Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A3 |
Coñecer os materiais, tecnoloxías, equipos, sistemas e procesos construtivos propios da edificación en xeral e en particular aqueles específicos de Galicia. |
A9 |
Deseñar, calcular e executar instalacións de edificación. |
A18 |
Dirixir e xestionar o proceso de execución da obra. |
A19 |
Aplicar as técnicas, interpretar resultados e tomar decisións para o control da calidade da obra. |
A20 |
Aplicar as técnicas de xestión da calidade, xestión medioambiental e construción sustentable. |
A24 |
Planificar e xestionar a conservación, mantemento, explotación e uso do edificio así como a inspección técnica do mesmo. |
A26 |
Deseñar e redactar estudos de ciclo de vida útil, avaliación de eficiencia enerxética e sustentabilidade dos edificios. |
B2 |
Capacidade de organización e planificación. |
B5 |
Capacidade para a resolución de problemas. |
B13 |
Compromiso ético. |
B16 |
Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. |
B21 |
Motivación pola calidade. |
B22 |
Sensibilidade cara a temas de seguridade laboral, accesibilidade, sustentabilidade e medioambiente. |
B23 |
Orientación a resultados. |
B29 |
Actitude vital positiva fronte ás innovacións sociais e tecnolóxicas. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables. |
C7 |
Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Saber os requisitos técnicos normativos das instalacións |
A3
|
|
C7 C8
|
Dimensionar instalacións |
A9 A26
|
B13 B21 B22 B23 B29
|
C3 C4 C5 C6
|
Comprensión dos criterios constructivos das instalacións e os criterios de aceptación ou rexeitamento establecidos polos regulamentos e normas técnicas de referencia. |
A18 A19 A20 A24
|
B2 B5 B16 B21
|
C4 C6
|
Comprender os requisitos necesarios para legalizar as instalacións e do proceso administrativo para cada caso. |
A9 A18 A20 A24 A26
|
B2 B21 B22
|
C1 C6
|
Comprobar o proceso de montaxe e verificar si se satisfán os criterios para a súa aceptación ou rexeitamento establecidos pola normativa técnica aplicable. |
A18
|
B5 B21 B22
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Bloque 1.- Accesibilidade |
Conceptos xerais
Reserva de prazas en aparcadoiros
Accesos ao interior do edificio
Comunicación horizontal
Mobilidade vertical
Aseos, servizos e instalacións
Reserva de espazos |
Bloque 2.- Xestión e evacuación de residuos |
Principios básicos sobre a xestión de residuos
Normativa técnica aplicable
Partes constituíntes
Dimensionado |
Bloque 3.- Instalacións de suministro interior de auga en edificios |
Características de auga potable
Compoñentes da instalación
Control da calidade en materiais
Dimensionado
Control de execución
Probas de servizo
Mantemento e conservación
Criterios para a legalización das instalacións de suministro de auga
Sostenibilidade nas instalacións de suministro de auga |
Bloque 4.- Instalacións de evacuación de auga en edificios |
Conceptos xerais
Compoñentes da rede interior de evacuación
Criterios de deseño e dimensionado
Control da calidade en materiais
Control de execución
Probas de servizo
Mantemento e conservación |
Bloque 5. - Control de execución en obra |
Inspección das instalacións durante a execución en obra
Probas parciais
Probas finais
Recepción
Visita a obra, dependendo da dispoñibilidade de obras co profesor que imparte a materia |
Bloque 6.- Instalacións de gas en edificios |
O gas como fonte de enerxía
Tipoloxía de combustibles
Normativa técnica
Compoñentes da instalación
Control de recepción e calidade
Control de execución
Probas de servizo
Criterios para a legalización de instalacións de gas |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A3 A18 A19 A24 C5 C6 |
26 |
26 |
52 |
Solución de problemas |
A9 A19 A20 A26 B2 B5 B16 B22 B29 C1 C3 C7 |
24 |
42 |
66 |
Saídas de campo |
A18 A19 A20 A24 B2 B16 B21 |
2 |
2 |
4 |
Prácticas a través de TIC |
A9 A19 B2 B5 B16 C1 C3 |
4 |
8 |
12 |
Proba obxectiva |
A3 A9 A18 A19 A20 A24 A26 B13 B21 B22 B23 B29 C4 C8 |
3 |
12 |
15 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Cada bloque leva asociada unha ou varias sesións na que o docente, impartirá os obxectivos e as directrices do traballo a desenvolver, así como a exposición de coñecementos específicos e metodoloxías de traballo asociadas ao dito bloque. |
Solución de problemas |
Aplicación de metodoloxía para o cálculo e dimensionamento da instalación, tendo en conta os parámetros normativos e regulamentarios. |
Saídas de campo |
Visita a unha obra en execución. |
Prácticas a través de TIC |
Emprego das TIC aplicadas ao cálculo e deseño das instalacións na edificación. |
Proba obxectiva |
Exame práctico e teórico para resolover problemas similares aos resoltos na clase dar resposta a cuestións impartidas nas sesións maxistrais. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Solución de problemas |
Sesión maxistral |
|
Descrición |
O alumno dispoñerá dun horario de titorías, para realizar as consultas pertinentes e resolver as dúbidas que lle xurdan durante o desenvolvemento do curso académico. Nas devanditas titorías o profesor poderá propoñer traballos complementarios e específicos ao alumno, co obxecto de reforzar o seu coñecemento sobre a materia.
O alumno poderá recurrir tamén as plataformas oficiais da UDC aplicadas na modalidade non presencial.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Solución de problemas |
A9 A19 A20 A26 B2 B5 B16 B22 B29 C1 C3 C7 |
Avaliación dos traballos entregados no prazo e lugar establecido.
A asistencia ás sesións interactivas é obrigatoria e non se considerarán aquelas prácticas entregadas fóra de prazo para os efectos de avaliación. |
25 |
Proba obxectiva |
A3 A9 A18 A19 A20 A24 A26 B13 B21 B22 B23 B29 C4 C8 |
Exame práctico e teórico. Na parte práctica resólvense problemas similares aos traballos individuais desenvolvidos durante o curso e na parte teórica formúlanse preguntas de resposta curta ou tipo test sobre os contidos impartidos nas sesión maxistrais. |
75 |
|
Observacións avaliación |
A nota final calcúlase aplicando a fórmula:
N= 10% TI + 15%TG + 40% ET + 35% EP TI: Nota media dos traballos individuaís.TG: nota do traballo en grupo ET: examen teórico no que se propoñen preguntas tipo test ou de resposta breve. Esíxese unha nota mínima de 4 para aprobar a asignatura (40% da nota final).EP: examen práctico. Problema o problemas similares a os feitos na clase durante o curso (35% da nota final).
O alumno que presente a totalidade dos traballos individuais (TI) formulados por curso na data indicada cunha nota media superior a 7 quedará exento de realizar o exame práctico e a súa nota obterase como: N= 40% ET + 45% TI + 15%TG ET: examen teórico no que se propoñen preguntas tipo test ou de resposta breve. Esíxese unha nota mínima de 4 para aprobar a asignatura (40% da nota final). TI: Nota media dos traballos individuaís.TG: nota do traballo en grupo Neste caso o alumno só terá que realizar a parte teórica na data oficial do exame. Requisito Exame 1ª oportunidade: Para presentar o exame os alumnos deberán entregar os traballos individuais propostos durante o curso Ainda que a docencia e avaliación será presencial sempre que sexa posible, inclúese nesta materia, a criterio dos profesores, a posibilidade de realizar actividades didácticas, titorías específicas e probas de avaliación "on line" por TEAMS.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
- Ministerio de Fomento (2010). Código técnico de la Edificación (CTE). Normativa técnica oficial
- VAZQUEZ MORENO, JAVIER y HERRANZ AGUILAR, JUAN CARLOS (2008). MANUAL PRACTICO DE INSTALACIONES EN EDIFICACION (II): INSTALACION ES ENERGETICAS: CALEFACCION, CLIMATIZACION, GAS (2ª ED.). LITEAM
- Ministerio de industria (2007). RITE (Reglamento de instalaciones térmicas en los edificios). RD 1027/2007
- Ministerio de Industria (1985). Reglamento de aparatos de elevación. REAL DECRETO 2291/1985, de 8 de noviembre
- Ministerio de Industria (1988). Reglamento de Aparatos que utilizan Gas como Combustible. R.D. 494/1988
- Luis Jesús Arizmendi Barnes (2005). Cálculo y Normativa básica de las Instalaciónes en los edificios - Tomo I. Ediciones Universidad de Navarra, S.A. (EUNSA)
- Franco Martín Sánchez (2008). Nuevo Manual de Instalaciones de Fontanería y Saneamiento. A. Madrid Vicente, Ediciones
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Fisica Aplicada I [En extinción]/670G01002 | Fisica Aplicada II [En extinción]/670G01007 | Construción I [En extinción]/670G01009 | Instalacións I [En extinción]/670G01014 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Construción II [En extinción]/670G01011 |
|
Materias que continúan o temario |
Instalacións III/670G01035 | Medicións acústicas na edificación/670G01040 |
|
Observacións |
Este curso está claramente orientado ao coñecemento das instalacións mecánicas do edificio, é dicir, o coñecemento previo de conceptos de mecánica de fluídos e hidráulica son fundamentais para entender os conceptos e aplicar as metodoloxías de cálculo e dimensionamento a casos prácticos. O cal faculta ao alumno para realizar comprobacións e verificacións nos procesos de contratación, control de montaxe, posta en servizo e legalización das devanditas instalacións. |
|