Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Dermatoloxía Código 750G02026
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Gil Manso, Pedro
Correo electrónico
pedro.gil.manso@udc.es
Profesorado
Gil Manso, Pedro
Janeiro Arocas, Julia Maria
Monteagudo Sánchez, Beningo
Correo electrónico
pedro.gil.manso@udc.es
julia.janeiro@udc.es
benigno.monteagudo.sanchez@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral A materia de Dermatoloxía pretende proporcionar ao alumnado unha serie de coñecementos xerais de Dermatoloxía do membro inferior e o seu tratamento. O alumnado ao longo do curso adquirirá coñecementos sobre: Semioloxía, histopatoloxía e terapéutica dermatolóxica das principais afeccións dermatolóxicas que afectan ao pé. Afeccións do tecido conectivo. Lesións de orixe vascular. Afeccións zooparasitarias e fito parasitarias. Lesións cutáneas benignas, lesións precancerosas e tumores cutáneos. Cirurxía en dermatoloxía e cicatrices.

Esta materia pertence a un plan de estudos en extinción, por lo que el alumno matriculado na mesma non ten dereito a docencia, só a examen.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
- Non se modifican os contidos.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Proba de resposta múltiple.

*Metodoloxías docentes que se modifican
- Ningunha

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Manterase a atención personalizada a través de medios telemáticos

4. Modificacións na avaliación
Os alumnos que na data de convocatoria do exame (proba de resposta múltiple) se encontren en situación de confinamiento/cuarentena por positivo en COVID19 ou contacto estreito (de xeito debidamente acreditado cun máximo de tres días posteriores o exame), faráse una convocatoria de exame presencial ó final dos días de confinamento protocolario, proba que deberá de realizarse antes do último día de peche de actas de esa oportunidade, non sendo posible en ningún caso realizar o exame de xeito telemático.
Só no caso de que as restricicions as activides presenciais xeneralizadas que incluyán especificamente as convocatorias de exames oficiais (como no confinamento total por estado de excepción ou alarma) o exame (proba de resposta múltiple) farase a través do propio campus virtual da materia de forma telemática, na que cada alumno estará conectado simultaneamente a través de TEAMS mediante a pantalla e a cámara do seu propio teléfono móbil, que deberá de estar activa durante todo o proceso e mostrando todo o espazo de traballo. A través do TEAMS, comunicarase a clave de inicio do test e cada alumno poderá expor as dúbidas que teña (previa chamada de atención) de forma xenérica (que non identifique a resposta correcta), xa que será escoitada polo resto de estudantes.



*Observacións de avaliación:
- Os cambios produciránse se as condicións sanitarias así o obrigan.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non cambiaría ningunha referencia pois todas ou xa están accesibles telemáticamante a través do campus virtual da materia a información precisa fornécese coas presentacións das clases.



Competencias do título
Código Competencias do título
A19 Coñecer e identificar os procesos patolóxicos do pé e sistémicos con repercusión podolóxica, pé de risco e os parámetros clínicos patolóxicos das afeccións estruturais e funcionais do aparato locomotor en decúbito, bipedestación estática e dinámica. Identificar as lesións dermatolóxicas e o seu tratamento. Coñecer e aplicar a Farmacoloxía especifica de uso podolóxico.
B1 Aprender a aprender.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumnado coñece e identifica as lesións dermatolóxicas que afectan ao membro inferior e o seu tratamento. A19
B1
C1
C3
C4
C5
C7

Contidos
Temas Subtemas
I. BASES DO DIAGNÓSTICO DERMATOLÓXICO I.I.ANATOMÍA E FISIOLOXÍA DA PEL.
I.II.LESIÓNS ELEMENTAIS DA PEL.
I.III.LESIÓNS ELEMENTAIS DAS UÑAS.
I.IV. PROCEDEMENTOS E DISPOSITIVOS DIAGNÓSTICOS
II. AFECCIÓNS DO TECIDO CONECTIVO.
III. LESIÓNS DE ORIXE VASCULAR. III.I. ENFERMIDADE ARTERIAL VASCULAR PERIFÉRICA.
III.II.VASCULITIS.
III.III. ENFERMIDADE DE RAYNAUD
III.IV.ERITEMA PERNIO
IV. INFECCIÓNS E INFESTACIÓNS IV. I. INFECCIÓNS BACTERIANAS
IV.II. INFECCIÓNS VÍRICAS
IV.III. INFECCIÓNS FÚNGICAS
IV.IV. INFESTACIÓNS
V. DERMATOSIS INFLAMATORIAS V.I. PSORIASIS
V.II.LIQUEN PLANO
V.III. ECCEMAS/DERMATITIS
VI. LESIÓNS CUTÁNEAS BENIGNAS, LESIÓNS PRECANCEROSAS E TUMORES CUTÁNEOS.
VII. CIRURXÍA EN DERMATOLOXÍA E CICATRICES.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba de resposta múltiple A19 B1 C1 C3 C4 C5 C7 2 145 147
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba de resposta múltiple Exame pesencial empregando o campus vitual da materia, con preguntas de proba obxectiva (70 preguntas tipo test). O exame incluirá preguntas relacionadas cos contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais, como nos seminarios, e como nas actividades de lectura de traballos científicos e artigos relacionados coa materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba de resposta múltiple
Descrición
A atención personalizada está destinada a resolver calquera dúbida ou cuestión relacionada coa materia. Desenvolverase de maneira presencial de mutuo acordo co profesorado, ou de maneira virtual (vía telefónica, correo electrónico, plataforma de teleformación...etc).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A19 B1 C1 C3 C4 C5 C7 O exame incluirá preguntas relacionadas cos contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais, como nos seminarios, e como nas actividades de lectura de traballos científicos e artigos relacionados coa materia (Recensión Bibliográfica).
Unha semana antes do exame facilitaráselle ao alumnado a puntuación das preguntas.
100
 
Observacións avaliación

Os coñecementos a avaliar non se cinguirán ao que aparece escrito no material de traballo ou diapositivas entregadas polo profesorado. O alumnado deberá complementar a información e os contidos explicados na sesión maxistral e nos seminarios coa bibliografía recomendada. A información recollida nas diapositivas é meramente "informativa" e "de apoio" e non son os "APUNTAMENTOS DA MATERIA".

MATRICULA DE HONRA. O alumnado con nota igual ou superior a 9,5 poderán optar a matrícula de honra. A decisión tomarase pola nota máis altas.

NON PRESENTADO. O alumnado que non se presenten á proba mixta serán avaliados como "NON PRESENTADOS", independentemente da participación noutras actividades.



Fontes de información
Bibliografía básica

- ALONSO PEÑA D. Atlas de Dermatología del Pie. 1ª Edición. 2007. Editorial Panamericana.

- GARCÍA CARMONA FJ. Dermatología podológica.  Guía práctica avanzada. Barcelona: Isdin-Ediciones Mayo 2009.

- VALERO SALAS J. Tumores de la piel y de las partes blandas del pie. Santander: Exa 2003.

- GARCÍA CARMONA FJ, FERNÁNDEZ MORATO D. Guía práctica de Dermatología Podológica. Barcelona: Isdin- Ediciones Mayo 2005.

- DAWBER R, BRISTOW I., TURNER W. Text Atlas of Podiatric Dermatology. 2001. Martin Dunitz.

- FITZPATRICK. Dermatología en Medicina General. 6ª Edición. 2005. Editorial Panamericana.

- FERRANDIZ C., Dermatología Clínica. 2ª edición. Madrid, Hacourt; 2001.

- GARCÍA CARMONA FJ, FERNÁNDEZ MORATO D. Abordaje quirúrgico de la patología subungueal. Madrid: Aula Médica 2005.

- Kumar, Abbas, Fausto, Mitchell; Robbins; Patología Humana. 2008. Elsevier. 




Bibliografía complementaria

- Revista Internacional de Ciencias Podológicas

- Journal of the American Podiatric Association (JAPMA)

- Journal of Dermatological Science

- http://www.dermfoot.com

- http://www.iqb.es/dermatologia/atlas/



Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía humana xeral/750G02001
Anatomía específica do membro inferior/750G02002
Fisioloxía xeral/750G02003
Fisioloxía de sistemas/750G02004
Bioloxía/750G02005
Microbioloxía e parasitoloxía/750G02007
Patoloxía xeral/750G02008
Farmacoloxía/750G02009
Quiropodoloxía 1/750G02027
Quiropodoloxía 2/750G02028
Técnicas e procedementos en prevención da infección/750G02032

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Podoloxía Preventiva/750G02015
Cirugía Podolóxica 1/750G02029

Materias que continúan o temario
Terapéutica farmacolóxica/750G02024
Cirugía Podolóxica 2/750G02030
Pe de risco/750G02031

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción

número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción

Green Campus Ferrol":

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

 2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio

natural

 Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase

incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase

bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e

alumnas…).

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou

socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida

universitaria.

Ante unha situación de plaxio ou copia nas probas de avaliación aplicarase a normativa da UDC.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías