Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A4 |
Dominar os fundamentos do deseño en xeral e do deseño da moda en particular, e enmarcalos no seu contexto histórico particular e xeral. |
A5 |
Desenvolver as necesarias habilidades para a xeración de ideas creativas e innovadoras. |
A18 |
Coñecer as linguaxes plásticas e visuais no ámbito do deseño da industria da moda, para entender e interpretar as creacións artísticas de prendas de moda. |
B1 |
Que o estudantado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
B2 |
Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B3 |
Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B4 |
Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. |
B5 |
Que o estudantado desenvolvera aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B7 |
Capacidade para analizar tendencias (razoamento crítico). |
B8 |
Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos e operacións. |
B9 |
Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións. |
B10 |
Capacidade de comprensión da dimensión social e histórico-artística do deseño e a industria da moda, vehículo para a creatividade e a busca de solucións novas e efectivas. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables. |
C7 |
Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
C9 |
Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Sistemas de representación: Comprensión e coñecemento dos sistemas de representación e a súa relación cos procedementos de ideación gráfica e de expresión visual nas distintas fases do deseño de moda. |
A4 A5 A18
|
B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10
|
C3 C5 C6 C8
|
Análise de formas: Comprensión e coñecemento da figura humana, das leis de perspectiva, da teoría de sombras e valoración tonal e a aptitude ou capacidade da súa aplicación ós procedementos de estudo fenomenolóxico e analítico das formas. |
A4 A5
|
B1 B2 B4 B5 B8 B10
|
C3 C6 C7 C8 C9
|
Teoría da composición: Comprensión e coñecemento das distintas teorías da composición e a súa aplicación á expresión gráfica do deseño de moda. |
A4 A18
|
B1 B2 B3 B4 B5 B10
|
C3 C6 C7 C8
|
Ideación gráfica e representación: Aptitude ou capacidade para concebir e representar as propias ideas e dominar a proporción e as técnicas de expresión gráfica, así como a representación e o acabado final. |
A4 A18
|
B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10
|
C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Introdución ó debuxo e á expresión gráfica |
1.1. O debuxo como ferramenta
1.2. O debuxo como linguaxe
1.3. O debuxo de moda: niveis de representación gráfica
|
2. Análise da representación da figura humana |
2.1. A figura humana: proporcións e canon natural
2.2. O figurino de moda. Conceptos básicos: proporción, canon de moda, formas, volumes, conexións e perspectiva |
3. O debuxo de moda a man alzada |
3.1. Consideracións xerais
3.2. Nocións e técnicas de encaixe e proporción
3.3. Debuxo experimental de moda |
4. Debuxo e expresión gráfica do movemento na moda |
4.1. As poses básicas
4.2. Variacións das poses básicas
4.3. O movimiento de elementos: rostro, mans e pés
4.4. Vestir o figurino de moda: silueta, detalles e tecido |
5. Ferramentas e técnicas de expresión gráfica no debuxo de moda |
5.1. Composición e soporte
5.2. Incorporación de imaxes, materiais e texto
5.3. Sombras no debuxo de moda
5.4. Representación gráfica do corpo humano
5.5. Representación gráfica de tecidos e prendas |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A18 B1 B5 C6 C8 C9 |
1.5 |
0 |
1.5 |
Sesión maxistral |
A4 A5 B10 C3 C4 C7 |
21 |
0 |
21 |
Obradoiro |
A4 A5 A18 B3 B4 B7 B8 B9 B10 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 |
21 |
50 |
71 |
Traballos tutelados |
A4 A5 A18 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
3 |
30 |
33 |
Seminario |
A4 A5 A18 B2 B5 C5 C7 |
9 |
10 |
19 |
Proba práctica |
C9 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
2.5 |
0 |
2.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Estas actividades lévanse a cabo ó inicio do proceso de ensinanza-aprendizaxe, co fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posee o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren acadar, vencellados á materia. Con elas preténdese obter información relevante que permita artellar a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado. |
Sesión maxistral |
Nas sesións maxistrais expóñense os contidos teóricos da asignatura e os desenvolvementos prácticos fundamentais baseándose no emprego da palabra e apoiándose fundamentalmente na imaxe, con presentacións dixitais e debuxos, como vías principais de transmisión da información. |
Obradoiro |
Nos obradoiros semanais búscase que o alumnado poña en práctica os coñecementos adquiridos, a través dunha serie de exercicios propostos polo profesorado, co seu apoio e supervisión durante o tempo da clase. O alumnado entregará os exercicios realizados nos obradoiros ó finalizar a clase e/ou ó finalizar a materia, según indique o profesorado. |
Traballos tutelados |
Os traballos tutelados son unha metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes fóra da aula, baixo a tutela do profesorado. Ó longo do cuadrimestre propoñerase ó alumnado un enunciado/s e tema/s, para que o/s desenvolva pola súa conta e o/s entregue según indique o profesorado. O horario semanal de titorías permitirá facer o seguimento e tutela destes traballos, de modo voluntario. |
Seminario |
Os seminarios serán impartidos por profesionais externos que achegarán a súa visión da práctica profesional en relación coa materia, centrada en determinados aspectos relacionados co debuxo e a expresión gráfica aplicados á moda. |
Proba práctica |
Utilízase como proba individual para a avaliación final da aprendizaxe, permitindo avaliar a capacidade e destreza adquirida ó longo da materia. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Obradoiro |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
No horario de titorías, os docentes, de xeito individual ou en pequenos grupos, atenderán ás necesidades e consultas do alumnado relacionadas co desenvolvemento e/ou temas vinculados coa materia, proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe. Tamén poderá realizarse de xeito non presencial a través de Teams. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
A4 A5 A18 B3 B4 B7 B8 B9 B10 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 |
Avaliación das prácticas e traballos plantexados e realizados na aula (clases expositivas, interactivas e seminarios) e/ou completados fóra dela. Estes traballos deben dar idea da maduración do alumnado na materia. Do 30% da calificación desta metodoloxía o 15% poderá obterse das entregas parciais que o profesorado establezca durante o curso e o outro 15% da entrega final dun bloc con tódalas prácticas do curso. É precisa a realización e entrega, en tempo e forma, do 80% dos traballos propostos para poder ser avaliado, sempre dacordo ás normas que o profesorado da materia establezca para as entregas parciais e a entrega final. |
30 |
Traballos tutelados |
A4 A5 A18 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
É unha parte fundamental da avaliación xunto cos traballos realizados no obradoiro, e realizarase fora da aula de modo paralelo ó curso. A súa elaboración coa mínima calidade esixible é indispensable para a súa consideración, así como a súa entrega en tempo e forma, dacordo coas normas que o profesorado establezca durante o curso. Do 30% da cualificación desta metodoloxía o 15% poderá obterse das entregas parciais do traballo tutelado que o profesorado establezca durante o curso e o outro 15% da entrega final do mesmo nun bloc. |
30 |
Proba práctica |
C9 |
A proba práctica (exame) serve de control para avaliar a maduración final do alumnado ó término da materia. Para superar a proba práctica e que faga media co resto de metodoloxías, o alumnado deberá alcanzar un mínimo de 4 puntos sobre 10. |
40 |
|
Observacións avaliación |
1. Segunda oportunidade Na segunda oportunidade aplicaranse os mesmos criterios de avaliación que na primeira. 2. Convocatoria adiantada Ao alumnado que queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta materia aplicaránselle os mesmos criterios de avaliación que para a primeira e segunda oportunidade. 3. Calificación de non presentado O alumnado que non se presente á proba práctica (exame) figurará en actas coa cualificación final de "Non Presentado" (NP). O alumnado que se presente á proba práctica (exame), pero que non teña unha cualificación nas partes correspondentes ao obradoiro e aos traballos tutelados, figurará en actas coa cualificación final de "Non Presentado" (NP). 4. Es tudiantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención deasistencia Os criterios de avaliación aquí recollidos aplicaranse tanto ao alumnado matriculado en réxime de dedicación a tempo completo como no caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. Xerais A presencialidade (asistencia) é imprescindible, con participación activa e aproveitamento, tanto para a realización das prácticas e traballos no taller, como para as clases teóricas e seminarios. As prácticas do obradoiro, os traballos tutelados e a proba práctica (exame) só terán validez para o curso actual (primeira e segunda oportunidade, respectivamente), e deberán repetirse nos seguintes cursos académicos. O comportamento fraudulento en calquera dos apartados sometidos a avaliación suporá a cualificación de "Suspenso (0)" na avaliación final.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Riegelman, Nancy (2012). 9 heads: a guide to drawing fashion. Los Ángeles: 9 Heads Media
Drudi, Elisabetta Kuky (2010). Dibujo de figurines para el diseño de moda. Amsterdam: Pepin Press
Bryant, Michele Wesen (2012). Dibujo de moda : técnicas de ilustración para diseñadores de moda. Barcelona: Blume
Martín Roig, Gabriel (2007). Dibujo para diseñadores de moda. Barcelona: Parramón
Feyerabend, F. V. (2014). Figurines de moda : patrones para ilustración de moda. Barcelona : Gustavo Gili
Brambatti, Manuela (2017). Ilustración de moda: técnicas y métodos de dibujo profesional. Barcelona: Promopress |
|
Bibliografía complementaria
|
Wager, Lauren (2017). La paleta perfecta: combinaciones de colores inspiradas en el arte, la moda y el diseño. Barcelona: Promopress
Sanmiguel, David (2008). El arte del dibujo. Barcelona : Parramón
Hopkins, John (2010). El dibujo en la moda. Barcelona: GG |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Fundamentos de Deseño Artístico da Moda/710G03002 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
O alumnado que participe en programas de mobilidade tanto saínte como
entrante adaptaránse ás mesmas normas que o resto. Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable ambiental e social é recomendable facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Asimesmo, débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. |
|