PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
-O alumnado deberá obter unha calificación igual o superior a 4 sobre 10 na proba mixta para superar a materia.
-En caso de no superarse alguna das partes da proba mixta, a calificación final da materia non poderá ser superior ao 4.5 sobre 10.
-O alumnado que non se presente a proba mixta será calificado como Non presentado.
-O alumnado deberá entregar un mínimo dun 80% dos traballos obrigatorios para superar a materia.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
-O alumnado deberá repetir aquelas metodoloxías que non superó na primeira oportunidade. No caso das metodoloxías de taller e solución de problemas, deberá contactar co profesorado para establecer os traballos actividades a realizar.
ALUMNADO CON EXCENCIÓN DE ASISTENCIA
- O alumnado con recoñecemento de dedicación a tiempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, según establece a "norma que regula o réximen de dedicación ao estudo dos estudantes de grado na UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5)" deberá entregar e realizar as mesmas actividades e probas que o resto do alumnado e na mesma data.
Os traballos nos que se detecten prácticas ilícitas (uso de traducores automáticos para a elaboración de traballos tutelados, plaxio, etc.) serán calificados con 0.
Lémbrase ao alumnado que o uso de calquer axuda ou dispositivo na proba final está totalmente prohibido e, no caso de utilizar cualquier soporte non permitido, quedará automáticamente suspenso independientemente da nota da prueba mixta, obradoiro, solución de problemas ou traballos tutelados.