Identifying Data 2021/22
Subject (*) Clinical Orthopedics Code 750G02118
Study programme
Grao en Podoloxía
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Third Obligatory 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Ciencias da Saúde
Coordinador
Santalla Borreiros, Fátima
E-mail
f.santalla@udc.es
Lecturers
Santalla Borreiros, Fátima
E-mail
f.santalla@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
General description A materia versará sobre as indicacións e contraindicacións na aplicación de prótese e ortesis á extremidade inferior; deseño, obtención e aplicación mediante diferentes técnicas e materiais de prótese e ortesis para as alteracións do pé, asi como coñecer e deseñar o plan de tratamento ortopodolóxico da patoloxía da extremidade inferior. Apricando estes contidos teórico-prácticos a unhas primeiras prácticas clínicas no servizo de Patomecánica e Ortopodoloxía da Clínica Universitaria de Podoloxía da UDC (CUP)
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos: Ningún

2. Metodoloxías:
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
-Sesión maxistral. Adaptarase a presencialidade á situación epidemiolóxica do momento. Para aqueles alumnxs que por motivos de corentena ou confinamento (individual ou grupal) non poidan acudir presencialmente (que deberán de acreditar adecuadamente a través do campus virtual da materia e comunicándoo o mesmo día ao docente da materia por correo electrónico), farase de forma telemática, se é posible participando en directo telemáticamente na sesión do TEAMs da Materia. No caso de confinamento total atenderase as instrucccións da UDC, puidendo levar á docencia virtual total da materia.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
-Prácticas clínicas. Para aqueles alumnxs que por motivos de corentena ou confinamento (individual ou grupal) non poidan acudir presencialmente (que deberán de acreditar adecuadamente a través do campus virtual da materia e comunicándoo o mesmo día ao docente da materia por correo electrónico) modificarase na medida do posible o calendario de prácticas puidendo ter que facer cambios de data do grupo que realizará as prácticas, para cumprir, sempre que se poda, o número de prácticas totais do alumnado. De non poder realizarse o 100% das prácticas clínicas intentarase a recuperación de, como mínimo, o 50% das mesmas dentro do periodo permitido.
-Obradoiro. Os obradoiros presencias de darse o caso de non poder realizarse por corentena, confinamento xustificado (individual ou grupal) ou confinamento total serán sustituidos por outras actividades virtuais a través de Teams ou Campus Virtual, de xeito individual ou en grupo.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A atención personalizada realizarase a través do correo electrónico e da plataforma Teams no horario de titorías da docente.

4. Modificacións na avaliación
As metodoloxías e porcentaxes de avaliación se manteñen.
-A PROBA OBXECTIVA e a PROBA PRÁCTICA realizarase de modo presencial según as normas de presencialidade do momento.
-OBRADOIRO. Avaliarase a participación nos obradoiros realizados presencialmente e/ou a resolución das actividades virtuais.
-PRÁCTICAS CLÍNICAS. De darse a situación de non poder levar a cabo a totalidade das prácticas o alumnado deberá realizar un mínimo do 50% das prácticas para superar a materia, recuperándose posteriormente no periodo permitido. Nesta situación avaliarase as prácticas realizadas( mínimo 50%), cun poscentaxe do 30% da avaliación.

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Sen cambios

Study programme competencies
Code Study programme competences
A103 CE39 - Coñecer e desenvolver as técnicas de exploración, para emitir un diagnóstico e prognóstico, e deseñar o plan de tratamento ortopodolóxico de acordo aos obxectivos terapéuticos
A104 CE40 - Desenvolver a habilidade e destreza no uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos ortopodolóxicos identificando os riscos derivados da actividade e implementando as medidas de seguridade necesarias
A105 CE41 -Coñecer, diagnosticar e tratar as patoloxías do pé: Traumatismos óseos e músculo-ligamentosos, patoloxía de antepe e retropé, deformidades conxénitas e adquiridas, lesións neurolóxicas, Amputacións e Asimetrías
A106 CE42 -Obter os coñecementos e capacidade para deseñar, obter e aplicar as orteses plantares, ortesis dixitais, próteses e férulas mediante o uso de diferentes técnicas e materiais
A110 CE46 - Adquirir a capacidade de prescribir tratamentos ortopédicos da extremidade inferior
B24 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B28 CG01 - Coñecer e aplicar os fundamentos teóricos e metodolóxicos da Podoloxía e Podiatría
B30 CG03 - Obter a capacidade, habilidade e destreza necesarias para diagnosticar, prescribir, indicar, realizar e/ou elaborar e avaliar calquera tipo de tratamento podolóxico, ortopodolóxico, quiropodolóxico, cirurxía podolóxica, físico, farmacolóxico, preventivo e/ ou educativo, baseado na Historia clínica
B32 CG05 - Colaborar cos profesionais sanitarios especificamente formados na materia, na adaptación e uso de prótese e axudas técnicas necesarias, segundo as condicións físicas, psicolóxicas e sociais dos doentes
B39 CG12 -Capacidade para a cooperación, o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativo en contornas interdisciplinares
C9 CT01 - - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C13 CT05 -- Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C15 CT07 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sustentable ambiental, económico, político e social
C16 CT08 - V- Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer os diferentes plans de tratamento ortopodolóxico e ortoprotésico do membro inferior A103
A105
B24
B28
C9
C13
C16
Coñecer e realizar a prescripción dos tratamentos ortopodolóxicos e ortoprotésicos da extremidade inferior. A110
B30
C9
C15
Aplicar á asistencia clínica os conceptos necesarios para o estudo e diagnóstico da patomecánica do pe e a confección dos seus tratamentos ortopodolóxicos A104
A106
B32
B39
C15

Contents
Topic Sub-topic
Conceptos necesarios no estudo e diagnóstico das patoloxías podolóxicas susceptibles de tratamento ortopodolóxico
Tratamento protésico das amputacións do membro inferior
Axudas e ortesis para a marcha
Tratamento ortopodolóxico das deformidades conxénitas, lesións neurolóxicas e grandes deformidades.
Tratamento ortopodolóxico das asimetrías do membro inferior
Tratamento ortopodolóxico da patoloxía podolóxica infantil e xeriátrica
Plans de tratamento ortopodolóxico e ortoprotésico da patoloxía do membro inferior con repercusión no pe.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A105 A106 A110 B28 C16 13 27 40
Workshop A104 A103 B24 B39 6 10 16
Clinical practice placement A103 A104 A105 A106 B30 B32 B39 C9 C13 C15 25 9 34
Supervised projects A105 B39 C9 C16 2 16 18
Practical test: A103 A104 A106 2 15 17
Objective test A103 A105 A106 A110 B28 2 20 22
 
Personalized attention 3 0 3
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Os contidos teóricos da materia serán impartidos mediante clases expositivas, con apoio de medios audiovisuais, imaxes, vídeos,... e con enfoque participativo por parte do alumnado.
Workshop Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (prácticas guiadas, exposicións, simulacións, debates, solución de problemas,... etc) a través da que o alumnado reforzará o seu coñecemento teóricos, co apoio e supervisión do profesorado. Ó comenzo de curso fixarase as datas e grupos dos diferentes obradoiros.
Clinical practice placement Nas prácticas clínicas o alumnado debe pór en práctica os contidos teóricos da materia con actividades individuais ou en grupo. Ditas prácticas consistirán en prácticas de simulación clínica na Facultade e prácticas clínicas con pacientes reais na CUP. Ó comezo de curso fixarase as datas e grupos dos diferentes días de prácticas e instalacións onde se levarán a cabo, así como o material e indumentaria necesario.
Supervised projects O alumnado desenvolverá un traballo obrigatorio en grupo sobre un plan de tratamento ortopodolóxico.
Practical test: A proba práctica consistirá na simulación dun caso clínico no que o alumnado deberá demostrar os coñecementos mínimos para a súa resolución, cun plan de tratamento xustificado e a fabricación do tratamento ortopodolóxico indicado.
Objective test A proba obxectiva está relacionada cos contidos expostos nas sesións maxistrais, obradoiros e prácticas clínicas

Personalized attention
Methodologies
Practical test:
Guest lecture / keynote speech
Workshop
Supervised projects
Objective test
Description
A atención personalizada realizarase de forma virtual a través do correo electrónico ou Teams, programada previamente coa profesora.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Practical test: A103 A104 A106 O alumnado debe superar a proba práctica da materia cun 50% da avaliación total da mesma para superar a materia 20
Workshop A104 A103 B24 B39 Avaliarase a presencialidade e participación do alumnado nas diferentes actividades realizadas nos obradoiros. Non é obrigatoria a asistencia aos obradoiros para superar a materia, pero si avaliable. 10
Clinical practice placement A103 A104 A105 A106 B30 B32 B39 C9 C13 C15 SERÁ OBRIGATORIO A ASISTENCIA Á TOTALIDADE DAS PRÁCTICAS CLÍNICAS PARA SUPERAR A MATERIA.
Avaliarase a presencialidade e participación do alumnado nas mesmas. O alumnado que teña faltas de puntualidade e de actitude durante as prácticas, será penalizado en cada ocasión, sobre a nota de prácticas.
Ao comezo de curso elaborarase un calendario de prácticas por grupo. É necesario obter, polo menos, un 50 % da calificación total desta metodoloxía para superar a materia
20
Supervised projects A105 B39 C9 C16 Avaliarase o interese do tema, a procura bibliográfica e a estrutura e contido do traballo. O alumnado deberá expoñer de forma oral o traballo e a exposición tamen computará na avaliación. Salvo causa xustificada todo o alumnado debe estar presente na exposición dos traballos.
Ao comezo de curso fixarase a data límite de entrega de traballos e a data de exposición . É necesario obter, polo menos, un 50 % da calificación total desta metodoloxía para superar a materia
10
Objective test A103 A105 A106 A110 B28 Devandito exame realizarase sobre a totalidade dos contidos da materia e todos os contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais, como en obradoiros, prácticas clínicas e exposición de traballos tutelados.
É necesario obter, polo menos, un 50% da cualificación total da proba obxectiva para superar a materia.
15 días antes da proba facilitaráselle ó alumnado as indicacións, tipo de preguntas e puntuación das preguntas do examen.
40
 
Assessment comments

PARA SUPERAR A MATERIA É NECESARIO:



- PRÁCTICAS CLÍNICAS: Asistir á totalidade das prácticas clínicas. 

- PROBA PRÁCTICA: Superar a proba práctica cun 50% da cualificación total desta.



- TRABALLOS TUTELADOS: Realizar o traballo tutelado de acordo ás pautas
do profesor. Obter, polo menos, un 50% da cualificación total do traballo
tutelado. E obrigatorio a asistencia á exposición dos traballos tutelados,
salvo causas xustificadas.



- PROBA OBXECTIVA: Superar a proba obxectiva cun 50% da cualificación
total desta.





É NECESARIO QUE A SUMA DE TÓDALAS METODOLOXIAS OBTEÑAN UN 50% DA
CUALIFICACIÓN TOTAL DA MATERIA

MATRICULA DE HONRA. O alumnado con nota igual ou
superior a 9 poderán optar a matrícula de honra. A decisión tomarase pola nota
máis altas. De existir empate tomarase como referencia a nota máis alta das
metodoloxías dende as de máis peso as de menor peso na avaliación.



NON PRESENTADO. O alumnado que non curse ou participe en ningunha das
metodoloxías de avaliación será avaliado como "NON PRESENTADO".



MATRICULA PARCIAL. Para superar a materia deben superar nun 50% a nota
da proba obxectiva, o 50% da nota das prácticas clínicas e o 50% da proba práctica. A asistencia
ás prácticas clínicas é obrigatoria. O traballo tutelado teñen a
posibilidade de facelo de modo individual. É obrigatorio a exposición e a
asistencia ó día da exposición dos traballos, salvo causas xustificadas. A
asistencia ós obradoiros pode ser sustituida pola realización dun traballo a
acordar co profesor. O alumnado debe informar ó profesor desa situaciónn o inicio das clases. É necesrio obtener un 50% de la calificación global de la asignatura.

DISPENSA. O alumnado con solicitud de dispensa ten a obriga de asistir
á totalidade das prácticas clínicas. A avaliación das prácticas clínicas e a proba práctica será a mesma que para o resto do alumnado, tendo que superar as mesmas nun 50%. E terá a opción de ser
avaliado do resto das competencias na proba obxetiva (60%),
sendo requisito imprescindible para superar a materia aprobar cunha puntuación
igual ou superior ó 50%. Neste caso a proba obxetiva contará con preguntas tipo
test e pregunta escrita.



OPORTUNIDADE ADIANTADA. O alumnado que non teña pendente mais de 12
créditos, de materias das que xa estivese matriculado nalgún curso académico,
ou de 18 créditos correspondentes ás prácticas, ademais do TFG, para finalizar
os seus estudos poderá concorrer a unha oportunidade adiantada de avaliación,
que se realizará antes da finalización das actividades académicas do 1º
cuadrimestre, naquelas datas que se establezan no calendario académico aprobado
polo Consello de Goberno. Os criterios de avaliación serán os mesmos que para o
resto do alumnado.



2º O POSTERIORES OPORTUNIDADES. O alumnado presentado a 2º ou
posteriores oportunidades gardaráselles as notas da parte de proba práctica,
obradoiros, traballos tutelados e exposición oral sempre que participase e
superase as diferentes actividades.


Sources of information
Basic Oriol Cohí, Lluís Ximeno (2011). Actualizaciones en técnica ortopédica. Barcelona: Masson
Kirby, K. (2019). Biomecánica del Pie y la Extremidad Inferior V : Artículos de Precisión Intricast, 2014-2018. Payson, Arizona : Precision Intricast
Kirby, K. (2012). Biomecánica del Pie y la Extremidad Inferior, 3 Vols.. Payson:Autor-editor
Kirby, K. (2016). Biomecánica del pie y la extremidad inferior, Vol. IV: Articulos de precision Intricast. Payson:Autor-editor
Viosca Herrero, Enrique (2004). Guía de uso y prescripción de productos ortoprotésicos a medida. Valencia: Instituto de Biomecánica de Valencia (IBV)
Zambudio Periago, Ramón (2009). Prótesis, ortesis y ayudas técnicas.. Barcelona: Elsevier Masson

Ó longo do curso, xunto con cada unidade da materia, facilitaraselle ao alumnado referencias bibliográficas específicas.

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Specific Anatomy of the Lower Limb/750G02104
Podiatric Pathology I/750G02119
Podiatric Orthopedics II/750G02116
Biomechanics of the Lower Limb/750G02111
Podiatric Orthopedics I/750G02115

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Podiatric Pathology II/750G02120

Subjects that continue the syllabus
Practicum II/750G02135
Practicum III/750G02136
Practicum I/750G02134

Other comments

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción

número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción

Green Campus Ferrol":

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

 2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio

natural

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase

incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase

bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e

alumnas…).

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou

socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida

universitaria.

Ante unha situación de plaxio ou copia nas probas de avaliación aplicarase a normativa da UDC.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.