Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences / results
|
A4 |
Coñecer o uso e a indicación de produtos sanitarios vinculados aos coidados de enfermaría. |
A5 |
Coñecer os diferentes grupos de fármacos, os principios da súa autorización, uso e indicación, e os mecanismos de acción dos mesmos. |
A6 |
Utilización dos medicamentos, avaliando os beneficios esperados e os riscos asociados e/ou efectos derivados da súa administración e consumo. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B8 |
Capacidade de análise e sínteses. |
B9 |
Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. |
B12 |
Capacidade para organizar e planificar. |
B13 |
Toma de decisións. |
B16 |
Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade. |
B20 |
Sensibilidade cara a temas medioambientais. |
B21 |
Implicación na calidade e busca/procura da excelencia. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
C9 |
CB1 Que os estudantes demostraran posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parta da base da educación secundaria xeral, e sólese atopar a un nivel que, si ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda dun campo de estudo. |
C10 |
CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences / results |
Describir os aspectos básicos sobre a regulación e rexistro dos medicamentos en España |
A4 A5 A6
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B12 B13 B16 B20 B21
|
C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10
|
Explicar os principios de farmacocinética e farmacodinamia dos medicamentos e a súa aplicación no proceso de utilización, especialmente no relativo a eficacia e seguridade |
A4 A5 A6
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B12 B13 B16 B20 B21
|
C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10
|
Identificar os principais grupos terapéuticos dos medicamentos e a súa aplicación para a prevención, tratamento e curación das enfermidades |
A4 A5 A6
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B12 B13 B16 B20 B21
|
C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10
|
Explicar os usos clínicos, accións e efectos adversos máis frecuentes, así como a forma correcta de administración dos medicamentos |
A4 A5 A6
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B12 B13 B16 B20 B21
|
C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
PRINCIPIOS XERAIS DA FARMACOLOXÍA CLÍNICA E DA UTILIZACIÓN DE MEDICAMENTOS |
1.- Farmacoloxía: Conceptos básicos. As actividades e/ou divisións da farmacoloxía. A farmacoloxía orientada ao paciente e á comunidade. A responsabilidade actual de enfermaría no uso de medicamentos.
2.- Selección de medicamentos. Guías de medicamentos. Ficha técnica. Medicamento xenérico. O uso racional do medicamento. Adherencia ao tratamento. Información de medicamentos. Condicións de conservación dos medicamentos.
3.- Conceptos importantes en farmacocinética. Farmacocinética clínica. A farmacodinamia: mecanismos de acción. A administración de medicamentos: vías de administración e formas farmacéuticas.
4.- Situacións que modifican a resposta aos fármacos. Situacións fisiolóxicas e patolóxicas. Administración e uso de medicamentos en insuficiencia renal, anciáns, pediatría, embarazo e lactación.
5.- O ensaio clínico controlado. Estudos de utilización de medicamentos. Farmacoeconomía.
6.- Os efectos indesexables dos medicamentos: concepto, clasificación, prevención e repercusións. Farmacovixilancia. Erros de medicación.
7.- Interaccións medicamentosas. |
GRUPOS TERAPÉUTICOS DE MEDICAMENTOS |
1.- Antiinfecciosos: Antibióticos, antifúnxicos, antivirais. Antisépticos. Desinfectantes. Política de antibióticos.
2.- Fármacos que actúan sobre o sistema nervioso autónomo.
3.- Dor. Analxésicos e antiinflamatorios. Analxésicos opiáceos. Tratamento da dor.
4.- Psicofármacos: hipnóticos-sedantes, antidepresivos, antipsicóticos. Fármacos para procesos neurolóxicos: antiparkinsonianos, anticonvulsivantes
5.- Fármacos activos sobre problemas cardiovasculares: Hipertensión, hiperlipidemias, insuficiencia cardíaca, cardiopatía isquémica.
6.- Anticoagulantes e antiagregantes plaquetarios. Medicamentos que actúan sobre o sistema endócrino: antidiabéticos.
7.- Medicamentos que actúan sobre o aparato dixestivo: antiácidos, antiulcerosos, laxantes. Medicamentos que actúan sobre o aparato respiratorio: mucolíticos, antitusígenos, broncodilatadores. |
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies / Results |
Teaching hours (in-person & virtual) |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Introductory activities |
A4 A5 A6 |
1 |
0 |
1 |
Guest lecture / keynote speech |
A4 A5 A6 B3 B6 B8 B13 B16 B20 B21 |
20 |
50 |
70 |
Workshop |
A4 A5 A6 B1 B2 B4 B5 B9 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 |
19 |
42 |
61 |
Multiple-choice questions |
A4 A5 A6 B1 B2 B3 |
2 |
12 |
14 |
|
Personalized attention |
|
4 |
0 |
4 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Introductory activities |
O curso comezará cunha sesión expositiva presencial dunha hora de duración na que se presentará a asignatura e expoñerase con detalle o traballo a realizar durante o cuatrimestre, así como os criterios de avaliación.
Se non é posible a presencialidade porque non se pode garantir as medidas de distanciamento social (mínimo 1,5 m.) na aula ou porque se xera un novo brote da pandemia, esta sesión expositiva virtualizarase a través da plataforma Moodle. |
Guest lecture / keynote speech |
Exposición oral presencial e con medios audiovisuais dos temas que compoñen o programa da asignatura.
Todo o contido das sesións expositivas estará dispoñible en temas en formato pdf no apartado correspondente da plataforma Moodle.
Se non é posible a presencialidade porque non se pode garantir as medidas de distanciamento social (mínimo 1,5 m.) na aula ou porque se xera un novo brote da pandemia, esta sesión expositiva virtualizarase a través da plataforma Moodle. |
Workshop |
Ao finalizar cada un dos bloques temáticos da materia realizaranse seminarios presenciais nos que se profundará, debaterá e traballará nos diferentes temas expostos nas sesión maxistral. Os estudantes realizarán diferentes actividades indicadas polo profesor: procuras de información, traballos en grupo, preguntas, casos clínicos, exposicións orais ou escritas, etc. Todas estas tarefas entregaranse a través da plataforma Moodle no seu apartado correspondente.
Se non é posible a presencialidade porque non se pode garantir as medidas de distanciamento social (mínimo 1,5 m.) na aula ou porque se xera un novo brote da pandemia, estos seminarios virtualizarase a través da plataforma Moodle, e consistirán en sesións virtuales a través da plataforma Moodle sobre os temas expostos na sesión maxistral co fin de reforzar y/o aclarar puntos claves e/ou dúbidas dos/das alumnos/as. Combinaranse diversas metodoloxías/probas a través de Moodle (presentacións, foros, tarefas, cuestionarios, probas, resolución de casos clínicos, etc.) nas que o alumnado desenvolve traballo eminentemente práctico sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
|
Multiple-choice questions |
50 preguntas con 5 respostas das cales só unha é correcta. Non se aplica factor de corrección por respostas non acertadas.
Realizarase de forma presencial segundo o calendario oficial de exames da facultade.
Se non é posible a presencialidade porque non se pode garantir as medidas de distanciamento social (mínimo 1,5 m.) na aula ou porque se xera un novo brote da pandemia, esta proba de resposta múltiple virtualizarase a través da plataforma Moodle cos mismos criterios de cualifación e na data e hora que consta no calendario oficial de exames da facultade. |
Personalized attention |
|
Description |
Resposta a consultas suscitadas polo alumno. Posibilidade de ampliación de coñecementos
O alumnado poderá poñerse en contacto co profesor mediante correo electrónico, ou través das canles de comunicación que ofrece a plataforma Moodle: foros, mensaxes. |
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies / Results |
Description
|
Qualification
|
Workshop |
A4 A5 A6 B1 B2 B4 B5 B9 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 |
Puntúase a entrega das tarefas do/da alumno/a a través de Moodle e o resultado das probas realizadas. |
20 |
Multiple-choice questions |
A4 A5 A6 B1 B2 B3 |
O/A alumno/a deberá realizar unha proba de 50 preguntas tipo test con resposta múltiple, unha correcta de entre 5 posibles. Non puntúa negativo. O aprobado (5) estará no 70% das respostas correctas (35). Para superar esta proba, e por tanto a asignatura, haberá que obter como mínimo un 5. |
80 |
|
Assessment comments |
Os seminarios u obradoiros serán presenciais. Se se xera un brote de pandemia que impida a presencialidad, virtualizaranse a través de la plataforma Moodle según o exposto no paso 5: metodoloxías.
A proba de resposta múltiple realizarase de forma presencial segundo o calendario oficial de exames da facultade. Se non é posible a presencialidade porque non se pode garantir as medidas de distanciamento social (mínimo 1,5 m.) na aula ou porque se xera un novo brote da pandemia, esta proba de resposta múltiple virtualizarase a través da plataforma Moodle cos mismos criterios de cualifación e na data e hora que consta no calendario oficial de exames da facultade.
O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art.° 5 do Real Decreto 1125/2003 do 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honra (Graciable) Considerarase non presentado aquel/aquela alumno/a que non asista ao exame final.
Os/As alumnos/as con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deben mandar un correo electrónico ao profesor indicando a súa situación ao principio do curso. Neste caso, a avaliación dos obradoiros o seminarios realizarase pola entrega das tarefas propostas a través de Moodle. A avaliación da proba de resposta múltiple realizarase seguindo as indicacións desta guía.
A avaliación de segunda oportunidade seguirá os mesmos criterios de cualificación que para os de primeira oportunidade. Durante o segundo cuadrimestre terán a oportunidade de entregar as tarefas dos seminarios ou obradoiros se non o fixeron durante o primeiro cuadrimestre. Durante o segundo cuadrimestre este alumnado poderá en poñerse en contacto co profesor (correo electrónico, foros e mensaxes de Moodle) para recibir atención personalizada: resolver dúbidas, ampliación de coñecementos, proposta de novas tarefas para reforzar contidos, etc.
Alumnos/as con segunda matrícula e posteriores: manteráselles a cualificación dos seminarios u obradoiros de cursos anteriores. Se o desexan pode realizar para a súa cualificación as tarefas propostas para este curso académico. Para a proba de resposta múltiple, seguiranse os criterios de avaliación propostos nesta guia.
Oportunidade adiantada: Os criterios rexeranse polos establecidos nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario da UDC".
Plaxio na realización das probas ou actividades de avaliación: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.
|
Sources of information |
Basic
|
|
MEDIMECUM 2021. Guía de Terapia Farmacológica. 26ª edición. Editorial Springer Healthcare. 2021. Catálogo de Medicamentos 2021. Editorial Consejo General de Colegios Oficiales de Farmacéuticos. 2021. Goodman y Gilman. Las Bases Farmacológicas de la Terapéutica. 13ª edición. Editorial McGraw-Hill. 2019. Velázquez (P. Lorenzo, A. Moreno, J. C. Leza, I. Lizasoain, M. A. Moro, A. Portolés). Farmacología Básica y Clínica. 19ª edición. Editorial Médica Panamericana. 2017. R. Rodríguez Carranza. Guía de Farmacología y Terapéutica. 3ª edición. Editorial Elservier. 2014. Jesús Flórez, Juan Antonio Armijo, África Mediavilla. 6ª edición. Farmacología Humana. Editorial Elsevier Masson. 2013. S. Castells Molina, M. Hernández Pérez. Farmacología en Enfermería. 3ª edición. Editorial Elsevier. 2012. J.M. Mosquera, P. Galdós. Farmacología Clínica para Enfermería. 4ª edición. Editorial McGraw-Hill/Interamericana. 2005. E. Pacheco del Cerro. Farmacología y Práctica de Enfermería. 1ª edición. Editorial Masson. 2003. J. R. Laporte, G. Tognoni. Principios de Epidemiología del Medicamento. 2ª edición. Editorial Masson-Salvat. 1993. |
Complementary
|
|
|
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
|
Subjects that continue the syllabus |
Pharmacotherapy/750G01024 |
|
Other comments |
Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE DO MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XERO: - A entrega dos traballos que se realicen será a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. De se realizar en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado, evitarase a impresión de borradores.
- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural
- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
- Nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado.
- Prestará especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
Aplicarase a normativa de UDC ante situacións de plaxio nos documentos entregados. |
|