención con aplicacións de programación fácil e outras ferramentas tecnolóxicas AI1
BI4
BI5
BI6
BI8
BI9
CI1
CI2
CI3
CI7
Desenvolver un proxecto de investigación que integre diferentes recursos tecnolóxicos para optimizar a intervención no ámbito da saúde. AI1
AI2
AI5
BI2
BI3
BI4
BI5
BI8
CI2
CI3
CI8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Software para programación fácil 1.1 Características básicas.
1.2 Scratch, Makey Makey, Microbit e arduino
Tema 2. Gamificación como ferramenta para a intervención 2.1 Conceptos e características fundamentais da gamificación.
2.2 Recursos para a boa gamificación.
2.3 Aplicación da gamificación como elemento de intervención.
Tema 3. Hogar Dixital e dispositivos para o control de contorna. 3.1 Análise das características das ferramentas do fogar dixital.
Tema 4. Aplicacións móbiles 4.1. Recursos terapéuticos e para a xestión da saúde.
4.2. Revisión e análise das principais APP para a intervención e xestión de saúde.
Tema 5. Experiencias de aplicación e investigación en TIC con diferentes poboacións 5.1. Envellecemento activo e participativo.
5.2. Infancia, adolescencia, ocupacións e solucións tecnolóxicas.
Prácticas a través das TIC 1. Desenvolvemento de aplicacións a través de software para programación fácil ( Scratch e Makey Makey).
2. Uso da gamificación online e elaboración de propostas con Mentimeter e Kahoot
3. Xestión do fogar dixital a través da ferramenta GoogleHome e vinculación de dispositivos.
4. Programación básica de APP para móbiles.
5. Produtos de apoio e recursos tecnolóxicos con materiais de baixo custo e impresoras 3D.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC A2 B2 C1 C2 C7 8 10 18
Traballos tutelados A2 A1 B2 B4 B5 B8 B9 B12 C1 C2 C3 C7 C8 2 16 18
Lecturas A5 B3 B4 B5 B8 B12 C5 C8 0 5 5
Actividades iniciais A5 C5 1 0 1
Sesión maxistral A5 B3 B4 B8 B12 C5 C7 C8 8 2 10
Estudo de casos A1 B4 B5 B6 B8 B9 B12 C3 C5 C8 4 15 19
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canle para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do estudantado e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte para afondar nos contidos traballados.
Durante o desenvolvemento da materia, compartirase a través do Campus Virtual diferentes textos, recursos multimedia e webgrafía para completar os contidos abordados na sesión maxistral.
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe co fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Estudo de casos Metodoloxía onde o estudante se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada farase, globalmente, mediante titorías personalizadas directas e virtuais, individuais e grupais.
Dependendo da formación de partida do alumno estudaranse uns casos ou outros. As prácticas tamén serán dirixidas a formación, ocupación ou interese do alumno

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 B4 B5 B6 B8 B9 B12 C3 C5 C8 A participación activa na clase e na proposta e debate dos casos plantexados será tida en conta na avaliaicion final.
A presentación do traballo final baseado nun caso supón ata o 40% da valoración global. Será entregado a través do Campus Virtual
40
Prácticas a través de TIC A2 B2 C1 C2 C7 Traballo realizado polo alumno durante o curso, en relación coas prácticas realizadas na aula.
Os traballo deben presentarse a través do Campus Virtual
20
Traballos tutelados A2 A1 B2 B4 B5 B8 B9 B12 C1 C2 C3 C7 C8 A realización de este traballo poderá ser grupal ou individual e realizarase ó remate da exposición dos contidos teóricos da asignatura.
O traballo consistirá na programación dun proxecto de investigación baseado no uso das TIC no ámbito da discapacidade e será exposto en clase.

Será entregado a través do Campus Virtual
40
 
Observacións avaliación
As últimas valoracións contextuais das cualificacións finais, antes da súa formalización na aplicación informática, están baixo a consideración do profesor responsable da materia. 

