Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Segundo Idioma Moderno I: Alemán Código 662G01047d
Titulación
Grao en Turismo (a distancia)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Alemán
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Martín Cancela, Elena
Correo electrónico
elena.martin@udc.es
Profesorado
Martín Cancela, Elena
Correo electrónico
elena.martin@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia foi deseñada para dotar os futuros graduados e graduadas duns coñecementos e habilidades mínimos necesarios para comprender e facerse comprender en situacións habituais da vida cotiá en países de fala alemá, así como para poder desenvolver unha conversación de temas cotiáns cunha persoa de fala alemá. Ademais proporcionaráselle ao alumnado uns coñecementos lingüísticos que lle permitan desenvolver as competencias lingüísticas mínimas (oral e escrita) para que sexan capaces de desenvolver tarefas en empresas do sector turístico con clientes de fala alemá ou outras empresas de países de fala alemá.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
* Metodoloxías docentes que se manteñen:
Todas
* Metodoloxías docentes que se modifican:
A proba mixta pasará a facerse mediante cuestionarios Moodle e tarefas.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Non se modifican
4. Modificacións na avaliación:
Non se modifica. A proba final frase de forma asíncrona na data e hora establecidas polo centro.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A6 Ter unha marcada orientación de servizo ao cliente.
A13 Manexar técnicas de comunicación.
A16 Comunicarse de forma oral e escrita nunha segunda lingua estranxeira.
A17 Comunicarse de forma oral e escrita nunha terceira lingua estranxeira.
A29 Traballar en medios socioculturais diferentes.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
A13
A16
A17
A29
B1
B2
B4
B6
C2
C7
A6
A16
A17
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C2
C4
C5
C6
C7
C8
A13
A16
A17
B1
B2
B4
B6
C1
C3
C5
C7
A16
A17
A29
B3
B6
B7
C2
C3
C4
C6
C7
A13
A16
A17
A29
B1
B6
B7
C2
C7

Contidos
Temas Subtemas
Sich vorstellen AUSSPRACHE:
.- Regras básicas da pronunciación alemá.
.- Entoación e acento alemá en oracións simples.
GRAMMATIK:
.- Xénero e número dos sustantivos.
.- Artigo determinado e indeterminado e a súa declinación I. .- Oracións simples: afirmativas, negativas e interrogativas. .- O pronome persoal e a súa declinación I (Nominativ)
KOMMUNIKATION:
.- Saudos e presentacións.
Die Familie AUSSPRACHE:
.- Reglas de pronuncia: ditongos e vogais modificados en alemá (ä, ö, ü).
GRAMMATIK:
.-O artigo determinado e indeterminado e a súa declinación II.
.- Partículas interrogativas.
.- O pronome persoal e a súa declinación II
.- O verbo en presente de indicativo.
.- Verbos separables e non separables.
KOMMUNIKATION:
.- Preguntas con e sen partículas interrogativas.
An der Rezeption AUSSPRACHE:
.- Entoación e acento en oraciones con dous verbos.
.- Pronunciación das terminacións típicas da lingua alemá.
GRAMMATIK:
.- Verbos modais no presente de indicativo.
.- O pronome persoal e a súa declinación III
.- Conectores I.
.- O adxetivo posesivo e a súa declinación.
KOMMUNIKATION:
.- Diálogos e formularios
Die Buchung AUSSPRACHE:
.- Entoación e acento en oraciones coordinadas.
GRAMMATIK:
.- Preposicións II
.- Conectores II.
KOMMUNIKATION:
.- Preguntar pola hora e dar a hora.
.- Pedir e dar información.
Im Zimmer, Zimmer Beschreibung und Umgebungen AUSSPRACHE:
.- Entoación en oracións exclamativas.
GRAMMATIK:
.- O verbo en futuro de indicativo.
.- O verbo en imperativo.
.- Preposicións III
KOMMUNIKATION:
.- Expresar planes futuros.
.- Descrición de lugares.
.- Dar indicaciones na cidade.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A13 A16 A17 A29 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C7 C6 C5 C4 C3 C2 C1 0 35 35
Sesión maxistral A13 A16 A29 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C7 15 10 25
Obradoiro A6 A13 A16 A29 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C3 C4 C7 C8 0 45 45
Proba mixta A13 A16 A29 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C7 2 15 17
Actividades iniciais A13 A29 B4 B7 C3 3 2 5
Solución de problemas A13 A16 A17 B1 B2 B4 B6 C7 C3 6 12 18
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados O alumnado deberá entregar unha serie de exercicios de expresión escrita relacionados cos temas tratados na aula. O numero, extensión e temática dos traballos será fixado polo profesorado previamente.
Sesión maxistral Sesiones nas que se abordarán aspectos teórico-prácticos da lengua alemá.
Obradoiro Cada un dos temas tratados nas clases maxistrais levará asinado unha serie de tarefas e exercicios destinados a consolidar e fixar os coñecementos explicados. Ditas tarefas poderán ser bien orales ou escritas.
Proba mixta Ao final do curso realizarse unha proba mixta escrita (examen final) que constará de dous partes diferenciadas:
a.- Exercicios de gramática.
b.- Expresión escrita + Comprensión lectora.
Para superar a proba será necesario superar cada unha das partes por separado.
Actividades iniciais Actividades iniciais dirixidas a unha primeira toma de contacto do alumnado coa lingua alemá e que facilitarán ao profesorado unha evaluación do nivel inicial do alumnado para poder desenvolver a materia de xeito eficaz e adecuado.
Solución de problemas Sesións e actividades relacionadas coa gramática e a práctica da compresión lectora e escrita.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Obradoiro
Descrición
Previa á proba oral realizarase unha sesión conxunta co alumnado, na que o profesorado responderá e orientara ao alumnado de cara a dita proba.
Así mesmo, os traballos tutelados irán acompañados de sesións breves (individuais ou en grupo) nas que se abordarán as problemáticas que pidan urdir ao longo do curso.
Ao final do curso tenrá lugar unha última sesión na que se responderán e aclararán todas-las dúbidas que aínda pudiera haber.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A13 A16 A17 A29 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C7 C6 C5 C4 C3 C2 C1 Cada tema tratado levará asociada unha ou mais tarefas que o alumnado deberá entregar nas datas señaladas polo profesorado. É obrigatório entregar un mínimo dun 80% destas tarefas para superar a materia. 20
Obradoiro A6 A13 A16 A29 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C3 C4 C7 C8 Ao longo do curso levaranse a cabo diversas actividades individuais ou en grupo; esto inclue visionado de material audiovisual, lecturas comprementarias, participación nos foros, realización de cuestionarios ou outras actividades, etc. 10
Proba mixta A13 A16 A29 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C7 A proba mixtas constará de dous partes:
a.- Exercicios de contido gramatical.
b.- Expresión escrita e comprensión lectora.
Será necesario obter unha nota mínima en cada una das partes para superar a asignatura.
60
Solución de problemas A13 A16 A17 B1 B2 B4 B6 C7 C3 Actividades da parte teórico-práctica (contidos gramaticais, expresión escrita e comprensión lectora).
Inclúe a valoración da asistencia as clases presenciais.
10
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

-O alumnado deberá obter unha calificación igual o superior a 4 sobre 10 na proba mixta para superar a materia.

-En caso de no superarse alguna das partes da proba mixta, a calificación final da materia non poderá ser superior ao 4.5 sobre 10.

-O alumnado que non se presente a proba mixta será calificado como Non presentado. 

-O alumnado deberá entregar un mínimo dun 80% dos traballos obrigatorios para superar a materia.

 

 SEGUNDA OPORTUNIDADE:

-O alumnado deberá repetir aquelas metodoloxías que non superó na primeira oportunidade. No caso das metodoloxías de taller e solución de problemas, deberá contactar co profesorado para establecer os traballos  actividades a realizar.

ALUMNADO CON EXCENCIÓN DE ASISTENCIA

- O alumnado con recoñecemento de dedicación a tiempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, según establece a "norma que regula o réximen de dedicación ao estudo dos estudantes de grado na UDC  (Arts. 2.3; 3.b e 4.5)" deberá entregar e realizar as mesmas actividades e probas que o resto do alumnado e na mesma data. 

Os traballos nos que se detecten prácticas ilícitas (uso de traducores  automáticos para a elaboración de traballos tutelados, plaxio, etc.) serán calificados con 0.

Lémbrase ao alumnado que o uso de calquer axuda ou dispositivo na proba final está totalmente prohibido e, no caso de utilizar cualquier soporte non permitido, quedará automáticamente suspenso independientemente da nota da prueba mixta, obradoiro, solución de problemas ou traballos tutelados.



Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías