Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Adquirir os coñecementos fundamentais sobre matemáticas, estatística, física, química e acústica como soporte para o desenvolvemento das habilidades e destrezas propias da titulación. |
B5 |
Capacidade para a resolución de problemas. |
B6 |
Capacidade para a toma de decisións. |
B27 |
Capacidade de comunicación a través da palabra e da imaxe. |
B28 |
Capacidade de improvisación e adaptación para enfrontarse a novas situacións. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables. |
C7 |
Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer conceptos básicos de Física indispensables para a súa formación como Arquitectos Técnicos, tales como: momentos de forzas, centros de gravidade, momentos de inercia, condicións de equilibrio e elasticidade. |
A1
|
|
|
Saber relacionar os conceptos físicos estudados en Arquitectura Técnica. |
|
B5 B6 B27 B28
|
|
Capacidade de resolución de problemas derivados das súas actividades profesionais en base aos coñecementos adquiridos na materia. |
|
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. BLOQUE: Vectores Deslizantes e Xeometría de Masas |
1.1 VECTORES DESLIZANTES
- Vectores: Introdución.
- Momento dun Vector (deslizante) con respecto a un Punto.
- Momento dun Vector con respecto a un Eixe.
- Momento dun Par.
- Sistema de Vectores Deslizantes (SVD).
- Resultante e Momento Resultante dun SVD con respecto a un Centro de Redución (CR).
- Cambio de CR. Momento Mínimo. Eixe Central. Torsor dun SVD.
- Casos Especiais: Vectores Coplanarios, Vectores Concorrentes e Vectores Paralelos.
1.2 XEOMETRÍA DE MASAS
- Centro de Gravidade (G). Centro de Masas. Centroide.
- Determinación de G por medio do Cálculo Integral.
- Determinación de G por Descomposición en Figuras Simples.
- Teoremas de Pappus - Guldin.
- Regras de Arquímedes.
- Momento de Inercia (I) con respecto a un Punto, Recta ou Plano.
- Produto de Inercia (P).
- Teoremas de Steiner.
- Cálculo de I e P por medio do Cálculo Integral.
- Cálculo de I e P por Descomposición en Figuras Simples.
- Xiro de Eixes. Momentos Principais. Círculo de Mohr. |
2. BLOQUE: Estática de Sistemas Estruturais e Principios de Elasticidade |
2.1 ESTÁTICA
- Condicións de Equilibrio.
- Apoios e Reaccións.
- Diagramas de Corpo Libre.
- Determinación Analítica das Reaccións nos Apoios.
- Grafostática: Polígono de Forzas e Polígono Funicular.
2.2 ELASTICIDADE
- Forzas Internas en Materiais. Noción de Elasticidade.
- Principio de Hooke.
- Deformación Axial: Módulo de Young.
- Contracción Lateral: Coeficiente de Poisson.
- Variación de Volume.
- Dilatación Cúbica. Coeficiente de Compresibilidade.
2.3 ESTRUTURAS ARTICULADAS
- Estruturas Articuladas con Cargas nos Extremos.
- Tracción e Compresión.
- Cálculo das Reaccións nos Apoios dunha Estrutura Articulada.
- Métodos de Cálculo de Esforzos nas Estruturas Articuladas:
a) Método dos Nós
b) Método das Seccións
c) Método gráfico de Maxwell-Cremona
2.4 VIGAS E ESTRUTURAS DE NÓS RIXIDOS
- Tipos de Cargas sobre unha Viga: puntuais e distribuídas (w).
- Cálculo das Reaccións nos Apoios dunha Viga.
- Esforzos Característicos: Normal (N), Cortante (V) e Momento Flexional (M).
- Convenio de Signos.
- Equilibrio dun Elemento Diferencial de Viga.
- Relacións Diferenciais entre w, V e M.
- Determinación Analítica de N, V e M en todos os Puntos da Viga.
- Representación dos Diagrama de Esforzos Característicos.
- Resolución de Vigas Isostáticas: vigas con cargas puntuais, vigas con cargas distribuídas, vigas Gerber, pórticos, pórticos triarticulados.
2.5 CABLES
- Cables sometidos a Cargas Puntuais.
- Determinación de Ángulos e Tensións.
- Reaccións nos Soportes.
- Cables sometidos a cargas distribuídas.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Proba obxectiva |
A1 B5 B6 B27 B28 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
3 |
144 |
147 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba obxectiva |
Realizarase unha proba sobre os contidos teóricos e prácticos da materia. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba obxectiva |
|
Descrición |
O obxectivo fundamental será a resolución das dúbidas expostas polos alumnos. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
A1 B5 B6 B27 B28 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Na avaliación continua, realizaranse dúas probas de cuestións curtas correspondentes aos dous bloques temáticos da materia. Serán resoltas individualmente polo alumno na aula ao finalizar os bloques temáticos. |
100 |
|
Observacións avaliación |
A avaliación dos contidos dividirase en dous partes, coincidindo cos
dous BLOQUES nos que se estruturou o temario da materia puntuando un
máximo de 5 puntos cada un deles. Os bloques temáticos son os seguintes:
• 1º BLOQUE: “ Vectores Deslizantes e
Xeometría de Masas”
• 2º BLOQUE: “Estática de Sistemas Estruturais e Principios de
Elasticidade”
Para aprobar a materia os estudantes deben alcanzar un mínimo de 5
puntos e, ademais, alcanzar unha puntuación mínima de 2 puntos en cada
un dos bloques temáticos. Os criterios de avaliación serán os mesmos
para as dúas oportunidades oficiais.
A avaliación do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial
e dispensa académica de exención de asistencia seguirá os mesmos
criterios, e consistirá nas mesmas probas que o resto alumnado.
CUALIFICACIÓN ao final do proceso de avaliación:
Aqueles alumnos que cumpran os requisitos mínimos e alcancen un
mínimo de 5 puntos, aprobarían a materia .
Aqueles alumnos que non alcancen a puntuación mínima establecida nun
dos bloques (2 puntos), esta non se sumará á nota final e a
cualificación que lles figurará na acta será a obtida no bloque que
supere os requisitos mínimos multiplicada por 0,95. - Aqueles alumnos que non alcancen a puntuación mínima en ningún dos
dous bloques a cualificación que lles figurará na acta será a mellor das
dúas obtidas nos bloques multiplicada por 0,95.
A cualificación de “Non Presentado” figuraralle a aqueles alumnos que
non se presenten á proba obxectiva.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
José Fernando García-Rebull Salgado (1995). Física aplicada para Arquitectura Técnica. Santiago de Compostela. Tórculo edicións
Antonio Durá Doménech (1999). Fundamentos físicos de las construcciones arquitectónicas. Volumen 1. Alicante. Publicaciones de la Universidad de Alicante
Ferdinand P. Beer (2013). Mecánica vectorial para ingenieros. Estática. Madrid. McGraw-Hill
Russel C. Hibbeler (2004). Mecánica vectorial para ingenieros. Estática. México. Pearson Educación |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Matemáticas I [En extinción]/670G01001 |
|
Materias que continúan o temario |
Fisica Aplicada II [En extinción]/670G01007 |
|
Observacións |
É vital ter coñecementos previos en VECTORES (Expresión analítica de vectores, Representación gráfica de vectores, Compoñentes cartesianas dun vector, Operacións con vectores: suma e resta de vectores, produto escalar, produto vectorial, produto mixto). |
|