A cualificación final da materia exprésase de acordo co establecido no artigo 5 do RD 1125/2003, do 5 de setembro, para que o sistema de crédito europeo e o sistema de cualificación estean establecidos en títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional (publicado no Boletín Oficial do 18 de setembro de 2003). Sistema de clasificación: suspendido (0-4,9), aprobado (5-6,9), notable (7-8,9), destacado (9-10), matrícula de honra (graciable). 
Segundo os artigos 22 e 23 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Modificada polo Consello de Goberno de 29 de xuño de 2017) garantirase, especialmente, o seguinte:

Artigo 22º.- Publicidade das cualificacións: Para garantir o dereito a revisión nas probas orais, a nota será comunicada aos dous días lectivos seguintes á súa finalización, e a revisión estará baseada nos datos recollidos na acta e, no seu caso, nas evidencias gravadas, escritas e doutro tipo recollidas na súa realización. 
Artigo 23º. Revisión das cualificacións: Os estudantes terán dereito a revisar as actividades, os traballos e as probas que sirvan para a súa avaliación e a recibiren explicación razoada da cualificación que obtiveron. 

En caso de ser necesario, debido á pouca participación do alumnado ou á baixa calidade dos traballos, levarase a cabo a proba escrita para a obtención da avaliación final do alumnado. Para superar a materia é necesario obter ao menos o 50% da valoración de cada metodoloxía proposta.

A non asistencia a clase obriga á realización da proba escrita. A asistencia continua e entrega dos traballos propostos nos prazos exime desta proba.

Segundo a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo do alumnado de grao na Universidade da Coruña (aprobada no Consello de Goberno do 4/05/2017), cando un(ha) estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, ten dereito a gozar dun réxime de asistencia a clase de carácter flexible e a solicitar a dispensa académica especial establecida no artigo 4 (apartado 5) da devandita norma, en tanto non afecte negativamente ao proceso de avaliación da/o estudante. A ese efecto, as Comisións Académicas dos diferentes centros da UDC concretan o alcance da citada dispensa. Por tanto, a concesión á solicitude da devandita flexibilidade quedará á expensas da valoración e decisión da Comisión académica do Grao en Terapia Ocupacional, tendo en conta as metodoloxías e criterios de avaliación das materias.

Sobre a detección de plaxio: 
"A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria".

Fontes de información
Bibliografía básica

GrobaGonzalez, Betania. Nieto Riveiro, Laura. Pereira Loureiro,Javier.PousadaGarcía, Thais et al (2009). Proyecto In-TIC: Integración delas personascon diversidad funcional en las Tecnologías de la Información y lasComunicaciones de la Revista de Terapia Ocupacional de Galicia.APGTO(www.revistatog.com)

Pereira Loureiro,Javier. Martinez Normand, Loic A.fuertes, José Luis. VazquezNaya, José Manuel(2008). Tecnologías de laInformación y las Comunicaciones en la autonomíapersonal, dependencia yaccesibilidad. A Coruña: Universidade daCoruña.(http://www.udc.es/biblioteca)

Grande González, Ruben.Pousada garcía,Thais. Groba González, Betania. PereiraLoureiro, Javier.(2008)."Proyecto IN-TIC para la accesibilidad y usabilidad de las TIC enpersonascon diversidad funcional" en la revista "Revista informativade la Asociación Profesional Española de Terapeutas Ocupacionales.

Catálogo depulsadores, soportes y otras adaptaciones. Madrid : CEAPAT

Sitio Web ProyectoIn-TIC (2011).

Sitio Web PortalARASAAC: https://arasaac.org/

Sitio Web JClic: https://clic.xtec.cat/repo/

SitioWeb Libros Interactivos Multimedia (LIM): https://www.educalim.com/

PlataformaTecnoAccesible: https://www.tecnoaccesible.net/

Evaluación para el uso de Tecnologías de Ayuda de acceso al ordenador: http://etao-inico.usal.es/


Aplicación para el diseño en 3D: https://www.tinkercad.com/

Repositorios para la obtención de modelos en diseño 3D: https://www.thingiverse.com/
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
1. Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "IV Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2020-2022)"os traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático.
1.2. Realizaranse a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
1.3. De se realizar en papel:
1.3.1. No se empregarán plásticos.
1.3.2. Realizaranse impresións a dobre cara.
1.3.3. Empregarase papel reciclado.
1.3.4. Evitarase a impresión de borradores.

2. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

3. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

4. Segundo se recolle nas competencias transversais aprobadas no Consello de Goberno de Maio de 2017 deberase incluír na medida das posibilidades contidos que inclúan perspectivas de vida saudable, desenvolvemento sostible e dereitos humanos. 

5. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas,…).

6. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

7. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero ou de outra índole e proporanse acción e medidas para corrixilas.

8. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, teñan necesidades para un acceso axeitado, inclusivo e proveitoso á vida universitaria. 


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías