Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Introdución ao Turismo Código 662G01009
Titulación
Grao en Turismo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Lezcano González, Mª Elvira
Correo electrónico
m.lezcano@udc.es
Profesorado
de Carreño de Vicente, Mercedes
Lezcano González, Mª Elvira
Correo electrónico
m.decarreno@udc.es
m.lezcano@udc.es
Web http://m.lezcano@udc.es
Descrición xeral Con esta materia preténdese a aproximación do alumnado ao turismo en todos os seus ámbitos dun modo introductorio. A adquisición dunha cultura turística e a comprensión dos distintos aspectos e organización da actividad dende un punto de vista transversal, son obxectivos básicos a alcanzar no transcurso da mesma e imprescindibles para que o alumnado se familiarice coa realidade turística e a súa terminoloxía.

Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non haberá cambios nos contidos

2.Metodoloxías
• Metodoloxías docentes que se manteñen: Clase maxistral, titorías

• Metodoloxías docentes que se modifican: Clase maxistral e titorías impártense de xeito on line. Estas últimas moito máis personalizadas.
Todos os materiais estarán a disposición do alumnado na plataforma Moodle.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

Clase on line (Teams). Manterase o horario de clase.
Titoría (Teams e correo electrónico). As que o alumnado precise.

4. Modificacións na avaliación

Traballo tutelado 70% Traballo de Principio de Grao. Manteranse ás características do traballo establecidas no inicio do cuatrimestre.
60% traballo escrito 10% defensa
Addenda ao traballo tutelado 30% Apartado engadido ao traballo tutelado, que consistirá en explicar a súa relación cos contidos da materia. (Substitúe ao exame presencial)

Observacións de avaliación: Elimínase a proba escrita e substitúese por una adenda ao traballo inicial. O traballo tutelado consistía en un documento escrito e unha exposición. Elimínase a exposición e simplemente se fará unha sesión de defensa do traballo, na que o alumnado deberá responder a algunha pregunta proposta pola profesora e referida ao proceso de elaboración do mesmo.
A defensa do traballo farase no período de avaliación.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

A bibliografía manterase, posto que xa se lles indican nas presentacións moitas referencias on line e dáse o visto bo ao emprego da bibliografía dispoñible na rede.
Nas clases e titorías iranse indicando numerosas referencias útiles, que serían excesivas para enumerar aquí.



Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comprender os principios do turismo: a súa dimensión espacial, social, cultural, política, laboral e económica.
A2 Analizar a dimensión económica do turismo.
A3 Comprender o carácter dinámico e evolutivo do turismo e da nova sociedade do lecer.
A4 Coñecer as principais estruturas político-administrativas turísticas.
A5 Converter un problema empírico nun obxecto de investigación e elaborar conclusións.
A7 Recoñecer os principais axentes turísticos.
A8 Avaliar os potenciais turísticos e a análise prospectivo da súa explotación.
A14 Comprender o marco legal que regula as actividades turísticas.
A19 Xestionar o territorio turístico de acordo cos principios de sustentabilidade.
A23 Analizar os impactos xerados polo turismo.
A27 Comprender o funcionamento dos destinos, estruturas turísticas e os seus sectores empresariais no ámbito mundial.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as diferentes dimensións do turismo e as súas interrelacións A1
A2
A3
A4
A7
A8
A23
A27
B1
B2
B4
B7
Coñecer os conceptos básicos do turismo A1
A2
A3
A4
A7
A23
A27
B1
B2
B4
B6
Estudiar as tendencias turísticas e os factores de inestabilidade no turismo A1
A2
A3
A4
A7
B1
B4
B5
B6
Comprender que todos os aspectos e cualidades inciden directa ou indirectamente na calidade do turismo A1
A3
A5
A8
B1
B4
B5
B6
C4
Manexar fontes de información relacionadas co turismo A1
A5
B1
B2
B3
B4
B6
C1
C2
C3
C4
C7
Propoñer criterios de turismo sostible A1
A3
A5
A19
A23
B1
B3
B4
B5
C4
Saber abordar o turismo dende unha perspectiva histórica ate o momento actual A1
A3
A23
A27
B1
B4
Saber entender o turismo como motor de desenvolvemento das sociedades humanas A3
Coñecer os cambios que se experimentan nos procesos de desenvolvemento turístico A1
A3
B1
B4
Coñecer o papel do lecer na sociedade actual e as tendencias de futuro A1
A3
Empregar as fontes sociais e históricas para extraer e interpretar información sobre o desenvolvemento do turismo A1
A3
A14
B1
B3
B4
B6
C1
C4
C6
Extrapolar experiencias e tomar decisións a partir da análise das características de diversos modelos turísticos, a súa potencialidade e evolución A3
B1
B4
B6
Coñecer a importancia da investigación en turisno A5
B1
B2
B3
B4
B6
C4
C6
C8
Identificar situacións e realidades nas que se atopa inmerso o sector A1
A3
A5
A19
A27
B1
B3
B4
C2
C4
C5
C6
Analizar, interpretar e inferir datos e resultados para a aplicación da investigación aos fines propostos A1
A3
A5
A19
B1
B3
B4
B6
B7
C1
C4
C5
C7
C8
Coñecer e recoñecer os principais axentes que actúan no mercado turístico nacional e internacional A1
A3
A7

Contidos
Temas Subtemas
1. Introducción ao turismo 1.1. Concepto e definicións.

2. A Actividade Turística 2.1. O suxeito do turismo - Tipoloxías de turismo
2.2. Motivacións
2.3. Correntes turísticas
2.4. O sistema turístico
3. Evolución Histórica 3.1. Dende as orixes ata o século XXI.
3.2. Evolución histórica do turismo en España.

4. Impactos do Turismo 4.1. Económicos
4.2. Ambientais
4.3. Socioculturais

5. O Mercado Turístico 5.1. Demanda turística
5.2. Oferta turística
5.3. Estacionalidade

6. Agentes del Turismo I 6.1. Aloxamentos e restauración.
6.2. Transportes e outros provedores.
6.3. Produción e distribución.
7. Agentes del Turismo II 7.1. A Administración pública turística.
7.2. Organizacións supranacionais
8. Política Turística 8.1. Concepto
8.2. Evolución da política turística en España
9. Gestión de Destinos: Sostenibilidad 9.1. Planificación
9.2. Tecnoloxía
9.3. Accesibilidade
10. O Turismo como Ciencia Reflexión e Debate

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A7 A14 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C6 C7 C8 16 64 80
Saídas de campo A5 A8 A19 A23 A27 B1 B2 B3 B4 B6 C1 C4 C6 C8 4 4 8
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A7 A27 B1 B2 B4 C1 C4 C6 C8 3 18 21
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A7 A23 A27 B4 B5 C2 C4 C5 C6 C8 22 15 37
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Neste curso será un traballo persoal do alumno/a no que, a partir dun caso elexido entre varios propostos pola profesora, se tratarán todos os temas aprendidos ao longo da materia (daranse as pautas necesarias para realizalo ao inicio das clases).

O Alumnado de Modalidade On line fará o mesmo traballo, seguindo as mesmas indicacións e pautas, que aparecerán expostas en Moodle e serán explicadas polo profesorado.
Saídas de campo Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario (empresas, institucións, organismos, monumentos, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de produtos (bosquexos, deseños, etc.), etc.

O alumnado da Modalidade On line estará exento destas saídas.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

A proba será idéntica para o alumnado de Modalidade On line
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

O alumnado de Modalidade On line terá á súa disposición todos os materiais explicados na materia na plataforma on line.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Saídas de campo
Descrición
A súa preparación poderá requerir a presenza do alumno para resolver algunha dúbida ou aclarar algún aspecto de forma e contido co profesor.
O xeito e o momento nos que se realizará será especificado ao longo do desenvolvemento da materia.


O alumnado de Modalidade On Line: Recibirá titorías grupais e individualizadas como orientación a través de TEAMS, así como atención por correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A7 A14 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C6 C7 C8 Durante o curso, estableceranse diferentes exercicios que poderán tratar sobre documentos relevantes para a temática da materia, con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. A final de curso realizarase a exposición oral dun traballo sobre un caso ou tema aprobado pola profesora co que se relacionarán os temas aprendidos ao longo da materia (ao comezo das clases daranse as pautas necesarias para a súa realización). Na avaliación continua terase en conta igualmente todos os traballos realizados durante o curso -como comentarios, exercicios ou procuras propostas pola profesora, charlas recibidas, experiencias de campo, tarefas desenvolvidas, etc, sempre explicando a súa conexión coa materia- así como a asistencia. 40
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A7 A27 B1 B2 B4 C1 C4 C6 C8 Proba que integra proba de ensaio e preguntas obxectivas.
En canto a proba de ensaio, recolle a análise dun texto relacionado co traballado durante a materia . En canto ás preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación
60
 
Observacións avaliación

A asistencia a clase é unha obriga. Só se permite faltar, como máximo, o 25% das horas de clase. Aqueles alumnos que falten máis dese 25%, sempre por causa ustificada aceptada polas normas da UDC, poderán sumarse á avaliación arriba citada, acordando coa profesora as datas de exposición que lles convengan e buscando alternativas ao traballo en grupo se esas causas xustificadas impídenlle realizalo.

 Aquelas persoas que superen ese 25% de faltas e non podan xustificalo, deberán entregar os traballos igualmente e aprobalos, pero non computarán na nota final. A calificación obterase a través dunha proba escrita na que se avaliará o 100% da materia.

Todas as probas teñen que superar o 50% da nota, para poder facer o cómputo final

O alumnado que non se presente á Proba Obxectiva (independentemente da convocatoria de que se trate), será cualificado cun " NP" (Non Presentado), aínda no caso de tener feito, presentado e exposto traballos tutelados ou outras actividades que computen na avaliación.

Tanto en primeira como en segunda oportunidade aplicarase o mesmo sistema de avaliación.

A convocatoria adiantada consistirá nunha proba mixta que computará o 100% da materia

O alumnado con dispensa académica seguirá as pautas marcadas para o alumnado a distancia.


Fontes de información
Bibliografía básica FERNÁNDEZ FUSTER, L (1991). Geografía general del turismo de masas. MadridAlianza Universidad
BAYÓN MARINÉ, F., MARCOS VALDUEZA, H., VOGELER RUÍZ, C. e GONZÁLEZ DE SOUZA, M.A. (coord.) (2000). 50 años del turismo español. Madrid, Centro de Estudios Ramón Areces S.A
URIEL, E. y HERNÁNDEZ, R. (coord.) (2004). Análisis y tendencias del turismo. Madrid, Pirámide
ESTEVE, R. E FUENTES, R ( 2000). Economía, historia e instituciones del turismo en España. Madrid, Pirámide
VOGELER RUIZ, C. e HERNÁNDEZ ARMAND, E. (2000). El mercado turístico. Madrid, Ed. Centro de Estudios Ramón Areces S.A.
MONTANER MONTEJANO, J. (2008). Estructura del mercado turístico. Madrid, Síntesis
PULIDO FERNÁNDEZ, J. I. y CÁRDENAS GARCÍA, P. J. (Coord)s) (2013). Estructura Económica de los Mercados Turísticos. Madrid, Síntesis
RIVAS GARCÍA, JESÚS (2008). Estructura y economía del mercado turístico. Oviedo, Septem Edics
FERNÁNDEZ FUSTER, L. (1991). Historia general del turismo de masas. Madrid, Alianza Universidad
SÁEZ, A. (coord.) (2014). Introducción a la estructura del mercado turístico. Madrid, Síntesis
OMT (1998). Introducción al turismo. Madrid, OMT
VOGELER RUIZ, C. e HERNÁNDEZ ARMAND, E. (2018). Introducción al Turismo: Análisis y Estructura.. Madrid, Editorial Universitaria Ramón Areces.
IRANZO, JUAN E. et al. (2003). La estructura económica de los mercados turísticos. Madrid, Instituto de Estudios Económicos

Trátase dunha bibliografía xeral, posto que en cada tema, e ao longo do curso, a profesora proporá novas referencias máis específicas.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

A asistencia ás aulas é unha obriga



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías