Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Quiropodoloxía 1 Código 750G02027
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Janeiro Arocas, Julia Maria
Correo electrónico
julia.janeiro@udc.es
Profesorado
Correo electrónico
Web http://campus virtual.udc.gal
Descrición xeral A materia de Quiropodología I forma parte do plan de estudos do título de Grao en Podoloxía como materia obrigatoria. Impártese no primeriro cuadrimestre e consta de 6 créditos (4 Cr. teóricos e 2 Cr. prácticos).
Proporciona ao alumnado coñecementos sobre: Técnicas de exploración, diagnóstico e tratamento das feridas, úlceras e procesos infecciosos que afectan ao pé. Mecanismos de reparación e cicatrización. Apósitos e vendaxes. Técnicas e tratamentos quiropodológicos e de administración de fármacos. Características do servizo de Quiropodoloxía: Aparataxe e Instrumental. Protocolo de traballo no servizo de Quiropodoloxía Diagnóstico e tratamento dos procesos vasculares e neurolóxicos periféricos susceptibles de tratamento quiropodológico. Métodos de reanimación cardiopulmonar e resucitación en casos de emerxencia. Lesións térmicas: complicacións secundarías a tratamentos quiropodolóxicos.
Plan de continxencia 1.Modificacións nos contidos: Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías.
Metodoloxías docentes que se manteñen: Proba de resposta múltiple Presencial. Metodoloxías docentes que se modifican: Ningunha.* O alumnado que por motivos de corentena ou confinamento unipersoal ou grupal, non poida asistir presencialmente, deberá acreditalo adecuadamente e comunicalo por correo electrónico o máis axiña posible ao profesorado, neste caso procederase segundo estipulen as medidas previstas de sanidade e da normativa da UDC. As metodoloxías en caso necesario adaptaranse á situación Covid-19 . 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Realizarase a través dos medios telemáticos institucionais da UDC. 4. Modificacións na avaliación. *Observacións de avaliación - En ningún caso por peche persoal ou parte dun grupo o exame terá modalidade virtual. As modificacións efectuaranse só cando as condicións sanitarias así o estipulen, (confinamento total)neste caso a probas sobre a materia realizaranse a través dos medios telemáticos institucionais. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Ningunha.

Competencias do título
Código Competencias do título
A25 Coñecer e aplicar as técnicas de exploración, diagnóstico e tratamento das feridas, úlceras e procesos infecciosos que afectan ó pé. Estudo, diagnóstico e tratamento do pé diabético Mecanismos de reparación e cicatrización.
A26 Coñecer e utilizar as técnicas e tratamentos quiropodolóxicos e de administración de fármacos.
A27 Coñecer e empregar o instrumental en cirurxía e quiropodoloxía, os métodos de esterilización e a toma de mostras para cultivos.
A28 Coñecer, diagnosticar e tratar os procesos vasculares e neurolóxicos periféricos que afectan ó pé e susceptibles de tratamento quiropodolóxico.
A34 Coñecer os métodos de reanimación cardiopulmonar e resucitación en casos de emerxencia. DEA.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B16 Capacidade de organización e planificación do tempo e o traballo.
B19 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñocer e aplicar as técnicas de exploración, diagnóstico e tratamento das feridas, úlceras, queimaduras, reaccions cutaneas ao frio e procesos infecciosos que afectan ao pé, así como os mecanismos de reparación e cicatrización tisular. A25
B1
B3
B16
B19
C1
C3
C6
C8
Coñecer e utilizar as técnicas e tratamentos quiropodolóxicos e de administración de fármacos. A26
B1
B3
B16
B19
C1
C3
C6
Coñecer e empregar o instrumental en cirurxía e quiropodología, os métodos de esterilización e a toma de mostras para cultivos. A27
B1
B3
B16
B19
C1
C3
C6
Coñece, diagnostica e trata os procesos vasculares e neurolóxicos periféricos que afectan ao pé e susceptibles de tratamento quiropodolóxico. A28
B1
B3
B16
B19
C1
C3
C6
Coñece e aplica os métodos de reanimación cardiopulmonar e resucitación en casos de emerxencia. A34
B1
B3
B16
B19
C1
C3
C6

Contidos
Temas Subtemas
UNIDADE DIDACTICA I Introdución á materia.
- Partes de que consta a materia
· Módulo teórico
· Módulo práctico
- Avaliación
- Bibliografía recomendada
UNIDADE DIDÁCTICA 2 Tema 1: Concepto de Quiropodoloxia. Historia e evolución da quiropodoloxía.
UNIDADE DIDÁCTICA 3 Tema 2: Organización e acreditación dunha consulta de Quiropodoloxía. Aparataxe. Instrumental.
UNIDADE DIDÁCTICA 4 Tema 3: Probas diagnósticas, constantes vitais e Hª Clínica.
UNIDADE DIDÁCTICA 5 Tema 4: Vendaxes. Concepto, clasificación e utilización.
Tema 5: Feridas e curas en quiropodoloxia, concepto, tipos e tratamento. Hemorraxia e Hemostasia.
Tema 6: Reaccións cutaneas ao frito: Perniosis; Conxelación; Pé de Trincheira. Concepto; Tipos e
tratamento.
Tema 7: Estudo das Queimaduras: Concepto; Etiología; Clasificación; Tratamento. Tratamento avanzado.
UNIDADE DIDÁCTICA 6 Tema 8: Recordo Anatomo-fisiológico da pel e os seus anexos.
Tema 9: Estrutura da pel. Funcións. Tipos de pel. Modificacións biolóxicas.
Tema 10: Pel senil. Efectos do sol e os raios UV sobre a pel. Pel do neno e da embarazada.
UNIDADE DIDÁCTICA 7 Tema11: Ulceras e Mal Perforante Plantar. Concepto; Etioloxía; Clasificación; Características;
Tratamento. Técnicas de terapia avanzada.
Tema12: Dermatopatias bacterianas. Concepto; Clínica, Evolución, Tratamento do : Absceso.
Furúnculo. Foliculitis. Antrax. Panadizo. Impétigo. Erisipela. Flemón., Fascite necrotizante.
Linfanxite. Adenite. Celulite. Gangrena.
UNIDADE DIDÁCTICA 8 Tema 13: Procesos vasculares e neurolóxicos periféricos que afectan ao pé.
Tema 14: Situacións especiais na clínica de quiropodoloxía. Soporte vital básico.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta A25 A26 A27 A28 A34 B1 B3 B16 B19 C1 C3 C6 C8 2 146 148
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta .
Examen de preguntas test relacionadas cos contidos da materia tanto en sesións maxistrais como en seminarios, prácticas de laboratorio e traballos. O día do exame facilitarase información sobre a puntuación das preguntas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Descrición
A atención personalizada desenvolverse de maneira programada mediante acordo previo entre o alumnado e a profesora nun horario planificado de atención o alumnado, ou de forma virtual por correo electrónico, teléfono ou Teams

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A25 A26 A27 A28 A34 B1 B3 B16 B19 C1 C3 C6 C8 Exame de preguntas tes relacionadas cos contidos da materia tanto en sesións maxistrais como en seminarios, prácticas de laboratorio e traballos. O día do exame facilitarase información sobre a puntuación das preguntas.
Para superar a proba mixta será necesario obter o 60% de preguntas correctas. Por cada 3 respostas incorrectas da próba test, restase 1 resposta correcta.

Queda terminantemente prohibido acudir ao exame con calquera tipo de dispositivo electrónico (incluíndo teléfono, computador, calculadora, tablet, auriculares, gravadora, reloxo). Durante o exame todo o alumnado deberá de manter o pelo recolleito cos pavillóns auditivos visibles.
100
 
Observacións avaliación

Para superar a materia: é necesario ter realizadas e superar a totalidade
das prácticas de laboratorio así como superar a proba mixta (onde será
necesario alcanzar un resultado igual ou superior ao 60% de respostas correctas
do test). Unha vez superadas as prácticas e a proba mixta, para superar a
materia será necesario obter unha nota media total igual ou superior ao 50%
(nota numérica de de 5 sobre 10) da cualificación total da materia. Ç

No caso de non superar a proba mixta
(resultado que supón obter menos do 60% das respostas correctas do test), non
se poderán considerar superada a materia aínda que se teñan superadas as
prácticas de laboratorio.

 No caso de non ter cursadas as prácticas en
cursos anteriores o alumnado terá que incorporarse ás prácticas da materia do
novo plan de estudos. Neste caso as prácticas supoñerán o 20% da nota da
materia e a proba mixta o 80% desta nota total da materia.

 Para que as actividades propostas de cada
metodoloxía poidan ser avaliadas o alumnado entregará estas actividades
propostas en tempo e forma (memoria de práctica 4 días despois de finalizada as
prácticas).

 Os coñecementos para avaliar inclúen os
contidos tratados nas clases maxistrais, nos seminarios, nas prácticas de
laboratorio, nos traballos tutelados, así como o material de traballo e as
diapositivas que a profesora entrega ao alumnado e que está colgado nas
plataformas telemáticas dispoñibles para a materia, e ademais os contidos da
bibliografía recomendada. Aconsellarase ao alumnado completar toda a
información proporcionada anteriormente consultando as fontes de información
para a materia.

 No caso de non presentarse ou non superar a
proba mixta na primeira oportunidade, e ter superadas as prácticas, as cualificacións
das prácticas gardarase, e esta cualificación computarán na segunda
oportunidade. sempre que nesta segunda oportunidade supérese a proba mixta.

Matrícula de honra. As condicións para a obtención dunha matrícula de
honra son que o alumno obteña unha nota igual ou superior a 9,5 da
cualificación numérica da materia, sexa a mellor cualificación da clase na
oportunidade avaliada e a súa evolución curricular fose significativa a mellor.

Non presentado. O alumnado que non realice o 100% das prácticas de
laboratorio, será avaliado como “Non Presentado”, independentemente da súa
participación noutras actividades incluída a proba mixta, así mesmo, o alumno
que non realice a proba mixta será avaliado como "Non Presentado".

 2ª Oportunidade: Ao alumnado que se presente a 2ª oportunidade,
previa realización e superación das prácticas de laboratorio, aplicásenselle os
mesmos criterios e porcentaxes que na primeira oportunidade. Para que estas
porcentaxes computen na nota final da materia, terá que superar a proba mixta
alcanzando unha puntuación do 60% das respostas correctas do exame test.

 O
alumnado que non realizou e superou as prácticas de laboratorio, para superar a
materia terá que realizar obrigatoriamente e superar estas prácticas no
seguinte curso académico, ademais de ter que facer e superar a proba mixta.

Convocatorias de segunda e posteriores
matrículas
: Para aqueles alumnos/as que cursen a
materia e teñan superadas as prácticas obrigatorias de forma completa coa
cualificación de apto, gardarase esta nota, e neste caso terá que facer a proba
mixta, unha vez superada computará co resto das cualificación. Para superar a
materia o estudante deberá realizar e superar as prácticas de laboratorio e a
proba mixta.

 Alumnado
con matrícula parcial e dispensa académica
: O alumnado con matrícula
parcial ou dispensa debe comunicalo obrigatoriamente ao profesor responsable da
materia ao comezo do curso. Para este alumnado e o resto de alumnos é
obrigatorio asistir ao 100% da realización das prácticas de laboratorio. Para
que poida ser avaliado o alumnado terá que entregar as actividades propostas
para cada metodoloxía en tempo e forma. O alumno ademais terá que realizar e
superar a proba mixta. A proba mixta supón o 80% da nota da materia e as
prácticas o 20%. Para superar a materia terá que alcanzar o 50% da nota da
total da materia (5 puntos sobre 10). Convocatorias da oportunidade
adiantada de avaliación
: Aqueles alumnos/ as que solicitasen a
oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos, concédaselle e
teñan superadas as prácticas, poderán presentarse á proba mixta. Neste caso os
criterios de avaliación serán os mesmos que para o resto dos alumnos.

Plaxio:
Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material
non orixinal, incluído aquel que se obtén a través de internet, sen indicación
expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado
con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades
disciplinarias ás que puidese dar lugar tras o correspondente procedemento. 


Fontes de información
Bibliografía básica

HILL, MARCIA J.: Trastornos cutáneos. Mosby/Doyma UMBERT, P. Y SÁNCHEZ-REGOÑA., M. Manual de dermatología práctica. J.R. Prous Editores (1995).MIX, GODFREY: Podología. Cuidados del pié. Paraninfo/Thomson Learning.(2001).Nuñez Samper M, Llanos Alcázar. Biomecanica, Medicina y Cirugía del Pie. Masson: Barcelona, 2000.Zalacain A,Ogalla JM,Garcia-palos. Atlas y sinopsis de enfermedades cutaneas del pie. Edikamed 2008.Toni Bove. El vendaje funcional. Elservier: 2007Aragón/Lázaro. Atlas del manejo práctico del pie diabético. Masson 2004.Arcia, A.L./ Fernandez, J.I./ Rodriguez, R. El pie diabético. Ed. Elsevier-Masson: 2004.Aragón Sánchez/Ortiz. El pie diabético. Masson: 2001.Gómez Ortiz Santiago, Gómez Facundo Santiago. Guía farmacológica de utilización en podología. Nexus medica editores 2010.Comisión de Formación del Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos. Guia Práctica de protocolos quirúrgicos en Podología. Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos: 2009.Comisión de Formación del Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos. Guía de protocolo del píe diabético. Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogo. 2011Nuñez Samper M, Llanos Alcázar. Habilidades clínicas para el tratamiento del pie. Elsevier: 2007. Turner, W.A., Merriman, L.M. Técnicas Quirúrgicas en Cirugía del Pie. Masson, Barcelona, 2004.


  • Gómez Ortiz, Santiago. Gómez Facundo, Santiago. " Guia farmacológica de utilización en podología 2010 ". Badalona Nexus Médica 2010
  • Moreno González, A. y cols. Guía farmacológica en Podología. ED Federación Española de Podólogos. Madrid: 1999.
  • Jimenez L. Medicina de urgencias y emergencias: guía diagnóstica y protocolos de actuación. Barcelona: Elsevier, 2009.
  • Moya M. Guía rápida de actuación en urgencias. Madrid: ed Médica Panamericana 2008.
  • Castillo M. D, León M.T. Signos y síntomas en urgencias y emergencias. Alcalá la Real (Jaen) 2009.
  • Prieto, J. Maestre Vera, Juan Ramón. Manual de infecciones en el pie. Madrid: Mileto DL 2003.
Bibliografía complementaria
- ROMO SANZ, Mª ISABEL: Tratamiento progresivo de las heridas en medio ambiente húmedo. Gráficas Cervantes S.A. (1999). - CORDERO, CABREROS, ALLEVATO Y DOMOTTI: Manifestaciones cutáneas de las enfermedades sistémicas. Panamericana (1997). - FORBES, JACKSON, HARCOURT, BRACE: Atlas de Medicina Interna. 2ª Edición.(1997). - GOLDCHER, A.: Podología. Masson S.A.(1992). - FITZPATRICK, JOHNSON, WOLFF, POLONA: Atlas de Dermatología Clínica. 3ª edición. Sursmond (1997) - KLEIN, A.R. (ED.): Enfermería de Urgencias. 4ª Edición. Vol. I, II y IV. McGraw-Hill/Interamericana (1996) - GOLDCHER, A.: Podología.. Masson S.A. (1992) REVISTAS CIENTIFICAS RECOMENDADAS. - Revista Española de Podología. Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos de España. - El Peu. Colegio oficial de Podólogos de Cataluña. - Revista Internacional de Ciencias Podológicas  - Podología Clínica - British Journal of Podiatrie Medicine, Surgery. - The Chiropodest. The Journal of British Podiatric Medicine

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía específica do membro inferior/750G02002
Microbioloxía e parasitoloxía/750G02007
Técnicas e procedementos en prevención da infección/750G02032

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Dermatoloxía/750G02026
Quiropodoloxía 2/750G02028
Cirugía Podolóxica 1/750G02029
Pe de risco/750G02031
Prácticum 1/750G02033
Prácticum 2/750G02034
Prácticum 3/750G02035

Observacións

Adaptación de presencialidade a situación epidemiolóxica o longo do curso. En todas as actividades que se fagan  será obligatoria a utilización de máscara e  o lugar estará provisto de  ventilación,  a ubicación e asientos estarán preasignados. Non está permitido o consumo de alimentos e bebidas, e asegurándose que se cumplan  as medidas de prevención e hixiene do centro establecidas e publicadas en : https: udc.es/es/fep/coronavirus/.

Cando o grupo de docencia maxistral supere as indicacions de aforo da aula, estableceranse grupos rotatorios de docencia híbrida, deste modo os estudiantes que non poidan estar na aula seguiran a docencia de forma telématica esa semana e a siguiente xa volven a forma presencial,  según planificación  establecida.

Grabación e fotografia.Non se poderán grabar nin fotografiar as clases, obradoiros, exposición de traballos nin prácticas de laboratorio salvo en aqueles casos excepcionales nos que  a docente outorgue a su autorización expresa e as persoas interesadas den o seu consentemento.

IMPORTANTE PRÁCTICAS DE LABORATORIO Para  a realizarción das prácticas de laboratorio é un requisito imprescindible   acudir ás mesmas provistos de bata branca, lentes de protección, máscara, bolígrafo, cuaderno e tesoiras multiusos. Na primeira clase do curso, estableceranse os grupos de prácticas para configurar o cronograma e a relación de materiais necesarios para estas prácticas de laboratorio, polo que é básico asistir a esa primeira clase da materia. Para un mellor aproveitamento das prácticas e recomendable que o alumno/a dispoña do siguiente instrumental: Mango de bisturí del nº 3 e follas de bisturí do nº 15, pinzas de disección s/d, mosquito s/d e porta-agullas.

Obxetivos de desenrrolo sostenible: Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":</p><ul>

·  A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase e entregaranse en formato dixital , sen impresión nin empregar plásticos. No caso de ser necesario a utilización de papel  a impresións será a dobre cara, empregando papel reciclado e evitando a impresión de borradores.

·  Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais

·  Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. 

·  Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade, no caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero tomaranse medidas para corrixilas.

 Plaxio: Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.

 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías