Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Investigación en Ocupación Humana e as Múltiples Diversidades Código 653862315s
Titulación
Máster Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (semipresencial)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Nieto Riveiro, Laura
Correo electrónico
laura.nieto@udc.es
Profesorado
Canosa Domínguez, Nereida María
Groba Gonzalez, Betania
Nieto Riveiro, Laura
Rosende Celeiro, Iván de
Correo electrónico
nereida.canosa@udc.es
b.groba@udc.es
lnieto@udc.es
ivan.de.rosende.celeiro@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende favorecer o coñecemento e a reflexión sobre a diversidade humana e o seu vínculo coa ocupación, promover o achegamento do alumnado ás múltiples diversidades, potenciar unha abordaxe holística da diversidade humana nos procesos de saúde e no desenvolvemento da actividade investigadora, e impulsar o deseño e desenvolvemento de proxectos de investigación baseados na diversidade humana.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Non se realizará ningunha modificación nos contidos da materia.
2. Metodoloxías: Manteranse todas as metodoloxías definidas nesta guía docente. Unicamente pasarían a desenvolverse de maneira totalmente virtual as seguintes metodoloxías: Discusión dirixida, Investigación (Proxecto de investigación), Presentación oral e Solución de problemas.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
- Correo electrónico: semanalmente. Empregarase esta vía para ofrecer atención individualizada ao alumnado da materia, resolver posibles dúbidas ou consultas, programar titorías virtuais ou realizar o seguimento dos traballos solicitados.
- Campus Virtual: semanalmente. Cada semana, comunicarase a través do Foro de novas información actualizada sobre a materia, e poñerase a disposición do alumnado documentación e materiais relativos aos contidos e temáticas centrais da materia. Ademais, semanalmente atenderanse as dúbidas ou consultas que faga chegar o alumnado a través dos foros ou da opción de mensaxe privada desta plataforma.
- Teams: semanalmente. Cada semana, levarase a cabo 1 sesión en vivo con todo o alumnado matriculado, na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario oficial da Facultade. Ademais, segundo as necesidades de cada estudante, tamén se utilizará este mecanismo para realizar titorías virtuais individualizadas ou en grupo reducido, previa solicitude do alumnado interesado, ou a petición do profesorado se o estima preciso, para ofrecer seguimento e orientación no desenvolvemento dos traballos da materia. Estas titorías poderanse realizar de luns a venres, entre as 09:00 e as 19:00 h., sendo programadas nun horario consensuado coas docentes, que non interfira en ningún caso coa asistencia e participación do estudantado nas restantes materias do título nas cales estea matriculado.
4. Modificacións na avaliación: Non se realizará ningún cambio no sistema de avaliación da materia.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non se realizarán cambios. O alumnado terá á súa disposición no Campus Virtual toda a documentación e materiais bibliográficos ou audiovisuais necesarios para o desenvolvemento dos traballos solicitados. Así, facilitarase documentación elaborada polo propio equipo docente da materia, así como fontes bibliográficas e materiais adicionais cos que o estudantado poida completar os seus coñecementos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Adquirir la capacidad para elegir y aplicar las metodologías de investigación más adecuadas a la investigación planteada
A3 Adquirir un sentido ético de la investigación sanitaria
A5 Adquirir el conocimiento de la realidad investigadora en un ámbito concreto de las ciencias de la salud
B1 Ser capaz de aplicar el método científico en la planificación y el desarrollo de la investigación sanitaria
B2 Tener fluidez y propiedad en la comunicación científica oral y escrita
B3 Adquirir el compromiso por la calidad del desarrollo de la actividad investigadora
B4 Desarrollar la capacidad de análisis y de síntesis
B5 Obtener la habilidad para manejar distintas fuentes de información
B6 Ser capaz de trabajar de forma colaborativa en equipos multi e interdisciplinar
B7 Desarrollar la capacidad de establecer una relación de empatía con los sujetos implicados en el desarrollo de la actividad investigadora
B8 CB6 Poseer y comprender conocimientos que aporten una base u oportunidad de ser originales en el desarrollo y/o aplicación de ideas, a menudo en un contexto de investigación
B9 CB7 Que los estudiantes sepan aplicar los conocimientos adquiridos y su capacidad de resolución de problemas en entornos nuevos o poco conocidos dentro de contextos más amplios (o multidisciplinares) relacionados con su área de estudio
B10 CB8 Que los estudiantes sean capaces de integrar conocimientos y enfrentarse a la complejidad de formular juicios a partir de una información que, siendo incompleta o limitada, incluya reflexiones sobre las responsabilidades sociales y éticas vinculadas a la aplicación de sus conocimientos y juicios
B11 CB9 Que los estudiantes sepan comunicar sus conclusiones y los conocimientos y razones últimas que las sustentan a públicos especializados y no especializados de un modo claro y sin ambigüedades
B12 CB10 Que los estudiantes posean las habillidades de aprendizaje que les permitan continuar estudiando de un modo que habrá de ser en gran medida autodirigido o autónomo
C1 Expresarme correctamente, tanto de forma oral como escrita, en las lenguas oficiales de la comunidad autónoma
C2 Dominar la expresión y la comprensión de forma oral y escrita de un idioma extranjero
C4 Desarrollarse para el ejercicio de una ciudadanía respetuosa con la cultura democrática, los derechos humanos y la perspectiva de género
C7 Desarrollar la capacidad de trabajar en equipos interdisciplinares o transdisciplinares, para ofrecer propuestas que contribuyan a un desarrollo sostenible ambiental, económico, político y social
C9 Tener la capacidad de gestionar tiempos y recursos: desarrollar planes, priorizar actividades, identificar las críticas, establecer plazos y cumplirlos

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Aplicar técnicas de investigación que contemplen a diversidade humana e as súas implicacións sobre as ocupacións humanas. AI1
AI3
AI5
BI1
BI3
BI5
BI7
BI8
BI10
CI1
CI9
Coñecer as liñas de investigación relacionadas coa diversidade humana e, en particular, aquelas vinculadas coa ocupación humana. AI5
BI4
BI5
BI8
BI10
CI4
Capacitar para unha abordaxe holística da diversidade humana nos procesos de saúde e no desenvolvemento da actividade investigadora. AI1
AI3
BI2
BI3
BI6
BI7
BI9
BI11
BI12
CI4
CI7
Deseñar e desenvolver proxectos de investigación baseados na diversidade humana, acordes aos perfís profesionais do alumnado. AI1
AI3
AI5
BI1
BI2
BI3
BI4
BI5
BI6
BI8
BI9
BI11
CI1
CI2
CI7
CI9

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución sobre a diversidade humana e outros conceptos relacionados. 1.1. Conceptualización da diversidade humana.
1.2. Importancia da diversidade.
1.3. Introdución a outros conceptos relacionados: identidade, igualdade, dignidade, xustiza, dereitos, inclusión, participación, estigma social.
2. Aproximación ás múltiples diversidades. 2.1. Aproximación á diversidade social e cultural (étnica, relixiosa, ideolóxica, política, etc.).
2.2. Aproximación á diversidade funcional.
2.3. Aproximación á diversidade e a identidade de xénero, e outros conceptos relacionados.
2.4. Aproximación á diversidade e a identidade sexual, e outros conceptos relacionados.
2.5. Achegamento a outros tipos de diversidade.
2.6. Marco normativo e legal de referencia a nivel autónomico, nacional e internacional.
3. Conceptos e modelos de diversidade. 3.1. Evolución histórica dos modelos vinculados coa diversidade funcional: modelo de prescindencia, modelo médico-rehabilitador, modelo de vida independente ou social, e modelo da diversidade.
3.2. Revisión de teorías relativas á diversidade e identidade de xénero: perspectiva cognitiva, perspectiva social (modelos de interacción sociocognitiva, modelos sociais), perspectiva da aprendizaxe social, perspectiva política, etc.
4. Ocupación humana e as múltiples diversidades. 4.1. Contextualización sobre a ocupación humana.
4.2. Implicacións da diversidade social e cultural na ocupación humana.
4.3. Implicacións da diversidade funcional na ocupación humana.
4.4 Implicacións da diversidade de xénero e sexual na ocupación humana.
5. Abordaxe holística da diversidade humana. 5.1. Abordaxe holística da diversidade humana nos procesos de saúde.
5.2. Abordaxe holística da diversidade humana no desenvolvemento da actividade investigadora. Deseño e desenvolvemento de proxectos de investigación, baseados na diversidade humana acordes aos perfís profesionais do alumnado.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais B2 B4 B5 B8 B10 B12 C1 C2 0 20 20
Discusión dirixida A3 B4 B5 B6 C1 C4 C7 9 15 24
Foro virtual A3 A5 B4 B5 B6 B8 B12 0 14 14
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A3 A5 B12 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C7 C9 6 54 60
Presentación oral B2 B4 B11 C1 3 6 9
Solución de problemas A3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B12 C4 C7 6 12 18
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia, con actividades especificamente deseñadas para a súa análise. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na cal as persoas integrantes do grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinadas por unha persoa que actúe como moderadora.
Foro virtual Estudo dirixido a través de materiais multimedia.
Investigación (Proxecto de investigación) Proceso de ensinanza orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades de carácter práctico a través das que se propoñen situacións que requiren ao estudantado identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e o profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Solución de problemas Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Investigación (Proxecto de investigación)
Presentación oral
Solución de problemas
Análise de fontes documentais
Foro virtual
Descrición
A atención personalizada farase mediante titorías individualizadas ou en grupo reducido (segundo as necesidades do alumnado), preferiblemente de maneira virtual, a través da aplicación Teams.
Estas titorías poderanse realizar de luns a venres, entre as 09:00 e as 19:00 h. Levaranse a cabo previa solicitude do estudantado interesado, ou a petición do profesorado da materia se o considera preciso, sendo programadas nun horario consensuado co equipo docente, que non interfira en ningún caso coa asistencia e participación do alumnado nas restantes materias do título en que estea matriculado.
Ademais, tamén se brindará atención personalizada mediante o correo electrónico, e a través dos foros ou a opción de mensaxe privada do Campus Virtual.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A3 A5 B12 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C7 C9 Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a capacidade de expresión escrita do alumnado (valorando de forma negativa os erros ortográficos, gramaticais y sintácticos), a integración e aplicación de conceptos e procedementos abordados na materia, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, a capacidade de razoamento e de resolución de problemas, e a actitude crítica e reflexiva. 50
Presentación oral B2 B4 B11 C1 Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a capacidade de comunicación oral do alumnado, a capacidade de análise e de síntese, e a argumentación ofrecida nas súas intervencións. 20
Análise de fontes documentais B2 B4 B5 B8 B10 B12 C1 C2 Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a capacidade de expresión escrita do alumnado (valorando de forma negativa os erros ortográficos, gramaticais e sintácticos), a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos abordados na materia, a capacidade de análise e de síntese, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, e a actitude crítica e reflexiva. 30
 
Observacións avaliación

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no artigo 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE nº 224 de 18 de setembro de 2003), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso, 5-6.9=Aprobado, 7-8.9=Notable, 9-10=Sobresaliente/Matrícula de honra (Graciable).

A efectos desta materia, considerarase como Non presentado (NP) ao alumnado que non participe na totalidade de actividades de avaliación continua, tendo en conta as condicións que figuran a continuación.

Para superar a materia, cada estudante debe participar activamente en todas as metodoloxías propostas, e entregar todos os traballos solicitados. Ademais, deberá acadar unha nota global mínima de 5 puntos, e ter superada, como mínimo, a metodoloxía de Investigación (Proxecto de investigación), para o cal é preciso obter unha cualificación mínima do 50% da nota máxima (2,5 sobre 5 puntos). En caso contrario, non se sumarán nin serán tidas en conta as notas das restantes metodoloxías (Análise de fontes documentais e Presentación oral), e a cualificación global da materia corresponderase coa nota obtida na metodoloxía suspensa (Investigación).

No caso de non superación da materia na primeira oportunidade da convocatoria (febreiro), a/o estudante deberá repetir na segunda oportunidade (xullo) a entrega do(s) traballo(s) suspenso(s) ou non entregado(s).

Segundo a Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo do alumnado de grao e mestrado universitario na Universidade da Coruña (aprobada polo Consello de Goberno do 4 de maio de 2017), cando un(ha) estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, terá dereito a gozar dun réxime de asistencia a clase de carácter flexible e a solicitar a dispensa académica especial establecida no artigo 4 (apartado 5) da devandita norma, en tanto non afecte negativamente ao proceso de avaliación da/o estudante. A ese efecto, as Comisións Académicas dos diferentes centros da UDC concretan o alcance da citada dispensa. Por tanto, a concesión á solicitude da devandita flexibilidade quedará a expensas da valoración e decisión da Comisión académica do Mestrado en Asistencia e Investigación Sanitaria, tendo en conta as metodoloxías e criterios de avaliación das materias.

A docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da Universidade da Coruña ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un(ha) estudante no desenvolvemento dos seus traballos. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia, na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á oportunidade extraordinaria.

Asemade, a docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou noutros aspectos da materia, que serán notificados ao estudantado coa suficiente antelación.


Fontes de información
Bibliografía básica Tammy C Hoffmann, Paul P Glasziou, Isabelle Boutron et al (2014). Better reporting of interventions: template for intervention description and replication (TIDieR) checklist and guide. BMJ; 348:g1687
Organización Mundial de la Salud (2001). Clasificación Internacional del Funcionamiento, de la Discapacidad y de la Salud. Madrid: Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, Secretaría General de Asuntos Sociales, IMSERSO
Organización de las Naciones Unidas para la Educación, la Ciencia y la Cultura (2005). Convención sobre la protección y la promoción de la diversidad de las expresiones culturales. París: UNESCO
Organización de las Naciones Unidas para la Educación, la Ciencia y la Cultura (2002). Declaración Universal de la UNESCO sobre la Diversidad Cultural. París: UNESCO
Tania Esmeralda Rocha (2009). Desarrollo de la identidad de género desde una perspectiva psico-socio-cultural: un recorrido conceptual. Interam J Psychol; 43(2):250-9
Marta Lamas (2000). Diferencias de sexo, género y diferencia sexual. Cuicuilco; 7(18)
Angels Ponce, Miguel Gallardo (2011). Diferentes. Guía Ilustrada sobre la DIVERsidad y la disCAPACIDAD. Barcelona: Fundación Adecco, OHL
Consejo de la Unión Europea (2013). Directrices de la UE para promover y proteger el disfrute de todos los derechos humanos por parte de las personas LGBTI. Bruselas: Consejo de la UE
Agustina Palacios, Javier Romañach (2006). El modelo de la diversidad: la Bioética y los Derechos Humanos como herramientas para alcanzar la plena dignidad en la diversidad funcional. Madrid: Ediciones Diversitas
Agustina Palacios (2008). El modelo social de discapacidad: orígenes, caracterización y plasmación en la Convención Internacional sobre los Derechos de las Personas con Discapacidad. Madrid: CERMI, Ediciones CINCA
Raquel Osborne, Cristina Molina Petit (2008). Evolución del concepto de género. EMPIRIA. Revista de Metodología de las Ciencias Sociales; (15):147-182
RAINBOW (Rights Against INtolerance: Building an Open-minded World) (2012). Glosario de términos LGBT. http://www.rainbowproject.eu/material/es/glossary.htm
Begoña Rodríguez, Olivia Castillo (coord.) (2018). Glosario de términos sobre diversidad afectivo sexual. Madrid: Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad
Moscas de Colores (2021). Glosario LGBT. http://www.moscasdecolores.com/es/glosario-lgbt
Manuela Crespo, Maribel Campo, Miguel Ángel Verdugo (2003). Historia de la Clasificación Internacional del Funcionamiento, de la Discapacidad y de la Salud (CIF): un largo camino recorrido. Siglo Cero; 34[1](205): 20-6
Patricia García-Leiva (2005). Identidad de género: modelos explicativos. Escritos de Psicología; (7):71-81
Marcela Schenck (2018). Incorporación de la diversidad genérico-sexual en salud: claves teóricas para un modelo analítico. Rev Fac Der; (45)
Cristina Morales (2020). Lectura fácil. Ni amo, ni dios, ni marido, ni partido, ni de fútbol. Barcelona: Anagrama
Naciones Unidas, Derechos Humanos, Oficina del Alto Comisionado (2012). Nacidos libres e iguales. Orientación sexual e identidad de género en las normas internacionales de derechos humanos. Nueva York, Ginebra: Naciones Unidas
Carol Lynn Martin, Diane N Ruble (2010). Patterns of gender development. Annu Rev Psychol;61:353-81
Principios de Yogyakarta (2007). Principios sobre la aplicación de la legislación internacional de derechos humanos en relación con la orientación sexual y la identidad de género. http://yogyakartaprinciples.org/
Ignacio Calderón-Almendros, Paula Verde-Francisco (2018). Reconocer la diversidad. Textos breves e imágenes para transformar miradas. Barcelona: Octaedro
Andrés Gutiérrez (Coord.) (2017). Trans. Diversidad de identidades y roles de género. Madrid: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
Ignacio Calderón-Almendros I, Rafael Calderón-Almendros (2016). ‘I open the coffin and here I am’: disability as oppression and education as liberation in the construction of personal identity. Disabil Soc; 31(1):100-15

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Investigación en Ocupación Humana e Determinantes Sociais da Saúde/653862314s

Observacións

1.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "IV Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2020-2022)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Na súa maioría, solicitaranse en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

  • Non se empregarán plásticos.
  • Realizaranse impresións a dobre cara.
  • Utilizarase papel reciclado.
  • Evitarase a impresión de borradores.

2.- A docente responsable da materia resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou noutros aspectos da materia, que serán notificados ao alumnado coa suficiente antelación.

3.- A docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da Universidade da Coruña ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un(ha) estudante no desenvolvemento dos seus traballos. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente cualificación de suspenso '0' na materia, na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á oportunidade extraordinaria.

4.- Nas clases sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respectando todas as opinións diversas en torno aos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías