Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A10 |
Ter os fundamentos económico-financeiros necesarios para coñecer o estado dunha empresa de moda e xestionala adecuadamente desde unha tripla perspectiva de liquidez, solvencia e rendibilidade. |
B1 |
Que o estudantado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
B2 |
Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B3 |
Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B4 |
Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. |
B5 |
Que o estudantado desenvolvera aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B8 |
Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos e operacións. |
B9 |
Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
C9 |
Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer a terminoloxía contable e financeira |
A10
|
B4
|
|
Coñecer o método contable e o seu output: os estados financeiros |
A10
|
|
C5
|
Coñecer a problemática financeira da empresa |
A10
|
|
C5
|
Interpretar a información financeira co obxectivo de emitir opinións e tomar decisións |
A10
|
B1 B2 B3 B4 B9
|
|
Transmitir información contable e financeira, tanto de forma oral como escrita, nun idioma estranxeiro |
|
B1 B2 B4
|
C2
|
Utilizar ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida |
|
|
C5 C8
|
Ter a capacidade para aprender de xeito autónomo, buscando a solución a novos problemas a través da aplicación dos coñecementos adquiridos |
|
B2 B5 B8 B9
|
C9
|
Ter a capacidade para traballar en equipo de maneira consultiva |
|
B4 B5 B8
|
C9
|
Ter un comportamento ético nos negocios |
A10
|
B2 B5
|
C5
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
PARTE I |
- FINANZAS - |
Fundamentos de análise das operacións financeiras |
Valor temporal do diñeiro
Operacións financeiras |
Decisión de investimento |
Proxectos de investimento
Avaliación de proxectos de investimento |
Decisión de financiamento |
Fontes financeiras
Custo das fontes financeiras |
PARTE II |
- CONTABILIDADE - |
Actividade empresarial e necesidade de información |
Información financeira e non financeira
|
Contabilidade financeira |
Estados financeiros
Rexistros contables
Ciclo contable |
Análise contable |
Contido dos estados financeiros
Liquidez e solvencia
Rendibilidade |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A10 B4 C2 |
10 |
10 |
20 |
Discusión dirixida |
B1 B2 B3 C2 |
10 |
20 |
30 |
Solución de problemas |
A10 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C9 |
14 |
28 |
42 |
Prácticas a través de TIC |
A10 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C8 C9 |
14 |
28 |
42 |
Traballos tutelados |
A10 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C8 C9 |
8 |
40 |
48 |
Foro virtual |
B2 B4 C2 C8 |
0 |
3 |
3 |
Proba obxectiva |
A10 B1 B2 B3 B4 B8 B9 C2 C9 |
4 |
20 |
24 |
Seminario |
B2 C2 C5 |
4 |
4 |
8 |
|
Atención personalizada |
|
8 |
0 |
8 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición, feita polo docente, dos conceptos básicos necesarios para que o alumnado poida buscar solución aos problemas contables e financeiros tratados no programa. |
Discusión dirixida |
Preparación dos temas formulados polo docente e participación na discusión dos mesmos. |
Solución de problemas |
Traballo individual e en grupo, guiado polo docente, para a resolución, presentación e discusión de exercicios e casos prácticos. |
Prácticas a través de TIC |
Traballo individual e en grupo, guiado polo docente, para a resolución, presentación e discusión de exercicios e casos prácticos mediante a utilización das TICs (folla de cálculo e outras aplicacións). |
Traballos tutelados |
Presentación dos traballos realizados en equipo e seguindo as orientacións do docente. |
Foro virtual |
Utilización do foro de Moodle para propor dúbidas e/ou responder ás preguntas dos compañeiros sobre calquera aspecto relacionado coa materia. |
Proba obxectiva |
Exame parcial e exame final sobre aspectos teóricos e prácticos. |
Seminario |
Participación en seminarios ou conferencias impartidos por expertos en temas da materia |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Seminario |
Solución de problemas |
Traballos tutelados |
Discusión dirixida |
Prácticas a través de TIC |
Proba obxectiva |
|
Descrición |
A atención personalizada (titorías individuais e grupais) desenvolverase mediante videoconferencias en Teams.
Os equipos formados no marco dos traballos tutelados terán asignados sesións de atención personalizada para o seguimento do traballo realizado por cada un dos seus membros e do equipo en conxunto. O calendario das sesións de seguimento se indicará ao longo do curso en función do plan de traballo da materia.
Asemade, durante o curso o alumnado poderá empregar as horas de titorías para aclarar dúbidas e cuestións sobre a materia.
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase un calendario específico de atención personalizada compatible co plan de traballo da materia e coa súa dedicación
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Seminario |
B2 C2 C5 |
Avaliación das probas e/ou informes requiridos para cada seminario e conferencia, seguindo as orientacións do docente. |
10 |
Solución de problemas |
A10 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C9 |
Avaliación dos casos propostos para a súa resolución, individual ou en grupo, seguindo as orientacións do docente. |
10 |
Traballos tutelados |
A10 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C8 C9 |
Presentación dos traballos realizados en equipo e seguindo as orientacións do docente. Na valoración terase en conta o rigor na súa entrega e resolución, a presentación realizada e a resposta ás preguntas formuladas polo alumnado e o docente.
|
30 |
Prácticas a través de TIC |
A10 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C8 C9 |
Avaliación dos casos propostos para a súa resolución, individual ou en grupo, facendo uso das TICs e seguindo as orientacións do docente. |
10 |
Proba obxectiva |
A10 B1 B2 B3 B4 B8 B9 C2 C9 |
As probas obxectivas valorarán aspectos teóricos e prácticos. Para poder aprobar a materia é necesario obter una nota mínima de 4 sobre 10 nas probas obxectivas. De non cumprirse este requisito, independentemente da nota de avaliación continua, a cualificación recollida na acta será a nota do exame que non supera o límite mínimo.
AVALIACIÓN DA PRIMEIRA OPORTUNIDADE
No primeiro cuadrimestre, no día e hora fixados polo docente, realizarase o primeiro exame parcial que suporá o 20% da cualificación final. Para poder optar ao segundo exame parcial é necesario obter una nota mínima de 4 sobre 10 na proba.
A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase:
a) o segundo exame parcial para o alumnado que superou o primeiro parcial. O segundo exame parcial suporá o 20% da cualificación final. Para poder aprobar a materia é necesario obter una nota mínima de 4 sobre 10 na proba.
b) o exame final global para o alumnado que non superou o primeiro parcial e o alumnado que, habendo superado o primeiro parcial, renuncie á cualificación previamente obtida e o notifique por escrito con antelación ao docente para a súa autorización. O exame final global suporá o 40% da cualificación final. Para poder aprobar a materia é necesario obter una nota mínima de 4 sobre 10 na proba.
AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE
A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame final global. O exame final global suporá o 40% da cualificación final. Para poder aprobar a materia é necesario obter una nota mínima de 4 sobre 10 na proba. |
40 |
|
Observacións avaliación |
A discusión dirixida derivada dos casos e problemas propostos ten por obxecto afianzar a comprensión dos conceptos e das técnicas estudadas. Para un óptimo aproveitamento é recomendable a participación activa nas sesións e nos seminarios (organizados polo docente da materia ou pola coordinación do grao). Avaliación da segunda oportunidade Seguirá os mesmos criterios que os utilizados na avaliación da primeira oportunidade, coa excepción do alumnado que exprese a súa intención de participar nun novo proceso de avaliación continua (60% da cualificación final: Seminario, Solución de problemas, Traballos tutelados, Prácticas a través de TIC). Neste caso: a) É imprescindible enviar un correo electrónico ao equipo docente, antes do inicio do período de exames da segunda oportunidade, indicando a súa renuncia á cualificación previamente obtida nestas metodoloxías, e recibir a correspondente autorización. b) A avaliación continua (Seminario, Solución de problemas, Traballos tutelados, Prácticas a través de TIC) agrégase nunha única proba oral a realizar previamente a data oficial do exame da segunda oportunidade. A proba oral valorará aspectos teóricos e prácticos (incluído o manexo de ferramentas TIC) de todos os temas da materia. O estudante deberá ser capaz de explicar e demostrar razoadamente todas as súas respostas. Convocatoria adiantada Na data aprobada polo centro para a realización da oportunidade de avaliación adiantada: a) A avaliación continua (60% da cualificación final: Seminario, Solución de problemas, Traballos tutelados, Prácticas a través de TIC) agrégase nunha única proba oral. A proba oral valorará aspectos teóricos e prácticos (incluído o manexo de ferramentas TIC) de todos os temas da materia. O estudante deberá ser capaz de explicar e demostrar razoadamente todas as súas respostas. b) Proba obxectiva (40% da cualificación final). Para poder aprobar a materia é necesario obter una nota mínima de 4 sobre 10 na proba. Cualificación de non presentado. Considerarase como “Non presentado” (NP) ao alumnado que: a) non se presente á proba do período oficial de avaliación. b) só participe de actividades de avaliación continua que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia Seguindo as indicacións normativas, dito alumnado deberá comunicar a súa situación ao docente antes do 30 de setembro. As probas de avaliación continua (60% da cualificación final: Seminario, Solución de problemas, Traballos tutelados, Prácticas a través de TIC) agréganse nunha única proba oral a realizar previamente ao exame do período oficial de avaliación (o alumnado que participe da avaliación por parciais poderá solicitar por escrito, antes do 30 de novembro, realizar dúas probas orais coa mesma ponderación -50%-: unha antes do primeiro exame parcial e a segunda previamente ao exame do período oficial de avaliación). A proba oral valorará aspectos teóricos e prácticos (incluído o manexo de ferramentas TIC) de todos os temas da materia. O estudante deberá ser capaz de explicar e demostrar razoadamente todas as súas respostas. Acordarase ao inicio do curso un calendario específico de atención personalizada compatible co plan de traballo da materia e coa súa dedicación. Condicións de realización dos exames Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, non autorizado previamente polo docente. Quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual O docente pode requirir a posterior defensa oral, parcial ou total, das actividades entregadas e avaliadas. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Sutton, T. (2004). Corporate financial accounting and reporting. Prentice Hall 2nd ed.
Reverte, C. (2014). Exercises of financial accounting. Ecobook
Lozano Gutiérrez, M.C., Ramón Llorens, M. C. (2017). Financial mathematics: fundamental concepts. Universidad Politécnica de Cartagena
Ortega, R. (2017). Fundamentals of financial management. ESIC
Götze, U., Northcott, D, Schuster, P. (2008). Investment appraisal, methods and models. Springer |
|
Bibliografía complementaria
|
Jones, M.J. (2014). Accounting and finance. Wiley
Watson, D., Head, A. (2016). Corporate finance: principles and practice. Pearson 7th ed.
Phillips, F., Libby, R., Libby, P.A. (2016). Fundamentals of financial accounting. McGraw Hill 5th ed.
Brealey, R.A., Myers, S.C., Allen, F. (2018). Principles of corporate finance. McGraw Hill 12th ed.
Schoenmaker, D., Schramade, W. (2019). Principles of sustainable finance. Oxford University Press
Lev, B., Gu, F. (2016). The end of accounting and the path forward for investors and managers. Wiley |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Fundamentos de Xestión da Empresa de Moda/710G03004 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Modelos e Técnicas de Simulación Empresarial: Xogo de Empresa/710G03026 | Planificación e Control de Xestión en Empresas de Moda/710G03022 |
|
|