Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Patoloxía Podolóxica 2 Código 750G02022
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Rosende Bautista, Carolina
Correo electrónico
carolina.rosende@udc.es
Profesorado
Pérez García, Sergio
Rosende Bautista, Carolina
Correo electrónico
sergio.perez.garcia@udc.es
carolina.rosende@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral A Materia Patoloxía Podológica 2, enmárcase dentro do módulo 4 do Plan de estudos de Grao en Podoloxía. Trátase dunha materia do 1º cuadrimestre do 3º curso e nela desenvolveranse coñecementos relacionados cos procesos patolóxicos sistémicos e específicos do pé con relevancia podológica. Revisaranse as principais características fisiológicas e patolóxicas na idade infantil así como na idade xeriátrica.
A abordaxe do estudo as diferentes patologias e afeccións realizarase desde o punto de vista clínico e funcional, integrandose deste xeito o estudo da semiología das patologias podológicas e as manobras de exploración física así como o uso e interpretación de probas complementarias nos diferentes procesos patolóxicos do pé do ancián e do infante.

Os contidos que se imaprtirán nesta materia son: Procesos patolóxicos do pé e sistémicos con repercusión podolóxica. Cambios fisiolóxicos da extremidade inferior e características da marcha nas diferentes etapas de crecemento. Patoloxía podolóxica infantil. Deformidades conxénitas. Asimetrías. Enfermedades raras e a súa repercusión no pé. Fisiopatoloxía do envellecemento músculo-esquelético. Características da marcha do ancián. Patoloxía podológica no ancián
Plan de continxencia A materia non posee actividades académicas presenciais ó ser unha materia do plan 2009 en proceso de extinción.
As metodoloxías adaptaranse as diferentes situacions derivadas da pandemia COVID-19 no caso de ser necesario.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A19 Coñecer e identificar os procesos patolóxicos do pé e sistémicos con repercusión podolóxica, pé de risco e os parámetros clínicos patolóxicos das afeccións estruturais e funcionais do aparato locomotor en decúbito, bipedestación estática e dinámica. Identificar as lesións dermatolóxicas e o seu tratamento. Coñecer e aplicar a Farmacoloxía especifica de uso podolóxico.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B9 Fomento dunha segunda lingua de interese para a profesión.
B18 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
O estudante coñece e identifica os procesos patolóxicos do pé e sistémicos con repercusión podológica, pé de risco e os parámetros clínicos patolóxicos das afeccións estruturais e funcionais do aparello locomotor en decúbito, bipedestación estática e dinámica. A19
B1
B3
B5
C1
C2
C3
C4
C7
O estudante coñece a fisiopatología do envellecemento músculo-esquelético e as principais patoloxías podológicas no adulto maior así como as características propias da marcha neste grupo. A19
B1
B9
B18
C2
C3
O estudante coñece o desenvolvemento e os cambios fisiológicos da extremidade inferior así como as características da marcha nas diferentes etapas do crecemento. A19
B1
B9
B18
C2
C3
O estudante coñece e identifica as patoloxías do membro inferior características da etapa infantil que inflúen no pé e a marcha e as pautas xerais de tratamento, así como coñece e identifica as principais enfermidades congénitas que poden afectar ao pé e o concepto de enfermidade rara e a actuación ante as mesmas. A19
B1
B3
B5
B7
C1
C3

Contidos
Temas Subtemas
Fisiopatología do envellecemento músculo-esquelético.
Características da marcha do ancián
Tema 1: Epidemioloxía das lesións nos pés na poboación Xeriátrica.
Tema 2: Fisiopatoloxía do envellecemento. Alteracións máis frecuentes nos pés na poboación Xeriátrica.
Tema 3: Características da marcha xeriátrica.
Patoloxía Podológica no ancián. Tema 4: Alteracións do 1º Radio e 1ª articulación metatarsofalánxica.
Tema 5: Patoloxía dixito-metatarsal.
Tema 6: Metatarsalxia no adulto maior. Tipos. Causas. Patoloxía dos sesamoideos.
Tema 7: Patoloxía de retropie:Disfunción do Tibial Posterior. Talalxias no adulto maior.Síndrome dolorosa no talón.
Pé cavo doloroso, síndrome do túnel do tarso e síndrome do seo do tarso.
Procesos patolóxicos do pé e sistémicos con repercusión podológica. Tema 8: A Gota. Artrite Gotosa
Tema 9: Artrose xeneralizada.
Tema 10: Artrite Reumatoide. Outros tipos de Artrites.
Tema 11: Alteracións vasculares e neurolóxicas: centrais (ACV, Parkinson) e periféricas
Cambios fisiológicos da extremidade inferior e características da marcha nas diferentes etapas de crecemento Tema 12: Caracteristicas especiais da atención ao paciente pediatrico.
Tema 13: Embrioloxía e desenvolvemento da extremidade inferior.
Tema 14:Características da marcha nas diferente etapas do crecemento.
Deformidades congénitas. Asimetrías. Enfermidades raras e a súa repercusión no pé Tema 15: Malformacións por defecto/exceso
Tema 16: Malformacións Morfoestructurais
Tema 17: Enfermidades Raras
Patoloxía podológica infantil. Tema 18: alteracións do crecemento e a postura
Tema 19: alteracións de cadeira e xeonllo
Tema 20: alteracións do pé
Tema 21: alteracións neurolóxicas centrais e periféricas
Tema 22: Alteracións reumatolóxicas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos B1 B5 B7 B9 B18 C1 C2 C4 C7 0 50 50
Proba mixta A19 B3 C3 0 99 99
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos O día da proba oficial da materia o alumno debe resolver dous casos clínicos plantexados sobre as patoloxías que son obxecto de estudo na materia.
Proba mixta Realizarase un exame de proba obxectiva con 70 preguntas, para superar a materia debe alcanzarse nesta proba unha cualificación de 35 puntos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Proba mixta
Descrición
A atención personalizada desenvolverase de forma programada nos horarios do profes@r de atención ao estudante, esta atención poderá desenvolverse de forma virtual por correo electrónico ou na plataforma TEAMS.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Estudo de casos B1 B5 B7 B9 B18 C1 C2 C4 C7 A proba de estudos de casos consistirá na análise de datos de dous supostos clínicos e de respostar as preguntas plantexadas sobre os mesmos.
Será necesario obter al menos 15 puntos para superar a materia
30
Proba mixta A19 B3 C3 Realizarase un exame de proba obxectiva con 70 preguntas, para superar a materia debe alcanzarse nesta proba unha cualificación de 35 puntos.
A distribución de dous bloques ben diferenciados na materia, obriga a que o alumno supere ambas partes para superar a materia
70
 
Observacións avaliación

  1. A cualificación de No Presentado outorgarase no caso de que non se presente á proba da materia, estudo de casos e Proba mixta
  2. A cualificación de matrícula de honra, dado o seu carácter graciable, concederase automaticamente aos estudantes que obteñan un 10 na cualificación media da materia . De darse o caso de que haxa máis estudantes con esa cualificación que matrículas se poidan outorgar pola cota oficial establecida, convocarase a todos os estudantes para a realización dunha proba específica de desempate, proba que consistirá en novo exame de características similares ás da proba mixta, exame que se fixará en data e hora de acordo cos interesados/ás. En caso de non existir ningún estudante con cualificación de 10, todos os estudantes que obteñan unha cualificación media superior a 9.0 requisito básico para optar á matrícula de honra, poderá optar á matrícula de honra logo de solicitude ao profes@r e mediante a superación da proba anteriormente descrita. No caso de que non existan solicitudes expresas de opción a matrícula, o profesor resérvase a potestade de outorgalas naqueles casos que, cumprindo o requisito mínimo, puidesen ser merecedores de matrícula pola aptitude e a actitude mostradas durante o desenvolvemento da materia
  3. Oportunidade adiantada de avaliación: Os estudantes que se encontren nos supostos recollidos na normativa de xestión académica da UDC dispoñerán desta opción para superar a materia mediante unha proba escrita idéntica  á a recollida no proceso de avaliación que terá un peso do 100% da cualificación final.

Fontes de información
Bibliografía básica Thomson & Volpe (2001). Introduction to podopediatrics. London: Churchill livingstone
Minguella (2003). Malformaciones del Pie. Barcelona: Masson
Tachdjian (1999). Ortopedia Clinica Pediatríca. Madrid: Panamericana
A. DIMEGLIO (1999). ORTOPEDIA INFANTIL COTIDIANA. Barcelona: Masson
Drenann (2010). The child´s Foot & Ankle. Philadelphia: Wolters Kluwer
Angela M Evans (2010). The Pocket Podiatry Guide. Paediatrics. London: Churchill Livingstone

- Menz Hylton. "Foot Problems in older people". 1ª Edición. 2008. Churchill Livingston. Elsevier.

- Herbaux Isabelle et al. "Podología Geriátrica". 1ª Edición. 2007. Ed. Paidotribo.

- Banks Alan, et al. "McGlamry's comprehensive textbook of foot and ankle surgery". Philadelphia: Lippincott Williams & Wilkins 2001.

- Munuera Martínez P. "El primer radio: biomecánica y ortopodología". Santander. Ed Exa. 2009.

- Harrison. "Principios de Medicina Interna". 17ª Edición. 2009. Ed. Mc Graw-Hill Interamericana Editores.
Bibliografía complementaria

- Revista Internacional de Ciencias Podológicas


- Journal of the American Podiatric Association (JAPMA).

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía humana xeral/750G02001
Anatomía específica do membro inferior/750G02002
Fisioloxía xeral/750G02003
Fisioloxía de sistemas/750G02004
Patoloxía xeral/750G02008
Biomecánica do membro inferior/750G02013
Ortopodoloxía 1/750G02017
Ortopodoloxía 2/750G02018
Patoloxía Podolóxica 1/750G02021

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Podoloxía Preventiva/750G02015
Dermatoloxía/750G02026

Materias que continúan o temario
Prácticum 2/750G02034
Prácticum 3/750G02035

Observacións

Na primeira clase do curso, estableceranse os grupos de traballo de seminarios e casos clínicos para configurar o cronograma, polo que é básico asistir a esa primeira clase da materia, aqueles alumnos que non asistan a esa primeira sesión serán incluídos nos grupos de forma arbitraría para conseguir o equilibrio numérico entre estes.

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

  • A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase entregaranse en formato dixital e en papel sen empregar plásticos, con impresións a dobre cara, empregando papel reciclado e evitando a impresión de borradores.
  • Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais
  • Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria
  • Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade, no caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero tomaranse medidas para corrixilas.

Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías