Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Prácticum 1 Código 750G02033
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 12
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Alonso Tajes, Francisco
Correo electrónico
francisco.alonso.tajes@udc.es
Profesorado
Alonso Tajes, Francisco
Correo electrónico
francisco.alonso.tajes@udc.es
Web http://https://campusvirtual.udc.gal/login/index.php
Descrición xeral DADO QUE O PRÁCTICUM 1 É UNHA MATERIA EN EXTINCIÓN (SEN DOCENCIA ASIGNADA) DE PRÁCTICA CLÍNICA ASITENCIAL NA QUE O ALUMNADO TEN A OBRIGA DE ASISTIR ÁS PRÁCTICAS CLÍNICAS PARA PODER SER AVALIADOS POR AVALIACIÓN CONTINUA, NON EXISTE A POSIBILIDADE DE CURSAR E SUPERAR O PRÁCTICUM 1 POLO PLAN DE ESTUDOS DO 2009, SENDO OBRIGATORIO CURSAR A MATERIA POLO PLAN DO 2019.


Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título
A36 Integrar e aplicar na práctica clínica podolóxica os coñecementos adquiridos durante la carrera, nas Clínicas podolóxicas universitarias e centros acreditados.
A37 Protocolizar e aplicar o método clínico en podoloxía.
A38 Realizar a historia clínica podolóxica e rexistrar a información obtida.
A39 Desenvolver as técnicas de exploración física.
A40 Desenvolver a habilidade de realizar as actividades radiolóxicas propias da podoloxía.
A41 Interpretar os resultados das probas complementarias e a racionalización do seu uso.
A42 Emitir un diagnóstico e pronóstico.
A43 Deseñar o plan de intervención integral ou tratamento podolóxico.
A46 Desenvolver a habilidade e destreza no uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podolóxicos.
A47 Aplicar as medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia.
A48 Desenvolver as habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais.
A49 Establecer intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde.
A50 Prescribir, administrar e aplicar tratamentos farmacolóxicos, ortopodolóxicos, físicos e quirúrxicos.
A51 Elaborar e interpretar informes clínicos.
A55 Garantir a calidade asistencial na práctica da podoloxía.
A60 Integrar os coñecementos, habilidades, destrezas, valores e actitudes adquiridos durante o itinerario curricular do alumno.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B12 Capacidade de xestión da información.
B13 Traballo en equipo de carácter interdisciplinar.
B14 Implicación na calidade e busca da excelencia.
B16 Capacidade de organización e planificación do tempo e o traballo.
B18 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B19 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumno/a integra e aplica na práctica clínica podolóxica os coñecementos adquiridos durante todos os seus estudos, nas Clínicas podolóxicas universitarias e centros acreditados, para o desenvolvemento da profesión podolóxica tanto en centros públicos como privados A36
A60
C4
C5
Protocoliza e aplica o método clínico en podoloxía, desenvolvendo a capacidade de establecer protocolos, executalos e avalialos A37
A60
B2
B14
B16
Realiza a historia clínica podolóxica e rexistra a información obtida; coñece e manexa os sistemas de rexistro de datos clínicos utilizados no proceso de atención podolóxico para o diagnóstico, tratamento e seguimento dos pacientes A38
B7
B12
C3
Desenvolve as técnicas de exploración física adaptada ao motivo de consulta e ao diagnóstico de sospeita A39
B2
B16
B19
Desenvolve a habilidade de realizar as actividades radiolóxicas propias da podoloxía. A40
B13
B14
Interpreta os resultados das probas complementarias e a racionalización do seu uso. A41
B13
B19
Emite un diagnóstico e prognóstico, mediante a análise dos resultados de todas as probas realizadas ao paciente (anamnesis, probas físicas e complementarias).. A41
A42
B2
B14
B18
B19
Deseña o plan de intervención integral ou tratamento podolóxico para unha intervención terapéutica eficaz das afeccións dos pacientes, valorando todas as posibles opcións dos diferentes campos terapéuticos podolóxicos A43
A50
A55
A60
B2
B3
B6
B19
Desenvolve a habilidade e destreza no uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podolóxicos, aprendendo a manexar o instrumental quiropodolóxico así como os materiais terapéuticos ortoprotésicos e a maquinaria empregados para a fabricación e aplicación de tratamentos ortoprotésicos podolóxicos, e os equipos terapéuticos para a aplicación da terapia física A46
A55
B14
B19
Aplica as medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia propia, mantendo actualizados os coñecementos e técnicas para a súa aplicación A47
B2
B5
B13
Desenvolve as habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais. Establece intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde. A48
A49
B7
B18
C3
Elabora e interpreta informes clínicos como parte do rexistro documental da clínica para o intercambio de información tanto co paciente como con outros profesionais A49
A51
B7
B12
B18
C3
Garante a calidade asistencial na práctica da podoloxía, avaliando os resultados obtidos do proceso de atención Podolóxica A55
A60
B6
B14
C4
O alumno/a é capaz de seleccionar información, analizala e avaliala para redactar, expor e defender un informe científico, fomentando a lectura crítica de artigos científicos e a asistencia a sesións clínicas, cursos, xornadas e congresos co fin de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes. A60
B6
B14
C3
C4

Contidos
Temas Subtemas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición

Atención personalizada
Metodoloxías
Descrición
A atención personalizada desenvolverase mediante concertación de cita previa co alumnado, quedando esta supeditada á dispoñibilidade dos horarios tanto do alumnado (aspecto este prioritario) como do profesor/a. Por tanto, de forma programada, a atención personalizada poderá desenvolverse de forma presencial, de ser requirida e/ou pertinente, na localización indicada e os horarios de atención ao alumnado que se recollen na plataforma da UDC para a indicación de "As miñas titorías", ou de forma virtual, sendo atendidas as titorías por correo electrónico ou a través doutros medios telemáticos que permita a plataforma virtual, como as mensaxes de Moodle, ou outras vías como a telefónica ou a videoconferencia (Teams).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
 
Observacións avaliación

Matrícula de Honra: A cualificación de
Matrícula de honra
(MH) será
outorgada automaticamente a aqueles alumnos/as que obteñan un 10 na cualificación
final. No caso de que exista maior número de alumnos/as que matrículas de honra
poidan ser asignadas á materia, convocarase aos alumnos/as en disposición de
obter devandita cualificación e realizarase unha probaba específica de
características similares ás dos exames prácticos para determinar a súa
asignación final. Nos casos nos que a cualificación final sexa superior a 9.0
poderase outorgar a cualificación de MH. Para iso o conxunto do profesorado
con docencia no Prácticum I valorará a posibilidade de outorgar dita MH
tendo en conta as aptitudes e actitudes do alumno/a a condición de que o sea otorgación non supoña superar a cota de MH establecida pola normativa vixente
unha vez outorgadas as MH os alumnos/as que obteñan un 10 na cualificación
final.

Repetición de Prácticum I: Non superar o requisito
mínimo establecido para a cualificación da avaliación continua dalgún dos rotatorios, non superar algún dos exames prácticos entre as 2 oportunidades,
ou non alcanzar a cualificación final mínima de 5 no sumatorio de todos os ítems
de avaliación previstos para o Prácticum I entre as dúas oportunidades da convocatoria, suporá a non superación da
materia e a repetición íntegra das prácticas en segunda matrícula e posteriores
.

Non presentado: A
ausencia a máis do 30% das prácticas ou a algún dos exames prácticos suporá
automaticamente unha cualificación de Non Presentado

Alumnado de mobilidade (Erasmus , SICUE, Bilateral): A cualificación do alumnado de mobilidade realizarase só pola avaliación continua nos rotarorios. No caso de suspenso na mesma, poderán superar a materia superando as probas prácticas do rotatorio suspenso. 

Mentores ERASMUS e Bilateral: Ao comezo da materia proporase a todo o alumnado a posibilidade de, voluntariamente, participar como mentores/as do alumnado. De se presentar máis voluntarios/as dos necesarios, farase una selección pola nota do expediente académico, tendo en conta, de ser o caso, a certificación oficial de coñecemento do idioma do alumnado de mobilidade (segundo o nivel del coñecemento do idioma engadirase a nota do expediente de 0,5 a 3 puntos). A participación como mentor sumará ata 0,5 puntos á cualificación final da materia do alumnado mentor.

PLAXIO. Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.

RECUPERACIÓN DE HORAS DE PRÁCTICUM I POR AUSENCIA JUSTIFICADA.

Todo o alumnado matriculado na materia de Prácticum I poderá optar á recuperación de horas en período non lectivo cando se dean as seguintes circunstancias:

a. O número de horas das faltas de asistencia acumuladas superen o número de horas de ausencia xustificadas non penalizadas prevista na guía docente (3 xornadas de prácticas ou o seu equivalente en horas: 12 horas). As horas de ausencia contabilizaranse tanto de días completos de ausencia (4 horas por día) como de ausencias parciais durante un día de prácticas (computo da diferenza de tempo entre a hora de entrada e a de saída).

b. A causa da superación do límite de horas de ausencias xustificadas prevista na guía docente atópese incluída nalgún dos seguintes supostos de ausencia:

i. Alumno/a de intercambio nos programas ERASMUS / SICUE
ii. Alumno/a con consideración de deportista de elite /alto nivel (con certificación acreditada)
iii. Ausencias por enfermidade que impida a asistencia ás prácticas clínicas, acudir a tratamentos, etc. En calquera destes supostos, requirirase informe médico.
iv. Ausencias xustificadas contempladas na normativa académica da UDC como asistencia a reunións de órganos colexiados da UDC como representantes dos estudantes; cumprimento dun deber inescusable; etc.
v. Ausencias que non se axusten aos apartados anteriores (como asistencia a cursos, xornadas ou congresos de formación de interese podológico). e que, tras ser avaliadas polo coordinador/a de a materia, poidan obter un informe favorable unha vez consultado o claustro de profesorado con docencia no Prácticum I.

Durante o curso vixente, as datas de recuperación de prácticas do período non lectivo estableceranse de maneira consensuada co alumnado, atendendo á dispoñibilidade dos horarios do profesorado e da Clínica Universitaria de Podoloxía.

De existir situacións de ausencia que non estean incluídas nos supostos recollidas no apartado b) e/ou que sexan motivo de controversia por non recibir un informe favorable para o seu cómputo como ausencias xustificadas, serán trasladadas, baixo petición do interesado/a, á Comisión de Docencia da Facultade de Enfermería e Podoloxía para a súa resolución.

Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías