Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences / results
|
A19 |
Coñecer e identificar os procesos patolóxicos do pé e sistémicos con repercusión podolóxica, pé de risco e os parámetros clínicos patolóxicos das afeccións estruturais e funcionais do aparato locomotor en decúbito, bipedestación estática e dinámica. Identificar as lesións dermatolóxicas e o seu tratamento. Coñecer e aplicar a Farmacoloxía especifica de uso podolóxico. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
B9 |
Fomento dunha segunda lingua de interese para a profesión. |
B18 |
Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences / results |
O estudante coñece e identifica os procesos patolóxicos do pé e sistémicos con repercusión podológica, pé de risco e os parámetros clínicos patolóxicos das afeccións estruturais e funcionais do aparello locomotor en decúbito, bipedestación estática e dinámica. |
A19
|
B1 B3 B5
|
C1 C2 C3 C4 C7
|
O estudante coñece a fisiopatología do envellecemento músculo-esquelético e as principais patoloxías podológicas no adulto maior así como as características propias da marcha neste grupo. |
A19
|
B1 B9 B18
|
C2 C3
|
O estudante coñece o desenvolvemento e os cambios fisiológicos da extremidade inferior así como as características da marcha nas diferentes etapas do crecemento. |
A19
|
B1 B9 B18
|
C2 C3
|
O estudante coñece e identifica as patoloxías do membro inferior características da etapa infantil que inflúen no pé e a marcha e as pautas xerais de tratamento, así como coñece e identifica as principais enfermidades congénitas que poden afectar ao pé e o concepto de enfermidade rara e a actuación ante as mesmas. |
A19
|
B1 B3 B5 B7
|
C1 C3
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
Fisiopatología do envellecemento músculo-esquelético.
Características da marcha do ancián |
Tema 1: Epidemioloxía das lesións nos pés na poboación Xeriátrica.
Tema 2: Fisiopatoloxía do envellecemento. Alteracións máis frecuentes nos pés na poboación Xeriátrica.
Tema 3: Características da marcha xeriátrica.
|
Patoloxía Podológica no ancián. |
Tema 4: Alteracións do 1º Radio e 1ª articulación metatarsofalánxica.
Tema 5: Patoloxía dixito-metatarsal.
Tema 6: Metatarsalxia no adulto maior. Tipos. Causas. Patoloxía dos sesamoideos.
Tema 7: Patoloxía de retropie:Disfunción do Tibial Posterior. Talalxias no adulto maior.Síndrome dolorosa no talón.
Pé cavo doloroso, síndrome do túnel do tarso e síndrome do seo do tarso. |
Procesos patolóxicos do pé e sistémicos con repercusión podológica. |
Tema 8: A Gota. Artrite Gotosa
Tema 9: Artrose xeneralizada.
Tema 10: Artrite Reumatoide. Outros tipos de Artrites.
Tema 11: Alteracións vasculares e neurolóxicas: centrais (ACV, Parkinson) e periféricas |
Cambios fisiológicos da extremidade inferior e características da marcha nas diferentes etapas de crecemento |
Tema 12: Caracteristicas especiais da atención ao paciente pediatrico.
Tema 13: Embrioloxía e desenvolvemento da extremidade inferior.
Tema 14:Características da marcha nas diferente etapas do crecemento. |
Deformidades congénitas. Asimetrías. Enfermidades raras e a súa repercusión no pé |
Tema 15: Malformacións por defecto/exceso
Tema 16: Malformacións Morfoestructurais
Tema 17: Enfermidades Raras |
Patoloxía podológica infantil. |
Tema 18: alteracións do crecemento e a postura
Tema 19: alteracións de cadeira e xeonllo
Tema 20: alteracións do pé
Tema 21: alteracións neurolóxicas centrais e periféricas
Tema 22: Alteracións reumatolóxicas |
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies / Results |
Teaching hours (in-person & virtual) |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Case study |
B1 B5 B7 B9 B18 C1 C2 C4 C7 |
0 |
50 |
50 |
Mixed objective/subjective test |
A19 B3 C3 |
0 |
99 |
99 |
|
Personalized attention |
|
1 |
0 |
1 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Case study |
O día da proba oficial da materia o alumno debe resolver dous casos clínicos plantexados sobre as patoloxías que son obxecto de estudo na materia. |
Mixed objective/subjective test |
Realizarase un exame de proba obxectiva con 70 preguntas, para superar a materia debe alcanzarse nesta proba unha cualificación de 35 puntos. |
Personalized attention |
Methodologies
|
Case study |
Mixed objective/subjective test |
|
Description |
A atención personalizada desenvolverase de forma programada nos horarios do profes@r de atención ao estudante, esta atención poderá desenvolverse de forma virtual por correo electrónico ou na plataforma TEAMS.
|
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies / Results |
Description
|
Qualification
|
Case study |
B1 B5 B7 B9 B18 C1 C2 C4 C7 |
A proba de estudos de casos consistirá na análise de datos de dous supostos clínicos e de respostar as preguntas plantexadas sobre os mesmos.
Será necesario obter al menos 15 puntos para superar a materia |
30 |
Mixed objective/subjective test |
A19 B3 C3 |
Realizarase un exame de proba obxectiva con 70 preguntas, para superar a materia debe alcanzarse nesta proba unha cualificación de 35 puntos.
A distribución de dous bloques ben diferenciados na materia, obriga a que o alumno supere ambas partes para superar a materia |
70 |
|
Assessment comments |
- A cualificación de No Presentado outorgarase no caso de que non se presente á proba da materia, estudo de casos e Proba mixta
- A cualificación de matrícula de honra, dado o seu carácter graciable, concederase automaticamente aos estudantes que obteñan un 10 na cualificación media da materia . De darse o caso de que haxa máis estudantes con esa cualificación que matrículas se poidan outorgar pola cota oficial establecida, convocarase a todos os estudantes para a realización dunha proba específica de desempate, proba que consistirá en novo exame de características similares ás da proba mixta, exame que se fixará en data e hora de acordo cos interesados/ás. En caso de non existir ningún estudante con cualificación de 10, todos os estudantes que obteñan unha cualificación media superior a 9.0 requisito básico para optar á matrícula de honra, poderá optar á matrícula de honra logo de solicitude ao profes@r e mediante a superación da proba anteriormente descrita. No caso de que non existan solicitudes expresas de opción a matrícula, o profesor resérvase a potestade de outorgalas naqueles casos que, cumprindo o requisito mínimo, puidesen ser merecedores de matrícula pola aptitude e a actitude mostradas durante o desenvolvemento da materia
- Oportunidade adiantada de avaliación: Os estudantes que se encontren nos supostos recollidos na normativa de xestión académica da UDC dispoñerán desta opción para superar a materia mediante unha proba escrita idéntica á a recollida no proceso de avaliación que terá un peso do 100% da cualificación final.
|
Sources of information |
Basic
|
Thomson & Volpe (2001). Introduction to podopediatrics. London: Churchill livingstone
Minguella (2003). Malformaciones del Pie. Barcelona: Masson
Tachdjian (1999). Ortopedia Clinica Pediatríca. Madrid: Panamericana
A. DIMEGLIO (1999). ORTOPEDIA INFANTIL COTIDIANA. Barcelona: Masson
Drenann (2010). The child´s Foot & Ankle. Philadelphia: Wolters Kluwer
Angela M Evans (2010). The Pocket Podiatry Guide. Paediatrics. London: Churchill Livingstone |
- Menz Hylton. "Foot Problems in older people". 1ª Edición. 2008. Churchill Livingston. Elsevier. - Herbaux Isabelle et al. "Podología Geriátrica". 1ª Edición. 2007. Ed. Paidotribo. - Banks Alan, et al. "McGlamry's comprehensive textbook of foot and ankle surgery". Philadelphia: Lippincott Williams & Wilkins 2001.
- Munuera Martínez P. "El primer radio: biomecánica y ortopodología". Santander. Ed Exa. 2009.
- Harrison. "Principios de Medicina Interna". 17ª Edición. 2009. Ed. Mc Graw-Hill Interamericana Editores. |
Complementary
|
|
- Revista Internacional de Ciencias Podológicas
- Journal of the American Podiatric Association (JAPMA). |
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
General Human Anatomy /750G02001 | Specific Anatomy of the Lower Limb/750G02002 | General Physiology/750G02003 | Physiology of Systems/750G02004 | General Pathology/750G02008 | Biomechanics of the Lower Limb/750G02013 | Podiatric Orthopedics 1/750G02017 | Podiatric Orthopedics 2/750G02018 | Podiatric Pathology 1/750G02021 |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
Preventive Podiatry/750G02015 | Dermatology/750G02026 |
|
Subjects that continue the syllabus |
Practicum 2/750G02034 | Practicum 3/750G02035 |
|
Other comments |
Na primeira clase do curso, estableceranse os grupos de traballo de seminarios e casos clínicos para configurar o cronograma, polo que é básico asistir a esa primeira clase da materia, aqueles alumnos que non asistan a esa primeira sesión serán incluídos nos grupos de forma arbitraría para conseguir o equilibrio numérico entre estes. Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": - A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase entregaranse en formato dixital e en papel sen empregar plásticos, con impresións a dobre cara, empregando papel reciclado e evitando a impresión de borradores.
- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais
- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria
- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade, no caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero tomaranse medidas para corrixilas.
Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. |
|